Territorios a examen III. Territorios a exame III

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Laboratorio do Territorio

Programación de proba libre de módulos profesionais

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Informe mensual do paro rexistrado

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Mapa de accidentalidade

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

O relevo e as costas de Galicia

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

A máquina de escribir

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas


AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

DATOS IDENTIFICATIVOS

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

Tourism planning, promotion and environmental sustainability: the case of Spain

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

RECURSOS E INSTRUMENTOS

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Editado por: Xunta de Galicia Consellería de Economía e Industria Axencia Galega de Innovación Santiago de Compostela Ano: 2014 D.L.

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

POBOACIÓN LOCAL E AREAS PROTEXIDAS EN NAMIBIA. PERCEPCIÓN SOBRE OS EFECTOS NA SALAMBALA CONSERVANCY.

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

Revista Galega de Economía Vol (2018)

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

Anexo. Detalle das accións

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

ECONOMÍA APLICADA 13

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

PATRIMONIO E TURISMO CULTURAL

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Turismo e Industrias Culturais e Creativas

TALLER TÉCNICO: ESTUDIO OMT-WTCF sobre RENDIMIENTO DEL TURISMO URBANO

ACTIVIDADES DE REFORZO DE 3º DE ESO. XEOGRAFÍA ECONÓMICA APELIDOS : NOME: CURSO:

Youth Workshop/Taller de Jovenes

Revista Galega de Economía Vol (2016)

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Referentes para a avaliación

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

PROGRAMACION INICIACIÓN PROFESIONAL A MECÁNICA 3 DA E.S.O. CURSO PROFESOR: Departamento de Automoclón (Eletromecánlca de Vehículos)

76 praias galegas teñen alto risco de sufrir inundacións

Proposta de Traballo Fin de Máster (máximo 2 páxinas)

WHAT IS AN ALTERNATIVES ANALYSIS STUDY?

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

Á Mesa do Parlamento

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

TRAXECTORIAS E RETOS

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

memoria de responsabilidade social corporativa

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

RSE. e desenvolvemento sustentable

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

ESTUDO DESCRITIVO DO SECTOR DO TRANSPORTE INTERNACIONAL DE MERCADORÍAS POR ESTRADA EN GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Transcription:

Territorios a examen III Territorios a exame III

CURSOS E CONGRESOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Nº 233

Territorios a examen III Análisis comparado de la gestión territorial Territorios a exame III Análise comparada da xestión territorial Edición a cargo de URBANO FRA PALEO FRANCISCO JAVIER LÓPEZ GONZÁLEZ Presentación de INÉS SANTÉ RIVEIRA 2016 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Territorios a exame III : análise comparada da xestión territorial / edición a cargo de Urbano Fra Paleo, Francisco Javier López González. Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2016 327 p. : il. ; 24 cm. (Cursos e congresos da Universidade de Santiago de Compostela ; 233) D.L. C 300-2016. ISBN: 978-84-16533-61-9 1. Ordenación do territorio 2. Urbanismo 3. Solo, Utilización do I. Fra Paleo, Urbano, 1961-, ed. lit. II López González, Francisco Javier, ed. lit. III. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ed. 504 630*6:711.14 711.14 Universidade de Santiago de Compostela, 2016 Edita Servizo de Publicacións e Intercambio Científico Campus Vida 15782 Santiago de Compostela http://www.usc.es/publicacions Imprime Librería Troll Dep. Legal C 300-2016 ISBN 978-84-16533-61-9

Índice Prólogo 7 Presentación Inés Santé Riveira 9 PLANEAMENTO E XESTIÓN URBANÍSTICA Entre el amanecer y el atardecer. Gestión urbanística en Salamanca y Lugo Kristel Rodríguez, José María Tubío y Rafael Crecente La ordenación del territorio en Asturias y Galicia. Por qué la divergencia? Beatriz Suárez Sánchez, José María Tubío Sánchez y Rafael Crecente Maseda Quién se beneficia del crecimiento urbano? Málaga y A Coruña en los años del boom inmobiliario Rocío J. Domínguez Gómez, Jose María Tubío Sánchez y Rafael Crecente Maseda Análisis y validación de OpenRULES como herramienta de apoyo en la planificación de usos de suelo en el Ecuador. Aplicación en el Cantón La Troncal, Provincia del Cañar Natalia Pacurucu Cáceres, Andrés García e Inés Santé Análisis de los obstáculos institucionales para el desarrollo de la agricultura urbana en la ciudad de Lugo 15 31 53 71 101 Ana Salgueiro Aquinoy Andrés Manuel García Lamparte XESTIÓN DE TERRAS E CAMBIOS DE USO Movilidad de tierras en Galicia. Estudio de dinámicas de uso del suelo en transacciones de compra-centa de parcelas Luis Díaz Castro, Eduardo Corbelle Rico y Francisco J. Onega López Demanda e oferta de terras nas explotacións gandeiras: quen dá máis? Estudo de caso nos concellos de Castroverde e Baleira (Lugo) David Vila García, Eduardo Corbelle Rico e Francisco José Ónega López 127 143

Recuperar a terra esquecida: Identificación de terras abandonadas con potencial produtivo en Galicia Manuel Carballal Fernández, Eduardo Corbelle Rico e Francisco Ónega López 165 CONFLITOS AMBIENTAIS E XESTIÓN DE RISCOS Estudio del incendio de O Barco de Valdeorras de agosto de 2012 Estela Paradelo Fernández y Urbano Fra.Paleo Geometría de las coladas de la erupción del volcán Teneguía (La Palma) de 1971 Jorge Peña López y Urbano Fra.Paleo Morfología interpretativa de alta resolución usando datos LiDAR en la cuenca hidrográfica del río Paute en Ecuador Chester Sellers, Eduardo Corbelle, Sandra Buján y David Miranda 179 205 225 El conflicto socioambiental en la laguna A Frouxeira 259 Natalia Cosmo da Silva y Urbano Fra.Paleo PAISAXE E RURALIDADE Elección e aplicación de variables para unha posible caracterización rural dos concellos da provincia de Ourense Javier Feijoo Cortizo e Francisco Javier López González A xestión das paisaxes culturais. O caso dos Camiños de Santiago Eliska Farkova, Juan Mario Crecente Maseda, Rafael Crecente Maseda, Francisco Javier López González e José María Tubío Sánchez 285 307

