Lingua Inglesa 1 GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO. Francisco Javier Fernández Polo Mario Cal Varela JoDee Anderson

Similar documents
DATOS IDENTIFICATIVOS

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL


Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

Programación de proba libre de módulos profesionais

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Facultade de CC. Económicas e Empresariais

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Departamento de Musicoloxía

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

Referentes para a avaliación

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

TFG Grao en Lingua e Literatura Inglesas

UNIVERSIDAD AUTÓNOMA DE NUEVO LEÓN FACULTAD DE INGENIERÍA MECÁNICA Y ELÉCTRICA

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

TFG Grao en Lingua e Literatura Españolas

Contido. Profesorado do Contido. Obxectivos da materia. Contidos

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

O relevo e as costas de Galicia

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA INGLES. RESTAURACIÓN HOTR043PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO º ESO. Bioloxia e Xeoloxia 1 ESO M.Angeles Ramos Garcia e outros Ed McGraw Hill Madrid,

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

GUÍA DIDÁCTICA DJ AUDIOVISUAL: HOME RECORDING STUDIO

Programa docente en créditos ECTS

Guía docente Instrumentos Estatísticos de Investigación Económica

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

Anexo. Detalle das accións

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

Facultade de Belas Artes

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Welcome to Greenman and the Magic Forest

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

Laboratorio do Territorio

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

Mapa de accidentalidade

OFERTA XERAL DE TRABALLOS DE FIN DE GRAO. CURSO ELECCIÓN OUTUBRO 2018

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

1º ESO CURSO 2017/2018 (Programa de fondo solidario Orde do 16 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia do )

XANEIRO - SETEMBRO 2018

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

Memoria Escola Galega de Administración Pública

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

Ingles En 100 Dias/english In 100 Days (Curso Completo) (Curso Completo) (Spanish Edition) By Aguilar

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

A Facultade dispón de Aula de Informática e Aula de Videoconferencia, situadas no bloque E, planta baixa.

PLAN ANUAL DE LECTURA 2017/18 IES LOSADA DIÉGUEZ

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

A Europa medieval: perspectiva histórico-social

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

PROGRAMACION INICIACIÓN PROFESIONAL A MECÁNICA 3 DA E.S.O. CURSO PROFESOR: Departamento de Automoclón (Eletromecánlca de Vehículos)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

MEMORIA PARA LA PROPUESTA DE PROGRAMA DE DOCTORADO EN CIENCIAS DE LA SALUD

Para ser tomadas en cuenta las tareas deben de ser presentadas con las siguientes características:

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

CM Cociña e gastronomía

Á Mesa do Parlamento

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Transcription:

FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA INGLESA E ALEMÁ Lingua Inglesa 1 Francisco Javier Fernández Polo Mario Cal Varela JoDee Anderson GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2017/2018

FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA INGLESA E ALEMÁ AUTORES: Francisco Javier Fernández Polo, Mario Cal Varela e JoDee Anderson. Edición electrónica. 2017. ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

Índice 1. Datos descritivos da materia... 4 2. Obxectivos e competencias... 4 3. Contidos... 6 4. Bibliografía e recursos didácticos... 6 5. Metodoloxía da ensinanza... 9 6. Sistema de avaliación... 10 7. Distribución e calendario de actividades... 12

1. Datos descritivos da materia Materia: Lingua inglesa 1. Código(s): G5041105, G5051105, G5061102, G5071105, G5081105. Créditos ECTS: 6. Carácter: básico. Curso e cuadrimestre: Primeiro curso, primeiro cuadrimestre. Profesores que a imparten: Francisco Javier Fernández Polo, Mario Cal Varela (Campus de Santiago); JoDee Anderson (Campus de Lugo). 2. Obxectivos e competencias Con este módulo o estudante deberá adquirir, como mínimo, un grao de dominio da lingua inglesa correspondente ao nivel B1 no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. En particular, a superación da materia implicará que o estudante ten acadado a competencia necesaria para realizar con normalidade as seguintes funcións: Comprensión oral: l Comprender as ideas principais cando o discurso é claro e na variedade estándar e trata asuntos cotiáns que teñen lugar no traballo, na escola, durante o tempo de lecer, etc. l Comprender a idea principal de moitos programas de radio ou televisión que tratan temas actuais ou asuntos de interese persoal ou profesional, cando a articulación é relativamente lenta e clara. Comprensión de lectura: l Comprender textos redactados en lingua de uso habitual e cotiá ou relacionada co traballo. l Comprender a descrición de acontecementos, sentimentos e desexos en cartas persoais. Interacción oral: l Desenvolverse en case todas as situacións que se presentan cando un viaxa a un país de fala inglesa. l Participar espontaneamente nunha conversa que trate temas cotiáns de interese persoal ou que sexan pertinentes para a vida diaria (por exemplo, familia, afeccións, traballo, viaxes e acontecementos actuais).

