Sistemas de Información Xeográfica aplicados á arqueoloxía urbana: o SIP de Santiago de Compostela

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Mapa de accidentalidade

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

A máquina de escribir

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

Informe mensual do paro rexistrado

Laboratorio do Territorio

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Á Mesa do Parlamento

Federación Galega 16 DE MARZO Confrarías DE 2015 (13/12/2016) DA LEI 39/2015 DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Universidade de Santiago de Compostela, 2012

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

Escavación, traslado e posta en valor do petróglifo de O Viveiro (Moaña, Pontevedra) INTRODUCIÓN 1

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

Editado por: Xunta de Galicia Consellería de Economía e Industria Axencia Galega de Innovación Santiago de Compostela Ano: 2014 D.L.


Programación de proba libre de módulos profesionais

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

O relevo e as costas de Galicia

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

EGAP. 26 de febreiro > 15 de xullo de 2010 EGAP Santiago de Compostela

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Turismo e Industrias Culturais e Creativas

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

THE CENTRE FOR INTERPRETATION AS AN INSTRUMENT FOR HERITAGE AND DEVELOPMENT

Revista Galega de Economía Vol (2018

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

MEMORIA DE ACTIVIDADES

Anexo. Detalle das accións

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Tourism planning, promotion and environmental sustainability: the case of Spain

WATERS GLOBAL SERVICES CUSTOMER FOCUS/OPERATIONAL EXCELLENCE PROGRAM

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

Para ser tomadas en cuenta las tareas deben de ser presentadas con las siguientes características:

súa historia: Dos almacéns documentais ás bibliotecas escolares

Territorios a examen III. Territorios a exame III

CONCI:LLO DE SANTIAGO

PLAN DE SISTEMAS - Estado de Execución -

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

PROGRAMA AUNA CAMPUS TOLEDO GRADO EN HUMANIDADES DEGREE IN HUMANITIES 1 1 HISTORIA ANTIGUA ANCIENT HISTORY 1º 6

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

PROXECTO DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA EN LINGUA GALEGA elaborado polo IES "PERDOURO" de BURELA

Intervención de posta en valor do conxunto parroquial de San Xoán de Fecha, Santiago de Compostela

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

XANEIRO - SETEMBRO 2018

Escola Superior Gallaecia Mestrado integrado em Arquitectura e Urbanismo Dissertação - Tema sobre Urbanismo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Continuamos sacando á luz a obra

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

The Digital Transformation of Managing Aviation Data A Commercial Data Supplier View

Villasante, C.S.; García Negro, M.C.; Carballo, A. Rodríguez, G.

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOS

TEMARIO OPOSICIÓNS INFORMÁTICA

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

2. LA REHABILITACIÓN URBANA DE DOS CENTROS HISTÓRICOS: VIGO Y SANTIAGO DE COMPOSTELA 1

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

Transcription:

SÉMATA, Ciencias Sociais e Humanidades, 2015, vol. 27: 349-363 Sistemas de Información Xeográfica aplicados á Geographic Information Systems applied to urban archaeology: the case of the SIP of Santiago de Compostela manuel anxo lópez-felpeto gómez 1 miguel carrero pazos 2 1 Arqueólogo autónomo 2 Universidade de Santiago de Compostela Resumo O Sistema de Información Patrimonial (SIP) da cidade de Santiago de Compostela que aquí se describe, é unha plataforma xeodocumental en formato aberto, dende o ano 2010, creada e sustentada polo Consorcio de Santiago de Compostela coa fin de lle dar difusión á súa historia urbana en senso amplo, mediante soporte textual e gráfico (cartografía e fotografía), percibida a través das distintas actuacións no eido do patrimonio cultural. Completa este traballo a exposición dos principais contidos arqueolóxicos incorporados ao Sistema de Información Xeográfica, parte fundamental desta plataforma. Palabras clave: SIP, Santiago de Compostela, sistemas xeodocumentais, sistemas de información xeográfica, vectorización. Abstract The following work presents the Sistema de Información Patrimonial (SIP) of Santiago de Compostela. The SIP is defined as a geodocumental platform, on open access since 2010, created and supported by the Consorcio de Santiago de Compostela in order to give publicity to its urban history in a broad sense, using both textual and graphical materials (maps and photographs), related to the cultural heritage. In addition to this, the work is completed with the presentation of the archaeological contents, incorporated into the GIS, a key part of this tool. Keywords: SIP, Santiago de Compostela, geodocumental systems, geographic information systems, vectorisation.