Prólogo Continuando coa labor iniciada hai algún anos de difundir os traballos realizados polo alumnado ao finalizar os estudos do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela, presentase unha nova entrega que recolle nos distintos capítulos os resultados máis relevantes dos mellores traballos fin de máster (TFM) defendidos nos cursos 2012-2013 e 2013-2014. Anteriormente, editáronse dous volumes co título xenérico de Territorios a exame, un no ano 2012 co subtítulo Traballos de Ordenación Territorial, recollendo os mellores TFM do curso 2010-2011, e outro no ano 2013 co subtítulo Interpretando os procesos de cambio, cos do curso 2011-2012. Nesta ocasión, combínanse dous cursos nun mesmo libro con catorce capítulos, correspondentes a outros tantos traballos fin de máster e agrupados en catro apartados atendendo á temática tratada en cada caso: planeamento e xestión urbanística, xestión de terras e cambios de uso, conflitos ambientais e xestión de riscos, e paisaxe e ruralidade. Responde esta estrutura aos contidos académicos do Máster e son mostra do coñecemento que se transmite. A traslación das ideas e coñecementos adquiridos á práctica profesional e á vida cotiá, é unha constante e un dos sinais de identidade do Masterterra, como xa se ten manifestado nas anteriores edicións, e por iso apostamos por que estes traballos, recollidos como capítulos deste libro, saian á luz unha vez máis. Sen dúbida, estes traballos recollen o esforzo de todos, do profesorado da USC e do profesorado visitante, dos expertos invitados, e, por suposto, do alumnado que se interesa por estes contidos ano tras ano. E seguiremos en novas edicións con este labor de transmisión do coñecemento sobre a terra e o territorio, reflictido nese esforzo de interpretación, revisión, colaboración, intercambio de experiencias e emprego de metodoloxías aprendidas que recolle este Máster. Como se apuntaba nunha das publicacións anteriores, a terra é o elemento aglutinador das dimensións sociais, ambientais, económicas e tecnolóxicas do territorio, sendo éste o obxecto de planificación. Esta idea aflora tamén nesta obra, coa pretensión de que se manteña nas futuras edicións do Masterterra. Urbano Fra Paleo Fco. Javier López González Coordinadores da edición 7

A xestión das paisaxes culturais. O caso dos Camiños de Santiago Eliska Farkova 39, Juan Mario Crecente Maseda, Rafael Crecente Maseda, Francisco Javier López González y José María Tubío Sánchez Laboratorio do Territorio (LaboraTe), Universidade de Santiago de Compostela Resumo O tema do presente traballo refírese á xestión das rutas de peregrinación europeas máis transitadas na actualidade, nomeadas en conxunto como o Camiño de Santiago. Malia ser o seu valor cultural legalmente recoñecido e protexido en España xa dende 1962, tanto dos procesos da modernización como da elevada presión turística, en combinación cunha protección legal pouco clara, emerxeron varios elementos que, ata a actualidade, afectan tanto ao propio ben como á súa paisaxe. Sendo un fenómeno cultural que se expresa no seu medio, de gran extensión e diversidade, para a súa xestión precísase unha variedade de enfoques e disciplinas, integradas nun sistema sustentábel en tódolos seus aspectos. Na procura deste modelo de xestión pártese, en primeiro lugar, do enfoque innovador do Convenio europeo da paisaxe de percibir tódolos tipos de expresión do noso medio, continuando cos conceptos de paisaxe e itinerario culturais. Xa que non existe ningunha metodoloxía que unifique a xestión dos itinerarios nas comunidades autónomas afectadas suficientemente obxectiva, integral e sensitiva con cada contexto, estúdase a definición de ditos conceptos a nivel internacional, de onde proceden, e as posibilidades da súa aplicación a nivel autonómico. Despois de diagnosticar as problemáticas existentes na xestión actual, cunha atención á situación en Galicia, propóñense posíbeis alternativas que as minimicen. Palabras clave: Camiño de Santiago, paisaxe cultural, itinerario cultural, ruta de peregrinación, Galicia, UNESCO, ICOMOS. Abstract The objective of this work is the management of the most well known European pilgrimage route, the Route of Santiago de Compostela. Despite its legally recognized and protected cultural value since 1962, processes of modernization, high pressure from tourism in combination with unclear legal protection affect both the asset itself as well as its landscape. The route is a cultural asset with its own environment, great extent and diversity, and in order to be managed, a variety of approaches and disciplines integrated in a globally sustainable system are needed. In pursuit of a management model, we start with the approach of the European Landscape Convention in order to identify all types of expression of our environment, continuing with the concepts of cultural landscape and cultural itinerary. Since there is not a methodology that unifies the management of these 39 e-mail: efarkova@volny.cz 307

itineraries in the affected autonomous regions, that could be sufficiently objective, comprehensive and sensitive to each context, we analyze these concepts at the international level and the possibilities for their application at the regional and local level. After the diagnosis of the current management in Galicia, possible alternatives that may minimize these problems are proposed. Key words: Route of Santiago de Compostela, Way to Santiago, cultural landscape, cultural itinerary, cultural heritage, pilgrim pathway, Galicia, UNESCO, ICOMOS. 1. Xustificación No ano 1987 o Camiño de Santiago foi declarado o primeiro itinerario cultural europeo, e dende 1993 forma parte da Lista do patrimonio mundial (en diante, Lista) como unha das rutas patrimoniais. Grazas a esta categoría, definida na reunión de expertos en Madrid en 1994 e que valora o intercambio cultural producido nun determinado ámbito, a UNESCO formalizou o concepto de itinerario cultural como categoría patrimonial en 1995. En 1998, un dos seus órganos consultivos, o Comité Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), estableceu en 2008 un comité enfocado exclusivamente aos itinerarios culturais para formalizar unha definición máis extensa deste concepto. Outro concepto que valora o esforzo da natureza e da cultura en conxunto, mais dende outra perspectiva, é a paisaxe cultural, adoptada pola UNESCO como categoría patrimonial, e que comprende os bens culturais que representan as obras conxuntas do home e a natureza, definida nas súas Directrices (art. 47) en 1993. Tres anos máis tarde entrou en vigor a lei galega específica dos camiños segundo cal o camiño deu lugar (...) a unha transformación da paisaxe. Dita lei proclama o Camiño de Santiago Francés como un territorio histórico unha das subcategorías dos bens de interese cultural definida na lei patrimonial autonómica un ano antes, parecida en certo modo ao concepto de paisaxe cultural. España, e dentro desta especialmente Galicia, é un territorio rico en itinerarios e paisaxes culturais. Ademais, o Camiño Francés foi a causa da conceptualización patrimonial de itinerarios culturais. A partir do anteriormente mencionado podemos observar os avances internacionais cara a unha interpretación do territorio máis integrada que, malia da súa orixe no territorio español, están ata momento pouco reflectidos nos instrumentos nacionais e autónomos. A nivel das comunidades autónomas (CC.AA.) afectadas polos itinerarios do noso interese, como son o Camiño Francés e o Camiño de Oviedo, podemos atopar certas variantes deste termo: vía histórica ou vía/ruta cultural, menos en Galicia. Nesta comunidade, por non haber outra máis axeitada, o 308

