Intervención de posta en valor do conxunto parroquial de San Xoán de Fecha, Santiago de Compostela

Similar documents
Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Informe mensual do paro rexistrado

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

O relevo e as costas de Galicia

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Mapa de accidentalidade

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

Tiñamos constancia por Martínez Santiso da existencia do Cuartel do Reximento de

A máquina de escribir

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña)

Escavación, traslado e posta en valor do petróglifo de O Viveiro (Moaña, Pontevedra) INTRODUCIÓN 1

CASA POPULAR GALEGA TIPOLOXÍA

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

Youth Workshop/Taller de Jovenes

Informe sobre o antigo mosteiro de Nosa Señora das Donas, de Betanzos: características, evolución e estado actual do edificio

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

PLANO ESPECÍFICO DE INFRAESTRUTURAS DA PARROQUIA DE VERDUCIDO

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

Probas dos elementos internos do alternador

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

ARQUITECTURA DE TERRA EN GALICIA. Tapia na Terra de Lemos, Terróns na Alta Limia, Muros Entramados de Pallabarro en Verín, Cob no Baixo Miño.

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

3?5'-i. - Servicio Terciario: - Categoría Hospedaxe: grao lo en edificio exclusivo ou compatible co residencial e

RECURSOS E INSTRUMENTOS SOCIAIS

THE CENTRE FOR INTERPRETATION AS AN INSTRUMENT FOR HERITAGE AND DEVELOPMENT

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

P.E.P.R.I. Excmo. Concello de O Barco de Valdeorras PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR DO CASCO ANTIGO ANEXO ENQUISA A FAMILIAS

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Absorbentes solo aceites

Notas para o estudo das primeiras arquitecturas industriais na Estrada

PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE...

POBOACIÓN LOCAL E AREAS PROTEXIDAS EN NAMIBIA. PERCEPCIÓN SOBRE OS EFECTOS NA SALAMBALA CONSERVANCY.

súa historia: Dos almacéns documentais ás bibliotecas escolares

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

Continuamos sacando á luz a obra

TÚMULO 5 DE TORNO DOS MOUROS (ORTIGUEIRA, A CORUÑA). PRIMEIROS RESULTADOS

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

Reuista de Arqueoloxía e Antigüidade Departamento de Historia I Uniuersidade de Santiago de Compostela

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

ESAITP ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

2. LA REHABILITACIÓN URBANA DE DOS CENTROS HISTÓRICOS: VIGO Y SANTIAGO DE COMPOSTELA 1

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

ECONOMÍA APLICADA 13

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros

Programación de proba libre de módulos profesionais

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Territorios a examen III. Territorios a exame III

Túmulos prehistóricos dos concellos de Neda, Fene, Mugardos e Ares (A Coruña)

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Contribución á carta arqueolóxica da Península do Barbanza: dezasete petroglifos e unha mámoa -inéditosdo Concello de Porto do Son (A Coruña)

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REHABILITACIÓN

VIOLENCIA RURAL INTERCOMUNITARIA NO SUESTE DE GALICIA. UN CASO CONCRETO: MOIALDE CONTRA SAN PEDRO DE POUSADA

Os castros do concello de Oleiros

Informe sobre: Concello de Teo

Welcome to Greenman and the Magic Forest

OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

A paisaxe patrimonial en Pena Furada

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

Comprising more than 1,200 hectares, the fields and meadows around the Country House in Córdoba are used in a harmonious and diverse way.

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

Wildlife and Vegetation Fauna y Vegetación

Á Mesa do Parlamento

Mensual independente da Ulloa Ano 7. Nº 77. Setembro O instituto de estudos ulloáns recibe o Premio Son d Aldea 2018

Plan Especial de Reforma Interior APR A Vigo Iniciativa do Concello de Vigo. Documento de Inicio AAE Agosto 2009

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

O PAPEL DA EMPRESA PÚBLICA INDUSTRIAL NO DESENVOLVEMENTO REXIONAL

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

ESTUDO DESCRITIVO DO SECTOR DO TRANSPORTE INTERNACIONAL DE MERCADORÍAS POR ESTRADA EN GALICIA

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

76 praias galegas teñen alto risco de sufrir inundacións

Escola Superior Gallaecia Mestrado integrado em Arquitectura e Urbanismo Dissertação - Tema sobre Urbanismo

