os ade u s e s Alberto Martí FOTOGRAFÍAS DE ALBERTO MARTÍ FOTOGRAFÍA: JOSÉ CARUNCHO CONSELLO DA CULTURA GALEGA ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA

Similar documents
Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

A máquina de escribir

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Informe mensual do paro rexistrado

Mapa de accidentalidade

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

O relevo e as costas de Galicia

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO


CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

EMIGRACIÓN DE RETORNO NA GALICIA INTERIOR. O CASO DE ANTAS DE ULLA

Á Mesa do Parlamento

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Anexo. Título, autor, editorial e ano de publicación

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

Absorbentes solo aceites

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

Monográfico Gallegos e tanos. Xornadas sobre migracións italianas e españolas a Arxentina ( )

Youth Workshop/Taller de Jovenes

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

Laboratorio do Territorio

La Casa De Riverton (Spanish Edition) By Kate Morton READ ONLINE

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

Revista Galega de Economía Vol (2018)

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

XANEIRO - SETEMBRO 2018

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

Journey With Language Variations in Spanish (7) Central America

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Tourism planning, promotion and environmental sustainability: the case of Spain

2. Elsa ( ) Grupo: Andrés Calamaro Álbum: Alta Sociedad Canción: Flaca Puntuación media da canción polos compañeiros: 7.44

MEMORIA DE ACTIVIDADES

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

WHAT IS AN ALTERNATIVES ANALYSIS STUDY?

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

O PAPEL DA EMPRESA PÚBLICA INDUSTRIAL NO DESENVOLVEMENTO REXIONAL

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

When replying please quote: Ref.: NT-N E.OSG - NACC September 2016

Welcome to Greenman and the Magic Forest

SUSO FANDIÑO. Santiago de Compostela, 1971

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de decembro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:

La Guerra Y La Paz (Spanish Edition) By Leon Tolstoi

Property Tax in Latin America: Country Facts

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO

Traditional Medicine and Community Health IPBH-3005 (3 Credits / 45 hours)

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO º ESO. Bioloxia e Xeoloxia 1 ESO M.Angeles Ramos Garcia e outros Ed McGraw Hill Madrid,

ECONOMÍA APLICADA 13

súa historia: Dos almacéns documentais ás bibliotecas escolares

BienvenidosaSevila,capitaldeAndalucíayunadelasciudadesmásbonitasyalegresdelmundo!

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

Sarmiento. Dous modelos educativos, duas escolas enfrontadas: a escola republicana e a escola nacional-católica 1

Transcription:

FOTOGRAFÍAS DE ALBERTO MARTÍ os adeu s e s FOTOGRAFÍAS DE ALBERTO MARTÍ os ade u s e s Alberto Martí FOTOGRAFÍA: JOSÉ CARUNCHO CONSELLO DA CULTURA GALEGA ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA

FOTOGRAFÍAS DE ALBERTO MARTÍ

MARTÍ VILLARDEFRANCOS, Alberto Os adeuses / fotografías de Alberto Martí ; [coordinación, Begoña Combo Castro, Begoña Tajes Marcote ; textos José Caruncho, Pilar Cagiao Vila, Teresa García Domínguez]. Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega ; A Coruña : Centro Galego de Artes da Imaxe, 2010. 148 p. : il. ; 25 cm D.L C 2301-2010 ISBN 978-84-92923-04-5 1. Galicia-Emigración-América. 2. Martí Villardefrancos, Alberto-Fotografías. I. Combo Castro, Begoña. II. Tajes Marcote, Begoña. III. Caruncho, José. IV. Cagiao Vila, Pilar. V. García Domínguez, Teresa. VI. Título XUNTA DE GALICIA CONSELLO DA CULTURA GALEGA EXPOSICIÓN ÍN D I C E 11 15 Presentación OS ADEUSES FOTOGRAFADOS Ramón Villares Presidente do Consello da Cultura Galega Presentación Alfonso Cabaleiro Durán Secretario xeral de Medios Alberto Núñez Feijóo Presidente da Xunta de Galicia Alfonso Cabaleiro Durán Secretario xeral de Medios Ramón Villares Paz Presidente do Consello da Cultura Galega Marcelino Fernández Santiago Xerente do Consello da Cultura Galega COORDINACIÓN TÉCNICA, POSITIVADO E SELECCIÓN DAS FOTOGRAFÍAS José Caruncho COORDINACIÓN Ana Pena Penabad ENMARCACIÓN E MONTAXE Galiart 17 INSTANTES PARA A LEMBRANZA Pilar Cagiao Vila Arquivo da Emigración Galega CENTRO GALEGO DE ARTES DA IMAXE Guillermo Escrigas Rodríguez Director do CGAI CARTELAS Lugami CATÁLOGO EDICIÓN Consello da Cultura Galega Centro Galego de Artes da Imaxe COORDINACIÓN Begoña Combo Castro Begoña Tajes Marcote TEXTOS José Caruncho Pilar Cagiao Vila Teresa García Domínguez TRADUCIÓNS E REVISIÓN LINGÜÍSTICA Begoña Combo Castro Silverio Cerradelo Gómez DESEÑO GRÁFICO Imago Mundi FOTOMECÁNICA E IMPRESIÓN Eurográficas Pichel S.L Fotografías Alberto Martí Textos os autores ISBN 978-84-92923-04-5 DEPÓSITO LEGAL C 2301-2010 IMAXE DA CAPA Os adeuses. Fot. Alberto Martí. A Coruña, 1957 21 29 33 75 111 127 AS POLÍTICAS MIGRATORIAS NO FRANQUISMO M.ª Teresa García Domínguez Arquivo da Emigración Galega ALBERTO MARTÍ, O FOTÓGRAFO QUE SEGUE DEDICANDO A SÚA VIDA Á FOTOGRAFÍA José Caruncho Coordinador técnico, positivado e selección das fotografías CATÁLOGO A ida A volta O buque Santa María TEXTOS EN CASTELÁN E EN INGLÉS 7

Á memoria da miña muller, María, e da miña filla Paloma. Ás miñas fillas Ana María, Beatriz, Yolanda e Susana.

