MEMORIA 2016 PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

Mapa de accidentalidade

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

MEMORIA DE ACTIVIDADES

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

O relevo e as costas de Galicia

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

PRESIDENCIA. ORGANIGRAMAS RPT Deputación de Ourense ÁREA DE ÁREA DE FACENDA ADMINISTRACIÓN XERAL ÁREA DE INFRAESTRUTURAS ÁREA DE BENESTAR ÁREA DE

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Laboratorio do Territorio

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

RECURSOS E INSTRUMENTOS SOCIAIS

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

informe de actividade issga

ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOS

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

Visita de Estudo TERRA CHÁ. ÁREA DE COLONIZACIÓN. 29 Marzo, 2006 PROXECTO: RESUMO. Future Approaches to Land Development

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

ER-0172/2010. Memoria Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

ÍNDICE. 1. Escenario Financeiro 2. Análise Ingresos 3. Análise Gastos 4. Plan Estratéxico de Galicia

MEMORIA. de actividades

DECRETOS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

Anexo. Detalle das accións

Á Mesa do Parlamento

IPLE_V1 Febreiro 2017 IPLE_V2 Abril 2017 IPLE_V3 Novembro 2017

DECRETOS CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE...

Índice. Memoria de Sociedades Mercantís 5

Programación de proba libre de módulos profesionais

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A máquina de escribir

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Comisión de usuarios. 9 de DECEMBRO de 2010 Orden do día:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

Estratexia

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de decembro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:

Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS. MP0236 Instalacións de distribución 2013/2014 7

Revista Galega de Economía Vol (2018)

OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

PLAN DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Boqueixón. Revista Informativa do Concello CONCELLO DE BOQUEIXÓN DECEMBRO Nº 35 IMPRESO SIN DIRECCIÓN. FRANQUEO PAGADO Aut. n.º 150.

PROXECTOS DE LEI. Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano DECRETOS

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

Revista Semanal EN PORTADA FORMACIÓN BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS EMPREGO / 2 / 3 / 4 / 8 / 8. da Rede Galega de Información Xuvenil

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

Memoria Escola Galega de Administración Pública

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)


Transcription:

MEMORIA 2016 PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME Páxina 1 de 27

INDICE: 1. NORMATIVA 2. RECURSOS 3. ÓRGANOS DE XESTIÓN DO PARQUE NATURAL 4. ACTUACIÓNS DE XESTIÓN, CONSERVACIÓN E DIVULGACIÓN. 5. INVESTIMENTOS 6. ACTIVIDADES DEPORTIVAS 7. ORZAMENTO VINCULADOS A ORDE 27 DE XUÑO DE 2016 8. ESTATÍSTICAS DE VISITAS Páxina 2 de 27

1. NORMATIVA REGULADORA. A xestión do parque natural Fragas do Eume réxese pola lexislación estatal e autonómica relativa á preservación dos recursos naturais, principalmente : Lei 9/2001 do 21 de agosto de conservación da Natureza Lei 42/2007 do 13 de decembro do patrimonio natural e da biodiversidade Decreto 211/1996 do 2 de Maio polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do espazo natural das Fragas do Eume Decreto 218/1997 do 30 de Xullo polo que se declara o Parque Natural das Fragas do Eume. Decreto 265/2007 do 28 de Decembro que establece a composición das Xuntas Consultivas dos parques naturais de Galicia. Decreto 37/2014, de 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproeba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. As Fragas do Eume constitúen unha das mostras máis importantes dos bosques sublitorais galegos, que se estenden ao longo dos termos municipais de Cabanas, Pontedeume, A Capela, Monfero e As Pontes de García Rodríguez. A superficie abranguida polo parque natural ocupa 9.125,65 ha, das que o 80% correspóndese con terreos de propiedade privada, sendo o resto da superficie de titularidade pública. Páxina 3 de 27