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Visita de Estudo TERRA CHÁ. ÁREA DE COLONIZACIÓN. 29 Marzo, 2006 PROXECTO: RESUMO. Future Approaches to Land Development

MANUAL DE FARMACIA CLINICA Y ATENCION FARMACEUTICA. EL PRECIO ES EN DOLARES BY JOAQUIN HERRERA CARRANZA

Tourism planning, promotion and environmental sustainability: the case of Spain

PRÁCTICAS HOTELEIRAS NA XESTIÓN DE CRISE POR CATÁSTROFES: O CASO DE GALICIA

PROPOSTA DE MEMORIA AMBIENTAL

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

Transcription:

Revista de Rehabilitación Arquitectónica Architectural Restoration Journal Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica Universidad de A Coruña Intervención de posta en valor do conxunto parroquial de San Xoán de Fecha, Santiago de Compostela Enhancement intervention of the parish set of San Xoán de Fecha, Santiago de Compostela Mónica Abelleira Seoane Arquitecta Técnica e Mestrado en Rehabilitación Arquitectónica pola UDC monika.abelleira@gmail.com 1. Adro do conxunto parroquial de San Xoán de Fecha Tracería - Revista de Rehabilitación Arquitectónica ISSN 2444-9547 http://bit.ly/traceria N 3 (2017) Páginas 15-22 Fecha de recepción 31.10.2017 Fecha de aceptación 22.11.2017 Resumo O conxunto parroquial de San Xoán de Fecha, situado no limite norte da parroquia de Santiago de Compostela, no lugar de A Igrexa, é un claro exemplo de arquitectura relixiosa rural. Destaca a casa reitoral, en ruínas, co o seu singular cargadoiro e o pombal anexo. A finalidade desta intervención é a posta en valor do coxunto parroquial e a súa contorna, xenerando novos usos estreitamente ligados coa preservación e divulgación das potencialidades do lugar. Coa rehabilitación da casa reitoral e a as actuacións nos espazos púbricos, perséguese dotar aos veciños de novas zonas de xuntanza e que ao mesmo tempo se convertan nun foco de atración de visitantes. Palabras clave Conxunto parroquial, casa reitoral, rehabilitación. ANÁLISE PREVIA San Xoán de Fecha é unha parroquia rural situada no límite norte do Concello de Santiago. O conxunto parroquial atópase no lugar de A Igrexa, a veces chamado equívocamente Fecha. A Igrexa é un pequeno núcleo rural illado que se encontra ao marxe esquerdo do río Tambre, onde este delimita o concello de Santiago e o de Trazo. Ao lugar de A Igrexa accédese por unha estrada que só chega ata este núcleo rural máis ao veciño de Vilar do Rei (Fig. 3-a). De camiño ao lugar de A Igrexa destaca a presenza do petrogrifo da Pedra que Fala (fig. 3-b), Abstract The parish set of San Xoán de Fecha, placed in the north limit of the parish of Santiago de Compostela, in the place of A Igrexa, is a clear example of rural religious architecture. Highlights the rectory house, in ruins, with its singular loading dock and the annex dovecote. The purpose of this intervention is enhance the value of the parish as a whole and its surroundings, generating news uses that are closely linked to its preservation and the disclosure of the local potentials. With the rehabilitation of the rectory house and the performances in the public places, the aim is provide the neighbors of new places of meeting and that at the same time they become a focus of attraction for visitors. Keywords Parish set, rectory house, rehabilitation. un dos vestixios xunto co Castromaior da presenza temprá do home nestas terras. Esta é unha zona con solo de orixe granítico, como observamos na presenza de penas e bolos na contorna. O núcleo rural sitúase aproveitando a topografía existente, sobre un aterrazamento a media ladeira onde se atopan os prados e terreos de cultivo que permitiron o asentamento no lugar, xunto coa gran presenza de auga con numerosos regatos que discorren cara o río Tambre. Aproveitando o encaixamento do río neste punto construíuse xa a comezos do século XX unha Central Hidroeléctrica (fig. 3-c). Tracería - Revista de Rehabilitación Arquitectónica n 3 (2017) 15