PRESENTACIÓN Os adeuses fotografados Ramón Villares Presidente do Consello da Cultura Galega A s despedidas deronorixe aos máis belos poemas e ás máis transidas cartas de amor, pero tamén á expresión da máis fonda tristura reflectida nun pano branco que ondea cando un barco ou un tren en que viaxa o ser querido comeza a andar e a se afastar. Non obstante, de tantos millóns de despedidas como no mundo ten habido, son ben poucas as que poden ser olladas ou reconstruídas por quen non as padeceu. Toda despedida e todo adeus ten no seu nervio central un sentimento, algo que é difícil de transmitir a quen non é o seu protagonista. Por iso a fotografía ten a grandeza de nos deixar recordar e mesmo imaxinar canta emoción pode haber nunha saída ou nunha chegada. E un dos lugares en que inzaron chegadas e saídas foron os peiraos marítimos, onde atracaban os grandes paquebotes que carrexaron millóns de persoas a través dos mares océanos. En Galicia temos fartura de despedidas, pois é terra de adeuses, como en feliz ocasión a cualificara o patrucio de Trasalba, Ramón Otero Pedrayo. Foi unha das pérolas que ecoaron naquel discurso de inauguración do curso académico 1954-1955 pronunciado no paraninfo da Universidade de Santiago, dedicado a evocar as vivencias da emigración galega. Cando Otero estaba a pronunciar aquel discurso, os adeuses galegos estaban nun novo apoxeo, coa apertura das migracións cara a América, nomeadamente a países novos como Venezuela e Brasil, que alongaban o leque de destinos americanos, antes centrados nos países de Arxentina e de Cuba. Era a derradeira eclosión da navegación marítima de pasaxeiros, que o propio Otero ben sentira e contara despois nun guapo libro con ocasión da súa viaxe a Arxentina en 1947, a bordo do nomeado paquebote Cabo de Hornos. FOTOGRAFÍA: XOSÉ CASTRO 10 11

os adeu s e s Daqueles adeuses ficou memoria nalgún documento gráfico que virou célebre, despois da súa publicación en libros como Galicia hoy (1966), a cargo de Luís Seoane e Isaac Díaz-Pardo. Refírome ás famosas fotos de Manuel Ferrol sobre a emigración tomadas no porto da cidade da Coruña. Son documentos singulares, mais escasos. Outros fotógrafos traballaron arreo naqueles mesmos lugares, tomaron milleiros de fotos daquelas chegadas e adeuses, pero non eran coñecidas do público por non se teren difundido acaidamente. Porén non hai ben que se garde eternamente oculto. E o que resulta ser un testemuño de primeira orde sobre o trafego humano da Estación Marítima d A Coruña pode ser agora coñecido e analizado grazas a esta exposición sobre Os adeuses. O gardador do tesouro foi o fotógrafo Alberto Martí, quen de forma sistemática e paciente foi enchendo a súa cámara fotográfica de figuras e de sentimentos, de esperanzas e de tristuras. Os seus protagonistas son xente anónima, pero fundamental para entender a historia colectiva da Galicia do século vinte. Unha parte mínima de toda esa fartura de comportamentos humanos está presente nesta exposición. Outras mostras terán que vir no futuro para ir poñendo rostro á que foi a grande epopea da emigración galega, que cobre case dous séculos da nosa historia máis recente. O que aquí se mostra, grazas a Martí, é unha etapa ben concreta da emigración americana, aquela que na década dos anos cincuenta estaba xa dando os últimos folgos. Foi un período especialmente interesante, porque a política migratoria española, a través de organismos oficiais (Instituto Español de Emigración) ou privados (Comisión Católica de Emigración), tentaba subsidiar ou asistir as saídas e as chegadas dos emigrantes, como observan varios contributos deste propio catálogo. Que esta exposición fose posible dependeu, como sucede adoito, da xenerosidade e do empeño dalgunhas persoas. En primeiro termo, do propio Alberto Martí, que puxo á nosa disposición este tesouro. Logo, de Guillermo Escrigas, que como responsable do Centro Galego de Artes da Imaxe coordinou o proxecto; e de José Caruncho, que foi eficaz mediador na consecución desta mostra fotográfica e desenvolveu o traballo de selección e revelado das fotografías. A primeira exposición pública destes adeuses fotografados vaise realizar na cidade coruñesa, moi pretiño da Estación Marítima onde tiveron lugar, grazas á acollida da Fundación Barrié de la Maza. Despois seguirán outras cidades e outros lugares que esperamos que alberguen esta exposición. Unha das prácticas máis queridas do Consello da Cultura Galega é a de traballar de parcería con outras institucións, sempre que for posible. Neste caso, os parceiros foron atentos e xenerosos, actitude que só se pode remunerar co recoñecemento e gratitude. E así fica dito. 12 13

PRESENTACIÓN Alfonso Cabaleiro Durán Secretario xeral de Medios A exposición que hoxe presentamos, Os adeuses, é un documento en imaxes dun feito histórico relativamente recente: o éxodo galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo e o posterior regreso a Galicia. Porén esta mostra é moito máis que unha reportaxe gráfica. Obedecendo á vocación fotográfico-artística e ao bo facer de Alberto Martí hoxe podemos gozar dunha faceta posiblemente menos coñecida do autor: a de retratista de historias humanas. Cada unha das fotografías que conforman esta exposición reborda emoción, sentimento, frescura e naturalidade. O sentir destes protagonistas anónimos traspasa as súas expresións e xestos. E o que narran as fotos ábrelle espazos á nosa receptividade e activa as referencias da nosa contorna. Para nós é unha satisfacción poder presentar esta mostra do fotógrafo coruñés Alberto Martí froito da colaboración do CGAI co Consello da Cultura Galega, que grazas á acollida da Fundación Pedro Barrié de la Maza inicia a que esperamos que sexa unha longa itinerancia. 15

Instantes para a lembranza Pilar Cagiao Vila Arquivo da Emigración Galega O fenómeno da emigración representou un proceso repleto de luces e sombras que dificultan extraordinariamente a súa exacta valoración. Porén, non hai ningunha dúbida de que foi un dos aspectos fundamentais da nosa historia contemporánea porque afectou todas as facetas da vida económica, política e social do país. Indubidable resulta tamén que á primeira vista a emigración e os termos masivos en que se produciu durante décadas foi para moitos a única opción ante a imposibilidade de desenvolver un proxecto vital na súa terra de orixe. E é que para alén das grandes causas que provocaron a emigración, no nivel do estritamente particular houbo motivacións concretas que determinaron a decisión dos emigrantes de abandonar a súa terra. Emigrar foi a teórica solución para moitos problemas cotiáns, quer de índole económica, política, profesional ou de calquera clase. Mesmo serviu ás veces para saír do paso en situacións estritamente persoais. Así, o camiño de América foi tamén a saída para máis dun desengano amoroso ou para evadir o servizo militar. Da emigración derivaron consecuencias de gran magnitude como a perda dunha eventual man de obra industrial, o aumento do desequilibrio social, así como a inevitable desestruturación de numerosas familias. No entanto, tamén é xusto recoñecer que, unha vez producida a emigración, os desprazados, fose cal fose a súa procedencia, constituíron un elemento fundamental na formación e desenvolvemento das sociedades americanas de destino. Por outro lado, ademais destes efectos, a emigración e cando o houbo o retorno fixeron sentir o seu impacto noutro tipo de transformacións sociais, culturais e ata psicolóxicas das sociedades de orixe. A emigración a América estendeuse durante un longo período de tempo, que comprendeu pola súa vez dúas grandes fases. A primeira delas abrangueu desde a segunda metade do século XIX ata 1930. Durante esta, apareceron nos portos galegos os primeiros transatlánticos movidos por máquinas de vapor e a emigración atinxiu a dimensión e as características dun verdadeiro fenómeno masivo impulsado por factores demográficos, económicos e sociais vinculados á expansión 16 17

