LEI 11/1989, DO 20 DE XULLO, DE ORDENACION DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA (D.O.G. 16 DE AGOSTO DE 1989)(1)

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN


BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

O relevo e as costas de Galicia

Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Mapa de accidentalidade

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

Á Mesa do Parlamento

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

Consello Editorial. Comité Científico

MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Informe mensual do paro rexistrado

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

UNIVERSIDADE DE VIGO LISTA DE ASISTENTES

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

Índice. Memoria de Sociedades Mercantís 5

COMISION DE LAS COMUNIDADES EUROPEAS REPRESENTACION EN ESPAÑA

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

Programación de proba libre de módulos profesionais

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

Revista Galega de Economía Vol (2018)

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

Transcription:

LEI 11/1989, DO 20 DE XULLO, DE ORDENACION Exposición de Motivos DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA (D.O.G. 16 DE AGOSTO DE 1989)(1) A presente Lei persegue dous obxectivos principais: supera-las actuais carencias universitaria de Galicia e reordenar-lo sistema universitario de Galicia atendendo a criterios de desenvolvemento e renovación. A universidade é un servicio público que debe estar aberto á sociedade que a sustenta e contén sobrados elementos para se revelar como unha instancia dinamizadora da sociedade na que se insire. Na medida en que sepoñan os medios para aproveita-las posibilidades de innovación que leva implícitas, esta institución pódese converter nun instrumento importante dos cambios sociais e culturais e garanti-la asunción dos avances científicos e técnicos. Esta Lei pretende contribuír a que a Universidade galega cumpra adecuadamente o papel que a sociedade ten dereito a lle asignar. Na medida en que é un ben colectivo é necesario un esforzo permanente por achega-los seus servicios a tódolos cidadáns tratando de supera-las barreiras sociais e económicas que poidan impedilo. Faise preciso afrontar con vontade superadora as tradicionais carencias e os actuais desaxustes que padece a Universidade en Galicia. A actual oferta universitaria galega caracterízase por unha dedficiente escolarización universitaria, concretada nunha das máis baixas taxas de escolarización universitaria de Europa. Debe resaltarse o incompleto e deficiente abano de titulacións que poden cursarse en Galicia; a oferta é especialmente raquítica nas áreas tecnolóxicas e naquelas máis ligadas coas actuais e futuras demandas laborais. É de destaca-la saturación existente nun gran número de centros de ensino universítario así como gran número de centros de ensinouniversítario asi como as deficencias infrastusturais no tocante á docencia, ó estudio e á investigación, e tamén no que atinxe ós recursos humanos, especialmente de profesorado. Hai que sinala-las carencias naqueles servicios universitarios que poden favorecer un máis doado acceso das clases sociais máis desfavorecidas ó ensino universitario, contribuíndo a supera-las discriminacións económicas e territoriais, así como polo que atinxe a servicios da comunidade universitaria. Finalmente, e incidindo en todo o anterior, hai que salienta-lo raquítico financiamento do actual sistema universitario de Galicia, cun nivel de gastos por alumno moi por baixo da medida estatal, que é por outra banda, das máis deficientes de Europa. A esta precaria situación súmase a crecente demanda de estudios universitarios en Galicia, que está a desbordar nos últimos anos tódalas posibilidades de oferta. De aí a necesidade de se formula-la expansión do actual sistema universitario, tratando á vez, cun obxectivo decididamente reformador, de amplia-la oferta e supera-las carencias sinaladas co obxecto de garantir uns estándares mínimos decalidade do ensino e da investigación. Trátase, pois, de garanti-la expansión se que esta supoña degradación do ensino universitario, senón, pola contra, renovación e superación.

Ante estas circunstancias, os poderes públicos da Comunidade Autónoma de Galicia teñen ineludiblemente que dar unha resposta axeitada, de modo que o sistema universitario de Galicia se convirta nun eficaz instrumento de transformación social. Faise necesario, polo tanto, modifica-la actual estructura do sistema universitario de Galicia coa creación de dúas novas Universidades e unha axeitada regulación dos seus Campus e das súas titulacións. Esta medida ten a virtualidade de facilita-lo achegamento deste servicio público a un maior número de cidadáns galegos, ó tempo que se logra unha dimensión funcional de cada Universidade e dos seus Campus. De acordo co previsto no artigo 13.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia e 24 da Lei Regualadora da Xunta e do seu Presidente, sanciono e promulgo, no nome de El-Rei, a Lei de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia. Artigo 1.- 1. A presente lei desenvolve os sistema universitario de Galicia. 2. É obxecto desta Lei establece-las bases de ordenación territorial, funcional e financeira do sistema universitario de Galicia, así como os criterios para a implantación de novas titulacións e a creación dos correspondentes centros, tendo en conta as características e esixencias demográficas, científico-educativas, socio-económicas e socio-culturais da sociedade galega. Artigo 2.- Dentro dos obxectivos e finalidades propios do sistema universitario de Galicia, teranse especialmente en conta: 1) A formación e capacitación de cidadáns no plano científico-técnico e no correlativo plano profesional. 2) O favorecemento dunha mobilidade social ascendente no seo da sociedade galega. 3) A creación e difusión da innovación científica e técnica. 4) A irradiación da cultura e a promoción do desenvolvemento cultural de Galicia a través da dimensión universitaria. 5) A promoción do galego, lingua propia de Galicia como idioma vehicular no ensino superior, na investigación científica e na creatividade artística e cultural. Artigo 3.- 1. Creánse por esta Lei a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña. 2. O sistema universitario de Galicia estará constituído pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.

