CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

Similar documents
BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

XANEIRO - SETEMBRO 2018

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

O relevo e as costas de Galicia

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR


Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

1.- IDEOLOXÍA. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

MEMORIA PARA LA PROPUESTA DE PROGRAMA DE DOCTORADO EN CIENCIAS DE LA SALUD

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

1.3.- Descrición dos Servizos de Información Xuvenil.

Mapa de accidentalidade

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

Federación Galega 16 DE MARZO Confrarías DE 2015 (13/12/2016) DA LEI 39/2015 DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

TFG Grao en Lingua e Literatura Inglesas

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

PONTEVEDRA NON-STOP 6-12 HORAS BTT

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

Programación de proba libre de módulos profesionais

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

REGULAMENTO. 8 de xullo de 2018

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Á Mesa do Parlamento

FAMILY INDEPENDENCE ADMINISTRATION Seth W. Diamond, Executive Deputy Commissioner

Anexo II. DECLARACIÓN DE BENS E DEREITOS i

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

MA PROGRAMME IN ENGLISH LITERATURE AND LINGUISTICS CALENDAR AND SCHEDULE LAST UPDATE: 2 de October de 18, 9:55

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

TFG Grao en Lingua e Literatura Españolas

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RELACIÓN DE ACORDOS ADOPTADOS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA NA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA DO 26 DE FEBREIRO DE 2016

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA INGLES. RESTAURACIÓN HOTR043PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

XXIX XOGOS GALAICO DURIENSES OURENSE 2015

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

FAMILY INDEPENDENCE ADMINISTRATION Seth W. Diamond, Executive Deputy Commissioner

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Transcription:

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO 2017-2018 Este documento es copia auténtica de un documento custodiado por la Universidade da Coruña. Fecha de creación: 09/03/2017 13:44:46 Página 1 de un total de 9 página(s). De conformidade co convenio asinado entre o Banco de Santander e a Universidade da Coruña publícase a convocatoria de 19 bolsas para o curso 2017-2018 no marco do programa BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES para realizar unha estadía semestral en universidades iberoamericanas participantes no programa. As bolsas teñen por obxecto fomentar a mobilidade internacional de estudantes españois de grao como contribución á configuración do Espazo Iberoamericano de Coñecemento (EIC) socialmente responsable. I. NÚMERO DE BOLSAS E OBXECTO DESTAS 1. Convócanse 19 bolsas con cargo á partida orzamentaria 08.00.08.00.32 422D 480.03 2. Cada bolsa ascende a unha cantidade de 3000 (menos o importe do seguro indicado no apartado VII.3.). 3. As bolsas destinaranse a sufragar os custos de matrícula -se os houbese-, desprazamento, seguro de viaxe, manutención e aloxamento. II. REQUISITOS E INCOMPATIBILIDADES A) REQUISITOS: 1. Será requisito imprescindible para permitir a participación dos estudantes nos procesos de selección de beneficiarios, a súa inscrición previa en liña no programa de Bolsas do Banco de Santander a través da ligazón na páxina web www.becas-santander.com. 2. Estar matriculado na Universidade da Coruña tanto no curso 2016-2017 como no curso 2017-2018, momento de realización da estadía no estranxeiro, en estudos de grao, licenciatura, arquitectura ou enxeñaría. 3. Ter superados como mínimo 120 créditos de grao, ou superados os dous primeiros cursos de estudos de licenciatura, arquitectura ou enxeñaría. 4. Cumprir algún destes dous requisitos: a)ter sido seleccionado para unha mobilidade bilateral no marco da convocatoria de mobilidade internacional da UDC 2017-2018, para facer unha estadía internacional nalgunha das universidades participantes do programa con sede en Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, México, Perú, Porto Rico, ou Uruguai (indicadas no apartado III), que forme parte ademais da oferta regular da UDC para o centro a que pertenza o solicitante. A oferta regular da UDC para estes países está dispoñible no vínculo: http://www.udc.es/ori/inf_estudiantes_udc/mobilidade_internacional/index.html b)ter concedida unha libre mobilidade para 2017-2018 para facer unha estadía internacional nalgunha das universidades participantes do programa con sede en Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, México, Perú, Porto Rico, ou Uruguai (indicadas no apartado III). 5. Non ter sido beneficiario dunha bolsa Santander de mobilidade a un país iberoamericano en convocatorias anteriores 6. Non ter sido beneficiario da bolsa de intercambio bilateral propia da UDC en convocatorias anteriores. 7. Nos casos de mobilidade con destino a Brasil, onde a lingua que se empregue maioritariamente como lingua de instrución nos estudos que vai realizar na universidade de