os adeu s e s e á crise do capitalismo mundial. A segunda fase, aberta a finais dos anos corenta após o tráxico exilio producido como consecuencia da Guerra Civil, culminou a fins da década dos sesenta e Europa converteuse no destino principal das migracións cara ao exterior. Nesta segunda etapa, cuxo inicio coincidiu cos anos posteriores á Segunda Guerra Mundial, cando a situación económica se tornaba insostible por causa dos efectos do conflito e da política intervencionista e autárquica do réxime franquista, as correntes migratorias cara a América rexistraron algunhas diferenzas a respecto da primeira. Esta nova emigración estivo relacionada en moitos casos coas redes establecidas durante o período anterior, que dalgunha maneira garantían hipotéticas seguridades do outro lado do Atlántico para quen se aventuraba a partir. Aínda que continuou sendo maioritariamente masculina, houbo unha participación feminina moito maior (superior ao 45%), ao mesmo tempo que, polo seu carácter máis familiar, comprometeu unha importante cantidade de nenos. Alén da persistencia de factores de atracción desde certos países americanos, algúns dos elementos que explican a retomada e o mantemento dos fluxos están relacionados coa aparición de mecanismos formais de asistencia emigratoria, reagrupación familiar, repatriación e tratados de emigración bilaterais, ademais da reposición en España da Lei de emigración (1946). O Comité Intergobernamental para as Migracións Europeas (CIME), creado en 1951, entre outras accións estableceu Plans de Reagrupamento Familiar, nos que España comezou a participar cinco anos máis tarde após a aparición en 1956 do Instituto Español de Emigración (IEE), que de alí a pouco abriu delegacións en moitas provincias españolas e evidentemente nas catro galegas. Na súa actividade, e propiciado polo concordato asinado entre o réxime franquista e a Santa Sé tres anos atrás, o IEE contou coa activa colaboración da coñecida como Comisión Católica Española de Migración (CCEM), que contribuíu durante un tempo ao mantemento da corrente ultramarina facilitando a localización dos emigrantes xa radicados en América, así como a tramitación das solicitudes a quen desexaba marchar, de modo particular nos casos de reunificación familiar. Algunhas veces, as ditas reclamacións incluían o envío da pasaxe, en tanto que outras respondían soamente ás solicitudes de chamada presentadas polos emigrantes previamente radicados perante o consulado respectivo e a Dirección Xeral de Inmigración do país de que se tratar. Ata que a opción americana non foi substituída pola europea e por outros destinos en determinadas zonas do Estado español, a emigración desta época continuou dirixíndose cara a algúns dos destinos tradicionais, como o Río da Prata, o Brasil ou os Estados Unidos. Xurdiron ademais destinos novos, como Venezuela, que, segundo as estatísticas da emigración publicadas polo Ministerio de Traballo, entre 1948 e 1961 o pico máis alto rexistrouse en 1957 recibiu 216 107 españois, situándose á fronte dos destinos americanos. Nesta etapa (1946-1964) os emigrantes galegos supuxeron o 45% dos españois que saíron cara a América. Ademais, a emigración alén mar rexistrada polos portos galegos continuaba sendo a máis alta de todo o Estado. E é xustamente este proceso o que se mostra con extraordinaria fidelidade na exposición fotográfica que acompaña este texto. A cámara de Alberto Martí, o infatigable fotógrafo coruñés, capta perfectamente moitos dos avatares que rodean a experiencia migratoria deses anos, ao retratar o inicio do periplo viaxeiro de tantos galegos e doutras procedencias a partida e o final deste o regreso de América. A magnífica selección elaborada por José Caruncho dos innumerables negativos do arquivo de Martí revela non só imaxes deste fotógrafo menos coñecidas polo público mais tamén instantes para a lembranza e a reconstrución do pasado daqueles que foron actores ou espectadores da emigración deses anos. A acertada epígrafe d Os adeuses que intitula a exposición e a expresiva imaxe da cuberta do seu catálogo simbolizan perfectamente o mundo dos sentimentos que acompañaron persoas, baúis, fardos e maletas, gravándoos para sempre na memoria colectiva. Todas as circunstancias que rodearon o proceso aparecen retratadas con perfección: desde a chegada ao porto, a terminal de pasaxeiros atestada, ata a espera da partida e a acomodación a bordo, pasando polo mundo dos trámites, os papeis e os funcionarios, todas elas inseparables da decisión de emigrar. As multitudes arremuiñadas nos peiraos vixiadas pola Policía Armada, como se lle chamaba daquela, as mans e os panos mexéndose no aire se non secando as lágrimas, os saloucos compunxidos dos meniños, o ascenso incesante polas escadas dos navíos, as tomas para o NO-DO o principal medio de difusión da España de entón, a derradeira fotografía antes de partir, entre as moitas escenas que aparecen nas imaxes, dan por outro lado fe de que xa non hai volta atrás, de que o camiño de América comezou. E que contar da presenza na mostra dalgúns dos barcos máis clásicos da viaxe americana deses anos Aparecen en varias das imaxes do fotógrafo coruñés Martí os nomes máis míticos de certos navíos transatlánticos que sistematicamente afloran nos testemuños de tantos emigrantes cando lembran a súa experiencia: o Juan de Garay, antigo Orinoco, que nestes anos trasladaba os emigrantes ao Brasil e ao Río da Prata; o Cabo de Hornos, da navieira Ybarra; o Castel Verde, so bandeira italiana primeiro e despois rebautizado Begoña so pavillón español, que operou ata 1973, indefectiblemente ligado á emigración cara a Venezuela Testemuña fundamental da época que se retrata foi a Igrexa, por causa da xa mencionada actividade da Comisión Católica Española de Migración nos portos galegos de partida. No da Coruña deixou pegada indeleble a personalidade de José Luis Blanco Manciñeira, un home cuxo compromiso excedía de abondo as funcións que lle foran encomendadas, quen, ademais da asistencia no porto, acompañou tantas veces os emigrantes nas propias viaxes transatlánticas. Nunha entrevista chea de anécdotas desta época, concedida en 1991 a quen daquela eran dous mozos estudantes de Historia, dicía con moito tino Blanco Manciñeira: o gráfico sempre queda e a fotografía é unha pintura que queda para sempre, de tal modo que as cousas e os feitos parece que estean a resucitar. E isto é xustamente o que nos ofrecen os testemuños imborrables de Alberto Martí. 18 19