350 Manuel Anxo López-Felpeto Gómez, Miguel Carrero Pazos: Sistemas de Información Xeográfica aplicados á 1. INTRODUCIÓN Santiago de Compostela é ante todo un conxunto histórico conformado dende a Idade Media a partir dos sucesivos recintos murados, dos viais periféricos que os comunican co exterior e dos antigos núcleos rurais nacidos ao abeiro de fundacións relixiosas situadas na súa área de influenza (cfr. López Alsina, 1988; Portela, coord., 2003). A raíz da declaración, en 1985, desta urbe como Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO, pasou a ser ineludíbel o desenvolvemento dun programa especial de transmisión, xestión e administración para a integración do seu acervo territorial. Asumindo esa prioridade, dende o Consorcio de Santiago, púxose en marcha o Programa de Información, Estudo e Interpretación da Cidade, no que adquire unha especial relevancia todo o relacionado co concepto de Arqueoloxía urbana (Rodríguez Temiño, 2004), marcándose como un dos obxectivos a creación dun sistema de almacenamento e difusión dos seus bens e conxuntos patrimoniais, para o que foron prefixadas dúas liñas de traballo fundamentais concretadas, por unha parte, na creación dun Sistema de Información Xeográfica co que perfilar o tratamento do corpus documental e a produción de novos coñecementos e, por outra, o manexo dos mesmos mediante bases de datos. Ambas e dúas, ficarían enmarcadas e desenvolvidas nun proxecto de colaboración entre o propio Consorcio e o Instituto Geográfico Nacional que, definindo as directrices a seguir (resumidas en Vivas White et al., 2010), xerou un Sistema Xeodocumental como mecanismo de xestión de toda a información patrimonial de Santiago de Compostela (Fig. 1). Figura 1. Plano da cidade de Santiago de Compostela de 1907-1908. Detalle. (A.H.U.S.).

SÉMATA, 2015, vol. 27: 349-363 351 2. PROXECTO SISTEMA DE INFORMACIÓN PATRIMONIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Promovido a iniciativa do Consorcio de Santiago 1 e coordinado polo Centro Nacional de Información Geográfica 2 para o axeitar á normativa europea INSPIRE 3, as súas principais directrices dentro da xestión de información, segundo sinala Vivas White (2011), trázanse sobre a construción dun sistema xeodocumental. Este serviría de unión entre os campos dos xestores documentais (CRM-Enterprise Content Management) e os sistemas de información xeográfica (SIX), nun único entorno transparente ao usuario, contorna web e con publicación en intranet e internet atendendo ao paradigma de infraestruturas de datos espaciais (IDE, en diante) nun ámbito normativo de INSPIRE e de observancia das normas do Open Geoespatial Consortium (OGC) 4. A base cartográfica do Sistema de Información Patrimonial (SIP, en diante) constituíuna o proxecto Cartociudad 5 que, dende unha perspectiva xeral, podería definirse como unha IDE que se ocupa da produción de servizos de datos espaciais, con cobertura estatal: catastrais, postais, viais, cartográficos, xeográficos e estatísticos. Un dos aspectos máis interesantes do SIP é a incorporación da información xeorreferenciada con tecnoloxía ESRI 6 (software ArcGIS e visor web implementado sobre ArcGIS Server) e formato OPENTEXT, que o confirma como un dos retos de innovación máis importantes do proxecto (Vivas White, 2011) (Fig. 2). Figura 2. Portada do SIP, na actualidade. 1 http://www.consorciodesantiago.org/ 2 https://www.cnig.es/ 3 http://www.idee.es/europeo-inspire 4 http://www.opengeospatial.org/ 5 http://www.cartociudad.es 6 http://www.esri.es/es/