Camiño Francés foi declarado en 1996 na categoría de territorio histórico. Malia ser un concepto a nivel de comprensión de relacións territoriais innovador, ao ser definido en 1995 cando xa existía a categoría de rutas patrimoniais da UNESCO, xera cuestións de porqué non foi definida unha categoría máis enfocada ás dinámicas culturais producidas e predeterminadas ao longo de vías concretas, como noutras CC.AA. Ademais, aínda hoxe, case vinte anos despois da dita declaración, o Camiño Francés en Galicia representa o único ben declarado nesta categoría. Todos os conceptos mencionados xorden dun enfoque puramente antropocéntrico, xa que falar sobre este tipo de fenómenos significa falar sobre o ser humano o ser egocéntrico e curioso sobre o mundo que o rodea e sobre o papel que nel desempeña. Percibir-interpretar-actuar é a tríade que a nós como suxeito nos relaciona co demais, obxecto. Observamos e decodificamos as funcións e servizos que nos ofrece o medio, e establecemos regras para actuar nel. A nosa paisaxe é, polo tanto, unha célula do tecido das nosas políticas, estratexias e actuacións dasque emerxen diferentes valores e símbolos. Paisaxe e itinerarios culturais ofrecen unha nova comprensión da contorna, complementando a pura valoración dos resultados pola busca da súa orixe. Por ler a paisaxe interesámonos tamén polo escritor e o contexto que xeraron o contido final. Mais, grazas aos cambios constantes, estas relacións contextuais non sempre permanecen materialmente representadas, polo que pretendemos enraizalas de novo. Mediante esta xestión das nosas paisaxes, proxectamos relacións procedentes das vellas capas paisaxísticas a lugares ocupados por novos contidos, novos actores e novos intereses. Sendo todos, máis directa- ou indirectamente, xestores do territorio e cultivadores das súas paisaxes, podemos aproveitar estes conceptos complicados en agarrar e medir para sensibilizar a nosa relación coa contorna do camiño? Poderían axudarnos a compatibilizar diferentes demandas no escenario tan variado, distinguindo áreas con diferentes réximes? Precisamos a súa definición na lexislación autonómica ou chega a interpretación innovadora da administración responsábel á hora de xestionar os camiños? 2. Material e métodos 2.1. Materiais Para a obtención de información sobre os conceptos de interese foron utilizadas distintas fontes bibliográficas e electrónicas, así como a normativa de ámbito autonómico, nacional, europeo e global. Ademais estudáronse varias teorías referidas á percepción humana e interpretación do observado. 309

Para investigar o estado da xestión dos camiños en Galicia foron estudadas, en primeiro lugar, as institucións relacionadas co camiño, os instrumentos dos que dispoñen e conceptos de interese, e isto a todos os niveis: Comité do patrimonio mundial da UNESCO; Convención de patrimonio mundial cultural e natural; Directrices prácticas para a aplicación da Convención do patrimonio mundial 40 (en diante, Directrices), con especial atención ao seu Anexo 3 dedicado a tipos específicos de patrimonio, entre tales rutas patrimoniais e paisaxes culturais. Comité internacional de itinerarios culturais do ICOMOS (en diante, ICOMOS): Carta de Itinerarios Culturais; documentación de inscrición e avaliación do Camiño Francés para a Lista do patrimonio mundial. Consejo Jacobeo do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte; Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia En segundo lugar, o traballo enfocouse exclusivamente ao proceso da delimitación do Camiño de Santiago Francés e do Camiño de Santiago norte do interior ou de Oviedo no ámbito galego. Para iso foron consultados: Prego de condicións técnicas da Xunta de Galicia para o estudo histórico e proposta de delimitación do Camiño de Oviedo de 2007-2008. Por non conseguir o prego técnico do estudo histórico do itinerario francés de 2007-2008 41, pártese da descrición deste e doutros procesos no libro de Carlos A. Amoedo Souto e Teresa Nieto Freire que no momento da elaboración das primeiras propostas formaron parte da administración responsábel. Memorias e datos dixitais en formato.shp, consultados mediante un software SIX, procedentes do proceso das delimitacións oficiais e publicados na web da Xunta: do Camiño Francés de 2011 e do Camiño de Oviedo de 2012. Documentos relacionados co planeamento urbanístico e coa ordenación territorial. Lexislación relacionada: Decreto 2224/1962, de 5 de septiembre. Ley 16/1985, de 25 de junio, del patrimonio histórico español Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia 40 Actualizadas en 2013. 41 Xunta de Galicia. Estudo do territorio histórico vinculado ao Camiño Francés que comprende a análise e información previa necesaria para a delimitación do seu trazado e das súas zonas de protección. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2007, elaborado pola UTE BAU & SIGNO. 310

Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos Camiños de Santiago Finalmente, realizáronse entrevistas con varios expertos no tema, con diferentes funcións e enfoques, concretamente, tres persoas da Consellería de cultura e deporte da Xunta de Galicia, e o coordinador dun proxecto paisaxístico feito polo Instituto de Estudos do Territorio da mesma Administración; un experto do ámbito da lexislación patrimonial con experiencia na dirección cultural da Xunta de Galicia; un especialista en cuestións de ordenación do territorio e, finalmente, un arquitecto especialista en cuestións da historia do territorio de prestixio nacional. 2.2. Metodoloxía O obxectivo principal do presente traballo foi recoñecer oportunidades para a xestión integrada dos camiños de Santiago en Galicia, baseándose principalmente nos conceptos de paisaxe cultural e itinerario cultural. Formando parte das paisaxes europeas, a xestión e protección das rutas xacobeas enténdese neste traballo dende o punto de vista do Convenio Europeo de Paisaxe como as accións encamiñadas, dende unha perspectiva do desenvolvemento sustentábel, a garantir o mantemento regular da súa paisaxe, co fin de guiar e harmonizar as transformacións inducidas polos procesos sociais, económicos e medioambientais. Por ditas accións compréndese o establecemento da normativa e doutros instrumentos relacionados cos conceptos de interese (o qué e o porqué), así como a súa posta en práctica (o cómo). Xa que se trata dun fenómeno cultural expresado nun determinado territorio, ponse especial atención ao seu valor cultural. Primeiro analizouse o estado actual da cuestión. Para iso describíronse os conceptos de interese, como se relizaba a protección e a xestión actual a todos os niveis, centrándose no Camiño Francés e Camiño de Oviedo como exemplos dos dous grupos dos camiños declarados ben de interese cultural (BIC) e catalogados así como os distingue a Lei 3/1996. Baseándose na análise, como seguinte paso diagnosticáronse os puntos débiles da xestión dos camiños a todos os niveis, cunha especial atención ao ámbito galego. Acompañado por breves recomendacións de alternativas para a súa minimización ou solución, o diagnóstico representa os resultados do presente traballo. 3. Resultados e discusión 3.1. O Camiño de Santiago Diferentes fontes (RAG, RAE) entenden o fenómeno de camiño dende tres diferentes perspectivas: como un camiño físico, como un xeito ou modo de conseguir un fin ou como unha viaxe ou itinerario. Segundo 311