As políticas migratorias no franquismo M.ª Teresa García Domínguez Arquivo da Emigración Galega H istoriograficamente 1930 é considerado como o ano límite do período das saídas masivas da emigración española. Durante a II República, pero sobre todo coa Guerra Civil española, as cifras caen en picado. A comezos dos 40, a crise económica internacional, agravada pola II Guerra Mundial, que paraliza gran parte do transporte marítimo, e a política franquista provocan unha diminución moi importante no número de saídas dos emigrantes españois. Xa na posguerra, o Decreto do 1 de agosto de 1941 prohibe a emigración co argumento de que o Estado precisaba de todas as forzas físicas e intelectuais para reconstruír o país, priorizándose neste momento a repatriación dos españois instalados en ultramar, aínda que con ben pouco éxito. Non obstante, a política do franquismo dos primeiros anos, represora e dirixista en tantos ámbitos, non conseguiu impedir que milleiros de persoas emigrasen grazas en gran parte á reactivación das cadeas migratorias existentes nos tradicionais países de acollida: para poder obter un pasaporte e saír de España precisábase unha carta de chamada ou un contrato de traballo acordado con anticipación, documentos que en moitas ocasións os familiares e veciños, que xa estaban vivindo en América, enviaban aos interesados, o que facilitaba todos os trámites. Incapaz de impedir o desexo ou necesidade de emigrar de parte da poboación, o franquismo viuse obrigado en 1946 a derrogar esta prohibición, poñendo en vigor de novo as normativas da antiga Lei de emigración de 1924. Aínda que a importancia cuantitativa é moi inferior, en 1949 vólvese atinxir a cifra de 50 000 emigrantes anuais. Esta cantidade mantense nos seguintes anos a través das canles legais impostas polo réxime, polo que debemos supoñer que esta cifra foi bastante superior se temos en conta que os que marcharon polos seus propios medios non quedaron contabilizados nas estatísticas. En resumo, entre 1946 e 1970 emigraron a ultramar algo máis dun millón de españois (1 037 121) e o retorno foi moi inferior (556 361); isto comportou unha perda demográfica para España, que 20 21

os adeu s e s se pode avaliar en case medio millón de habitantes. O groso desta emigración produciuse como diciamos na década dos 50, década en que partiron cara a América máis de 600 000 españois. Destes, o 43% do total eran galegos, con máis de 380 000 paisanos que buscan de novo os países americanos como unha saída aos seus problemas nunha España ditatorial, totalmente illada e atrasada economicamente. Arxentina e Venezuela e, en menor medida, Brasil e Uruguai foron os principais destinos, debido tanto á súa expansión económica como á ampla demanda de traballadores nas súas incipientes economías industrializadas, sen esquecer as xa mencionadas cadeas migratorias, que desempeñaron un papel principal no proceso. EMIGRACIÓN ESPAÑOLA E GALEGA A ULTRAMAR (1946-1980) 1946-50 1951-60 1961-70 1971-80 España 135 487 500 491 240 627 44 506 Galicia 66 788 219 432 94 519 11 744 Total % 49,3 43,8 38,3 26,4 FONTE: ESTATÍSTICAS DO INSTITUTO ESPAÑOL DE EMIGRACIÓN A finais dos 50, a vía transatlántica vai perdendo atractivo debido tanto ás políticas restritivas destes países a causa da crise económica que están a vivir como ao seu forte aumento demográfico, agravados estes factores pola inestabilidade política e o crecente militarismo dos seus gobernos. Así, ata mediados dos 70 as cifras da emigración cara a ultramar foron diminuíndo a un volume apenas significativo, protagonizado por traballadores especializados e técnicos cunha formación adecuada para traballar na industria ou na supervisión de obras de infraestrutura, sen esquecer o reagrupamento familiar. EMIGRACIÓN ESPAÑOLA A ULTRAMAR SEGUNDO O PAÍS DE DESTINO (1946-1980) PAÍS 1946-50 1951-60 1961-70 1971-80 Arxentina 96 891 140 406 63 523 1947 Brasil 6910 93 056 32 163 1718 Canadá 0 323 6576 2628 Colombia 587 4952 4889 942 Cuba 9627 11 223 134 18 Chile 613 1303 2753 580 EE UU 1743 2396 6744 3550 México 1190 4961 5313 2971 Panamá 52 1276 1616 386 Perú 179 1844 2999 1035 Uruguai 3355 36 854 12 820 236 Venezuela 12 156 192 902 86 648 14 370 Outros países 50 063 118 514 4785 9463 Australia 0 1374 11 408 4662 Total 183 366 611 384 242 371 44 506 FONTE: INSTITUTO ESPAÑOL DE EMIGRACIÓN Por outro lado, os países de Europa occidental precisaban cada vez máis man de obra pouco capacitada, a proximidade xeográfica que facilitaba e abarataba a viaxe e os mellores salarios provocan o cambio de rumbo dos nosos emigrantes. Este proceso migratorio coincide co final do illamento do réxime e o ascenso ao poder dunha elite tecnocrática que pretendía modernizar e sanear a maltreita economía española. Aínda que se continúa considerando a emigración como un proceso negativo para o país, comeza a impoñerse a idea de instrumentalizala a favor do Estado. Coa afluencia de emigrantes cara a Europa, o réxime franquista tratou de converter esta corrente nun medio para facer evolucionar e modernizar España, intentando liberar o mercado laboral dun excedente de man de obra importante tras o fracaso do seu modelo económico baseado na autarquía. A emigración pasa, pois, a considerarse como unha válvula de escape, sobre todo pola chegada das divisas procedentes das remesas económicas. Ademais este fenómeno debía servir para propiciar a creación dun espazo de diálogo e de negociación cos países da Europa desenvolvida. No ano 1951, por iniciativa de Estados Unidos, foi creado en Bruxelas un organismo internacional coa finalidade de solucionar os problemas dos refuxiados e desprazados da II Guerra Mundial. Este organismo, denominado Comité Intergobernamental para as Migracións Europeas (CIME), tiña como obxectivo o traslado dos refuxiados cara aos países que lles ofrecían oportunidades de acollida definitiva; ademais de satisfacer as necesidades de man de obra dos países americanos, proporcionándolles inmigrantes europeos que contribuísen ao avance económico e social, mediante unha migración claramente selectiva, pensada como unha axuda vital para o seu desenvolvemento industrial. Varios organismos internacionais e sociedades benéficas cooperaban financeiramente nos seus programas de migración e reasentamento, actuando a través das oficinas e misións que crean nos países membros. O 4 de maio de 1956 España pasa a formar parte do CIME e pacta un primeiro 22 23