352 Manuel Anxo López-Felpeto Gómez, Miguel Carrero Pazos: Sistemas de Información Xeográfica aplicados á O obxectivo declarado do proceso viña centrado na dotación dun sistema xeodocumental de inventario, administración e xestión do patrimonio para todas as actuacións xa executadas ou susceptíbeis de se realizar no dominio espacial do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica (PE-1) 7, tanto de carácter arquitectónico como arqueolóxico, coa finalidade última da súa conservación (Vivas White et al., 2010, p. 2). 3. CONTIDOS ACTUAIS 8 Os contidos actuais dispoñíbeis na web divídense en catro bloques principais (Fig. 3). Figura 3. Estruturación principal do SIP de Santiago de Compostela. 3.1. Historia da cidade Descritivas relativas ao evoluír da cidade de Compostela dende as súas orixes, na Idade Media, Idade Moderna, Idade Contemporánea, mesmo ata os momentos actuais. 3.2. Edificios de interese Documentación edilicia presentada mediante buscas relacionais en base á referencia catastral, unidade edificatoria e/ou nome do elemento patrimonial, aparecendo, a máis, os edificios históricos clasificados segundo diversas categorías: Arquitectura civil; Catedral; Edificios conventuais; Edificios monacais; Igrexas e capelas; Institucións de ensino; Institucións hospitalarias; Obras do arcebispado e cabido; Templos parroquiais. 7 B.O.P.C. núm. 236 de 14 de outubro de 1997. 8 Baseado en http://sip.consorciodesantiago.org/sipweb/

SÉMATA, 2015, vol. 27: 349-363 353 3.3. Información patrimonial Vertebrada arredor de tres bloques: 3.3.1. Plan Especial de Protección e Rehabilitación Catálogo de edificios para consulta do usuario integrado nunha colección de unidades edificatorias (1.813 fichas rexistradas en formato pdf); normativa urbanística; a memoria completa da devandita figura de planeamento; o repertorio cartográfico que inclúe, entre outros, planimetrías de parcelación, rede viaria, protección B.I.C., infraestruturas así como planos de alzado de fachadas e diversas rúas. Por último, tamén resultan accesíbeis os datos relativos ás modificacións realizadas sobre o devandito Plan. 3.3.2. Información Urbanística Documentación fotográfica incluíndo un total de 2.893 unidades edificatorias e 2.942 edificios do ámbito do PE-1. 3.3.3. Información Arqueolóxica Datos vencellados ao desempeño arqueolóxico, con referencia e contido de todas as actuacións deste perfil limitadas ao ámbito do PE-1, dende o ano 1987 ata o 2004 (en total, 1.336 expedientes; 438 intervencións; 5.779 descricións de uu.ee. arqueolóxicas e 8.085 imaxes). Para o período 2004-2012, a información ten sido procesada por quen subscriben, e fica en proceso de incorporación na web. 3.3.4. Planos históricos Planimetría e cartografía histórica dispoñíbel, en diferentes escalas, correspondente aos anos 1968, 1984 e 1988, segundo se reflicte na seguinte listaxe: Para 1968: Escala 1:20.000: 13 planos Escala 1:5.000: 31 planos Escala 1:10.000: 9 planos Para 1984: Escala 1:5.000: 37 planos Para 1988: Escala 1:5.000: 35 planos 3.3.5. Programa Urbe Apartado en formato dixital, recentemente engadido, que pon en disposición de consulta, as diferentes fontes documentais compostelás procedentes dos dous principais arquivos históricos da cidade: o Arquivo Histórico Universitario e o Arquivo da