Soria y Puig (1991), os camiños son o resultado da conxunción da topografía cos acontecementos históricos entre os cales están os técnicos. Por iso, o camiño podémolo comprender coma un conxunto do patrimonio tanxíbel asociado a el (enfoque patrimonial clásico). Ou pódenselle sumar os aspectos intanxíbeis. Ou mirándoo dende un punto de vista máis territorial, coma un itinerario cultural, xa que abarca os tres significados mencionados anteriormente: sen a senda física non habería o eixe material pisado durante séculos nin os asentamentos co seu equipamento que emerxeu no seu ámbito ecolóxico-histórico; sen os peregrinos, portadores dos valores inmateriais e da experiencia do percorrido, faltaría o xeito célebre de chegar a Compostela, así como sen a poboación fixada no seu territorio histórico faltaría o intercambio cultural cos viaxeiros; e, finalmente, sen os sinais dos camiños, cruceiros e marcadores, hoxe cunchas ou frechas amarelas, perderíase o itinerario predeterminado, o narrativo cun inicio e cun fin. Malia asentarse sobre os camiños ancestrais, o camiño é unha resposta a un fenómeno cultural, de peregrinaxe, ao turismo espiritual. Foron as demandas dos viaxeiros peregrinos, comerciantes etc. que induciron a oferta de novos servizos, dos que un gran número están hoxe considerados patrimonio cultural, atraendo novos viaxeiros: turistas e peregrinos modernos. Unha vez recoñecido coma un itinerario cultural hai que destacar as súas peculiaridades. Considerando a meta principal a finis terrae onde se sitúa a tumba do Apóstolo, todas as rutas xacobeas (Figura 1) diríxense dende calquera lugar de Europa cara ao oeste. Localizándose o dito fin do mundo en Galicia, este é un territorio cunha elevada densidade dos camiños de Santiago, afectando tanto a unha gran porcentaxe da súa superficie como da súa poboación. A extensión deste conxunto de camiños de longo percorrido é inmensa, así como a súa gran diversidade, xa que se percorren distintos ámbitos territoriais, culturais, legais e políticos, de distintos climas, paisaxes e mentalidades. Esta diversidade causa diferentes tipos de afectación, polo que o camiño está nun cambio constante. Este aspecto dinámico acentúa, ademais, a propia peregrinación e o intercambio cultural, recoñecidos como unhas das súas características máis valoradas. Todo o anteriormente mencionado implica unha gran dificultade á hora da súa protección, xa que emerxe da súa percepción a diferentes escalas, dende a internacional ata a local, que comporta a súa diferente valorización e, polo tanto, diferente xestión patrimonial del mesmo e do territorio, do que forma parte. E por último, o cambio de énfase cara á súa territorialización estende a necesidade de materializar valores intanxíbeis que nalgúns casos están en zonas cun réxime restrinxido da propiedade privada causa de moitos conflitos. Incluso no propio documento de avaliación da proposta do Camiño Francés como Patrimonio mundial, destaca a dificultade da súa identificación, xa que non existiu ningún caso previo parecido e foi motivo de reunión en Madrid en 1994. 312

Figura 1. Composición de diversos mapas das rutas xacobeas: do Consejo Jacobeo (arriba), da Axencia Turismo de Galicia (abaixo der.) e do Plan xacobeo (abaixo esq.). Fontes: portais do MECD, da Consellería de Cultura da Xunta e da S. A. de Xestión do Plan xacobeo 3.2. Concepto de itinerario cultural e lexislación relacionada Aparte de ser vía de comunicación, lugar de encontro de culturas, o camiño foi tamén xerador dunha vida social e económica que deu lugar á formación de cidades e vilas e, consecuentemente, a unha transformación da paisaxe (Lei 3/1996). Polo tanto, este traballo enfocouse no camiño dende a perspectiva dun itinerario cultural e tamén de paisaxe cultural, conceptos que nacen grazas á sensibilidade humana á hora de percibir e interpretar fenómenos que emerxen da modelación do soporte físico. O concepto de itinerario cultural establécese primeiro a nivel internacional onde, segundo Amoedo e Nieto (2013), destacan dous enfoques: patrimonial e turístico. Alberto Martorell (2003) define que o enfoque patrimonial trata de descubrir, a base de criterios científicos, unha ruta cultural preexistente a calquera tipo de política, mentres que o segundo enfoque entende o itinerario cultural como un produto turístico, creando unha nova ruta en función do interese dos usuarios potenciais e a base dunha decisión política. Hai que destacar que igual unha ruta histórica pódese converter, mediante diferentes formas de xestión e promoción, nun interese turístico cun obxectivo máis viábel economica-, ambiental- e socialmente. O concepto patrimonial de itinerario cultural nace en 1993 coa inscrición española (nº 669) do Camiño Francés na Lista da UNESCO, seguido 313