os adeu s e s Plan de reagrupación familiar de emigrantes, que é renovado ao longo dos anos. Alén do labor asistencial de traslado dos refuxiados e do transporte de españois cara aos países de América Latina, o CIME colabora co Instituto Español de Emigración (IEE) en numerosos labores para canalizar as ofertas de emprego e para que a formación profesional dos emigrantes se adecúe ás necesidades dos países de acollida, sempre no ámbito da emigración transatlántica. Nunha intervención de Gaspar Gómez de la Serna, xefe en 1972 do CIME en España, especifica as ocupacións deste organismo: proporcionar ao IEE as ofertas de traballo que se recibían de Iberoamérica e a súa difusión a través das súas oficinas; colaborar co IEE no programa de bolseiros de cooperación social, financiando parte do seu transporte, servizos de recepción e seguro médico, ademais de axudar a axilizar todos os trámites burocráticos coas embaixadas e organismos competentes; asesorar os candidatos sobre as condicións laborais e de vida nos países de recepción; colaborar na planificación de cursos de formación profesional da Casa de América do IEE e proporcionar a maior parte dos postos de traballo aos emigrantes que van contratados a América Latina coa selección dos candidatos máis axeitados; asistir os candidatos na tramitación da documentación necesaria para emigrar e colaborar co IEE na organización do transporte dos emigrantes, fornecendo tarifas reducidas e contribuíndo ao pago das pasaxes; trasladar os familiares dos emigrantes xa asentados en colaboración coa Comisión Católica Española de Migración (CCEM) nos programas de reagrupamento familiar. O seu traballo en Iberoamérica centrábase na investigación dos sectores que máis precisaban persoal capacitado e na obtención e difusión das ofertas de traballo. O mesmo ano da incorporación de España neste organismo internacional, coa promulgación da Lei do 17 de xullo de 1956 foi creado o Instituto Español de Emigración, dependente directamente do ministro da Presidencia e home forte do réxime, Luis Carrero Blanco. O Goberno español pretendeu así centralizar e controlar todo o proceso migratorio a través dun organismo con amplas competencias, tales como dirixir todos os fluxos migratorios, coa creación dun rexistro central de emigración, para axustar as ofertas de emprego doutros países ás demandas dos candidatos españois para emigrar. Ademais vaise ocupar de incentivar e canalizar as remesas enviadas polos emigrantes e de facelas rendíbeis para o Estado. Era responsábel do contacto coas administracións dos países de destino, así como de asesorar o Goberno español en materia de emigración. Tamén tiña competencias asistenciais, tanto na organización da viaxe como na asistencia relixiosa ao emigrante. Para poñer en práctica os plans desarrollistas na súa vertente exterior, España asinou convenios bilaterais de contratación cos países de acollida, convenios que definiron o marco legal das relacións laborais (contratación, condicións do traballo, salarios, aloxamento, reagrupamento familiar, seguridade social ) dos traballadores españois no estranxeiro e que regularon os mecanismos de transferencias de divisas. Con eles basicamente pretendíase que os emigrantes contasen coa protección legal vixente en España. A realidade é que as oficinas españolas no estranxeiro apenas tiñan posibilidades de actuación e os abusos e situacións de desprotección imperaban sobre todo nos colectivos españois en países europeos, non tanto nos americanos. Coa posta en funcionamento do IEE hai unha viraxe na política migratoria española, coa aprobación de novas leis en 1960 e 1962, que debían adaptar o sistema á nova realidade da emigración de carácter temporal e dependente das necesidades flutuantes dos mercados de traballo internacionais, así como ás políticas migratorias dos países. A Lei de bases de ordenación da emigración, do 22 de decembro de 1960, considera a liberdade de emigración, aínda que dunha forma un tanto ambigua, pois só recoñece legalmente as saídas a través do IEE. Os movementos de persoas cara a América coa intervención do Instituto divídense en espontáneos e asistidos. Estes últimos realízanse na súa maior parte a través do CIME e do programa de reagrupamento familiar confiado á CCEM; ademais prevalece a emigración tradicional, é dicir, sen contrato laboral, pero con demanda para esas profesións no país de recepción, a través das relacións familiares ou profesionais, que permiten que un traballador poida ser contratado directamente por un empresario do país de acollida. No caso europeo existían dúas vías: os emigrantes numéricos, a través da demanda dun determinado número de traballadores cuxas capacitacións profesionais e condicións laborais se especificaban claramente; estes traballadores solicitábanse ao IEE, que se encargaba de facer a selección e todos os trámites necesarios para a súa saída; os emigrantes nominativos, cando un empresario reclamaba un traballador concreto, cuxo nome lle fora facilitado por outro traballador da súa empresa, un proceso moito máis áxil a nivel burocrático. Para levar a cabo as tramitacións das saídas, o IEE puxo en funcionamento unha ampla rede provincial de delegacións dirixidas por inspectores de traballo nas principais provincias migratorias, que en colaboración coas Oficinas Sindicales de Encuadramiento y Colocación elaboraban as listas dos aspirantes a emigrar, segundo a capacitación profesional e as preferencias xeográficas. Era a súa misión compensar oferta e demanda, seguindo as indicacións da Dirección General de Empleo. Localizada ou designada a zona de recrutamento, procedíase a realizar todos os trámites (convocatoria, información, preselección, selección, recoñecemento médico, tramitación da documenta- 24 25