354 Manuel Anxo López-Felpeto Gómez, Miguel Carrero Pazos: Sistemas de Información Xeográfica aplicados á Catedral. Este proxecto, denominado Programa Urbe, de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago, dirixido polo profesor F. López Alsina e integrado por un grupo de documentalistas e arquiveiros, asume, entre outros obxectivos, a xeración dunha base de datos electrónica cos documentos máis relevantes e senlleiros, de xeito invidualizado. 3.4. Sistema de Información Xeográfica O sistema de información xeográfica do SIP constitúese como un conxunto de información cartográfica en formato ráster e vectorial, á que se lle une a información derivada dos procesos descritos en epígrafes anteriores, xestionando pois, nunha soa interface amigábel, o apartado xeodocumental (Fig. 4). Figura 4. O Sistema de Información Xeográfica, parte fundamental do SIP. Entre outros aspectos, a información ráster dispoñíbel componse de: Ortofotografía do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (2006). Ortofotografías do Concello de Santiago de Compostela (2006, 2008). Cartografía histórica (1968). Fotografías aéreas (1956, 1968, 1975, 1984, 1987, 1988, 2001). Plano de 1783. Plano de 1907-1908. Pola súa parte, o repertorio cartográfico, en formato vectorial, integra: Base de datos Cartociudad de Santiago de Compostela (2008).

SÉMATA, 2015, vol. 27: 349-363 355 Cartografía topográfica da Base Cartográfica Numérica 1:200.000 (BCN200) do Instituto Geográfico Nacional. Cartografía do límite do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica (1997). Información Arqueolóxica (expedientes, intervencións, unidades estratigráficas). Cartografía de Edificios de Interese da Cidade Histórica. Cartografía de Puntos Singulares da cidade. Por último, tamén posibilita o acceso a servizos de visualización de mapas predefinidos (WMS), como a Dirección General del Catastro, o Plan Nacional de Ortofotografía (PNOA) ou o Mapa Topográfico Nacional, en formato ráster. Cómpre indicar tamén as interesantes perspectivas que brinda a comparativa entre as fotografías históricas e as actuais. 4. INCORPORACIÓN DA INFORMACIÓN PATRIMONIAL O proxecto de actualización da información arqueolóxica, ao que os asinantes demos continuidade 9, foi iniciado polo Grupo de Investigación Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe dependente do CSIC, hoxe Incipit, grazas á consecución dos sucesivos proxectos de investigación en colaboración co Consorcio de Santiago, que indicamos a continuación: 1. Convenio de colaboración para a realización do proxecto de investigación denominado Deseño de contidos do sistema de información territorial da cidade histórica (período 2006-2007) que contemplaba como obxectivos definir os contidos patrimoniais para a elaboración dun sistema de información xeográfica (SIX) de cara a xestión do conxunto da cidade de Santiago de Compostela. 2. Convenio para o Procesado e introdución de información arqueolóxica e arquitectónica (período 2007-2008), con marco e finalidade semellantes. 3. Convenio para a Realización do procesado e introdución de información arqueolóxica e arquitectónica coa fin da incorporación de contidos no SIP da cidade, promovido polo Consorcio de Santiago. De xeito concreto, estes traballos consistirían en dúas accións: o procesado e introdución en SIP da información relativa aos elementos arqueolóxicos e o prototipado do tratamento gráfico e documental das edificacións históricas. A nosa base de partida na actualización da información dos expedientes de arqueoloxía para a súa carga no SIP, ata agora última quenda, foi daquela o modelo 9 Queremos expresar o noso rendido agradecemento a Carlos Díaz pola súa paciente disposición na resolución de dúbidas, sen cuxa axuda dificilmente este traballo houbera chegado a termo.