destino sexa o portugués, o estudante deberá acreditar a consecución dun nivel A2 completo do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) nesta lingua. Este documento es copia auténtica de un documento custodiado por la Universidade da Coruña. Fecha de creación: 09/03/2017 13:44:46 Página 2 de un total de 9 página(s). B) INCOMPATIBILIDADE COA BOLSA DE MOBILIDADE BILATERAL DA UDC 1. As bolsas Santander Grao son incompatibles coa axuda do Programa de Mobilidade Bilateral financiado con fondos propios da Universidade da Coruña. 2. A adxudicación e aceptación da bolsa Santander Grao suporá a imposibilidade de obter axuda económica ningunha do programa de mobilidade bilateral da UDC para todo o curso 2017-2018. 3. En caso de ter xa concedida a bolsa do programa de mobilidade bilateral da UDC para o curso 2017/18, o candidato deberá aportar escrito de renuncia a esta bolsa coa solicitude da bolsa Santander Grao, ou no momento de aceptar a bolsa Santander Grao. III. UNIVERSIDADES DE DESTINO 1. As universidades de destino participantes dispoñibles en Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, México, Perú, Porto Rico, ou Uruguai para os estudantes da UDC que desexen solicitar unha bolsa do programa Bolsas Iberoamérica. Estudantes de Grao. Santander Universidades están relacionados na seguinte ligazón: http://www.udc.gal/ori/inf_estudiantes_udc/bolsas_complementarias/santanderiberoamerica.html 2. A estadía na universidade de destino deberá realizarse no período comprendido entre o 1 de xullo de 2017 e o 31 de agosto de 2018. En todo caso, o inicio da mobilidade sempre terá que ser antes de finalizar o mes de marzo de 2018. IV. PASOS QUE HAI QUE SEGUIR PARA PRESENTAR UNHA SOLICITUDE A) INSCRICIÓN EN LIÑA E FORMALIZACIÓN POR ESCRITO DAS SOLICITUDES: 1. O estudante que decida presentar unha solicitude deberá formalizar obrigatoriamente con anterioridade, a súa inscrición previa en liña no programa de Bolsas do Banco de Santander a través da ligazón da páxina web www.becas-santander.com. 2. A inscrición en liña no programa de Bolsas do Banco de Santander por si soa non constitúe presentación da solicitude. Os estudantes que só realicen esta inscrición en liña quedarán excluídos do proceso de selección. 3. Unha vez que realicen a inscrición en liña, os estudantes deberán presentar unha solicitude por escrito en papel segundo o modelo que se xunta (anexo II) dirixido á directora de relacións internacionais. Só a presentación desta solicitude en papel lle dá dereito ao/á estudante a participar no proceso de selección. B) DOCUMENTACIÓN ADICIONAL QUE DEBE ACOMPAÑAR A SOLICITUDE: A solicitude en papel deberá vir acompañada da copia do expediente académico con cálculo da nota media de acordo co protocolo do SUG do 15/11/2011 (DOG 30/11/2011) segundo o establecido no RD 1125/2003, do 05/09/2003 (BOE do 18/09/2003). Terá validez o extracto impreso por internet, sempre que a impresión se realizase nunha data coincidente coa da presentación da solicitude. A solicitude en papel poderá, de ser o caso, vir acompañada da seguinte documentación: 1. Cando o solicitante participe no programa como estudante de libre mobilidade: a. unha copia da carta de aceptación na universidade de destino participante do programa b. a copia da carta de concesión da UDC da libre mobilidade en 2017-2018.