os adeu s e s ción e organización da viaxe dos emigrantes). Todas estas operacións eran gratuítas pero moi pesadas no tempo, duraban entre catro e seis meses. En Galicia, unha das comunidades españolas con maior peso migratorio, existían catro delegacións, sitas na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Xunto con estas funcións de asistencia laboral, o IEE desenvolveu unha ampla gama de políticas e accións asistenciais, colaborando en determinados ámbitos con outros organismos, de forma destacada coa Igrexa católica, na que delegou unha parte importante do seu labor asistencial a través da Comisión Católica e o Consejo Superior de Misiones. A CCEM ocupábase da asistencia relixiosa ao emigrante, dentro e fóra de España, cunha extensa e moi eficaz rede de delegados diocesanos e misioneiros de emigrantes, que realizaban un gran labor de contido social. Este labor podía orientarse cara ao país de destino con subvencións ás asociacións de emigrantes ou aos programas de reagrupamento familiar, ou ben estar orientada cara ao país de orixe, coa organización de cursos preparatorios para os emigrantes ou políticas de axuda aos retornados. O IEE colaboraba tamén co Ministerio de Educación no labor educativo de emigrantes e dos seus fillos, organizando cursos de formación como preparación previa á súa saída de España, que podían durar entre 15 e 45 días, onde se impartían clases sobre o país de destino, sobre as condicións de traballo alá, primeiras nocións do idioma e outras ensinanzas que se consideraban de interese. Ademais, como medio de difusión teñen varias publicacións, como Carta de España, creada en xaneiro de 1960, co obxectivo de servir de vínculo aos emigrantes españois coa madre patria. Hai outras institucións colaboradoras como Cáritas Española, que participou nos seus programas de axuda aos máis necesitados, ou a Delegación Nacional de Juventudes, coa fundación de colexios menores nos países de acollida, onde se impartía a docencia en español, levando os plans de estudo de aquí, ou organizando campamentos de verán para fillos de emigrantes, etc. Toda saída allea ao IEE foi catalogada para efectos legais de clandestina, aínda que na realidade tratábase dunha emigración irregular, cuxo volume supón algo máis do 50% da asistida durante os anos 60. Esta variedade, coñecida polas autoridades españolas desde finais dos anos 40, aumenta paulatinamente ata se converter en protagonista polo seu volume a partir de 1960. É un éxodo que flexibiliza os trámites burocráticos para saír, evitando os impedimentos legais nos dous extremos da cadea migratoria. Estas saídas foron facilitadas pola abundante oferta de traballo na economía somerxida e as posibilidades da regularización in situ no país de recepción; tamén pola difusión propagandística cada vez máis abundante, a pesar de estar prohibida por lei; e, nomeadamente, pola acción solidaria das cadeas migratorias, que ofrecían cobertura e seguridade ao demandante e en principio asegurábanlle maiores posibilidades de éxito. Isto explica a polarización espacial dos traballadores tanto nas áreas emisoras como nos lugares de residencia. Evidentemente a indefensión propia desta emigración non regularizada facíaa máis proclive a vivir situacións de risco por abuso e explotación, ademais de estar máis exposta ao fracaso nos primeiros momentos do proceso. Coa nova Lei de emigración de 1971 outorgábase unha especial importancia ás necesidades sociais dos emigrantes, primando o seu retorno xa como man de obra capacitada, aínda que a realidade era que nin sequera existía unha política de axudas para os que volvían. No caso europeo procurouse dificultar a integración dos emigrantes (xa de por si difícil pola diferente lingua, costumes e formación) mediante a creación de asociacións e centros para españois. O IEE, no marco do seu labor asistencial, esforzouse na creación de Casas de España, que estaban concibidas como centros sociais para axudar a fomentar a conservación da identidade española e a conexión co país de orixe; tamén como un modo de control para evitar infiltracións das ideas políticas consideradas perniciosas polo réxime. A lexislación prevía que fornecesen servizos relacionados coa recepción dos emigrantes, a realización de reunións para dar, por exemplo, informacións necesarias para asentárense no país, e en xeral todos aqueles servizos que tiendan al desarrollo de una acción formativa y cultural, con actividades sociais, deportivas e recreativas. O IEE, pois, fomentou un asociacionismo étnico que mantiña vivos os vínculos do emigrante con España, nutría a expectativa do retorno á patria e permitía exercer unha tutela e vixilancia política sobre as actividades da colonia emigrada. Coa chegada da democracia, o artigo 42 da Constitución de 1978 recolle a especial salvagarda dos dereitos económicos e sociais dos traballadores españois no estranxeiro, avogando pola realización dunha política orientada a facilitar o retorno dos nosos emigrantes. Desaparece así a discusión sobre o dereito a emigrar, sendo o novo enfoque facilitarlles aos españois emigrantes o acceso aos dereitos garantidos pola Constitución. Nos primeiros anos a política migratoria segue estando dirixida desde o IEE. A diminución da importancia cuantitativa e económica da emigración para España tamén fixo que o interese das administracións fose minguando. España xa se considera máis un país de inmigración que de emigración, aínda que non se pode esquecer a presenza de varios millóns de españois residindo fóra (2,7 millóns en 1977). En 1985 o IEE pasa a depender do Ministerio de Trabajo e en 1991 a institución foi transformada en Dirección General de Migraciones e desaparece de facto. 26 27

Alberto Martí, o fotógrafo que segue dedicando a súa vida á fotografía José Caruncho Coordinador técnico, positivado e selección das fotografías A lberto Martí Villardefrancos naceu na Coruña o 14 de marzo de 1922 e, aos seus 88 anos, aínda segue en activo ordenando e clasificando os miles de negativos do seu arquivo, que talvez cheguen a un millón. A súa memoria é envexable e o seu estado físico, aínda que un pouco minguado por causa dun accidente de automóbil que tivo hai 20 anos, tamén. Alberto leva traballando no mundo da fotografía desde os 12 anos. Comezou de empregado de Foto Blanco e máis tarde fíxose empresario dese establecemento, cuxo traspaso lle cedeu o Sr. Blanco no ano 1953. Con ese negocio chegou a ter trinta empregados e nove tendas en diferentes sitios da Coruña. Así recorda os seus inicios: Estabamos tres mozas e eu, o neno, que daquela tiña 12 anos, de empregados do laboratorio. As fins de semana pasabámolas revelando. O noso cliente principal era Foto Montalbo, que nos enviaba desde Ferrol os negativos que viñan da fronte, que eran de formatos 35 mm, 6x6 cm e 9x12 cm. O Sr. Blanco era un home xusto e vira en Alberto o fillo que nunca tivera e que, pola súa gran capacidade de traballo, demostrada sobradamente en tantos anos, era a persoa ideal para continuar co seu negocio. Por iso traspasoullo a Alberto, co absoluto convencemento de que nas súas mans o negocio iría a máis, pois naquel tempo Alberto era un fotógrafo capacitado para facer calquera tipo de fotografía, tanto a relacionada con sucesos como con eventos deportivos, actos sociais, etc. Porén foi o seu espírito de reporteiro o que lle fixo compaxinar o traballo no negocio coa colaboración en La Voz de Galicia, que por certo foi moi duradeira, algo máis de 50 anos. É curioso, pero leva máis de 20 anos xubilado e aínda seguen saíndo as súas fotos nun apartado dese xornal que se titula Tal como éramos, un recordo en imaxes da Coruña da primeira metade do século pasado. Por algunhas desas fotografías recibiu unha chea de premios nacionais e internacionais. No entanto en Alberto había tamén unha inquedanza fotográfica que ía alén da foto para cubrir unha noticia, da reportaxe de vodas, da reportaxe social FOTOGRAFÍA: JOSÉ CARUNCHO 29