Expresión oral: l Enlazar frases de forma sinxela co fin de describir experiencias e feitos, soños, esperanzas e ambicións. l Explicar e xustificar brevemente opinións e proxectos. l Narrar unha historia ou relato, a trama dun libro ou dunha película l Describir as reaccións propias. Expresión escrita: l Escribir textos sinxelos e ben enlazados sobre temas coñecidos ou de interese persoal. l Escribir cartas persoais que describen experiencias e impresións. A máis destes obxectivos lingüísticos xerais, o curso pretende que os estudantes adquiran un dominio adecuado do vocabulario, as estruturas sintácticas e os elementos de composición do discurso propios da comunicación académica correspodentes ó mesmo nivel B1 (como mínimo). En xeral, dende o punto de vista comunicativo, ao remate do curso, os estudantes deben ser quén de demostrar unha competencia suficiente para poderen realizar en inglés actividades básicas propias da vida académica e necesarias para acadar o éxito nos seus estudos universitarios, tales como: a) a lectura e comprensión profunda de textos académicos, b) a comprensión e extracción das ideas principais dun discurso oral, c) a exposición oral e escita, clara e ordenada, de temáticas propias do ámbito académico, d) a participación en debates, etc. Ademais dos obxectivos específicos relativos ao nivel de lingua e o desenvolvemento de competencias comunicativas propias do ámbito académico, as actividades prácticas realizadas no marco desta materia permitirán aos estudantes pór en práctica e desenvolver unha serie de destrezas de carácter transversal: - A través da utilización dos medios e recursos suxeridos ao longo do curso, os estudantes consolidarán as súas destrezas no manexo dunha serie de ferramentas de autoaprendizaxe dispoñibles libremente a través da rede, mellorando así as súas capacidades para a aprendizaxe autónoma. - A realización de pequenos proxectos centrados na resolución de problemas concretos permitiralles aos estudantes desenvolver as súas destrezas de investigación, en concreto as relativas á localización de fontes de información e á extracción, valoración crítica e utilización adecuada dos datos obtidos. - Os estudantes desenvolverán tamén a súa capacidade para argumentar e expor con claridade o seu punto de vista, ao tempo que adquiren flexibilidade para admitir perspectivas distintas, mellorando deste xeito as súas habilidades para participar de forma construtiva en debates. - A interacción habitual en grupos pequenos axudaralles aos estudantes a mellorar as súas destrezas interpersoais, necesarias para a toma de decisións e a organización do traballo en equipo.