2. No caso en que o destino da mobilidade sexa Brasil, o estudante deberá presentar o certificado acreditativo do nivel A2 completo de portugués. 3. No caso de que o candidato teña concedida previamente a bolsa de mobilidade bilateral da UDC, a renuncia a esta bolsa segundo o modelo do anexo IV Este documento es copia auténtica de un documento custodiado por la Universidade da Coruña. Fecha de creación: 09/03/2017 13:44:46 Página 3 de un total de 9 página(s). C) LUGAR E PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES 1. As solicitudes presentaranse nos lugares seguintes: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Maestranza 9, 15001 A Coruña) Rexistro da Vicerreitoría do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera s/n Esteiro, 15403 Ferrol) Rexistro de Elviña (Casa do Lagar. Campus de Elviña, 15071 A Coruña) 2. Poderán presentarse a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria na páxina web da ORI e ata as 14:00 h do día 31 de maio de 2017. V. SELECCIÓN DAS PERSOAS BOLSEIRAS E RESOLUCIÓN A) CRITERIOS DE SELECCIÓN E COMISIÓN DE SELECCIÓN 1. A selección das persoas bolseiras farase entre as solicitudes presentadas validamente mediante a aplicación dos seguintes criterios: a) Terán prioridade os candidatos seleccionados para unha mobilidade bilateral no marco da convocatoria de mobilidade internacional 2017/2018, sobre os candidatos seleccionados para facer unha libre mobilidade. b) Dentro dos estudantes pertencentes a cada grupo (o de estudantes de mobilidade bilateral e, no caso de quedar bolsas sen adxudicar, o de estudantes de libre mobilidade) terán preferencia aqueles cunha nota media máis alta. A nota media do expediente académico dos estudantes calcularase de conformidade coa normativa que rexa o cálculo das medias na UDC e ponderado co coeficiente corrector de 1.17 para as titulacións técnicas, como se aplica nas convocatorias de bolsas do MEC. c) No caso de que a nota media de dous estudantes sexa idéntica, darase prioridade aos candidatos que teñan aprobados máis créditos da súa titulación. 2. A Comisión encargada da selección estará formada por: A vicerreitora de Internacionalización e Cooperación: Pilar Garcia de la Torre A directora da Oficina de Relacións Internacionais: Begoña Crespo A técnica da Oficina de Relacións Internacionais: Sandra King B) RESOLUCIÓN E RECURSOS 1. A resolución definitiva das bolsas publicarase na páxina web da Oficina de Relacións Internacionais: www.udc.es/ori. 2. Contra esta resolución a persoa interesada poderá interpoñer un recurso de reposición ante o reitor no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web da ORI. VI. A ACEPTACIÓN DA BOLSA E AS SÚAS CONSECUENCIAS 1. A persoa beneficiaria da bolsa deberá subscribir o Documento de Aceptación (ANEXO III, que consta de 2 páxinas) e facelo chegar á ORI, xunto cunha fotocopia do DNI, no prazo máximo de 5 días naturais a partir da publicación da listaxe definitiva de persoas