356 Manuel Anxo López-Felpeto Gómez, Miguel Carrero Pazos: Sistemas de Información Xeográfica aplicados á xeodocumental desenvolvido por aquel grupo de investigación10 (Parcero Oubiña et al., 2013) e que, trala súa execución, tiña derivado na creación da páxina web sip.consorciodesantiago.org, presentada en xullo de 2010. 5. ACTUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN ARQUEOLÓXICA (2004-2012) Baseada, tal e como se ten sinalado, nos patróns xeodocumentais prefixados, a derradeira posta ao día da información arqueolóxica realizada, incorpora o rexistro de 85 intervencións executadas dende o ano 2004 ata o 2012, coa inclusión de 2.227 unidades estratigráficas, con cadansúa descritiva asociada, e 1.424 fragmentos ou pezas de interese arqueolóxico (non só ergolóxicos) recuperados nas mesmas (Fig. 5). A máis, foi xerado un arquivo integrado por 2.782 fotografías correspondentes a todo o proceso. Figura 5. Intervencións xeorreferenciadas no entorno da Acibechería. 10 Debemos a César Parcero, coordinador dos proxectos antes indicados, a achega do modelo de partida para a tiraxe da documentación e as aclaracións sobre o modus operandi seguido na quenda anterior.

SÉMATA, 2015, vol. 27: 349-363 357 O modelo de baleirado de datos, concordante coas pautas precedentes, establece tres clases ou categorías superiores de información (computerizadas a partir dunha base de datos Access) extraíbel dos documentos administrativos (Informe valorativo e Memoria técnica) derivados de cadansúa actuación realizada, e remitidos polos promotores, para o seu depósito e tramitación á Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación do concello de Santiago de Compostela: Intervencións (IT) (Fig. 6): shapefile incorporando un campo na súa táboa de atributos denominado identificador onde se fai constar un código de 9 caracteres (p. e. IT2001_01: IT abreviatura de intervención ; 2001 ano de inicio dos traballos ; 01 numeración correlativa das intervencións dentro de cada ano, incluíndo as xa incorporadas anteriormente). Na táboa de IT incorpóranse, a máis do propio código, a referencia catastral da parcela, as datas de inicio e remate da intervención, o responsábel/promotor da obra en cuxo contexto se executa a actuación arqueolóxica, a institución/empresa arqueolóxica, o director da mesma e o tipo de intervención (escavación, sondaxes ou seguimento de obra). Unidades Estratigráficas (UE) (Fig. 7): shapefile identificador de cada unidade básica de rexistro (emerxente/subxacente, positiva/negativa,...) a criterio do autor do documento arqueolóxico. Incorpora unha táboa de atributos identificado mediante un código de 13 caracteres (p. e. UE2001_01_001: UE abreviatura de unidade estratigráfica-; 2001_01 intervención na que foi rexistrada-; 001 numeración correlativa dentro das uu.ee. de cada intervención-. Na táboa de UEs incorpóranse, a máis do propio código, a descritiva textual de cada unha delas (campo de texto libre incluíndo a súa forma, localización, extensión e composición), fase (numeración correlativa: 1, 2, 3,...) e subfase (a, b, c,...), relacións estratigráficas (posición na secuencia: enriba de, embaixo de), adscrición e cronoloxía (dende/ata límite inferior e superior atribuída á unidade estratigráficaen formato de data aaaa/mm/dd-). Pezas (PZ) (Fig. 8): shapefile implementado nesta última fase, incorporando un campo de atributos onde se fai constar un código para cada unha das pezas singulares recuperadas na intervención, identificado mediante 14 caracteres (p. e. PZ2001_01_0001: PZ abreviatura de peza-; 2001_01 código da intervención de procedencia-; 0001 numeración correlativa dentro das PZs da intervención). Na táboa de PZs incorpóranse, de maneira análoga á de UEs, a máis do código da IT, a descritiva textual da peza ou fragmento, a súa adscrición, estilo (de ser pertinente e recoñecíbel) e cronoloxía.

358 Manuel Anxo López-Felpeto Gómez, Miguel Carrero Pazos: Sistemas de Información Xeográfica aplicados á Figura 6. Formulario para a información relativa ás intervencións (IT). Figura 7. Formulario para a información relativa ás unidades estratigráficas (UE). Figura 8. Formulario para a información relativa ás pezas (PZ).

