Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

Similar documents
Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA


DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

TFG Grao en Lingua e Literatura Inglesas

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

TFG Grao en Lingua e Literatura Españolas

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

DATOS IDENTIFICATIVOS

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

MEMORIA PARA LA PROPUESTA DE PROGRAMA DE DOCTORADO EN CIENCIAS DE LA SALUD

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

XANEIRO - SETEMBRO 2018

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Lingua Inglesa 1 GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO. Francisco Javier Fernández Polo Mario Cal Varela JoDee Anderson

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

Programación de proba libre de módulos profesionais

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA INGLES. RESTAURACIÓN HOTR043PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS

Mapa de accidentalidade

Á Mesa do Parlamento

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Departamento de Musicoloxía

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

O relevo e as costas de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

' 11. De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de febreiro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

Federación Galega 16 DE MARZO Confrarías DE 2015 (13/12/2016) DA LEI 39/2015 DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

Consello de Goberno Acordos da reunión do 17 de febreiro de 2005

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

Transcription:

Escola Universitaria de Arquitectura Técnica Regulamento dos Traballos de Fin de Grao. Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC. EU de Arquitectura Técnica de A Coruña. (Segundo Modelo de regulamento dos TFG nos títulos de grao da Universidade da Coruña aprobado polo Consello de Goberno do 22 de xullo de 2011). (Aprobado en Xunta de Centro do 21 de setembro de 2012). Exposición de motivos. O Real decreto 1393/2007 1 establece no artigo 12.3, situado no capítulo 3, que se dedica ás ensinanzas oficiais de grao, que «estas ensinanzas concluirán coa elaboración e defensa dun traballo de fin de grao». No artigo 12.7 engádese que «o traballo de fin de grao terá entre 6 e 30 créditos, deberá realizarse na fase final do plan de estudos e estar orientado á avaliación de competencias asociadas ao título», sen se recoller ningunha outra disposición sobre o proceso de elaboración e avaliación que, en consecuencia e no exercicio da súa autonomía, deberá ser regulado por cada universidade. A modificación efectuada mediante o Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, sobre o Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, establece no último parágrafo do apartado 2, do artigo 6: "en todo caso non poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes aos traballos de fin de grao e máster". Para estes efectos, as Directrices para a elaboración de propostas de títulos de grao na UDC 2 especifican o seguinte sobre a fase final dos estudos na línea 9 do artigo 3.2, que trata a organización das ensinanzas de grao: «Traballo de fin de grao: os plans de estudos de grao deberán incluír entre 6 e 30 créditos destinados a realizar un traballo de fin de grao na fase final do plan de estudos, unha vez superados, cando menos, un total de 180 créditos, incluídos todos os da primeira metade. En cada plan de estudos, coa supervisión académica do centro correspondente, establecerase a forma de realización, a titorización e os procedementos de avaliación do dito traballo, que deberá orientarse á avaliación das competencias asociadas ao título.» Página 1

O Estatuto do estudante universitario 3 establece no artigo 27: «Os proxectos de fin de carreira, traballos de fin de grao e mestrado, así como as teses de doutoramento, rexeranse pola súa normativa específica». Así mesmo, nas epígrafes g) e h) do artigo 8 sinálanse os dereitos específicos dos estudantes de grao en relación co traballo de fin de grao; e no artigo 30 o dereito á revisión das cualificacións. A Orde ECI/3855/2007, do 27 de decembro, BOE 29 de decembro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios que habiliten para o exercicio da profesión de Arquitecto Técnico, no apartado 5 do seu anexo, planificación das ensinanzas, establece: "Os títulos a que se refire o presente acordo son ensinanzas universitarias oficiais de Grao, e os seus plans de estudos terán unha duración de 240 créditos europeos aos que se refire o artigo 5 do mencionado Real Decreto 1393/2007, do 20 de outubro. O plan de estudos deberá incluír, como mínimo, os seguintes módulos: Módulo: Proxecto Fin de Grao.- N.º de créditos europeos: 12.- Competencias que deberán adquirirse: Presentación e defensa ante un tribunal universitario dun proxecto de fin de grao, consistente nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas". Obtida a verificación polo Consello de Universidades do plan de estudos do Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC, logo de informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e acordado o carácter oficial do título polo Consello de Ministros do 30 de outubro de 2009 (publicado no «BOE» do 5 de xaneiro de 2010 por Resolución do Secretario de Estado de Universidades do 13 de novembro de 2009), este foi publicado por Resolución da 1 de febreiro de 2011, da Universidade da Coruña, BOE do 16 de febreiro de 2011. Na memoria de verificación considérase a materia Proxecto de Fin de Grao. Neste contexto, e coa finalidade de unificar os criterios e procedementos para garantir unha actuación homoxénea á hora de planificar e avaliar os Traballos de Fin de Grao (en diante TFG) deste Centro, resulta conveniente establecer as seguintes normas de carácter xeral. 1. Obxecto e ámbito de aplicación. 1.1. Este regulamento contén as directrices relativas á definición, realización, defensa, cualificación e tramitación administrativa dos TFG marcados no plan de estudos do Grao en Enxeñaría de Edificación, de acordo coas Directrices para a elaboración de regulamentos relativos ao traballo de fin de grao nos graos da UDC, aprobadas polo Consello de Goberno de 22 de xullo de 2011. Será publicado no web do centro. 1.2. O contido deste regulamento complétase co resto de regulamentacións e procedementos da UDC que se atoparen en vigor e que se referiren, entre outros aspectos, ao sistema de avaliación, ao recoñecemento e á transferencia de créditos, así como á mobilidade de estudantes. 1.3. A Xunta de Centro determinará cal é o órgano ou a Comisión do Centro competente na xestión dos TFG ou, no seu caso, elixirá unha Comisión cuxa función principal será a de xestionar todo o proceso relativo aos TFG e asegurar a aplicación Página 2