Este documento es copia auténtica de un documento custodiado por la Universidade da Coruña. Fecha de creación: 09/03/2017 13:44:46 Página 4 de un total de 9 página(s). seleccionadas. Ademais, a persoa beneficiaria deberá ter aceptada a bolsa a través do portal www.becas-santander.com. 2. Calquera incumprimento do prazo de aceptación a unha das axudas suporá a anulación automática da adxudicación. 3. En calquera caso, a concesión da axuda queda supeditada á aceptación da persoa seleccionada pola universidade de destino. 4. A aceptación da bolsa Santander Grao implica o consentimento das persoas participante para a cesión dos seus datos persoais ao Banco Santander, S.A. coa finalidade de verificar a participación no Programa e o seu seguimento e a incorporación destes ao ficheiro de usuarios das paxinas web de Internet propiedade de Banco Santander, S.A., que constitúen o Portal de Bolseiros a que se accede actualmente desde Bolsas-Santander (www.becassantander.com) para a finalidade da xestión e prestación dos servizos propios da bolsa. Neste sentido, o Santander e as universidades participantes, igualmente, comprométense, no necesario, a cumprir o establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, do 13 de decembro 1999 e demais lexislación concordante e aplicable nesta materia. VII. OBRIGAS DAS PERSOAS BOLSEIRAS Sen prexuízo das demais obrigas e dereitos establecidos na presente convocatoria e no programa de mobilidade (bilateral ou libre mobilidade) en que participe o/a estudante, a persoa adxudicataria dunha bolsa Santander Grao terá que cumprir coas seguintes obrigas: 1. A persoa beneficiaria da bolsa Iberoamérica. Estudantes de grao. Santander Universidades deberá inscribirse como tal obrigatoriamente na páxina: www.becas-santander.com antes do 31 de maio de 2017. 2. O estudante beneficiario deberá aceptar a bolsa correspondente a través da plataforma habilitada no portal de bolsas www.becas-santander.com antes do 30 de xuño de 2017. 3. O/a estudante que sexa seleccionado/a para o aproveitamento dunha bolsa terá que contratar de maneira obrigatoria un seguro especial que inclúa a cobertura de: falecemento e invalidez por accidente, asistencia en repatriación de falecidos por calquera causa e reembolso de gastos médicos por accidente da persoa beneficiaria da bolsa. Os estudantes das universidades españolas deberán contratar o seguro comercializado polo propio Banco no portal www.becas-santander.com. A prima será de 180 euros por estudante por 1 semestre de cobertura e en todo caso deberá descontarse do pago da bolsa asignada ao estudante. En caso de ter concedida unha estadía anual no destino, o beneficiario deberá contratar a maiores outro seguro con coberturas similares para o segundo semestre en destino. 4. As persoas adxudicatarias terán a obriga de demostrar o rendemento académico alcanzado presentándose obrigatoriamente ás probas de avaliación da universidade de destino e deben superar un número de créditos igual ou superior ao vinte por cento do total de créditos que cursa no centro de destino. 5. Todos os bolseiros deberán autorizar a universidade para que proporcione ao Santander a través da paxina www.becas-santander.com e na ligazón correspondente ao programa, a información que este lles requira para estes efectos. VIII. INCUMPRIMENTO A solicitude supón a aceptación da convocatoria e das súas bases. Calquera incumprimento da convocatoria ou das súas bases suporá a devolución da axuda recibida.

Este documento es copia auténtica de un documento custodiado por la Universidade da Coruña. Fecha de creación: 09/03/2017 13:44:46 Página 5 de un total de 9 página(s). IX. PAGAMENTOS 1. O importe da bolsa aboarao a UDC exclusivamente mediante transferencia bancaria a unha conta aberta a nome do/a bolseiro/a nunha oficina do Banco Santander ou en OpenBank. 2. Os pagamentos realizaranse en dous prazos: o primeiro prazo (80%) farase efectivo ao recibir na Oficina de Relacións Internacionais a certificación de incorporación á universidade de destino; o segundo prazo (20%) farase efectivo ao recibir na Oficina de Relacións Internacionais a certificación de fin de estadía e o informe final de experiencia do candidato. A Coruña, 9 de marzo de 2017 O reitor Julio Abalde Alonso

ANEXO II SOLICITUDE BOLSAS SANTANDER GRADO CURSO 2017-2018 Este documento es copia auténtica de un documento custodiado por la Universidade da Coruña. Fecha de creación: 09/03/2017 13:44:46 Página 6 de un total de 9 página(s). DATOS DA PERSOA SOLICITANTE APELIDOS NOME NIF ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA CÓDIGO POSTAL TEL. CORREO ELECTRÓNICO @udc.es TITULACIÓN NA UDC CENTRO NA UDC UNIVERSIDADE DE DESTINO PARA A QUE SOLICITA A BOLSA: Universidade de destino Titulación de destino Modalidade de mobilidade: Mobilidade bilateral Libre mobilidade DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGA Copia do expediente académico con nota media Documentación relativa a libre mobilidade Xustificante de nivel de idiomas Escrito de renuncia a bolsa de mobilidade bilateral da UDC Declaro que me inscribirei na páxina www.becas-santander.com antes do 31 de maio de 2017. A Coruña, de de 2017 Sinatura da persoa solicitante SRA. DIRECTORA DA OFICINA DE RELACIÓNS INTERNACIONAIS DA UDC