SÉMATA, 2015, vol. 27: 349-363 359 Toda esta información alfanumérica descrita atópase directamente relacionada coa información cartográfica dispoñible, mediante a unión das bases de datos coas diferentes capas shapes, unha característica intrínseca ós SIX. O proceso técnico de atribución espacial das intervencións arqueolóxicas, xa descrito por Parcero Oubiña (et al., 2013, p. 674), parte dos planos impresos, soporte habitual incluso nos documentos máis recentes, para a súa xeorreferenciación traspoñendo a xeometría das áreas intervidas en cadanseu polígono (escavación en área, sondaxes ou control/seguimento de obra) e, dentro delas, as unidades estratigráficas acreditadas. Chegados a este punto, o proceso continúa coa vectorización dos ámbitos arqueolóxicos atinxidos, plasmando de maneira precisa o que o arqueólogo redactor tivese indicado na planimetría da intervención, para proceder de seguido de maneira análoga coas sondaxes arqueolóxicas, definindo de xeito sucinto as unidades estratigráficas de maior interese patrimonial, e xeneralizando aquelas máis recentes ou carentes de relevancia arqueolóxica, que non estratigráfica. (Fig. 9). A este procedemento, seguido do baleirado dos 84 expedientes tramitados no período 2007-2012, foi incorporado un campo referente aos materiais arqueolóxicos na táboa de atributos das unidades estratigráficas, quedando, con iso, rexistradas en cada unha delas as pezas exhumadas. Isto permite a consulta desta información sen perder nunca o senso do discurso contido na memoria arqueolóxica. Figura 9. Vectorización dunha intervención, sondaxes e unidades estratigráficas.

360 Manuel Anxo López-Felpeto Gómez, Miguel Carrero Pazos: Sistemas de Información Xeográfica aplicados á A máis, estes contidos acompáñanse con toda aquela información fotográfica dispoñíbel en cada intervención, para o que foi preciso, dada a eiva orixinal que supón o seu soporte en papel, o escaneo e conversión dixital en formato de máxima calidade.jpg asociándose mediante numeracións correlativas aos códigos derivados das ITs (p. e. IT2001_01_01_.jpg, nas imaxes xerais) ou das UEs (p. e. UE2001_01_001_01.jpg, nas de cadanseu estrato) (Fig. 10). Figura 10. Fotografías do foxo da muralla medieval na Avenida Rodrigo de Padrón (Foto: M. Anxo López-Felpeto).

SÉMATA, 2015, vol. 27: 349-363 361 6. CONSIDERACIÓNS FINAIS Alén do exposto ata aquí, podemos concluír que o SIP desenvolvido para Santiago de Compostela supón a apertura do coñecemento histórico, cultural e arqueolóxico da cidade, tanto para o ámbito concreto da investigación como para a cidadanía en xeral. Neste senso, unha das máximas de relevancia que se conseguen co desenvolvemento desta clase de iniciativas é, sen lugar a dúbidas, a democratización dos coñecementos, pois o alto grao de accesibilidade que conleva esta ferramenta deriva nunha máis áxil e ampla difusión entre a sociedade civil. Aínda máis, conformaría un acto de probidade con ela, xa que moitas das intervencións que agora se transparentan por este medio chegan, por primeira vez, en contexto urbano global aos que aportan o seu capital privado, para as financiar, achegándolles, quizais por primeira vez, unha razón de utilidade ou transcendencia de aquilo que a normativa urbanística e as administracións local e autonómica lles transmite só como obriga. Con todo, nunha empresa ambiciosa como a que se está a promover, existe toda unha serie de aspectos ou liñas de acción que nun futuro próximo serían susceptíbeis de mellora. En primeiro lugar, parece imprescindíbel avanzar na estandarización da información arqueolóxica que, en forma de documento previo (proxecto) ou final (informe valorativo e memoria técnica), está pensado para reflectir os pormenores técnicos de toda intervención arqueolóxica no ámbito urbano. E en segundo lugar, na progresiva substitución do soporte físico (papel) polo dixital, para conseguir non só un tratamento máis áxil da documentación textual e gráfica, senón unha maior precisión e calidade. Ambos os dous pasos non poden conseguirse sen a posta en común e as aportacións dos axentes que participan no proceso: administracións (Concello de Santiago e Dirección Xeral de Patrimonio Cultural); técnicos arqueólogos (empresas e asalariados); Museos (depositarios últimos dos materiais recuperados) e Universidade (formación), resumidos na figura 11 (Fig. 11). Figura 11. Axentes implicados no desenvolvemento do SIP.