cinco anos máis tarde dos catro camiños en Francia (nº 868) (ICOMOS, 1993 e 1998). A dita Lista xorde da Convención de 1972, primeiro instrumento que obriga aos Estados parte a identificar, protexer, conservar, rehabilitar e transmitir lugares específicos do seu territorio cun valor universal excepcional. O seu concepto de ruta patrimonial corresponde, na súa maioría, ao de itinerario cultural do seu órgano consultivo ICOMOS. Cada unha destas definicións refírese a un fenómeno específico de movementos interactivos, intecambios e diálogo multidimensionais e de xeración dunha fecundación múltiple e recíproca, integrando relacións históricas a través dunhas vías de comunicación. Por ter unha valía superior á suma dos elementos que a compoñen (art. 24 das Directrices), identifícase mediante elementos tanxíbeis que representan as súas características espaciais, temporais e culturais e o seu rol ou propósito, nomeados pola Carta como contexto, contido, valor de conxunto compartido, carácter dinámico e contorna. Por outra banda, cada organismo comprende de xeito distinto a relación da ruta/itinerario coa noción de paisaxe cultural. Mentres que unha ruta pode ser un tipo específico e dinámico de paisaxe cultural (Anexo 3 das Directrices), un itinerario non se solapa con outras categorías ou tipos de bens, malia poida abarcar varias paisaxes culturais por ser un fío que interconecta diferentes elementos (Carta). Segundo Martorell (2004), esta diferenza, xunto coa intención de evitar a confusión conceptual con rutas turísticas, foron a razón pola que o ICOMOS creou no ano 1998 o seu comité específico e en 2008 elaborou a súa Carta. Nela o dito Comité ofrece a seguinte metodoloxía: a) identificar globalmente o itinerario e os seus diversos tramos; b) inventariar os bens asociados; c) diagnosticar a súa situación actual; d) elaborar un plan estratéxico de salvagarda e conservación, con accións para promover o coñecemento e conciencia social nas entidades públicas e privadas; e) adoptar medidas para garantir unha actuación coordinada e instrumentos legais para a súa protección, uso e xestión. O Consello de Europa, malia o interese de difusión da cultura europea, incide no enfoque turístico e, baseándose na demanda española da Asociación de Amigos de los Pazos, cualificou, no marco do seu Programa de itinerarios culturais establecido 1984-1987,o Camiño Francés como o primeiro itinerario cultural europeo en 1987 e un dos seis grandes itinerarios culturais europeos en 2004, propoñendo a súa inscrición posterior na Lista da UNESCO. Este programa, xestionado polo Instituto Europeo de Itinerarios Culturais, ten como obxectivo promover a identidade europea común mediante o coñecemento do diverso patrimonio cultural europeo, creando (novos) itinerarios culturais en países e rexións europeas, organizados ao redor dos temas cuxo interese histórico, artístico ou social revélase como europeo (Amoedo e Nieto, 2013). 314

A nivel nacional e autonómico tamén se poden identificar ambos enfoques. En España emerxeron os primeiros instrumentos da protección legal do camiño no período 1950-1970, caracterizado por un desenvolvemento urbanístico intensivo e un elevado turismo internacional. Despois da Ley de suelo de 1956, que recoñeceu o valor dos camiños históricos, o Decreto 2224/1962 declarou o camiño coma un conxunto histórico-artístico, á espera do Ano Santo compostelán de 1965. Mais, tanto pola falta dunha identificación clara deste ben e da súa contorna como dunha regulación específica, remitindo a súa observancia aos concellos e propietarios e á delimitación aos padroados provinciais (establecidos só en Navarra e Logroño), o Decreto converteu o camiño nun obxecto abstracto ao que lle foi outorgado o máximo nivel de protección. Introducindo o concepto de ruta turística no Decreto en 1971, primouse a funcionalidade da denominada Ruta de Santiago sobre a súa autenticidade, o que causou variación dos seus trazados, mantendo esta tendencia turística ata 1985 (Amoedo e Nieto, 2013). Neste ano converteuse o camiño nun BIC, a categoría de maior protección da Ley del patrimonio histórico español. Segundo un experto entrevistado, a incorporación do concepto de itinerario cultural á lexislación española, baseándose na Carta do ICOMOS, foi proposta varias veces p. ex. polo catedrático da Universidad de Alicante, Javier García Fernández, mais sen éxito. Como órgano para facilitar a comunicación entre a Administración General del Estado e as CC.AA afectadas, o MECD estableceu en 1991 o Consejo jacobeo, xa mencionado cando se nomeou o Camiño Francés na Lista. Funcionaría como asistente ás CC.AA para desenvolver os plans especiais (ICOMOS, 1993, UNESCO, 2013), mais malia ter asignadas outras funcións patrimoniais, enfócase principalmente á celebración dos anos xacobeos, seguindo unha tendencia de xestión turística. Despois dos cambios competenciais, as CC.AA. afectadas asumiron a responsabilidade da xestión dos camiños no seu territorio. Así, a Xunta de Galicia asume a capacidade lexislativa sobre o camiño e executa a normativa internacional, estatal e autonómica. A Consellería de Cultura e Deporte está apoiada pola tutela experta do camiño do Comité asesor do Camiño de Santiago, e dela depende tamén a Axencia Turismo de Galicia que dende 2012 integra no seu organigrama a S. A. de Xestión do Plan xacobeo. Esta empresa pública, creada en 1991 co gallo do Ano Santo de 1993, enfócase á promoción turístico-cultural incluso a nivel internacional, dotación de servizos dos camiños (albergues públicos) e a recuperación patrimonial das rutas e os elementos arquitectónicos e artísticos. A xestión autonómica dos camiños en Galicia está actualmente regulada polas seguintes leis. En 1995, a Lei do patrimonio cultural de Galicia especificou as subcategorías de BIC, entre as que destaca a do territorio histórico. Considerando a distinta relevancia histórico-cultural de cada 315

ruta, a Lei dos Camiños de 1996 42 expresamente distingue entre a vía fundamental e hoxe con máis valor histórico e monumental o Camiño Francés, declarándoa BIC na mencionada subcategoría 43, e as restantes vías, enmarcadas na denominación xeral de Camiño de Santiago e declaradas bens catalogados categoría inferior á do BIC. Malia esta lei sempre trata de manter a integridade dos camiños, non establece criterios para a súa delimitación. Ademais, por ser o Camiño Francés o único ben declarado territorio histórico, fáltalle un precedente e polo tanto, a decisión final recae, segundo un dos entrevistados, sobre os técnicos da Consellería, coa intervención preceptiva e supervisión do Comité asesor (Amoedo e Nieto, 2013). Cabe salientar que a partir de 1998, o camiño adoptou noutras CC.AA. unhas subcategorías máis acaídas á súa natureza patrimonial: vía/ruta histórica/cultural (Amoedo e Nieto, 2013). Mais nin no caso galego nin noutras CC.AA. se empregou a categoría de itinerario cultural que naqueles momentos xa fora considerado a nivel internacional polo Concello de Europa dende 1987, e pola UNESCO dende 1993/1995. Territorio histórico é unha categoría patrimonial exclusiva da lexislación galega e moi próxima á de paisaxes culturais. Trátase dun lugar ou paraxe natural vinculado a acontecementos ou lembranzas do pasado, creacións culturais ou da natureza, e a obras do home que posúan valores históricos ou técnicos. O camiño é un itinerario que se creou a posteriori dun fin, utilizando a rede de camiños antigos. Como consecuencia deste fluxo, cidades e outros lugares evolucionaron dun xeito peculiar, converténdose en focos da segunda transformación da paisaxe grazas ás actividades da poboación que nelas habitaba e que se encargaba dos servizos ofrecidos aos peregrinos. Polo tanto, e segundo a definición do ICOMOS, as paisaxes destas vilas representan as paisaxes culturais unidas polo fío do camiño. 3.3. Concepto de paisaxe (cultural) A palabra paisaxe é omnipresente en todas as linguas europeas, tendo orixe na lingua anglo-xermánica en 500 D.C. (Jackson, 1984). As súas definicións varían tanto como os seus observadores, sendo: un lugar preferido (locus amoenus) da sociedade grega (Lorentz, 1935); un terreo labrado por un labrador medieval (Taylor, 2008) ou unha escena de fondo de pinturas renacentistas (Andrews, 1999). A paisaxe supuxo desde os seus inicios un artefacto feito polo home con valores asociados ao proceso cultural (Gojda, 2000, Taylor, 2008). A definición moderna deste concepto torna ao redor de tres enfoques: o 42 A parte do itinerario francés refírese á protección de todas as rutas de peregrinación a Santiago documentadas e actualmente coñecidas, como Camiño portugués, Ruta da Prata, Camiño do Norte pola costa e do interior, Camiño de Fisterra, Camiño inglés e Ruta do mar de Arousa e Ulla. 43 A nivel estatal segue rexistrado como conxunto histórico. 316