ANEXO III (2 páxinas) ACEPTACIÓN OU RENUNCIA BOLSAS SANTANDER GRADO CURSO 2017-2018 Este documento es copia auténtica de un documento custodiado por la Universidade da Coruña. Fecha de creación: 09/03/2017 13:44:46 Página 7 de un total de 9 página(s). NOME E APELIDOS DNI ENDEREZO LOCALIDADE CÓDIGO POSTAL PROVINCIA TELÉFONOS CORREO ELECTRÓNICO ACEPTO as condicións da axuda e declaro que rexistrei a miña aceptación na páxina www.becas-santander.com, para estadía na universidade de destino - Teño unha conta aberta ao meu nome na oficina do Banco Santander ou en OpenBank. N.º de conta bancaria: (é obrigatorio achegar o impreso de solicitude de pagamento por transferencia debidamente asinado) - Teño contratado co Banco de Santander o seguro de viaxe que a entidade financeira esixe aos seus bolseiros. O importe total desde seguro é de euros (que se descontará do importe total da bolsa). RENUNCIO á axuda A Coruña, Asdo.: OFICINA DE RELACIÓNS INTERNACIONAIS DA UDC

ANEXO III (cont.) UNIVERSIDADE DA CORUÑA CIF: Q 6550005 J Rúa da Maestranza, 9 15001 A Coruña SOLICITUDE DE PAGAMENTO POR TRANSFERENCIA E MODIFICACIÓN DE DATOS PERSOAIS E/OU BANCARIOS (1) Este documento es copia auténtica de un documento custodiado por la Universidade da Coruña. Fecha de creación: 09/03/2017 13:44:46 Página 8 de un total de 9 página(s). I. DATOS DA PERSOA FÍSICA OU XURÍDICA ACREDORA NIF/NIE/CIF/PASAPORTE: (2) ALTA FISCAL PARA NOVOS RESIDENTES (NIE) Declaro estar dado/a de alta no modelo fiscal Nome e apelidos ou denominación social: Enderezo fiscal: IV. BAIXA DE DATOS BANCARIOS Código IBAN: Código entidade: Código sucursal: D.C.: Número da conta: E S V. ALTA DE DATOS BANCARIOS Código IBAN: Código entidade: Código sucursal: D.C.: Número da conta: E S CONSTANCIA DA ENTIDADE FINANCEIRA (4) 030 (NIE) (3) Municipio: Provincia: Código postal: Teléfono fixo: Móbil: Correo electrónico: II. DATOS DO/A REPRESENTANTE NIF: (2) III. DECLARACIÓN DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL Nome e apelidos: Declaro que a miña actividade empresarial está incluída na listaxe do artigo 95.6 do Regulamento do IRPF (retención do 1%) o cal se reflectirá na facturación que emita para a Universidade da Coruña. Certifico a existencia da conta que se referencia en V. Alta de datos bancarios aberta a nome da persoa titular que se reflicte en I. Datos da persoa física ou xurídica acredora. O/a apoderado/a (SELO) (Sinatura) Ferrol, A Coruña,... de..... de. (Sinatura) (1) Calquera modificación posterior destes datos deberá formalizarse mediante un novo impreso. (2) Achéguese unha fotocopia do documento correspondente. (3) Achéguese, se proceder, unha fotocopia do modelo fiscal 030. (4) Esta constancia debe ser asinada polo banco ou caixa de aforros, ou achegar unha certificación en documento á parte do propio banco ou caixa. XERENCIA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

ANEXO IV MODELO DE RENUNCIA A BOLSA DE MOBILIDADE BILATERAL DA UDC Este documento es copia auténtica de un documento custodiado por la Universidade da Coruña. Fecha de creación: 09/03/2017 13:44:46 Página 9 de un total de 9 página(s). NOME E APELIDOS DNI Confirmo a miña renuncia a bolsa de mobilidade bilateral da UDC 2017/18 concedida con anterioridade, no caso de que sexa adxudicatorio/a da bolsa Santander Grao 17/18 na resolución de bolsas Santander Grao. Asinado en A Coruña/Ferrol, Data: sinatura