3. Contidos Durante o curso abordaranse cuestións de Gramática e léxico relacionadas coa utilización da lingua inglesa ao nivel B1, necesarios para a realización de actividades comunicativas en ámbitos da vida cotiá, persoais e profesionais, en particular no ámbito académico. En concreto, no terreo do léxico está previsto tratar o vocabulario e as expresións máis comúns relacionadas con ámbitos tales como: a viaxe, a vida académica, as actividades de ocio e o mundo laboral, a ciencia e a tecnoloxía, o fogar e a vida familiar, etc. Farase ademais fincapé na aprendizaxe de vocabulario xeral relacionado coa comunicación académica: a expresión da causa, da consecuencia, do punto de vista, etc. No que toca á gramática, abordaranse cuestión relativas ao uso correcto dos tempos verbais, os verbos modais, as estruturas condicionais, a comparación, as cláusulas de relativo, o discurso indirecto, os artigos e os cuantificadores, entre outras. Ademais, ao longo do curso porase unha énfase especial no estudo dos medios dos que dispón o inglés para a realización de funcións comunicativas relacionadas co uso da lingua no ámbito concreto do ensino e a aprendizaxe universitarios, tales como: tomar notas, resumir contidos, describir procesos, narrar acontecementos, discutir ideas, etc. 4. Bibliografía e recursos didácticos Libros de texto e outro material de uso habitual durante o curso Farase uso dun libro de texto acorde cos obxectivos do curso, tanto no tocante ó nivel de lingua que se pretende acadar coma ó tipo de competencias que se busca desenvolver no estudante. O manual servirá de eixo vertebrador do curso e principal fonte das actividades que se desenvolverán ó longo del. Tamén se recomendará unha gramática de referencia axeitada ó perfil e ás necesidades dos alumnos, que lles axude a resolver as dúbidas relativas ó uso da lingua que poidan xurdir no día a día dentro e fóra da aula. Durante a primeira semana do curso especificaranse tanto as referencias concretas a estes dous tipos de materiais, manual e gramática. Dicionarios e gramáticas recomendados Gran diccionario Oxford Español-Inglés/Inglés-Español. Oxford University Press. Collins Cobuild English Dictionary for Advanced Learners (Paperback). Harper Collins Publishers. Oxford Learner s Dictionary of Academic English. Oxford: Oxford University Press. Paterson, Ken & Wedge, Roberta. 2013. Oxford Grammar for EAP. Oxford: Oxford University Press. A máis deste material, o profesorado recomendará ó longo do curso o uso e consulta de diversos recursos dispoñibles en Internet, necesarios para unha mellor comprensión e dominio dos temas abordados cada semana. Entre estes recursos atópanse os que figuran na seguinte escola xeral.

Recursos na rede para a consulta, a práctica e a autoaprendizaxe Dicionarios (inglés e inglés-español) http://www.thefreedictionary.com/ (inglés) http://www.ldoceonline.com/ (inglés) http://dictionary.cambridge.org/ (inglés) http://www.wordreference.com/ (inglés-español-inglés) http://www.learnersdictionary.com/ (inglés) http://dictionary.reference.com/ (varios en inglés) http://sli.uvigo.es/clig/index.html (inglés-galego) http://visual.merriam-webster.com/ (visual en inglés)

Sinónimos, antónimos e ideas relacionadas http://thesaurus.reference.com/ Gramáticas: http://www.edufind.com/english/grammar/index.cfm (con exercicios) http://www.englishpage.com/grammar/ (con exercicios) Miscelánea (actividades, tests, lectura, podcasts...) English Test Net http://www.english-test.net/ About.com: http://esl.about.com/ Easy English: http://www.easyenglish.com/ A4esl.org: http://a4esl.org/ UsingEnglish.com: http://www.usingenglish.com/ English Page http://www.englishpage.com/ (gramática, exercicios, léxico, escritura...) BBC Learning English http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/ (gramática, tests, actividades de lectura, comprensión oral, podcasts...) British Council - Learning English http://www.learnenglish.org.uk/ (gramática, tests, actividades de lectura, comprensión oral, podcasts...) University of Victoria - Language Center http://web2.uvcs.uvic.ca/elc/studyzone/index.htm (gramática, tests, comprensión, escritura...)

5. Metodoloxía da ensinanza As clases teórico-expositivas combinarán breves presentacións por parte do profesor, particularmente de cuestións de índole gramatical, léxica e de uso do inglés, coa realización de actividades prácticas na aula por parte dos alumnos, individualmente ou en grupo. O profesor encargado da parte teórico-expositiva regularmente proporá como complemento a realización fóra da aula por parte dos alumnos de actividades sobre cuestións lingüísticas que requiran, pola súa complexidade, unha práctica intensa e reforzada, pequenas actividades de investigación sobre cuestións de índole lingüística ou non relacionadas cos temas que se abordan na aula ou participación en actividades de grupo tales como debates ou desenvolvemento de pequenos proxectos, a través das cales se busca que o alumno poña en práctica as súas competencias comunicativas en inglés. Para a realización de todas estas actividades fóra da aula está previsto que se empregue o Campus Virtual da USC. Este instrumento servirá tamén como canle adicional para o seguimento e titorización dos estudantes. As clases interactivas serán impartidas en grupos reducidos (máximo 20 alumnos) nunha aula-seminario. O número reducido de participantes nestas sesións pretende unha participación activa dos estudantes nas actividades da aula, particularmente centradas no desenvolvemento das competencias orais e escritas. Os alumnos terán, como mínimo, unha sesión semanal cun profesor-lector falante nativo de inglés co que traballarán especificamente as competencias activas de presentación e interacción oral e escrita. As titorías personalizadas levaranse a cabo a través do campus virtual da USC ou serán impartidas en grupos moi reducidos dun máximo de dez alumnos. O profesor encargado será o mesmo ca o das clases teórico-expositivas. As titorías serán unha ocasión propicia para manteren profesor e alumno un contacto directo que permita supervisar o progreso do alumno no curso, incluído o seu grao de adquisición dos coñecementos e habilidades que son obxecto de tratamento nas sesións de aula e no campus virtual, e de poder xa que logo ulteriormente solicitar/ofrecer un consello personalizado que lle permita acadar mellor os obxectivos do curso. O profesor aproveitará ademais as titorías para comprobar a realización por parte do alumno das tarefas complementarias e de reforzo previstas para a súa realización fóra da aula. Por último, podería propoñerse nas primeiras semanas do curso a realización de lecturas (de artigos ou libros) que poderían ir acompañadas dalgunha activade complementaria de comprensión de texto, investigación, etc. das que se daría conta especificamente durante as sesións de titoría.