3. Encoméndaselles ás tres Universidades o servicio público do ensino superior en Galicia, mediante o exercicio da docencia, o estudio, a investigación e a creación de coñecemento. Artigo 4.- Cada Universidade goza de personalidade xurídica e patrimonio de seu, rexéndose pola presente Lei, pola lexislación autonnómica e estatal aplicable e polos seus respectivos Estatutos. Artigo 5.- A Universidade de Santiago de Compostela, cidade onde seguirá a radica-la súa sede, contará ademais co Campus de Lugo. A Universidade de Vigo terá a súa sede nesta cidade incluíndo os Campus de Pontevedra e de Ourense. A Universidade da Coruña terá a súa sede na cidade do mesmo nome, integrándose nela o Campus de Ferrol. Artigo 6.- Cada Campus deberá ter ou, noutro caso, ser dotado dun mínimo de dous centros con rango de Facultade ou Escola Técnica Superior. Estructurarase á súa vez internamente tendo en conta o criterio de complementariedde interdisciplinar dentro de cada grande área de coñecemento científico e técnico. Cada Campus contará cuns mínimos cualitativos e cuantitativos en dotación docente, de administración e servicios, de infrastructura en edificios e de equipamentos en servicios complementarios á docencia e investigación e en servicios comunitarios. Artigo 7.- Sen prexuízo dos novos centros que poidan crearse, as novas Universidades contarán inicialmente con aqueles onde dse ubican na actualidade as Facultades, Escolas Técnicas Superiores, Colexios Universitarios, Escolas Universitarias, así como coas instalacións complementarias situadas nos Campus da Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra e Ourense, pertencentes á Universidade de Santiago, segregándose da mesma. Artigo 8.- O repertorio de titulacións do sistema universitario de Galicia atenderá ó principio de completude, en virtude do cal debe tender a abranguer e incorpora-la totalidade do repertorio de titulacións existente, por área de coñecemento, no estado actual da ciencia e da técnica. Só excepcionalmente se poderá deixar de aplicar este principio, de xeito individualizado, en atención á desmesurada distorsión que implique na asignación dos recursos humanos e financeiros ou atrancos insolubles para a súa cobertura co nivel de calidade científico-docente razoablemente esixible.

Artigo 9.- A creación e localización de novas titulacións e centros e, en definitiva, a ordenación do sistema universitario de Galicia seguirán unha programación que atenda a demanda universitaria e maila disposinibilidade dos recursos económicos e docentes necesarios, e axustaranse ós seguintes criterios: a) Cubri-las necesidades de titulados para o desenvolvemento económico, cultural, científico e técnico de Galicia. b) Achega-la oferta á demanda e ás previsións de postos de traballo. c) Corrixi-los desequilibrios existentes nos actuais Campus. d) Acada-la especialización dos Campus, aínda que mantendo a coexistencia de ensinanzas técnicas e de humanidades. e) Evita-la multiplicidade de titulacións na Comunidade Autónoma, salvo cando coincidan a demanda real de estudiantes e anecesidade social de titulados. f) Agrupa-las titulaciónspor grandes áreas científicas para favorece-la consolidación de unidades departamentais e lograr un máis doado aproveitamento dos recursos infraestructurais e a xeración de solidas liñas de investigación. g) Transformar positivamente os actuais Colexios Universitarios, incardinando este proceso na expansión xeral da oferta. Artigo 10.- Os estudiantes poderán acceder a calquera das universidades da comunidade Autónoma, sempre que reúnan os requisitos académicos necesarios, aplicandose o procedemento coñecidocomo distrito único. Artigo 11.- 1. A coordenación e planificación do sistema universitario de Galicia, constituído polas tres Universidades, corresponderalle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Para estos efectos deberá contar co Consello Universitario de Galicia como órgano de asesoramento e consulta; segundo oi disposto no artigo 10 da Lei 5/1987, do 27 de maio.(2) 2. Para adecua-lo Consello universitario de Galicia ás novas necesidades do sistema universitario de Galicia modifícase o artigo 11 da Lei 5/1987, do 27 de maio quedando redactado do seguinte xeito: <<Serán funcións do Consello Universitario Galego as seguintes: a) Facilita-lo intercambio de información e mailas consultas recíprocas entre as Universidades de Galicia sobre tódalas súas áreas de actividade.