2. RECURSOS 2.1. PERSOAL ADSCRITO AO PARQUE NATURAL O cadro de persoal que actualmente exerce as súas funcións no parque natural das Fragas do Eume, é o seguinte. 1 biólogo 4 axentes facultativos ambientais (distrito ambiental i) 4 vixiantes de recursos naturais 1 capataz de establecemento 1 oficial de establecemento 5 peóns forestais (3 fixos e 2 fixos-discontinuos) 2.2. INFRAESTRUTURAS Os medios materiais e infraestruturas ao dispor da xestión do espazo natural e do uso público son os que se relacionan a continuación: Número de elementos Tipo de infraestruturas Ubicación 1 Oficina e almacén Esteiro, Pontedeume 1 Centro de Interpretación de visitantes Portal de Caaveiro, Pontedeume 1 Centro de Visitantes Portal de Monfero, Monfero 3 Areas recreativas Pontedeume 2 Edificios con función de refuxio Monfero Páxina 4 de 27

2 Pontes colgantes Río Eume, Monfero 4 Miradoiros 3 en Monfero 1 Capela 7 Rutas sinalizadas (50 km) Monfero, Capela, Cabanas, Pontedeume, As Pontes 3. ÓRGANOS DE XESTIÓN DO PARQUE NATURAL. Co fin de colaborar na xestión do espazo protexido e canalizar a participación dos propietarios e os intereses sociais, a Lei 9/2001, de 21 de agosto, de Conservación da Natureza regula a existencia da denominada Xunta Consultiva, regulada ademais polo Decreto 265/2007 do 28 de decembro que establece a composición das Xuntas Consultivas dos parques naturais de Galicia e que conta con membros representando a administracións, propietarios e entidades relacionadas co parque natural. 4. ACTUACIÓNS DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN 4.1. ACTUACIÓNS DE XESTIÓN. Durante o ano 2016 leváronse a cabo diferentes traballos de conservación realizados cos medios propios cos que conta o parque natural que consistiron en actuacións de mantemento das infraestruturas das que dispón o espazo. 4.1.1. Mantemento de zonas verdes e áreas recreativas Limpeza e mantemento das áreas recreativas do Parque Natural incluíndo retirada de lixo e rozas manuais: camiños, contorna das instalacións, áreas recreativas, centros de visitantes, pontes colgantes, refuxios de pescadores, etc. Por outro lado tamén se realizaron colaboracións cos concellos incluídos no espazo natural para a realización de rozas e mantemento de sendeiros e camiños de uso público. Páxina 5 de 27

4.1.2. Mantemento de aparcadoiros e instalacións Mantemento, limpeza e roza dos aparcadoiros nas proximidades das áreas recreativas e das instalacións dos centro de visitantes de Pontedeume e do centro de visitantes de Monfero. 4.1.3. Recollida de lixo no espazo protexido Para contribuír a manter o equilibrio ecolóxico e evitar afeccións sobre ás poboacións de especies presentes a recollida de lixo realízase de xeito manual e selectivo e exclusivamente de elementos alleos ao medio natural, respectando aqueles de natureza biolóxica, como árbores caídos e ramaxe, sempre e cando non afecten a circulación e o tránsito de persoas e vehículos. 4.2. ACTUACIÓNS DE CONSERVACIÓN O persoal adscrito o Parque realiza labores de información, supervisión e vixilancia de todas as actividades que se realizan nel, tanto particulares coma empresas colaboradoras externas ou organismos públicos, tendo especial conta naquelas que puideran ter repercusións nos valores naturais destes. 4.3. ACTUACIÓNS DE INFORMACIÓN Desde o centro de Recepción de visitantes de Pontedeume e desde o centro de visitantes no Portal de Monfero realízase o servizo de atención ao público visitante do espazo natural Programa de itinerarios guiados por persoal propio para centros educativos DATA NOME DO CENTRO LUGAR PROFESORES ALUMNOS TOTAL 10/03/2016 CEIP Andaina Culleredo (C) 4 25 29 31/03/2016 CEIP Bergantiños Carballo (C) 5 80 85 05/04/2016 IES Beade Beade (LU) 2 38 40 Páxina 6 de 27

