DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Similar documents
CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

XANEIRO - SETEMBRO 2018

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Programación de proba libre de módulos profesionais

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

Á Mesa do Parlamento

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.


artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

Guía do profesorado de nova incorporación

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

Guía do alumnado. Modelo MD85ACO01. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA

O relevo e as costas de Galicia

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

Mapa de accidentalidade

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

1.3.- Descrición dos Servizos de Información Xuvenil.

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

CURSO ª ADDENDA ao PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

LEI 11/1989, DO 20 DE XULLO, DE ORDENACION DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA (D.O.G. 16 DE AGOSTO DE 1989)(1)

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA INGLES. RESTAURACIÓN HOTR043PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

TFG Grao en Lingua e Literatura Inglesas

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

MEMORIA PARA LA PROPUESTA DE PROGRAMA DE DOCTORADO EN CIENCIAS DE LA SALUD

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

Departamento de Musicoloxía

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

1.- IDEOLOXÍA. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL REALIZADA O DIA 1 DE XULLO DE DOUS MIL DEZASEIS.

DATOS IDENTIFICATIVOS

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

PROXECTO DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA EN LINGUA GALEGA elaborado polo IES "PERDOURO" de BURELA

TFG Grao en Lingua e Literatura Españolas

CM Cociña e gastronomía

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Transcription:

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx. 10358 I. Disposicións xerais Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ORDE do 12 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE, nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén desenvolvendo accións que teñen por finalidade o impulso da mellora da formación do noso alumnado no coñecemento das linguas estranxeiras pertencentes ao espazo cultural europeo. A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece, no artigo 59, que as ensinanzas de idiomas teñen como finalidade capacitar o alumnado para o uso axeitado dos diferentes idiomas fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, e concrétase a súa organización nos niveis básico, intermedio e avanzado. Neste mesmo artigo ditamínase que as ensinanzas do nivel básico terán as características e a organización que as administracións educativas determinen. Polo antedito, cómpre establecer unhas novas bases reguladoras que lle ofrezan ao alumnado a posibilidade de acceder a unha formación complementaria en lingua estranxeira nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional e que estea baseada no Marco común europeo de referencia para as linguas, documento que unifica as directrices para a aprendizaxe e o ensino de linguas. Trátase de preparar o alumnado para as probas de certificación dos niveis das ensinanzas especializadas de idiomas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, e polo Decreto 191/2007, do 20 de setembro (DOG do 9 de outubro). En consecuencia co anteriormente exposto, e en virtude das competencias que lle son atribuídas pola normativa vixente, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN: Sección 1.ª Disposicións xerais Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación. 1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e organizativas do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE,

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx. 10359 nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional, co fin de preparar este alumnado para as probas de certificación dos niveis das ensinanzas especializadas de idiomas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, e polo Decreto 191/2007, do 20 de setembro (DOG do 9 de outubro). 2. Esta orde é de aplicación nos centros públicos que imparten ensino secundario e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia que sexan autorizados para ofertar algunha modalidade do programa. Sección 2.ª Ordenación do Programa CUALE Artigo 2. Modalidades do programa. O Programa CUALE desenvolverase baixo as seguintes modalidades: 1. CUALE A1: cursos dirixidos á obtención do nivel A1 do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL). 2. CUALE A2: cursos dirixidos á preparación para as probas de certificación do nivel A2 do MCERL. 3. CUALE B1: cursos dirixidos á preparación para as probas de certificación do nivel B1 do MCERL. 4. CUALE B2: cursos dirixidos á preparación para as probas de certificación do nivel B2 do MCERL. Artigo 3. Organización e desenvolvemento do programa. 1. O programa desenvolverase fóra do horario lectivo ao longo do curso escolar. 2. A participación no programa será voluntaria e gratuíta para o alumnado a que vai dirixido. 3. A oferta de calquera das modalidades levarase a cabo tendo en conta a dispoñibilidade de recursos materiais e humanos dos centros. 4. As programacións didácticas das ensinanzas correspondentes ás distintas modalidades realizaranse tendo en conta os niveis descritos no MCERL.

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx. 10360 5. A programación dos cursos deberá ser recollida nas programacións didácticas dos departamentos de linguas estranxeiras correspondentes, que incluirán, se é o caso, as distintas modalidades que oferte o centro. 6. O número de alumnado para a constitución dos grupos nas distintas modalidades será de entre 10 e 20. Excepcionalmente poderá autorizarse a constitución de grupos cun número inferior de alumnado. Artigo 4. Condicións de acceso a cada unha das modalidades. 1. Estas ensinanzas van dirixidas ao alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos e poderá acceder a elas o alumnado do propio centro e tamén o doutros centros. 2. As condicións de acceso a cada modalidade son as seguintes: a) CUALE A1: poderá cursar esta modalidade o alumnado que teña superadas todas as materias do segundo curso de educación secundaria obrigatoria, e que estea matriculado no terceiro curso no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos sostidos con fondos públicos. b) CUALE A2: poderá cursar esta modalidade o alumnado que teña superadas todas as materias do terceiro curso de educación secundaria obrigatoria, e que estea matriculado no cuarto curso no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos sostidos con fondos públicos. Así mesmo, poderá cursar esta modalidade o alumnado matriculado en ciclos formativos de formación profesional específica de grao medio, matriculado no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos sostidos con fondos públicos. c) CUALE B1: poderá cursar esta modalidade o alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de formación profesional específica de grao medio e de grao superior que estea matriculado no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos sostidos con fondos públicos. Así mesmo, poderá cursar o CUALE B1 o alumnado que posúa o certificado do nivel básico das escolas oficiais de idiomas (EEOOII) ou, se é o caso, outros certificados de nivel A2 do MCERL expedidos por entidades de recoñecido prestixio, segundo o disposto na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas (DOG do 26 de abril).