os adeu s e s Entre eses traballos destaca a súa serie sobre a emigración. Un traballo esquecido porque Alberto non o publicou no seu momento. Coñécese desta impresionante reportaxe unha ducia de fotografías das máis de 200 que tomou nos peiraos da Coruña e tamén en Vigo, após o secuestro do Santa María polo DRIL. Cando se fala de fotografías da emigración, sempre pensamos nun fotógrafo: Manuel Ferrol. Se hai unha fotografía en toda a historia fotográfica de Galicia que se poida considerar unha icona fotográfica, esa é a do pai e o fillo que Manuel fixo no porto da Coruña. É a fotografía que calquera fotógrafo querería facer, pero Alberto Martí non desmerece en nada. Coas 73 imaxes seleccionadas agora, intentouse contar unha historia do que significou a emigración para miles de galegos, desde a ida ata, en moitos casos, o retorno á casa. Para algúns o regreso foi tráxico, como o dunha moza que non puido superar a travesía de volta. Mais como non todo foron penas, tamén fotografou o feliz nacemento dunha nena nun dos barcos de regreso, con bautizo a bordo e co capitán e a súa muller como padriños. Nesta reportaxe hai algunhas fotos gloriosas e conmovedoras, como a da rapaza que está coidando dos seus irmáns mentres os pais se ocupan da facturación da equipaxe; a da rapaza sentada enriba das maletas; a dos nenos, posiblemente irmáns, que perderon o barco; a da monxa saudando desde o camarote do barco; a fotografía utilizada para a cuberta deste catálogo, onde un grupo de persoas saúda cos panos da man, malia que non se lles ven as caras e debamos intuír as súas expresións; é como o retrato que o gran fotógrafo armenio-canadense Yosuf Karsh lle fixo ao violonchelista Pau Casals de costas, unha gran conquista dentro da fotografía de retratos, onde ao retratado non se lle ve o rostro, nin falta que fai. En definitiva, a reportaxe de Alberto é dunha grande inocencia incluso me atrevería a dicir ignorancia, no sentido de que el non coñecía as tendencias fotográficas do momento, o cal fai que o traballo sexa moito máis interesante, máis fresco, natural e directo, chegando ao corazón con tal forza que é difícil reprimir as bágoas. Hai un referente importante na historia da fotografía dos que retrataron a emigración (ou mellor dito a inmigración): os fotógrafos da FSA (Farm Security Administration). Estes fotógrafos contratounos o goberno americano para loitar contra a depresión económica que nos anos 30 empuxou os traballadores rurais fóra das súas terras, en moitos casos ao aparecer a agricultura mecanizada e noutros por causa das secas e das tormentas de area que tiveron lugar nos estados centrais. Entre estes fotógrafos creo lembrar que eran once estaban Walker Evans, Dorothea Lange, Russell Lee e Arthur Rothstein. O director do proxecto fotográfico era un economista chamado Roy E. Stryker, que estimulou a imaxinación e a curiosidade dos seus fotógrafos con frases como O documental é un enfoque e non unha técnica; é unha afirmación e non unha negación ou Falar, con tanta elocuencia como for posible, daquilo que se debe dicir na linguaxe das imaxes. Algúns destes fotógrafos chegaron a facer fotografías que hoxe son ben coñecidas, como os retratos e interiores de casas de Walker Evans, a tormenta de area de Rothstein ou a quizais máis coñecida que fixo Dorothea Lange: unha nai que aparece rodeada dos seus fillos nunha tenda de campaña. Chegados a este punto atopamos a afirmación de Stryker ao repararmos na fotografía de Alberto Martí da rapaza agarrando os seus irmáns, ou na de Manuel Ferrol do pai e o fillo chorando, posto que en moi poucas ocasións se falou con tanta elocuencia por medio da linguaxe das imaxes. Nestas fotografías non hai moitas diferenzas apreciables coa de Dorothea Lange en canto á emotividade. Por iso, se esas dúas reportaxes (a de Alberto Martí e a de Manuel Ferrol) se desen a coñecer na súa totalidade nos anos 50, estariamos a falar da mellor reportaxe deses anos e non soamente en Galicia ou en España. Si, se Newhall, Gernsheim ou Pollock, eminentes historiadores, coñecesen estas fotografías, non me cabe a menor dúbida de que as incluirían nas súas respectivas historias da fotografía. Ao encargárenme o traballo de selección e copiado dos negativos (e tamén a organización da exposición), presentóuseme como primeiro problema que título lle pór a este grupo de excelentes fotografías. Despois de falar con Alberto de varios posibles, suxerinlle Os adeuses, como unha das sonatas para piano de Beethoven, concretamente a n.º 26, op. 81a. O motivo desta composición veu dado pola marcha de Viena e o seu regreso posterior do arquiduque Rodolfo ante a chegada das tropas napoleónicas. Beethoven púxolle a cada un dos movementos un subtítulo: Adagio-Allegro: os adeuses; Andante espressivo: a ausencia; Vivacissimamente: o regreso. Teño que ser xusto e dicir que a miña idea orixinal era o título Os adeuses da emigración. Foi o escritor Luís Rei, acosado pola miña insistencia de que escoitase máis aínda a música de Beethoven, quen me apuntou a idea de deixalo soamente n Os adeuses. Un acerto, de verdade, pois non creo que ningún outro título fose posible. 30 31

A I D A

Emigrantes agardando a que abran a porta de aduanas. A Coruña, s/d 34 35

Chegada de emigrantes ao porto da Coruña. A Coruña, 1967 Emigrantes agardando para subir a bordo do barco. A Coruña, 1967 36 37

os adeu s e s Facturación da equipaxe. A Coruña, 1958 38 39

Familiares agardando a saída do barco. A Coruña, 1958 Dereita: emigrantes e familiares agardando para subir a bordo do barco. A Coruña, 1967 40 41

Control de pasaportes. A Coruña, 1958 Control de pasaportes. A Coruña, 1963 42 43

O capitán quixo facer unha foto coas avoas. A Coruña, 1962 Esquerda: subindo a bordo co seu obxecto máis prezado: un tallo. A Coruña, 1962 44 45

os adeu s e s O sacerdote dálles a bicar a uns emigrantes a figuriña do Neno Xesús. A Coruña, 1963 46 47

Subindo a bordo. A Coruña, 1957 Esquerda: subindo a bordo cos seus cans de caza. A Coruña, 1957 48 49

Subindo a equipaxe a bordo. A Coruña, s/d Dereita: buscando a súa maleta. A Coruña, 1963 50 51

os adeu s e s Facendo de nai cos seus irmáns pequenos. A Coruña, 1963 52 53

Agardando pola súa nai sentada nas maletas. A Coruña, 1963 54 55

os adeu s e s Despedida de familiares. A Coruña, 1962 Momento moi emotivo ao baixaren os familiares do barco. A Coruña, 1962 56 57

Pensando e adurmiñando. A Coruña, 1963 Dereita: despedida de familiares no porto. A Coruña, 1957 58 59

Familia ao completo. A Coruña, 1962 60 61

Última despedida de familiares. A Coruña, 1960 Esquerda: cantores despedindo os emigrantes. A Coruña, 1963 63

Saída do barco Juan de Garay. A Coruña, 1957 64 65

Familiares amoreados no porto. A Coruña, 1957 Dereita: os últimos en marchar: os carabineiros e o sacerdote. A Coruña, 1961 66 67

O Begoña ao seu paso polo Castelo de Santo Antón. A Coruña, 1960 Dereita: os adeuses. A Coruña, 1957 68 69

Barco cargado de emigrantes ao seu paso por Punta Herminia. A Coruña, 1959 70

Nenos que perderon o barco. Máis tarde embarcaron no porto de Vigo. A Coruña, 1960 72 73

os adeu s e s A V OLT A 75

Barco que chega ao porto da Coruña cargado de emigrantes. A Coruña, 1961 76

Agardando a que atraque o barco. A Coruña, 1961 78

Familiares amoreados no porto agardando a que atraque o barco. A Coruña, 1961 Remolcador axudando a atracar o barco. A Coruña, s/d 80 81

Desembarco de maletas. A Coruña, s/d 82 83

Fotógrafo do minuto fotografando os pasaxeiros. A Coruña, 1958 Esquerda: grupo de relixiosas que chegan de Cuba. A Coruña, 1961 84 85