07/04/2016 CEIP Virxe da Cela Monfero (C) 4 31 35 08/04/2016 Escola de Enxeñería Forestal Pontevedra (PO) 2 18 20 13/04/2016 IES Alfonso X Cambre (C) 2 40 42 15/04/2016 C.F.E. Agroforestal Guísamo Bergondo (C) 3 36 39 15/04/2016 Escola Agroforestal e CEIDA Guísamo ( C) 4 36 40 22/04/2016 Facultade de Bioloxía Santiago (C) 1 26 27 28/04/2016 CEIP Bergantiños Carballo (C) 3 75 78 29/04/2016 Facultade de Bioloxía Santiago (C) 1 25 26 04/05/2016 Colexio S. José de Cluny Santiago (C) 2 50 52 06/05/2016 CEIP Teixeiro Curtis (C) 2 26 28 09/05/2016 CPR Maria Auxiliadora Lugo (LU) 2 55 57 20/05/2016 Colexio Franciscanas Coruña (C) 2 74 76 24/05/2016 IES Ramon Otero Pedrayo Coruña (C) 3 50 53 27/05/2016 CEIP La Merced Sarria (LU) 3 42 45 27/05/2016 CEIP Perez Vionti A Estrada (PO) 4 58 62 28/05/2016 IES Fene Fene (C) 18 47 65 Páxina 7 de 27

01/06/2016 CEIP San Jorge Santiago (C) 4 55 59 02/06/2016 CEIP A Gándara Narón (C) 3 48 51 07/06/2016 CEIP Six Nadal Vigo (PO) 3 50 53 09/06/2016 CEIP G. Torrente Ballester Cambre (C) 3 50 53 11/06/2016 CEIP Ceal Narón (C) 2 48 50 13/06/2016 CEIP Ventín Ames (C) 4 100 104 16/06/2016 CEIP Labarta Pose Zas (C) 10 23 33 17/06/2016 CEIP Eladia Mariño Cabanas (C) 3 23 26 20/06/2016 CEIP R. Otero Pedraio Vigo (PO) 4 45 49 21/06/2016 IES Valadares Vigo (PO) 2 50 52 20/09/2016 Colexio Peleteiro Santiago (C) 4 90 94 05/10/2016 Colexio Eiris Coruña (C) 4 75 79 07/10/2016 CEIP Cruceiro Freijomil Pontedeume ( C) 3 50 53 07/10/2016 CEIP Graxal Coruña (C) 4 48 52 07/10/2016 CPR Jorge Juan Ferrol ( C) 4 41 45 14/10/2016 Escola Politécnica Lugo. Grado en Forestales Lugo (LU) 1 13 14 Páxina 8 de 27

17/10/2016 IES Euebio da Guarda Coruña (C) 2 33 35 19/10/2016 CEIP Almirante Juan de Lángara Ferrol ( C) 2 31 33 20/10/2016 CEIP La Solaina Narón (C) 3 50 53 21/10/2016 CEIP Unión Mugardesa Mugardos ( C) 2 40 42 21/10/2016 Facultade de Bioloxía Coruña (C) 1 50 51 24/10/2016 CEIP San Isidro Neda ( C) 2 38 40 26/10/2016 CEIP Virxe do Mar Ferrol ( C) 2 26 28 27/10/2016 CEIP Unión Mugardesa Mugardos ( C) 2 38 40 28/10/2016 CEIP Unión Mugardesa Mugardos ( C) 4 26 30 03/11/2016 CEIP Sofía Casanova Culleredo (C) 2 25 27 08/11/2016 CEIP La Solaina Narón (C) 2 50 52 25/11/2016 Obradoiro Emprego Ferrol ( C) 2 15 17 TOTAL 151 2063 2214 Páxina 9 de 27