b) Elaborar programas conxuntos de actuación que atinxan ós problemas e ás necesidades do sistema universitario de Galicia,e potenciar equipos interuniversitarios para desempeñar este labor. c) Emitir informe sobre as propostas de creación de novas Universidades e de creación, modificación ou supresióin de centros, titulacións universitarias e Institutos de investigación. d) Coñece-los novos plans de estudios das diferentes titulacións e ensinanzas impartidas polas universidades e as súas modificacións. e) Propo-la organización conxunta de estudios entre as universidades, especialmente no que se refire a terceiros ciclos, estudios de postgrao e titulacións que non teñan carácter oficial no Estado. f) Emitir informe sobre as normas de acceso e permanencia dos alumnos nas Universidades e as relativas ás responsabilidades dos estudiantes no que se refire ó cumprimento das obrigas académicas. g) Coñece-las solicitudes das subvencións globais ordinarias e extraordinarias que forman parte dos ingresos nos presupostos das Universidades, e emitir informe sobre os programas de investimentos no sistema universitario de Galicia feitos directamente pola Comunidade Autónoma. h) Garantir a racionalización dos estudios, dos servicios e das actividades universitarias existentes en galicia especialmente no referente ó intercambio flexible do profesorado; infraestructura de investigación existente ou de futura adquisición; intercambio dos fondos bibliográficos e de datos informáticos ; creación de servicios conxuntos de publicacións universitarias; e otras de interese común. i) Elaborar programas de extensión universitaria, así como de formación e actualización do profesorado. l) Asesorar á Consellería de Educación en tódalas cuestións que lle sexan requeridas.>>. DISPOSICIÓNES ADICIONALES DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA A Xunta de Galicia dictará as oportunas disposicións para a segregación dos centros da Universidade de Santiago ós que se refire o artigo 7 e a correspondente integración dos mesmos nas novas Universidades. Esta segregación que se establecerá mediante un Decreto da Xunta de Galicia, logo dos trámites oportunos ante o Consello Social da Universidade de Santiago, terá lugar con tódolos seus medios materiais e humanos. En particular, o persoal a eles adscrito pasará a prestar servicio na Universidade na que tales centros se integren, respetándoselle os dereitos que posúan no momento da segregación. O equipamento e pleno desenvolvemento das actividades docentes e de investigación dos centros segregados farase con cargo ó plan de financiamento das Universidades contemplado na Disposición Adicional cuarta desta Lei.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA As novas Universidades darán comenzo ás súas actividades académicas logo de producirse a integración efectiva dos centros segregados da Universidade de Santiago, ou a creación doutros novos se é o caso, e a constitución dos órganos de goberno previstos na Disposición Transitoria Primeira. DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA A Xunta de Galicia, logo da aprobación do plan de financiamento das Universidades ó que se fai referencia na Disposición Adicional cuarta, adoptará as medidas oportunas para a extinción dos Colexios Universitarios, e a súa transformación en Facultades, Escolas Técnicas Superiores, Escolas Universitarias ou outros centros de ensinanza superior. DISPOSICIÓN ADICIONAL CUARTA 1. A Xunta de Galicia deberá presentarlle ó Parlamento o plan de financiamento das Universidades de Galicia, no que figurarán, como mínimo os seguintes aspectos: a) Transferencias correntes ás Universidades. b) Investimentos reais previstos para a construcción de novos centros, Institutos de investigación, bibliotecas, residencias e outras instalacións e servicios. c) Gastos correspondentes á dotación e formación do profesorado. d) As transferencias de capital para gastos de investigación, de acordo co previsto na Lei 8/1988, do 18 de xullo, do plan seralde investigación científica e técnica de Galicia. e) Gastos de bolsas para estudiantes. 2. Os Presupostos da Comunidade Autónoma para o período 1990/96 contemplarán os gastos previstos no plan. 3. Autorízase ó Goberno Galego a asumi-los créditos ou emitir Débeda Pública precisos para garanti-lo cumprimento do plan. DISPOSICIONES TRANSITORIAS DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA Creánse os seguintes órganos nas novas Universidades para o desenvolvemento das funcións de goberno e administración necesarias para o comenzo das súas actividades: a) A Comisión de Goberno, á que lle corresponderán as funcións organizativas de goberno no ámbito académico. Estará composta por cinco membros, nomeados pola Consellerís de Educación e Ordenación Universitaria, debendo ter catro deles acondición de profesor numerario da universidade, con destino actual nalgún dos