espazo físico, a imaxe percibida e a súa interpretación polo observador (González, 1985, Escribano et al., 1991, MOPT, 1992, Español, 1998). A paisaxe é ao mesmo tempo unha configuración de natureza, historia e cultura (Bolós, 1992) que evoluciona ata o actual mosaico de paisaxes de diferente idade. Estes enfoques corresponden coa definición do termo de paisaxe cultural de Sauer (1925), como unha transformación onde a cultura é o axente, a área natural o medio, e a paisaxe cultural o resultado (en Aguiló 2001). Malia haber voces en contra a distinción deste termo de só paisaxe considerándono un pleonasmo (Añón, 2003) e comprendendo todas as paisaxes como culturais (Lewis, 1979), foi adoptado polo Comité do patrimonio mundial e aceptado profesionalmente (Fowler, 2001). Así, as paisaxes culturais, obras conxuntas do home e a natureza, pasan a ser dende 1993 unha categoría patrimonial no ámbito internacional que destaca a densidade das relacións culturais dun territorio que van máis alá da súa visibilidade. Polo que o espazo e o tempo son continuos, sendo formas da nosa sensualidade (Kant, 1757), igual a paisaxe está dentro de nós mesmos, (...) e non existe se non hai alguén que a mira e contempla (Hernández de León, en Añón, 2003). Yi-Fu Tuan (1977) proclama que un espazo require o movemento dun lugar a outro, así como que un lugar require un espazo para poder ser un lugar. Norberg-Schulz (1980) confirma que un lugar nace concentrando o mundo exterior ao detalle interior: dende o país á rexión, paisaxe, asentamento e edificio, afirmando que este fenómeno significa algo máis que unha localización xeográfica, sendo unha totalidade cualitativa cun carácter complexo. Diferentes actividades humanas necesitan lugares de diferente carácter entre as que o home establece relacións e crea símbolos que os caracterizan. Todo iso explica como o espazo existencial formado por termos complementarios de espazo e carácter corresponden ás funcións básicas psíquicas de orientación e identificación. O conxunto destas características denomínase sentido de lugar ou genius loci concepto introducido por este autor e utilizado para artellar o carácter de lugar ou de paisaxe, p. ex. en Escocia (Figura 2). O tempo é a memoria que, xuntándose co espazo, provoca o sentimento da morriña por certos lugares: son os viaxeiros os que construíron unha interpretación identitaria do lugar visitado que exalta os detalles máis contrastados polo visitante desprazado que acaba por construír un universo especial deses territorios visitados (Mendoza e Ortega, 1988, en Español, 2003). A mobilidade e o tempo, é dicir a tridimensionalidade e continualidade, son dous aspectos inherentes a cada camiño e, polo tanto, tamén a un itinerario cultural. 317

Figura 2. Esquema de paisaxe da Guía de avaliación do carácter de paisaxe para Inglaterra e Escocia. Fonte: Swanwick, 2002 Segundo a escola Gestalt, a percepción intencionada é unha síntese subxectiva do observado, mentres que o percibido é obxectivo. A mente humana descodifica, baixo certas leis, os elementos que chegan a ela a través das canles sensoriais (percepción) ou da memoria (pensamento, intelixencia e resolución de conflitos). Finalmente prodúcese só unha representación (López, 2004) do observado, sendo o todo maior que a suma das súas partes (Koffka, 1973, Husserl, 1997, Brigas, 2012) concepto que aparece no discurso da UNESCO dedicado aos conceptos de paisaxe e itinerario culturais. Segundo a teoría de affordance ( disposición), non percibimos o noso medio mediante a sensación, senón para detectar información e avalialo segundo o que nos permite facer nel (Gibson, 1977, Morris, 2004). Das nosas expectativas/preferencias sobre a paisaxe observada parte tamén Donadieu (2009), distinguindo a percepción escénica, informada, iniciada e incorporada. As dúas primeiras responden a unha visión externa dos lugares de referencia, mirando á paisaxe en busca dunha experiencia sensual ou de información. Por outra banda, a terceira e cuarta categoría implican o observador para mirar dende a paisaxe e buscar a súa funcionalidade. A paisaxe tamén é un recurso natural, a mencionada disposición do noso medio, xunto coas nosas preferencias, pódese traducir aos servizos ecosistémicos, os beneficios que os seres humanos obteñen dos ecosistemas (ONU, 2005). Comparando os catro tipos destes servizos con catro tipos de percepción de Donadieu (2009), obtívose a Táboa 1. 318

Táboa 1. Servizos ecosistémicos de paisaxe segundo diferentes beneficiarios. En groso destácanse os servizos considerados preferentes, en cursiva os beneficios indirectos. Fonte: Elaboración propia, segundo Milliennium Ecosystem Assessment, 2005 e Donadieu, 2009 Beneficiario potencial Artistas, amantes de arte, turistas etc. Científicos, estudantes, profesionais, guías, turistas interesados pola información etc. Poboación local, agricultores, mariñeiros etc. Deportistas, sendeiristas, montañeiros, agricultores, enxeñeiros forestais, mariñeiros etc. Percepción Servizos ecosistémicos culturais escénica regulación informada iniciada incorporada culturais regulación culturais aprovisionamento regulación culturais regulación 3.4. Delimitación do camiño Malia ser o camiño protexido xa dende 1962, o proceso da súa delimitación empezou pola inclusión do itinerario francés na Lista da UNESCO. Aínda que o cumprimento deste tratado internacional afecta tamén o ICOMOS-España e o Ministerio de Cultura co seu Consejo Jacobeo, é a Comunidade autónoma de Galicia quen se encarga, tanto da delimitación e defensa do ámbito territorial das rutas xacobeas, como da súa promoción mediante a Axencia (Amoedo e Nieto, 2013). A historia da delimitación dos camiños en Galicia está marcada por datas concretas: a delimitación do Camiño Francés en 1992; a Lei 3/1996; o período das propostas de delimitación entre 2005-2009; e as delimitacións oficiais a partir do ano 2011. A primeira delimitación do Camiño Francés de 1992 foi só provisoria, e tanto a propia delimitación como o expediente 44 mostraban varios inconvenientes (ICOMOS, 1993, Martorell, 2006, UNESCO, 2013). En Galicia, malia considerar as parroquias menos na capital coma entidades de referencia (Amoedo e Nieto, 2013) por non existir unha normativa específica, partiuse da lexislación estatal de estradas 45 do dominio público viario e servidumes de protección uniformes ferramentas insuficientes (Martorell, 2006, Amoedo e Nieto, 2013). No expediente describiuse unha franxa protectora do ben de 30 metros xeneralizada nas delimitacións en todas as CC.AA. Os parámetros da Lei de estradas reflectíronse na posterior lei específica, Lei 3/1996. Esta conserva o carácter demanial do ben, que comprende 44 Advisory Body Evaluation, Nº 669, p. 61. 45 Ley 25/1988, de 29 de julio, de Carreteras. 319