c a b 2. Situación de o lugar de A Igrexa, no Concello de Santiago de Compostela 3. Fotografía aérea do emprazamento de A Igrexa, San Xoán de Fecha e d a c b 4. Fotografía aérea do lugar de A Igrexa, San Xoán de Fecha 5. Lavadoiro na entrada á aldea 6. Camiño de acceso ao conxunto parroquial 7. Fachada principal da casa reitoral co pombal anexo O lugar de A Igrexa é un asentamento con estrutura tipo pechada, con casas agrupadas entorno ao espazo central que constitúe o conxunto parroquial, formado polo recinto murado (o adro) coa igrexa, o cruceiro e o cemiterio no seu interior, maila casa reitoral que se atopa enfronte. So existe unha pequena estrada de acceso á aldea (fig. 4-a), e ao chegar case o primeiro que nos atopamos de fronte é o lavadoiro, nunha zona con boas vistas que nos permiten desfrutar da paisaxe da contorna (fig. 4b). Seguimos o recorrido polo lugar entre casas, alpendres e cubertos ata que divisamos o conxunto parroquial. Dentro do adro (fig. 4-c) atópanse a igrexa, o cruceiro, o cemiterio e tamén unha pequena 16 edificación auxiliar medio derruída coñecida como a Casa dos Mortos, a cal daba servizo ao cemiterio. En fonte do adro sitúase a casa reitoral (fig. 4-d), que se encontra en ruínas, destacando na súa fachada o gran dintel con moldura de arco conopial e inscrición con data de 1584, e mailo singular pombal anexo de planta cadrada. Entre o adro e a casa reitoral existe un espazo con grandes afloramentos de granito. E se continuamos o noso recorrido, adentrámonos no núcleo rural, cun gran valor etnográfico (fig. 4-e). A partires deste lugar só parten pequenos camiños que nos levan polos montes e campos da aldea, como o Camiño do Rodeiro, o do Bustelo, o das Lavandeiras ou o da Fábrica. Tracería - Revista de Rehabilitación Arquitectónica n 3 (2017)

O valor histórico dos conxuntos parroquias é indubidábel, por ser o espazo de socialización do rural, lugar de xuntanza e centro das parroquias. A igrexa de san Xoán de Fecha foi reconstruída case na súa totalidade no século XVIII, pero na parte leste do adro, detrás da igrexa, atopamos unha zona pavimentada con antigas lápidas medievais, o que demostra a súa existencia séculos atrás, polo menos desde o século XVI como indican os libros de Fábrica consultados e a inscrición do cargadoiro da casa reitoral. O ÁMBITO DE INTERVENCIÓN Trala análise previa realizada, establécese a necesidade de definir un ámbito de intervención onde concentrar as propostas para a súa posta en valor. A delimitación desta área non implica que non se poidan realizar actuacións fóra do mesmo, senón ao contrario, xa que os novos usos propostos están estreitamente ligados coa preservación e divulgación das potencialidades do lugar. Ademais do propio conxunto parroquial, non se entendería a intervención sen actuar tamén na súa contorna. Por esto inclúense no ámbito novos espazos públicos como o entorno do lavadoiro, na zona de entrada a aldea, xunto coa carballeira do Bustelo. Tamén se inclúe a zona libre existente entre o adro e a casa reitoral xunto coa Horta do Cura, integrándose na proposta da propia casa reitoral e vinculando o uso das mesmas. 8. Cargadoiro da porta principal da casa reitoral O lugar de A Igrexa mantén a súa morfoloxía case intacta dende 1956, so apreciándose cambios notables na contorna, con gran diminución dos prados e campos de cultivo e o aumento do monte. Esta alteración da paisaxe é consecuencia da perda e avellentamento da poboación, e o conseguinte abandono das actividades agrícolas e gandeiras tradicionais no medio rural. Este avance do monte pero sobre todo a falta de mantemento dos mesmos, provoca que se convertan nun polvorín en caso de incendio. Algo que xa ocorreu en varias ocasións, pero con maior intensidade o pasado ano 2016, cando o avance do lume cercou ao núcleo rural e os veciños tiveron que ser desaloxados. Estas situación pon en evidencia o abandono do monte pero principalmente o perigo que poden chegar a correr os veciños, nunha aldea illada e cunha soa estrada de acceso. AS POTENCIALIDADES DO LUGAR Polo tanto, o lugar de A Igrexa ten unhas potencialidades que se deben poñer en valor na proposta para a súa intervención, como son: a excepcionalidade do seu valor ambiental, o cal aporta un plus de calidade ao lugar; o seu alto valor paisaxístico, debido ao gran desnivel e ao encaixamento do río neste punto permitindo perspectivas amplias sobre o val; e tamén o interese etnográfico tanto do propio conxunto parroquial como exemplo de arquitectura relixiosa rural, como das vivendas que compoñen o núcleo rural xunto coas construcións adxectivas. ESTADO ACTUAL O ADRO E A IGREXA Tanto a igrexa como o recinto relixioso atópanse en un estado de conservación regular, anque seguen sendo empregados para o seu uso relixioso. Fai tempo que a igrexa deixou de ser o templo parroquial, pasando a selo a veciña igrexa de Lamascal debido a súa situación más céntrica na parroquia e a súa mellor comunicación co resto de aldeas. O estado actual da igrexa é bo en xeral, excepto por algunha sucidade e mofos na fachada e o envellecemento da cuberta. No seu interior, aprécianse algunhas lesións leves na estrutura de madeira da tribuna. O adro ou recinto murado arredor da igrexa tamén se atopa nun estado de conservación bo, sen contar coa construción auxiliar do cemiterio que pola contra se encontra en ruínas e en desuso. A CASA REITORAL A casa reitoral de San Xoán de Fecha deixou de exercer a súa función na década de 1960, momento no que o derradeiro párroco que residiu nesta vivenda finou e a casa pasou a estar deshabitada. Dende ese intre a casa quedou abandonada e o tempo pasou inevitablemente por ela, sen ningún arranxo por parte dos propietarios. Na actualidade a casa atópase na ruína total, conservando unicamente os seus muros de fábrica de granito, coa estrutura interior e a cuberta derrubada, cos conseguintes escombros no seu interior e invadida pola maleza. Tracería - Revista de Rehabilitación Arquitectónica n 3 (2017) 17