5 INVESTIMENTOS 2016 RELACIÓN DE ACTUACIÓNS NO PARQUE NO ANO 2016 Actuacións de promoción e divulgación ambiental no Parque Natural Fragas do Eume 51.417,59 Estudo de identificación de eucaliptos a retirar nas marxes do río Eume nos 7,9 km de río entre a alameda e o Mosteiro de Caaveiro dentro do Parque Natural das Fragas do Eume 6.774,79 Restauración de hábitats no monte público da Xunta de Galicia situados no Concello de Monfero dentro do Parque Natural das Fragas do Eume 57.920,73 Retirada e eliminación de plantas invasoras no curso baixo do Río Eume e posta en valor e rexeneración das marxes do Encoro do Eume mediante retirada de residuos, nos concellos de Pontedeume, A Capela, Cabanas, As Pontes E Monfero, dentro do parque Natural das Fragas do Eume 19.250,00 Páxina 10 de 27

Acondicionamento das infraestruturas na ruta á beira do Río Eume no entorno do Parque Natural das Fragas do Eume (Arranxo de pontes) 39.475,58 Elaboración dunha guía dos anfibios e réptiles do Parque Natural das Fragas do Eume 12.012,15 UNIVERSIDADE DA CORUÑA Mellora da sinalización e da cartelería na ruta á beira do Río Eume no Parque Natural das Fragas do Eume 3.797,59 Programa de Voluntariado Ambiental no Parque Natural das Fragas do Eume 2016 12.615,46 Edición de material divulgativo do Parque Natural das Fragas do Eume 14.223,55 Optimización de funcionamento, reparación e posta a punto da estación depuradora de augas residuais no Parque Natural das Fragas do Eume, 19.692,75 Seguimento do funcionamento da estación depuradora de augas residuais no parque natural das Fragas do Eume 2.086,04 Total 239,266,23 5.1 ACTUACIÓNS DE DIVULGACIÓN. Reforzáronse as actuacións de divulgación e atención ao visitante nos portais de Caaveiro e Monfero dende o mes de marzo ata setembro. Páxina 11 de 27

5.2 ESTUDO DE IDENTIFICACIÓN DE EUCALIPTOS A RETIRAR NAS MARXES DO RÍO EUME A actuación consistiu en facer un inventario dos eucaliptos situados nas marxes do Río Eume, o longo dos 7,9 quilómetros que van dende a Alameda ata o Mosteiro de Caaveiro, ademais da súa localización, clasificación, estudo de custos de valor da madeira, custos de corte, e custos de retirada da mesma. Completarase o estudo coa identificación de parcelas e propietarios das mesmas que resulten afectados, para unha posterior mediación con eles no momento de executar o estudo. 5.3 RESTAURACIÓN DE HÁBITATS NO MONTE PÚBLICO DA XUNTA DE GALICIA SITUADOS NO CONCELLO DE MONFERO DENTRO DO PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME a) Rozas manuais con desbrozadora. b) Rozas manuais con motoserra. c) Ahoyado manual con aixada. d) Plantación..e) Abonado. f) Protección da plantación. As especies que forman parte da reforestación son planta frondosas (Castanea sativa, Quercus robur, Betula spp, etc.) de 1 savia, en colector con cepellón mínimo de 300 cm³, que cumpra o R.D. 289/03, do 7 de marzo sobre comercialización de M.F.R. 5.4 RETIRADA E ELIMINACIÓN DE PLANTAS INVASORAS NO CURSO BAIXO DO RÍO EUME E POSTA EN VALOR E REXENERACIÓN DAS MARXES DO ENCORO DO EUME MEDIANTE RETIRADA DE RESIDUOS, NOS CONCELLOS DE PONTEDEUME, A CAPELA, CABANAS, AS PONTES E MONFERO, DENTRO DO PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME Encadrado no convenio de colaboración con La Caixa procedeuse a recollida de lixo acumulado nas veiras do encoro e retirada de plantas invasoras na zona de Ponte de Figueira e Ponte Fornelos. As plantas sobre as que se actuou foron : Páxina 12 de 27

