Que son as especies invasoras?

Similar documents
Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

PLANTAS INVASORAS. materia Malherboloxía. titulación. Ramón Alberto Díaz Varela

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL FRONTE Á AVESPA ASIÁTICA (VESPA VELUTINA) 2016

O relevo e as costas de Galicia

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado

6. ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS DOS RÍOS GALEGOS Xurxo Mouriño

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

EXÓTICAS BAIXO MIÑO. Noé Ferreira Rodríguez

RECURSOS E INSTRUMENTOS SOCIAIS

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

RSE. e desenvolvemento sustentable

Wildlife and Vegetation Fauna y Vegetación

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

Absorbentes solo aceites

Welcome to Greenman and the Magic Forest

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Guía de Boas Prácticas. Agrícolas, Gandeiras e Forestais

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

76 praias galegas teñen alto risco de sufrir inundacións

Informe sobre: Concello de Teo

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL PARA OS TRABALLADORES QUE ENTREN EN CONTACTO CON CASOS POSIBLES OU CONFIRMADOS DE ÉBOLA

10. REXENERACION NATURAL E REXE- NERACION FORZADA DA VEXETACIÓN Mercedes Casal

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Mapa de accidentalidade

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

Especies invasoras: cambios na investigación ecolóxica ao longo de medio século

E S T A M O S E N W W W. R E V I S T A A F R I G A. C O M, F A C E B O O K E T W I T T E R P R O D U C I Ó N D E L E I T E

Achega persoal sobre a degradación do sistema biolóxico galego no século XX Bioloxía fluvial

O PAPEL DA EMPRESA PÚBLICA INDUSTRIAL NO DESENVOLVEMENTO REXIONAL

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

Revista Galega de Economía Vol (2018

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

cristales / verres / glasses tiradores / poignées / handle Ahumado / Fumé / Smoked Blanco / Blanc / White Ónix Mar Aluminio Cemento / Ciment / Cement

ANEXO I PROCEDEMENTO CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ACCIÓNS DE CONSERVACIÓN DE RECURSOS XENÉTICOS NA AGRICULTURA/CULTIVOS Submedida

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE...

Visita de Estudo TERRA CHÁ. ÁREA DE COLONIZACIÓN. 29 Marzo, 2006 PROXECTO: RESUMO. Future Approaches to Land Development

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

POBOACIÓN LOCAL E AREAS PROTEXIDAS EN NAMIBIA. PERCEPCIÓN SOBRE OS EFECTOS NA SALAMBALA CONSERVANCY.

ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES EFECTOS DAS ALTAS TEMPERATURAS SOBRE A SAÚDE

OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

Revista Galega de Economía Vol (2016)

MARCO TEÓRICO. Investigación social do fenómeno da catividade de tartaruga moura no sureste Ibérico

A máquina de escribir

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

O Estado de conservación da biodiversidade en Galicia

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

Laboratorio do Territorio

Probas dos elementos internos do alternador

Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña)

Programación de proba libre de módulos profesionais

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

A prensa como recurso nas comunidades de aprendizaxe en educación ambiental Curso Climántica, marzo 2007 María Pilar Jiménez Aleixandre U.S.C.

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

A PICTURE IS WORTH A THOUSAND WORDS

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

PRÁCTICAS HOTELEIRAS NA XESTIÓN DE CRISE POR CATÁSTROFES: O CASO DE GALICIA

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

Revista Galega de Economía Vol (2018)

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Intervención de posta en valor do conxunto parroquial de San Xoán de Fecha, Santiago de Compostela

Youth Workshop/Taller de Jovenes

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Xestión Sanitaria Integrada na área sanitaria de Ferrol un modelo consolidado, eficaz e eficiente

A Industria turística dos cruceiros e o seu impacto no medio mariño

P.E.P.R.I. Excmo. Concello de O Barco de Valdeorras PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR DO CASCO ANTIGO ANEXO ENQUISA A FAMILIAS