como conxunto da plataforma peonil unha anchura de polo menos tres metros, e as pertenzas, accesorios e características do camiño. En canto ás zonas de protección do ben mantén os parámetros zonas laterais de protección (ZLP) de tres metros a cada lado dende o límite exterior do camiño e a zona de protección da contorna (ZPC) 46 estendida a trinta metros no caso do BIC, mais xa non o réxime demanial. Despois de varios intentos de finalizar a delimitación entre 1995 e 1998, procedeuse de novo á delimitación oficial no período 2005-2009. Partindo de cero, defendéronse os conceptos de paisaxe cultural e do territorio histórico, e estableceuse unha metodoloxía en colaboración cun grupo de traballo. A partir de 2007 elaboráronse tanto estudos analítico-históricos como as propostas de delimitación do trazado e dos ámbitos de todas as rutas historicamente documentadas, con resultados en formato escrito e gráfico. Cabe destacar que, segundo os entrevistados, as Propostas non foron publicadas de forma permanente, por falta de establecer criterios claros para organizar os resultados nun único SIX do camiño. Esta metodoloxía materializouse na única proposta aprobada, a do camiño francés de 2008, mentres que a do Camiño de Oviedo ficou pendente da resolución de incoación (Amoedo e Nieto, 2013). Segundo Amoedo e Nieto (2013), despois do cambio de goberno en 2009, as delimitacións foron paralizadas ata o Ano Xacobeo de 2010, cando se retoma o caso do Camiño Francés e en 2011 se delimita oficialmente como territorio histórico, mais con certas peculiaridades. Os autores destacan que a delimitación é unha operación xurídica que non ten tanto unha natureza demanial, delimitando a titularidade, senón cultural. A base dunha decisión establécese no límite xeográfico dun valor, reestruturando as relacións internas e repartindo dereitos sobre este entre actores afectados. Segundo as Directrices, dita zona debe incluír todas as áreas e os atributos que sexan expresión tanxíbel directa do valor e as áreas que poidan contribuír á súa comprensión ou a investigación futura. Segundo un dos técnicos actuais, a Xunta comprende a delimitación como procura de ámbitos de protección máis ou menos razonábeis en función das afectacións e do control da administración, delimitando un compromiso entre a extensión real do valor e as consecuencias da súa delimitación para o xestor: para a Administración. Coas delimitacións oficiais (Táboa 2) cámbiase o réxime de clasificación do solo: do ordinario ao especial, significando consecuencias como concesión de licenzas pola administración local e non autonómica coa que son corrixidos os pequenos erros nas xuntanzas cos concellos. Cabe destacar que o Comité Asesor votou a favor das Delimitacións por unanimidade (Amoedo e Nieto, 2013). 46 Buffer zone ou zona de amortecemento ou de respecto ou zona tampón (Directrices, 2013). 320

Táboa 2. Datación da delimitación das rutas xacobeas en Galicia. Fonte: Elaboración propia, segundo a normativa autonómica Ano dos estudos e propostas de delimitación Ano da delimitación oficial Camiño Francés 2007 2011 e 2012 Categoría pola Lei 3/1996 delimitado como BIC conxunto histórico, territorio histórico coa ZPC Camiño norte do interior ou de Oviedo (antes Camiño primitivo) 2007 2012 Ben catalogado, territorio histórico Camiño Inglés 2008 2014 Ben catalogado, territorio histórico Camiño Norte, Ruta da costa (antes Camiño Norte) 2007 Incoación 2013 Ben catalogado, territorio histórico Tramos do CS do Norte, Portugués, Ruta da Prata e Camiño de Fisterra no Concello de Santiago de Compostela 2008 2013: Estudo da historicidade e proposta de delimitación deste e do Camiño de inverno 2013 variado Camiño Portugués Ben catalogado Camiño de Fisterra 2008 Ben catalogado Vía da Prata 2008 Ben catalogado Segundo un dos técnicos, para a identificación do trazado e delimitación do territorio histórico actualmente se adopta o método antropolóxico, eliminando o factor histórico. Considerando que a xente local constrúe a paisaxe cultural, sendo así a única autoridade para determinar por onde vai o camiño, favorécense conceptos de camiño cultural e de territorio cultural complementario, mais non igual ao territorio histórico. Xa que o cultural permite aceptar as dinámicas actuais, delimítase como proceso aberto coa participación social, primando o criterio da consolidación e función fronte á autenticidade histórica: primeiro a seguridade do camiñante, seguida dos valores patrimoniais e ambientais. Por outra banda, a parroquia o primeiro elemento de identidade da xente non é para o técnico o territorio do camiño. Malia considerar que os significados inmateriais chegan máis alá da paisaxe inmediata, e para facilitar a súa incorporación ao planeamento territorial local, aínda que patrimonialmente insuficiente, inténtase identificalos nunha franxa de 321