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx. 10361 d) CUALE B2: poderá cursar esta modalidade o alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de formación profesional específica de grao superior e que estea matriculado no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos sostidos con fondos públicos. Así mesmo, poderá cursar o CUALE B2 o alumnado que posúa o certificado do nivel intermedio das EEOOII ou, se é o caso, outros certificados de nivel B1 do MCERL expedidos por entidades de recoñecido prestixio segundo o que dispoña a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Artigo 5. Organización dos cursos CUALE. 1. A formación para cada modalidade organizarase cunha duración dun curso escolar, de xeito que, coa excepción dos asistentes ao curso CUALE-A1, ao finalizalo o alumnado estea en condicións de superar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas. 2. Os obxectivos, contidos, metodoloxía e criterios de avaliación terán como referencia os respectivos niveis do MCERL. 3. O profesorado dos centros docentes públicos que imparta esta modalidade será o responsable da elaboración e avaliación de probas para certificar o aproveitamento do curso, que se axustarán, en todo caso, aos criterios e á estrutura establecidos na correspondente programación didáctica. 4. Ao finalizar o curso o profesorado de linguas estranxeiras implicado no programa deberá elaborar unha memoria, conforme o estipulado no artigo 13 desta orde. Artigo 6. Avaliación e certificación. 1. O profesorado responsable desta formación realizará probas ao remate do curso correspondente a cada modalidade. 2. A superación das devanditas probas suporá a expedición por parte do centro de dous tipos de certificación: a) Certificado do nivel básico A1 de competencia no CUALE A1. b) Certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación das EEOOII, no resto das modalidades.

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx. 10362 3. Para a avaliación positiva do curso será preciso ter unha cualificación igual ou maior de 5, sobre 10, nas probas de aproveitamento. 4. No caso de non ter avaliación positiva no curso, o alumnado poderá inscribirse na mesma modalidade por segunda e última vez. Sección 3.ª Autorización dos centros para participar no Programa CUALE Artigo 7. Solicitude e documentación. 1. Para participar no programa os centros educativos deberán presentar a súa solicitude, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde e que tamén se pode descargar no portal educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas xefaturas territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, antes do 10 de xuño, indicando as modalidades que pretenden ofertar de entre as que se sinalan no artigo 2 desta orde, así como o número de alumnado preinscrito por modalidade e idioma. 2. Xunto coa solicitude deberán achegar: certificación da aprobación da solicitude por parte do consello escolar do centro e de que o profesorado que vai impartir a docencia ten destino definitivo no centro. 3. A xefatura territorial remitirá, antes do 30 de xuño, á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a documentación recibida acompañada dos informes dos servizos provinciais de inspección educativa en que se fará constar a dispoñibilidade horaria do profesorado que vai impartir a modalidade. Artigo 8. Autorización. 1. Correspóndelle á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a autorización da impartición deste programa nos centros educativos seleccionados, considerando a demanda, dispoñibilidade horaria do profesorado e os recursos existentes no centro. 2. Os centros educativos autorizados comunicaranlle á Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, antes do 31 de outubro, a relación do alumnado por modalidade e idioma. 3. Os servizos provinciais de inspección educativa velarán para que as modalidades impartidas cumpran o previsto nesta orde, en especial a elaboración da programación didáctica, o horario e duración dos cursos, así como a ratio mínima para a formación de grupos.

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx. 10363 Sección 4.ª Organización dos centros adscritos ao Programa CUALE Artigo 9. Profesorado participante no programa. Estes cursos serán impartidos polo profesorado de ensino secundario, de lingua estranxeira, con destino definitivo no centro. A coordinación desta formación complementaria será responsabilidade da xefatura do departamento correspondente de linguas estranxeiras do centro educativo en que se imparta. Artigo 10. Calendario e horario. As clases para as catro modalidades seguirán o calendario escolar establecido para as ensinanzas de réxime xeral, e desenvolveranse en tres ou catro períodos lectivos semanais. Artigo 11. Instalacións. Os centros docentes en que se impartan as modalidades recollidas nesta orde deberán dispor dunha aula dotada do material necesario para a ensinanza de idiomas. Artigo 12. Inscrición do alumnado no programa. 1. Con carácter xeral, os centros que desexen impartir as modalidades descritas nesta orde deberán realizar no mes de xuño a preinscrición do alumnado que desexe acceder aos devanditos cursos. 2. A inscrición realizarase na secretaría do propio centro ata o día 15 do mes de setembro. O alumnado procedente doutros centros deberá acompañar a súa solicitude dunha certificación expedida pola dirección do seu centro que acredite que está a cursar os estudos requiridos, ou a certificación do nivel de competencia lingüística necesaria para a modalidade correspondente. Artigo 13. Memoria. 1. Os centros que estean a participar nas distintas modalidades establecidas nesta orde deberanlle remitir anualmente á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, antes do 30 de xuño, unha memoria final, que tamén se incluirá na memoria final de curso que o centro remite aos servizos provinciais de inspección educativa.