RIPS. Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas ISSN: X Universidade de Santiago de Compostela España

O TURISMO SOSTIBLE NAS MARCAS TURÍSTICAS DE CATALUÑA

NOTAS SOBRE A CONSIDERACIÓN XURÍDICA DAS EIRAS DE MALLAR EN GALICIA*

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

Catálogo Técnico. Technical Info

2VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS

Anexo. Detalle das accións

St. Stephen s News WEEK AT A GLANCE ATTACHMENTS THE GOOD NEWS IN KINDERGARTEN. BLESSING OF THE ANIMALS Tuesday, October 4th 8:05am

Referentes para a avaliación

IPLE_V1 Febreiro 2017 IPLE_V2 Abril 2017 IPLE_V3 Novembro 2017

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

prioritarios de atención, impulsará a delimitación espacial de proxectos singulares.

A NATUREZA DA COMPETENCIA NO MERCADO DE AUDITORÍA: UNHA AVALIACIÓN DA LITERATURA 1

TRAXECTORIAS E RETOS

ANÁLISE DAFO DE GALICIA

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

O TRANSPORTE COMO PRODUTO TURÍSTICO EN GALICIA: UNHA ANÁLISE DA OFERTA ACTUAL

WATERS GLOBAL SERVICES CUSTOMER FOCUS/OPERATIONAL EXCELLENCE PROGRAM

Transcription:

CONTROL DE ESPECIES INVASORAS

Que son as especies invasoras? Unha especie invasora é aquela que se introduce ou establece nun ecosistema e é un axente de cambio e ameaza para a diversidade biolóxica nativa, sexa polo seu comportamento invasor ou polo risco de contaminación xenética. A aparición de especies invasoras está fortemente vencellada á acción humana posto que é o home quen as introduce voluntariamente, sen valorar as consecuencias, como no caso do plumacho (Cortaderia selloana), ou accidentalmente como é o caso da avespa asiática (Vespa velutina). A introducción destas especies, por exemplo no seu uso ornamental, constitúe unha grave ameaza para as especies autóctonas, os hábitats a agronomía, ou para os recursos económicos vencellados ao uso do patrimonio natural. É por iso que o papel dos veciños e veciñas é fundamental para o control destas especies, tanto na prevención, evitando o emprego das mesmas nos nosos xardíns, ou non abandonando ás mascotas na Natureza, como na erradicación e control das mesmas, eliminando as presentes nas nosas propiedades ou alertando da súa presenza segundo o caso. A maioría das especies invasoras recóllense no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, quedando prohibida a súa posesión, transporte, tráfego ou comercio. O Plan Estratéxico Galego de Xestión das Especies Exóticas Invasoras detectou en Galicia 48 das especies incluídas no Catálogo Español, e engadíu outras 23 especies que son consideradas invasoras no noso país. Malia todo, especies de reciente aparición como a avespa asiática ou a avelaíña guatemalteca da pataca precisan de actuacións rápidas e contundentes a pesares de non figurar no catálogo. 2

Avespa asiática (Vespa velutina) A avespa asiática chegou a Europa no 2004 procedente do sueste asiático. Foi introducida involuntariamente, ao ser transportada en barcos mercantes. En Galicia detectouse por primeira vez en 2013. A avespa asiática é unha especie que se alimenta doutras especies de insectos, en especial das abellas, afectando á produción apícola e á biodiversidade local. Tamén afecta á produción froitícola, ao alimentarse de froita. O seu aumento en zonas urbanas e semiurbanas incrementa o risco de picaduras. A súa implantación en Galicia imposibilita a súa erradicación, polo que os esforzos céntranse en reducir o seu impacto ambiental. Para o seu control é preciso diferenciala doutras especies autóctonas, especialmente do avispón, Vespa crabro, posto que son especies competidoras, e de eliminala estaríamos a facilitar a expansión da avespa asiática. Avespa asiática (Vespa velutina) Avispón autóctono (Vespa crabo) 3