centrosradicados na área territorial correspondente á nova Universidade. O quinto membro será o Xerente da Universidade, que deberá te-la condición de funcionario. A Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, nomeará o Rector da Universidade, que presidirá a Comisión de Goberno. A citada Comisión estructurarase funcionalmente en dous Vicerrectores, un Secretario Xeral e o Xerente. b) o Consello Económico, que desempeñará as funcións de carácter económico e financeiro atribuídas pola lexislación vixente ó Consello Social. Estará composto por seis membros, sendo o seu Presidente e dous dos mesmos nomeados pola Xunta de Galicia, dous polo Parlamento de Galicia e un pola respectiva Comisión de Goberno. DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA No prazo máximo de tres meses, a partir da entrada en vigor da presente Lei, a Xunta de Galicia procederá á designación dos Rectores e dos membros das Comisións de Goberno das novas Universidades. No mesmo prazo adoptará as medidas necesarias para a constitución dos respectivos Consellos Económicos. DISPOSICIÓN TRANSITORIA TERCEIRA O Consello Universitario deberá constituísrse no prazo de seis meses, a partir da entrada en vigor da presente Lei. Os Presidentes dos Consellos Económicos ocuparán o lugar previsto na Lei 5/1987, do 27 de maio, para os Presidentes dos Consellos Sociais. DISPOSICIÓN TRANSITORIA CUARTA No prazo máximo de tres meses, desde a súa constitución, cada Comisión de Goberno eleborará e someterá á aprobación da Xunta de Galicia o seu Regulamento de rexime interno e as normas estatutarias provisorias, polas que se rexerán as novas Universidades en tanto non se aproben os seus Estatutos. DISPOSICIÓN TRANSITORIA QUINTA (3) No prazo de dous anos, a partir da entrada en vigor desta Lei, as novas universidades procederán á elección do respectivo Claustro universitario Constituínte. Este Claustro elixirá o Rector e, no prazo máximo de seis meses, desde a súa constitución elaborará os Estatutos e someteraos á aprobación da Xunta de Galicia. Se transcorrido o prazo fixado no parágrafo anterior non se sometesen os Estatutos á mencionada aprobación, a Xunta de Galicia determinará a normativa singular reguladora da actividade universitaria ata aprobación dos mesmos. En tanto non se aproben os Estatutos das novas universidades, a Xunta de Galicia exercerá as competencias que a lexislación lles atribúe ás Universidades, sen prexuício das que lles correspondan ás respectivas Comisións de Goberno e ós Consellos Económicos, así como das que figuren nas normas estatutarias provisorias.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEXTA Inmediatamente despois da elección do Claustro procederase á constitución dos correspondentes Consellos Sociais, que se integrarán de acordo co previsto na Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social e do Consello Universitario de Galicia, de conformidade co establecido nesta Lei. DISPOSICIÓN TRANSITORIA SÉTIMA En tanto non se constitúa o Consello universitario de Galicia, o Goberno nomeará unha Comisión de titulacións, coi fin de lle dar cumprimento ó previsto no artigo da presente Lei. DISPOSICIÓN TRANSITORIA OITAVA O Goberno deberá aproba-lo plan de financiamento no prazo de vinte días desde a publicación desta Lei, para efectos de lle dar cumprimento ódisposto na Disposición Adicional cuarta. DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS DISPOSICIÓN DERRADEIRA PRIMEIRA Autorízase á Xunta de Galicia a dictar cantas disposicións considere necesarias para aplicación e o desenvolvemento da presente Lei. DISPOSICIÓN DERRADEIRA SEGUNDA Esta Lei entrará en vigor a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. (1).VID REAL DECRETO 1754/1987 DO 18 DE DECEMBRO SOBRE TRASPASO Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DOS SERVICIOS E INSTITUCIÓNS E MEDIOS PERSOAIS, MATERIAIS E PRESUPOSTARIAS EN MATERIA DE UNIVERSIDADES (B.O.E. 19 DE XANEIRO DE 1988 E D.O.G. 16 E 17 DE FEBREIRO DE 1988). (2). LEI 5/1987, DO 27 DE MAIO, DO CONSELLO SOCIAL DA UNIVERSIDADE E DO CONSELLO UNIVERSITARIO DE GALICIA ( D.O.G. 2 DE XUÑO DE 1987 E B.O.E. DO 21 DE XUÑO DE 1987). (3). O DECRETO 217/1989, DO 19 DE OUTUBRO DESENVOLVE A DISPOSICIÓN TRANSITORIA QUINTA ( D.O.G. 27 DE OUTUBRO DE 1989).