Tradescantia fluminensis Crocosmia x crocosmiiflora Hedychium gardeniarum. 5.5 ACONDICIONAMENTO DAS INFRAESTRUTURAS NA RUTA Á BEIRA DO RÍO EUME NO ENTORNO DO PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME (ARRANXO DE PONTES) a) Pontes colgantes: Mantemento e revisión da estrutura das pontes colgantes de Figueira e Fornelos (revisión, galvanizado, reparación de gretas, engraxado de poleas, colocación de varandas nas entradas e colocación vinilos de sinalización de carga máxima). b) Colocación de bionda de madeira en zonas de perigosidade. c) Colocación de listóns de madeira na ponte do río Eume á entrada da subida ó Mosteiro de Caaveiro d) Mellora da accesibilidade mediante a instalación dunha pasarela de madeira no río Sesín. 5.6 ELABORACIÓN DUNHA GUÍA DOS ANFIBIOS E RÉPTILES DO PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME O obxecto da presente proposta é facer un inventario faunístico e representación cartográfica nunha guía que inclúa a identificación, distribución no espazo natural, ecoloxía, bioloxía e estado de conservación das poboacións dos anfibios e réptiles do parque. 5.7 MELLORA DA SINALIZACIÓN E DA CARTELERÍA NA RUTA Á BEIRA DO RÍO EUME NO PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME O obxecto da presente actuación é a mellora da sinalización e dos carteis de información xeral na ruta á beira do Río Eume situada no Parque Natural das Fragas do Eume (A Coruña) Páxina 13 de 27

Os traballos estarán localizados á beira do río Eume entre a Alameda, no concello de Pontedeume, e a ponte do Río Senín, na parte baixa do Mosteiro de Caaveiro, no Concello da Capela. 5.8 PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME 2016 O programa de Voluntariado Ambiental no Parque Natural das Fragas do Eume desenvólvese en colaboración entre a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas, desenvólvese este proxecto no Parque Natural. Páxina 14 de 27

A duración é de 4 quendas de 5 días consecutivos, participando 23 voluntarios e un coordinador de voluntariado. - Primeira quenda. Do 11 ao 15 de xullo. - Segunda quenda. Do 18 ao 22 de xullo. - Terceira quenda. Do 25 ao 29 de agosto. - Cuarta quenda. Do 1 ao 5 de agosto Traballos que realizaron: - Formación e ruta de recoñecemento das zonas de traballo asignadas - Eliminación de especies exóticas invasoras - Recollida de lixo - Rutas de sendeirismo a través das Fragas do Eume - Colaboración coa Asociación para a custodia do Bosque Atlántico Bétula - Actividades complementarias 5.9 PUBLICACIÓNS DIVULGATIVAS Dentro das actividades de divulgación, repártense, de balde, mapas guía e guías temáticas do Parque nos centros de atención os visitantes do parque, oficinas de turismo dos concellos integrantes do Parque, empresas de hostalería que o solicitan e empresas de actividades ó aire libre ou deportivas Páxina 15 de 27

7 ORZAMENTOS VINCULADOS Á ORDE DO 27 DE XUÑO DE 2016 Segundo a Orde do 27 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2016 e 2017, das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ambito dos parques naturais de Galicia cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, a relación de particulares, empresas e concellos beneficiarios no Parque Natural Fragas Do Eume foron: PARTICULARES EXPEDIENTE BENEFICIARIO TITULO DE ACCIÓN SOLICITADA IMPORTE AXUDA Anualidade 2016 EU-2016-04 ASOCIACIÓN CUSTODIA DO BOSQUE ATLÁN- TICO BETULA Eliminación De Especies Invasoras E Restauración Vexetal 3.539,80 2.075,03 EU-2016-17 Adrián Meizoso Calvo Recuperación De Soutos Nas Fragas Do Eume 7.131,87 4.180,70 EU-2016-25 Mª Gloria Fernández Permuy Peche De Madeira No Lugar Teixeira 12.000,00 7.034,40 EU-2016-13 Vicente Sanmartín Adega Actuación Dirixidas Á Preservación Dos Hábitats Ou Ecosistemas Naturais E Seminaturais No Pn Fragas Do Eume 1.061,09 622,01 EU-2016-12 Jose Manuel Tojeiro Couto Rehabilitación De Cabana De Molino 12.000,00 7.034,40 EU-2016-07 Angel Filgueiras Grueiro Rehabilitación De Palleira En Lugar De Cal Da Abeleira 12.000,00 7.034,40 EU-2016-09 Bernardino González Pena Rehabilitación De Palleira En Lugar De Couce Da Nova 12.000,00 7.034,40 Páxina 19 de 27