9. Ámbito de intervención 18 10. Construción auxiliar do cemiterio 11. Cemiterio na zona sur do adro 12. Vista da casa reitoral dende o campanario 13. O camiño do Rodeiro Tracería - Revista de Rehabilitación Arquitectónica n 3 (2017)

O pombal correu a mesma sorte que a casa reitoral e encóntrase en estado de ruína, sendo abandonado incluso antes que a vivenda. O seu estado xeral é peor que o da casa reitoral, xa que ademais de non dispor de cuberta sufriu o derrube parcial dos seus cerramentos. A CONTORNA Os poucos habitantes e o avellentamento desta poboación, o abandono da explotación tradicional do medio rural, así como o esquecemento por parte das Administracións, xera unha falla no mantemento da contorna dos núcleos, labor que tradicionalmente levaban a cabo os veciños da aldea. Deste xeito, lugares que noutros tempos eran puntos de xuntanza dos veciños (coma fontes, lavadoiros ou corredoiras), nestes días están absorbidos pola vexetación e nalgún caso nen se pode acceder a eles. O LEVANTAMENTO GRÁFICO O seguinte paso consisteu en realizar o levantamento gráfico, base do traballo e parte fundamental para a súa posta en valor, xa que se aporta unha documentación inexistente ate o momento. O método empregado foi a fotogrametría 3D, con apoio de puntos de control tomados coa estación total láser (GPC s). Con este método creouse un modelo 3D do exterior do templo, xerando unhas ortofotos da construción, tanto en planta como de tódolos alzados, que nos permitiron realizala planimetría do seu estado actual. Na casa reitoral só se puido realizar a toma de fotografías da fachada principal, tamén a máis importante da construción, xa que é a única accesíbel pola maleza que a rodea. O acceso ao interior da casa reitoral é moi complicado e algo perigoso, pero puideron obterse as medidas necesarias para completar o levantamento. PROPOSTA DE INTERVENCIÓN O ADRO E A IGREXA Como parte principal do conxunto parroquial, non podemos esquecer ao adro na nosa intervención. O muro é un elemento clave, xa que delimita o espazo sagrado. Proponse a súa consolidación e recuperación, coa posta en valor de pezas singulares que o 14. Levantamento gráfico do interior da igrexa 15. Alzados do estado actual da igrexa 16. Levantamento gráfico do interior da casa reitoral 17. Alzados traseiro e principal da casa reitoral Tracería - Revista de Rehabilitación Arquitectónica n 3 (2017) 19