362 Manuel Anxo López-Felpeto Gómez, Miguel Carrero Pazos: Sistemas de Información Xeográfica aplicados á A precisión e uniformización de pareceres, ata o grao oportuno, permitiría unha valoración máis directa e precisa nos criterios que rexen o tipo de intervencións dentro do ámbito do PE-1 de Compostela. Desta forma, o SIP constitúese nun instrumento para a zonificación cautelar operativa, que evitaría o excesivo ou improcedente gravame social das intervencións urbanísticas innecesarias (e con iso o arredamento da conciencia do patrimonio cultural como propio e positivo), centrando os esforzos alí onde o potencial arqueolóxico así o faga aconsellábel. Estas melloras progresivas deben pasar, á súa vez, pola incorporación daqueles parámetros que permitan superar a recreación en 2D actual, á desexada en 3D, máis acorde co que nos tempos actuais se demanda. Sobre todo, no que ten que ver coa visualización das intervencións arqueolóxicas, como se está realizando de forma similar en xacementos prehistóricos (p. e. Forte, M. et al., 2012; Campanaro et al., 2015). Aínda así, estas propostas apuntadas non poden ser quen de facer de menos un proxecto defendido polo Consorcio de Santiago, encamiñado a lle devolver ao cidadán un protagonismo que, aínda asumida a súa autoría da Compostela histórica, lle tiña sido arrebatado polos tics ilustrados que á Administración ten de seu.

SÉMATA, 2015, vol. 27: 349-363 363 BIBLIOGRAFÍA Campanaro, D. M., Landeschi, G., Dell unto, N., Leander Touati, A. M. (2015): 3D GIS for cultural heritage restoration: A white box workflow. Journal of Cultural Heritage, doi:10.1016/j.culher.2015.09.006 Forte, M., Dell unto, N., Issavi, J., Onsurez, L., Lercari, N. (2012): 3D Archaeology at Çatalhöyük. In: International Journal of Heritage in the Digital Era, vol 1 (nº 3): 352-378. López Alsina, F. (1988): La Ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media. Ayuntamiento de Santiago de Compostela. Parcero Oubiña, C., Vivas White, P., Güimil Fariña, A., Blanco Rotea, R., Pavo López, M. F., Silgado Herrero, Á., Hernández Caballero, A., Granado García, C. (2013): GIS-based tools for the management and dissemination of heritage information in historical towns. The case of Santiago de Compostela (Spain). In: International Journal of Heritage in the Digital Era, 2-4: 655-675. Portela Silva, E., (coord.) (2003): Historia de la ciudad de Santiago de Compostela. Servicio de Publicacións, Universidade de Santiago de Compostela. Rodríguez Temiño, I., (2004): Arqueología urbana en España. Madrid: Ariel Patrimonio. Vivas White, P., Pavo López, M. F., Silgado Herrero, A., Hernández Caballero, A., Granado García, C. (2010): El sistema de información patrimonial (SIP) de Santiago de Compostela: una herramienta Web de conocimiento y difusión de patrimonio. In: XI Jornadas sobre Tecnologías de la Información para la Modernización de las Administraciones Públicas, 6-9 de abril de 2010. Zaragoza. Vivas White, P. (2011): El Sistema de Información del Patrimonio (SIP) de Santiago de Compostela. Una IDE temática del patrimonio mundial. In: Jornadas Ibéricas de Infraestructuras de Datos Espaciales-JIIDE, 2011. (Comunicación oral).