EU-2016-14 Jesús Seco Arnoso Recuperación Dun Valado De Cantería 6.400,00 3.751,68 EU-2016-06 Mª ESTRELLA RI- VAS SEIJAS Rehabilitación De Cabana E Muros De Manpostería En Villarboy 11.549,29 6.770,19 EU-2016-16 Antonio Gómez Piñeiro Recuperación Do Hórreo E A Cuberta Do Forno 12.000,00 7.034,40 EU-2016-19 Manuel Buyo López Recuperación De Hórreo E Da Cabana Do Carro 12.000,00 7.034,40 EU-2016-15 Mª Del Carmen Fernández García Recuperación Dunha Antiga Forxa E Cabana Anexa 12.000,00 7.034,40 EU-2016-05 Jesús Alén Cal Restauración Elementos Valor Patrimonial 11.726,90 6.874,31 Páxina 20 de 27

EMPRESAS EXPEDIENTE BENEFICIARIO TITULO DE ACCIÓN SOLICITADA IMPORTE AXU- DA Anualidade 2016 EU-2016-10 GANDEIRIA DU- REIXA, SC Rehabilitación de hórreo no lugar de Dureixa 8.533,30 5.019,29 EU-2016-11 GANDEIRIA ABELEIRA, SC Rehabilitación de hórreo no lugar de abeleira 9.328,77 5.487,18 EU-2016-20 ORIS-AZAI, SL Actuacións sobre ecosistemas naturais ou seminaturais enter as cales se menciona, a modo de exemplo, a recuperación de sebes nas estremeiras das explotacións e nas beiras das zonas comúns, así como a recuperación de soutos 3.706,50 2.180,16 CONCELLOS EXPEDIENTE BENEFICIARIO TITULO DE ACCIÓN SOLICITADA IMPORTE AXU- DA Anualidade 2016 EU-2016-01 CONCELLO DE CABANAS Melloras medioambientais na contorna do parque natural das fragas do Eume 33.019,10 15.525,58 EU-2016-02 CONCELLO DE CAPELA Acondicionamento e recuperación de treitos da ruta de sendeirismo do camiño vello ao mosteiro de Caaveiro 40.000,00 18.808,00 Páxina 21 de 27

8. ESTATÍSTICAS DE VISITAS AO PARQUE NATURAL. Estadísticas de visitas de particulares Desde o centro de Recepción de visitantes de Pontedeume e desde o centro de visitantes no Portal de Monfero realízase o servizo de atención ao público visitante do espazo natural. As acción levadas a cabo durante o ano 2016 son: MES Centro VISITAS INDI- VIDUAIS VISITAS GRUPOS TOTAL Xaneiro Caaveiro 254 0 254 Febreiro Caaveiro 194 0 194 Marzo Caaveiro 2.364 164 2.452 Monfero 88 Abril Caaveiro 841 304 925 Monfero 84 Maio Caaveiro 1.382 653 2.199 Monfero 164 Xuño Caaveiro 1.810 630 2.633 Monfero 193 Xullo Caaveiro 5.890 0 5.906 Monfero 16 Páxina 22 de 27

Por interese : ACTIVIDADE nº Visitas % TOTAL Sendeirismo 4558 16,42 4558 Informacion 160 0,58 160 Activ Medioambientais 0 0,00 0 Estudios/Cursos 211 0,76 211 Etnografía 13637 49,14 13637 Ocio en Natureza 1554 5,60 1554 Bici/BTT 186 0,67 186 Patrimonio 7413 26,71 7413 Outros motivos 35 0,13 35 Total Activ 27754 27754 Páxina 27 de 27