Emigrante cos seus dous fillos. A Coruña, 1961 86

Emigrante cun símbolo relixioso traído de Cuba. A Coruña, 1961 Emigrantes posando con boneca e símbolo relixioso. A Coruña, 1961 88 89

Emigrantes agardando a desembarcar con símbolo relixioso. A Coruña, 1961 90

os adeu s e s Evacuación de relixiosa enferma. A Coruña, 1961 Grupo de familiares agardando a que atraque o barco. A Coruña, 1961 92 93

Relixiosa saudando desde o camarote á súa chegada ao porto da Coruña. A Coruña, 1961 94

Evacuación do féretro dunha moza que morreu na travesía de volta. A Coruña, 1959 Dereita: introdución do féretro no coche fúnebre baixo a atenta mirada dos gardas civís. A Coruña, 1959 96

os adeu s e s Enterro en Mera. Mera (A Coruña), 1959 98 Enterro en Mera da moza falecida na viaxe de volta. Mera (A Coruña), 1959 99

Nacemento dunha nena na travesía de volta. A Coruña, s/d Bautizo da nena co capitán e a súa muller como padriños. A Coruña, s/d 100 101

os adeu s e s Festa de recadación dos emigrantes para a Cociña Económica. A Coruña, s/d 102 103

Relixiosos que veñen de Cuba. A Coruña, 1961 Esquerda: relixiosos aplaudindo a chegada dos seus compañeiros. A Coruña, 1961 104 105

Familiares saudando emocionados a chegada dos seus seres queridos. A Coruña, 1961 Dereita: relixiosas que veñen de Cuba. A Coruña, 1961 106 107

Relixiosas recibindo as súas compañeiras. A Coruña, 1958 108

O BUQUE S A N AT M A R ÍA

Cámara do NO-DO rodando o barco Santa María secuestrado polo DRIL. Vigo, 1961 112

Emigrantes intentando localizar os seus familiares entre o público pendente do desenvolvemento do secuestro. Vigo, 1961 Dereita: familiares no porto de Vigo pendentes do desenvolvemento do secuestro. Vigo, 1961 114

os adeu s e s Emigrantes recollendo a súa equipaxe. Vigo, 1961 116 Traslado das maletas á aduana. Vigo, 1961 117

os adeu s e s Nena que desembarca cos seus xoguetes. Vigo, 1961 Emigrante que se reencontra coa súa muller e a súa filla. Vigo, 1961 118 119

os adeu s e s Familiares no porto de Vigo pendentes do desenvolvemento do secuestro. Vigo, 1961 Apertas dos familiares despois das horas de angustia producida polo secuestro. Vigo, 1961 120 121

os adeu s e s Apertas dos familiares despois das horas de angustia producida polo secuestro. Vigo, 1961 122 123

Fotografía familiar no porto de Vigo. Vigo, 1961 124

os adeu s e s TEXTOS EN CASTELÁN E EN INGLÉS 127

Presentación LOS ADIOSES FOTOGRAFIADOS Ramón Villares Presentation FAREWELLS IN PHOTOGRAPHS Ramón Villares Las despedidas han dado origen a los más bellos poemas y a las más transidas cartas de amor, pero también a la expresión de la más honda tristeza reflejada en un pañuelo blanco que ondea cuando un barco o un tren en el que viaja el ser querido empieza a andar y a alejarse. No obstante, de tantos millones de despedidas como ha habido en el mundo, son muy pocas las que pueden ser vistas o reconstruidas por quienes no las padecieron. Toda despedida y todo adiós tiene en su nervio central un sentimiento, algo que es difícil de transmitir a quien no es su protagonista. Por eso la fotografía tiene la grandeza de permitirnos recordar e incluso imaginar cuánta emoción puede haber en una salida o una llegada. Y uno de los lugares donde se repitieron llegadas y salidas fueron los muelles marítimos, en los que atracaban los grandes paquebotes que transportaron millones de personas a través de los mares océanos. En Galicia tenemos hartazón de despedidas, pues es tierra de adioses, como en feliz ocasión la calificó el patriarca de Trasalba, Ramón Otero Pedrayo. Fue una de las perlas que resonaron en aquel discurso de inauguración del curso académico 1954-1955 pronunciado en el paraninfo de la Universidade de Santiago, dedicado a evocar las vivencias de la emigración gallega. Cuando Otero estaba pronunciando aquel discurso, los adioses gallegos estaban en un nuevo apogeo, con la apertura de las migraciones hacia América, sobre todo a países nuevos como Venezuela y Brasil, que ampliaban el abanico de destinos americanos, antes centrados en los países de Argentina y de Cuba. Era la última eclosión de la navegación marítima de pasajeros, que el propio Otero había sentido bien y había contado después en un hermoso libro con ocasión de su viaje a Argentina en 1947, a bordo del renombrado Cabo de Hornos. De aquellos adioses quedó memoria en algún documento gráfico que se hizo célebre, después de su publicación en libros como Galicia hoy (1966), a cargo de Luís Seoane e Isaac Díaz-Pardo. Me refiero a las famosas fotos de Manuel Ferrol sobre la emigración tomadas en el puerto de la ciudad de A Coruña. Son documentos singulares, pero escasos. Otros fotógrafos trabajaron sin descanso en aquellos mismos lugares, tomaron miles de fotos de aquellas llegadas y adioses, pero Farewells have given rise to the most beautiful poems and agonising love letters, and to the most sorrowful expression reflected in a white handkerchief waving in the air when a ship or train sets off and disappears into the distance with a loved one on board. Even so, of all the millions of farewells that have taken place in the world, only a few can be seen or reconstructed by those who did not suffer them. At the nerve centre of all farewells and goodbyes is a feeling, something difficult to transmit to another person who is not involved. The greatness of photography enables us to recall and even imagine the deep emotion in a departure or an arrival, and one of the places where there have been most arrivals and departures are docks, where great packet boats moored and ferried millions of people over the oceans. We are used to farewells in Galicia, in fact it is the land of goodbyes, in the words of the patrician from Trasalba, Ramón Otero Pedrayo. This was one of the pearls that echoed in the opening lecture for the academic year 1954-1955, presented in the University of Santiago assembly hall, and dedicated to evoking the experiences of Galician emigration. When Otero was making this speech, Galician goodbyes were at a new high with the emigrations to America, more specifically to new countries like Venezuela and Brazil, broadening the possibilities of American destinations, previously centred on Argentina and Cuba. This was the last blooming of passenger sailing, which Otero felt in his own skin - and recalled later in an interesting book - when he travelled to Argentina in 1947, on board the packet boat Cabo de Hornos. Some of the photographs of these goodbyes became famous after they were published in books like Galicia hoy (1966), by Luís Seoane and Isaac Díaz-Pardo; I am referring, of course, to the famous emigration pictures of Manuel Ferrol taken in the port of A Coruña. They are unique documents, but rare too. Other photographers worked in the same places, taking thousands of pictures of those arrivals and departures, but they never became known in general as they were not published. No treasure remains 129