compoñen. Tamén se propón un novo pavimento que facilite o acceso á igrexa, con pequenas lousas que discorren polo adro entre os afloramentos de granito, o cruceiro e a lápida da entrada. A antiga Casa dos Mortos seguirá a ser unha edificación auxiliar do adro, rehabilitandoa para o seu uso como espazo de almacenaxe para a igrexa e o cemiterio. Por último intervirase nos pavimentos do cemiterio, prestando especial coidado a limpeza e posta en valor do pavimento na parte detrás da igrexa, formado por antigas lápidas. Na igrexa, como xa mencionamos no estudo patolóxico, a intervención máis urxente é a substitución do sistema actual de acceso ao campanario, recuperando a volumetría orixinal do templo. Xunto con este novo sistema de acceso, levaranse a cabo a reparación dos elementos de madeira afectados polas filtracións. Tamén se detectan lesións derivadas de humidades de condensación no seu interior, algo entendible pola escasa ventilación actual do templo e o seu uso moi ocasional. Por isto proponse un sistema de carpintarías de madeira con vidros solapados que melloran a ventilación do templo. A CASA REITORAL A intervención na casa reitoral será a peza clave para a posta en valor do conxunto, cun novo uso que permita crear un espazo de reunión para os veciños e ao mesmo tempo sexa un espazo que atraia visitantes ao lugar. Isto, xunto coas potencialidades da contorna xa mencionadas, lévanos a propoñer o seu uso como Aula da natureza. Así, na zona de cadras situamos un local veciñal, e ao mesmo tempo zona de descanso para visitantes. Entrando pola porta principal, situase o mostrador de recepción e un punto de información do lugar e a súa contorna, así como o núcleo de comunicacións vertical. No quinteiro atopamos os aseos e máis un pequeno armario de instalacións. Na planta alta, accedemos a unha sala de exposicións, que comunica con outra estancia convertida en sala polivalente, xa que permite o seu uso como sala de exposicións complementario, ou como sala de conferencias, de 18. Proposta de intervención no adro 19. Esquema de intervención proposta na igrexa 20. Proposta de rehabilitación da casa reitoral 21. Alzados traseiro e principal da casa reitoral trala proposta 20 Tracería - Revista de Rehabilitación Arquitectónica n 3 (2017)

proxección de documentais, etc. No pombal os criterios de intervención baséanse na súa consolidación e reconstrución, empregando os elementos que se atopan derruídos no lugar. O criterio a seguir na intervención das fachadas da casa reitoral, e non alterar a súa imaxe orixinal, polo que non se abre ningún novo oco e préstase especial atención ao deseño das carpintarías. Así, as portas son de madeira de dobre folla horizontal e nas bufardas da planta baixa disporánse vidros sen marco polo seu interior. Nas ventás de planta alta aplicarase a solución proposta nas fichas do Manual de recomendacións para a rehabilitación de vivendas en Galicia, editado polo IGVS, según a cal consérvase o sistema tradicional de carpintarías de madeira enrasadas ao exterior, mantendo a estética da fachada, e substitúese a contraventá interior por unha ventá de madeira con mellores prestacións térmicas e que incorpore as contras de madeira. PROPOSTA NA CONTORNA E OS ESPAZOS PÚBLICOS Como xa se mencionou, a proposta de intervención non tería sentido se non estendera tamén a contorna do lugar de A Igrexa e os seus espazos públicos. Polo tanto, realizamos unha proposta de intervención sobre os pavimentos do núcleo rural, diferenciando as zonas segundo o tráfico que soportan: así temos a estrada de acceso á aldea, con tránsito principalmente de vehículos, diferenciada do espazo entre as vivendas, onde convive o tráfico rodado co peonil, con preferencia dos peóns. Créanse novas beirarrúas e un espazo de aparcadoiro, e non nos esquecemos dos camiños e corredoiras, que se limparán e consolidarán. Tamén destacar que na proposta se inclúe un sistema de recollida de pluviais, mediante rígolas que canalizan esta auga de choiva ata regatos xa existentes. Respecto aos novos espazos públicos propostos no núcleo rural, comezaremos falando do entorno do lavadoiro. Considerase o lavadoiro unha peza clave do núcleo rural, polo que é necesaria a súa posta en valor, substituíndo a actual cuberta de formigón por un novo sistema mais axeitado, que sen ocultar a modernidade da actuación se integre no conxunto. Tamén se 22. Proposta de pavimentos no núcleo rural de A Igrexa e a súa contorna 23. Proposta de intervención no espazo do lavadoiro 24. Nova praza entre a casa reitoral e o adro Tracería - Revista de Rehabilitación Arquitectónica n 3 (2017) 21