6. Sistema de avaliación No caso da materia impartida no campus de Santiago, tanto na oportunidade ordinaria de xaneiro como na segunda oportunidade de xuño/xullo, o grao de consecución dos obxectivos do curso por parte do estudante valorarase por medio de varios procedementos combinados, tal e como se recolle no seguinte cadro: Aspecto Criterios Instrumento Peso Exame oficial 3 puntos Comprensión e uso xeral da lingua Comprensión e uso correcto das estruturas gramaticais e o léxico. puntos Avaliación continua por medio de actividades supervisadas a través do curso virtual e actividades de clase desenvolvidas tanto individualmente como en grupo 3 puntos Expresión oral e escrita Capacidade de expresión oral e escrita (corrección gramatical, variedade do léxico, dominio do estilo, coherencia e cohesión, fluidez expresiva...) Redacción Uso correcto da gramática e o léxico, elaboración de textos (coherencia, cohesión) Exame oficial 2 puntos Comprensión oral Grao de comprensión do discurso ora.l Exame oficial 1 punto Comprensión escrita Grao de comprensión do discurso escrito. Exame oficial 1 punto

Téñase en conta que, independentemente da nota acadada na avaliación continua, para poder superar a materia é preciso ter acadado un mínimo de 4 puntos (sobre un total de 10) no exame escrito oficial. Por outra parte, a distribución dos compoñentes da cualificación final e a súa proporcionalidade aplicarase tanto na primeira oportunidade (xaneiro) coma na segunda (xuño-xullo). No caso daqueles estudantes que non teñan obriga legal de asistir ás clases (alumnos con dispensa oficial), o/a profesor/a poderá realizar a avaliación a partir dun exame final equivalente ao 100% da nota ou, se o estima oportuno, establecer para o compoñente de avaliación continua a realización das tarefas obrigatorias encargadas ó longo do curso a través do campus virtual. Neste último caso, mantense en todas as oportunidades a proporción de 70% da cualificación final para o exame (gramática e léxico + redacción + comprensión oral + comprensión escrita) e 30% para a avaliación continua.

7. Distribución e calendario de actividades Tal e como se describe na sección 5 sobre metodoloxía, 1/3 da docencia desta materia (1 hora/semana) consistirá en clases de tipo expositivo en grupos dun máximo de 80 alumnos. O resto das sesións (2 horas/semana) corresponderá á docencia de tipo interactivo en grupos dun máximo de 20 alumnos. A distribución dos estudantes en grupos para as clases interactivas realizarase durante a primeira semana de curso. Todos os estudantes deben estar obrigatoriamente inscritos nun grupo interactivo. A distribución da carga total de traballo dos estudantes é a que figura na táboa seguinte: Actividades Horas presenciais Horas non presenciais Total Sesións expositivas 16 32 48 Sesións de seminario 32 48 80 Sesións de titoría 3 9 12 Sesións de avaliación 3 7 10 TOTAL 54 96 150 Dado que a materia se imparte en dous campus distintos (Lugo e Santiago), as circunstancias particulares de cada un poden facer precisos algúns axustes na distribución descrita, por exemplo en función do número de estudantes que eventualmente se matriculen no curso. De ser o caso, os cambios que se realicen notificaranse durante a primeira semana de curso.