100 metros que se axeita aos criterios de ordenación territorial e límites xa existentes, complementados polos elementos físicos. As concas visuais considéranse útiles para a ZPC, mentres que os criterios de índole histórica déixanse atrás por non ser exactamente a función das Delimitacións, xa que, segundo el, o carácter dunha vía cultural non corresponde co concepto de territorio histórico que, ademais, non significa o mesmo que paisaxe cultural. Malia ser unha subcategoría de BIC e pertencer só ao Camiño Francés, como territorio histórico estanse a delimitar incluso as rutas catalogadas, sendo, segundo un experto entrevistado, unha das incongruencias da actual lexislación. Por outra banda, á hora de delimitar a súa ZPC, a Lei 3/1996 interpretouse literalmente, establecéndoa só para o itinerario francés. Mais, como expresou un dos técnicos, o itinerario cultural está máis alá do goberno autonómico, confirmando a necesidade dunha coordinación superior e colaboración transfronteiriza. Ademais, por ser cada BIC inseparable da súa contorna (Lei 8/1995), os usos das zonas de protección deben ser regulados polas administracións locais afectadas. Así, a Lei 3/1996 establece aprobar o Plan Especial de Protección e Promoción do Camiño de Santiago, que despois de vintedous anos da aprobación da lei aínda non existe. O técnico argumenta que é tanto pola falta da delimitación do camiño (hoxe xa catro anos delimitado) como por non definirse este novo tipo de plan (por referirse aparte da protección tamén á promoción) na dita lei. Finalmente cabe comparar a mencionada metodoloxía do Comité do ICOMOS co estado actual da xestión dos camiños en Galicia: A identificación global do camiño establécese na Lei 3/1996, mentres que os seus tramos están ata agora delimitados só para o Francés, de Oviedo e Inglés. Cabe destacar que por distintos motivos e intereses dos involucrados, as delimitacións convértense nun proceso conflitivo. O inventario dos bens incluído na memoria das delimitacións conta só co patrimonio material, maioritariamente construído, carecendo de bens territoriais ou inmateriais. ICOMOS diagnosticou varias veces o estado actual do Camiño Francés ata localizar 14 afectacións negativas (Amoedo e Nieto, 2013) 7 deles en Galicia e propoñelo en 2010 para a lista negra da UNESCO. A nivel autonómico, a Xunta inclúe nas memorias das Delimitacións o apartado Estado de conservación do camiño que abarca tanto unha análise da calidade percibida como do estado do pavimento. Desafortunadamente, nin a metodoloxía nin os criterios desta análise, utilizada tamén para outros camiños, están explicados. En canto a súa salvagarda, posterior á súa delimitación, a Xunta lanza en 2012 a Guía para a protección do Camiño de Santiago, de 322

carácter recomendatorio, para dirixir as actuacións nos territorios históricos dos camiños, co exemplo do Camiño Francés. Por outra banda, a obriga legal de elaboración dos plans especiais a nivel local non foi cumprida nin nun só caso. A Axencia acaba de lanzar o Plan Integral de Turismo de Galicia para o período 2014-2016 que se pode comprender como o requirido plan de promoción. Ademais, estase a redactar o Plan Director e Plan Estratéxico dos Camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia, o paso máis cara aos plans especiais. Finalmente cabe destacar que, malia ser fundado para coordinar as CC.AA. dos camiños, o Consejo Jacobeo enfócase principalmente ao beneficio do turismo nos Anos Xacobeos. A nivel autonómico, a Lei 3/1996, por ser ambigua, permite un amplo rango da súa interpretación polos xestores e afectados. Un resumo total das problemáticas identificadas aparece na Táboa 3. Táboa 3. Resumo da diagnose final das problemáticas existentes na xestión do Camiño de Santiago. Discordancias conceptuais Cumprimento débil dos requesitos da UNESCO (autenticidade e integridade) Ruta patrimonial (UNESCO) vs itinerario cultural (ICOMOS) Patrimonio cultural-natural-mixto vs paisaxes culturais e rutas patrimoniais Enfoque do itinerario cultural: turístico vs patrimonialista Multidimensión do camiño vs ruta de peregrinaxe Discordancias na normativa Protección patrimonial autonómica (Lei 3/1996): Camiño Francés=BIC vs restarntes rutas= bens catalogados Camiño Francés en Galicia=territorio histórico vs Camiño Francés en España=conxunto histórico Falta de integración dos conceptos de paisaxe e itinerario culturais á lexislación Lei 3/1996: menciona a Ruta do mar de Arousa (ruta non documentada) vs non menciona o Camiño de Inverno (ruta documentada) Falta da definición legal do Plan especial de protección e promoción Discordancias na xestión Insuficiente coordinación entre o Estado e as CCAA do Camiño Francés Insuficiente cooperación entre distintas CCAA dos camiños Consecuencias de falta da protección patrimonial adecuada do camiño nos anos 60 Proceso de delimitación oficial dos camiños Delimitación do territorio histórico: como un BIC (Camiño Francés) vs como zona de respecto (os restantes camiños) Delimitación do territorio histórico do Camiño Francés máis estreito Falta de plan de xestión Desorganización das propostas do período 2005-2009 Non publicación das propostas do período 2005-2009 Pouca accesibilidade interna ás propostas do período 2005-2009 323

Discordancias a nivel técnico Prevalecen criterios de planeamento territorial Falta de persoal técnico no Departamento da Cultura Falta dunha colaboración máis eficaz co IET 4. Conclusións Malia que en Galicia se avanzou bastante na protección do camiño nos últimos dez anos, a súa territorialización confórmase cun inventario do patrimonio construído. Para protexer o camiño integramente coma un todo, deben considerarse os seus tres compoñentes: o espazo, a poboación e os peregrinos, e a sinalización/delimitación. A correcta delimitación deste ben, abarcando valores territoriais e inmateriais, non só determina que territorio e poboación serán afectados, senón que debe identificar as súas dinámicas e relacións entre si, como ofrecen os conceptos de itinerario e paisaxe culturais. Os mencionados valores deben incluírse na promoción do camiño mediante o discurso da paisaxe galega. Territorializando o camiño podemos abarcar máis relacións perpendiculares a este eixe, enfocándonos así cada vez máis cara ao local. A falta da súa valoración máis alá dun recurso turístico debería ser un dos retos da Administración, xa que as obrigas que supón o réxime especial poden ser compensadas por novas posibilidades de aproveitamento sustentábel dun recurso milenario. É paradoxal que un ben caracterizado por un diálogo multicultural estea hoxe en día afectado negativamente por falta deste. Deben establecerse diálogos, tanto entre as CC.AA. afectadas, como entre a administración autonómica e local, incluíndo a educación patrimonial da poboación, cunha linguaxe común e accións exemplares. Cabe salientar que o criterio de distinción entre as institucións proteccionistas e turísticas cae coa xestión real de cada unha delas, xa que as normas específicas aínda non implican a xestión adecuada para aplicar a devandita normativa. Polo tanto, igual que á lexislación deberíase poñer atención aos instrumentos de xestión, como manuais e guías, acompañados por unha axeitada formación dos xestores ou consultoría permanente. E finalmente, o tema do presente traballo acada gran profundidade e abarca unha multitude de actores e enfoques. Sería interesante investigar casos concretos de itinerarios culturais fóra de España para estender a perspectiva de enfoques e xestións, como p. ex. o Camiño Inca en América Latina. 324