incorpora a este espazo a carballeira existente como espazo de mirador e descanso. O seguinte punto da proposta para este espazo é aproveitar a súa situación na entrada do pobo para crear un aparcadoiro. Isto evitará a presenza continua de vehículos estacionados entre as vivendas do núcleo rural, facilitando tamén a chegada de novos visitantes. O pavimento empregado no aparcadoiro é permeábel e permite crecer a vexetación entre o mesmo, o que evita o efecto de dureza que suporía un pavimento continuo dunha superficie tan grande. E por último, proponse a creación dunha nova praza A Praza do Cura, no espazo libre entre a casa reitoral e o adro. Na actualidade os veciños xa empregan este lugar para pequenas celebracións como a noite de san Xoán. Diante da casa disponse un novo espazo adoquinado, aproveitando a zona con menos desnivel entre a vivenda e o muro de contención existente. Este espazo exténdese por diante de toda a construción, incluso o pombal, e polo parte sur da vivenda conectando coa Horta traseira. Para facilitar o acceso a esta praza disporase unha pasarela de madeira, cunha pendente accesible, e que respecte os afloramentos de granito existentes, pousándose sobre os mesmos e permitindo a reversibilidade da actuación. Do mesmo xeito, as escaleiras plantexadas en puntos estratéxicos, seguirán o mesmo criterio de non alterar os bolos graníticos do terreo, parecendo pousarse sobre o terreo. CONCLUSIÓNS Finalmente, e tralo estudo realizado sobre o conxunto parroquial de San Xoán de Fecha e a súa contorna, chegamos as seguintes conclusións: A importancia de realizar o levantamento gráfico do lugar, sendo a base do traballo e aportando unha documentación inexistente ata o momento que permitirá estudar a evolución do conxunto. A necesidade de preservar os núcleos rurais como o do lugar de A Igrexa, a súa natureza, a paisaxe, o patrimonio construído e a súa forma de vida xunto coa toponimia do lugar, como parte da nosa cultura. O alto valor ambiental que caracteriza a contorna, pero tamén a súa fraxilidade, polo que debemos actuar reducindo o risco de incendio e fomentando a volta a vida no rural. Para a posta en valor do conxunto parroquial proponse a rehabilitación da casa reitoral, dotándoa de un novo uso que permita ao mesmo tempo ser lugar de encontro para os veciños e foco de atracción para novos visitantes. Bibliografía 1. Caamaño Suárez, Manuel. As construcións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfco de Galicia. (Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, 2003). 2. Fernández Madrid, Joaquin, et al., Rehabilitar: Manual de recomendaciones para la rehabilitación de viviendas en Galicia (Santiago de Compostela : Instituto Galego de Vivenda e Solo, 2017). 3. Sánchez Pardo, Jose Carlos. Las iglesias rurales y su papel en la articulación territorial de la Galicia medieval (SS. VI-XIII) (Mélanges de la Casa de Velázquez, 40-1, 2010), 149-170. Procedencia de las ilustraciones Figs. 1, 5, 6, 7, 8, 10, 11, 12 e 13. Fotografías realizadas pola autora entre febreiro e decembro do 2016. Fig. 2. Folla nº9 da colección Cartografía de Galicia escala 1:100.000; fonte: mapas.xunta.es/visores/descargas Fig. 3. Ortofotografía do PNOA, vos dos anos 2010-2011 (Folla: 0094A-0702); fonte: mapas.xunta.es/visores/descargas Fig. 4. Fotografía aérea do lugar de A Igrexa; fonte: mapas.xunta.es/visores/descargas Figs. 9, 14, 15, 16 e 17, Planimetría do estado actual, realizada pola autora. Figs. 18, 19, 20, 21, 22, 23 e 24. Planimetría da proposta de intervención, realizada pola autora. 22 Tracería - Revista de Rehabilitación Arquitectónica n 3 (2017)