Medidas de control Para o control da avespa asiática podemos actuar de varias maneiras: - Na primavera, actuar sobre os niños primarios ao anoitecer, rodeándoo cunha botella de auga de plástico, cortada pola boca e parcialmente enchida de insecticida; agardar 1 minuto aproximadamente para que o insecticida faga efecto, e retirar a raíña. - Elaborando trampas tipo funil con botellas de auga e enchelas con atraentes caseiros como cervexa negra, viño branco ou zume de arándanos principalmente en primavera e verán. - A eliminación dos niños débese levar a cabo por persoal especializado NUNCA debemos tratar de retirar un niño nós mesmos. O noso papel limitaráse a comunicar no 012 a localización dos niños que detectemos. No outono e inverno, coa caida das follas, resulta máis sinxelo localizar os niños. 4

Plumacho (Cortaderia selloana) O Plumacho, orixinario de América do Sur, foi introducido voluntariamente como planta ornamental no século XVIII, citándose como asilvestrada por primeira vez no 1953 en Cantabria. En Galicia cítase como naturalizada ao redor do 1980. A especie atópase plenamente naturalizada tanto en ambientes humanizados (beiras dos camiños, estradas, etc.) como en hábitats máis ou menos naturais. No norte peninsular é onde se atopa máis estendida, con carácter netamente invasor. A planta pode estender as súas raíces laterais nun radio de 2 metros e acadar os 3,5 metros de profundidade, ocupando un volume do solo de máis de 30 m3. Cada planta pode vivir entre 10 e 15 anos O plumacho despraza ás especies autóctonas ao colonizar rapidamente o espazo, cambiando tamén a estrutura do hábitat e a dispoñibilidade de auga. Deste xeito, diminúe a calidade forraxeira dos pastos, incrementan o risco de incendio, poden diminuír a visibilidade nas estradas e producen problemas alérxicos ás persoas. O plumacho desenvolve un forte sistema de raíces fibrosas e bulbos que dificultan a súa eliminación, pois teñen capacidade rexenerativa, e poden obstruír ás gabias dificultando as tarefas de mantemento das mesmas. 5

Medidas de control e eliminación As actuacións sobre o Plumacho poden ser: Control Mecánico: Eliminación mecánica: Especialmente indicado nas plantas pequenas, posto que é preciso eliminar por completo a planta, incluíndo as raices para que non rebrote de novo. No caso de non poder eliminarse, optarase polo control mecánico, evitando as floracións anuais, mediante a corta das varas florais inmaturas. Unha vez cortadas, débense meter en bolsas onde se conservarán ata a súa podremia para evitar a maduración e propagación das sementes. Outra opción de control é o desbroce, a uns 15-20 cm. do solo, que só é efectivo de acompañarse cun control químico. Control químico: Mediante o emprego de herbicidas como o Fluazifop-p-butil éster. O seu efecto é máis eficaz se previamente se empregan un ou varios sistemas de control mecánico. 6

Outras especies invasoras Avelaiña guatemalteca da pataca. Foto: campogalego.com Rexistrouse en Galicia no 2015, estendéndose rapidamente, danando severamente os cultivos. Se a detectas no teu cultivo de patacas, avisa ao 012. Calas Orixinaria de Sudáfrica. Moi empregada en xardinería, esténdese por regos, regatos e matogueiras costeiras. É aconsellable non empregalas, e reducir a súa densidade no posible. Acacias Varias especies australianas, incluíndo as mimosas. Desprazan outras especies forestais ao segregar polas raíces substancias que inhiben o crecemento doutras especies. Bambú Empregado como estacas para as hortas, expándese por zonas húmidas, ribeiras de rios e regatos. É considerada unha das invasoras máis daniñas. 7

Teléfonos de interese Servizo de Medio Ambiente de Bergondo 981 79 12 52 (ext. 2) Atención e Información á Cidadanía 012