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx. 10364 2. Esta memoria, que poderá ter formato de formulario en liña, deberá recoller os seguintes puntos: a) Valoración do alumnado participante: nivel de partida e asistencia, entre outros. b) Valoración do profesorado responsable sobre os obxectivos alcanzados e sobre o funcionamento do programa. c) Copia das probas realizadas. d) Acta final en que se faga constar a modalidade e o idioma cos participantes e as súas cualificacións expresadas numericamente de 1 a 10. Na devandita acta deberá figurar o visto e prace da persoa directora do centro. e) Propostas de mellora. Disposición adicional única. A dirección de cada centro educativo arbitrará as medidas necesarias para que o contido desta orde sexa coñecido por todos os sectores da comunidade educativa. O contido desta orde e a información complementaria, así como o modelo de solicitude, atoparanse no portal educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Disposición transitoria única. Os centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia que estean autorizados para a impartición do Programa de cursos para a formación complementaria da aprendizaxe de linguas estranxeiras, CUALE, de acordo coa Orde do 3 de xuño de 2010, que desexen seguir formando parte do programa deberán presentar o anexo I e a memoria establecida no artigo 13 desta orde dentro do prazo establecido, considerándose autorizados sempre que cumpran as condicións establecidas por esta orde. Disposición derrogatoria única. Queda derrogada a Orde do 3 de xuño de 2010 pola que se establece o Programa de cursos para a formación complementaria da aprendizaxe de linguas estranxeiras, CUALE, nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, así como cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta orde.

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx. 10365 Disposición derradeira primeira. Autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para adoptar os actos e medidas necesarios para a aplicación desta orde no seu ámbito competencial. Disposición derradeira segunda. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 12 de maio de 2011. Jesús Vázquez Abad Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx. 10366 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO PROGRAMA DE CURSOS PARA A FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DA APRENDIZAXE DE LINGUAS ESTRANXEIRAS DO ALUMNADO, CUALE, NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS, INSTITUTOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E CENTROS INTEGRADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL ED530A SOLICITUDE MODALIDADES SOLICITADAS: CUALE-A1 alemán CUALE-A2 alemán CUALE-B1 alemán CUALE-B2 alemán CUALE-A1 francés CUALE-A2 francés CUALE-B1 francés CUALE-B2 francés CUALE-A1 inglés CUALE-A2 inglés CUALE-B1 inglés CUALE-B2 inglés DATOS DO CENTRO: CÓDIGO NOME ENDEREZO PROVINCIA CONCELLO TELÉFONO CORREO ELECTRÓNICO PROFESORADO ESPECIALISTA EN LINGUAS ESTRANXEIRAS, CON DISPOÑIBILIDADE HORARIA, QUE SE COMPROMETE A PARTICIPAR 1. APELIDOS E NOME NIF ENDEREZO PROVINCIA CONCELLO IDIOMA TELÉFONO CORREO ELECTRÓNICO 2. APELIDOS E NOME NIF ENDEREZO PROVINCIA CONCELLO IDIOMA TELÉFONO CORREO ELECTRÓNICO 3. APELIDOS E NOME NIF ENDEREZO PROVINCIA CONCELLO IDIOMA TELÉFONO CORREO ELECTRÓNICO 4. APELIDOS E NOME NIF ENDEREZO PROVINCIA CONCELLO IDIOMA TELÉFONO CORREO ELECTRÓNICO

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx. 10367 DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA: (marcar cunha cruz) Certificación da aprobación da solicitude por parte do consello escolar. Título de funcionario de carreira e acreditación de destino definitivo no centro do profesorado que impartirá a docencia. Certificación da dirección do centro do número de alumnos e alumnas preinscritos en cada modalidade do programa. Don/Dona como director/a do centro SOLICITA a participación no Programa CUALE, de acordo co previsto na Orde do 12 de maio de 2011 pola que se establece o Programa de cursos para a formación complementaria da aprendizaxe de linguas estranxeiras do alumnado, CUALE, nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia. Lugar e data, de de O/A director/a do centro (selo do centro) Asdo.: En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmoo/a de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro, para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido a esta consellería como responsable do ficheiro (o enderezo figura ao pé desta solicitude). LEXISLACIÓN APLICABLE Orde do 12 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE, nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia. SINATURA DO/A SOLICITANTE OU PERSOA QUE O REPRESENTA (Para cubrir pola Administración) RECIBIDO REVISADO E CONFORME NÚMERO DE EXPEDIENTE DATA DE ENTRADA / / DATA DE EFECTOS / / DATA DE SAÍDA / /, de de DIRECTOR XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA. CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.