deste regulamento. 1.4. Os TFG do Grao en Enxeñaría de Edificación rexeranse polo disposto na Orde ECI/3855/2007, do 27 de decembro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Arquitecto Técnico, que sinala os requisitos para a verificación do correspondente título, sen prexuízo da aplicación con carácter subsidiario deste regulamento. 2. Natureza e características do TFG. 2.1. O TFG supón a realización dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión dun ou máis directores. É un traballo persoal e autónomo do estudante cuxa elaboración poderá ser individual ou excepcionalmente conxunta, debendo presentarse e defenderse ante un tribunal universitario, de forma individual e pública. Cando diferentes estudantes traballen nun proxecto global de maior envergadura, cada estudante farase responsable dunha parte do proxecto. Esta modalidade farase constar na proposta de TFG, indicando claramente que parte é responsabilidade de cada estudante, deberá estar avalada polo director/ do TFG, e deberá ser autorizada pola Comisión sinalada no artigo 1.3. Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao. 2.2. O TFG deberá estar orientado a se aplicaren as competencias xerais asociadas ao título. En concreto, a capacitar para a busca, xestión, organización e interpretación de datos relevantes da súa área de estudo co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo. Especificamente, deberá orientarse á integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas, previstas na Orde ECI/3855/2007, do 27 de decembro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Arquitecto Técnico. 2.3. A UDC establece que os plans de estudos de grao deberán incluír entre 6 e 30 créditos destinados a realizar un traballo de fin de grao na fase final do plan de estudos, unha vez superados, cando menos, un total de 180 créditos, incluídos todos os da primeira metade, sen prexuízo do establecido na correspondente memoria do título verificado. Neste centro as condicións académicas para que o TFG poida ser defendido e avaliado figuran no Anexo I deste regulamento. 2.4. O TFG non ten a natureza dun traballo investigador. Con todo, a titularidade dos dereitos de propiedade intelectual, se for o caso, corresponderá a quen o realizar según queda recolllido no apartado h) do artigo 8 do RD 1791/2010 do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do estudante universitario salvo que se establecer doutra maneira no documento de asignación do TFG que cada estudante debe asinar, nos termos e coas condicións previstas na lexislación vixente. Página 3

2.5. O tema de que for obxecto o TFG, tanto no seu nivel como na súa extensión e os seus obxectivos, deberá posibilitar que o/a estudante o realice no número de horas equivalentes aos créditos ETCS asignados a este traballo no plan de estudos, e coa duración que alí se establece. O Centro velará mediante os mecanismos de coordinación existentes no Grao e a comisión sinalada no artigo 1.3 por que isto se cumpra e, en consecuencia, poidan alcanzarse as taxas de eficiencia, éxito e graduación a que fai referencia a memoria do grao. 3. Dirección académica do TFG. 3.1. O TFG será dirixido por un membro do profesorado con docencia no plan de estudos do Título de Grao. Tal profesor/a será responsable de: a) Expoñerlle ao estudantado cuxa titoría exerza as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento; b) Realizar un seguimento da elaboración do TFG e velar polo cumprimento dos obxectivos fixados; c) Autorizar a presentación e defensa do TFG, dentro das condicións académicas establecidas polo Centro; d) Intervir no proceso de avaliación continua do traballo, de acordo coas condicións establecidas polo Centro. 3.2. O TFG poderá ser dirixido por máis dunha persoa. Nese caso, deberá xustificarse obxectivamente este feito e deberá ser aprobado pola Comisión encargada, e cando menos unha delas deberá ser un membro do profesorado que imparte docencia no plan de estudos do Título de Grao. Se no marco dun convenio de prácticas o estudante ten que desenvolver parte do TFG ou a súa totalidade noutro organismo distinto á UDC, unha das persoas que dirixa o traballo poderá pertencer a esa entidade, co fin de que colabore na definición e o desenvolvemento do TFG, debendo sempre ser aprobado este feito pola comisión encargada. 4. Oferta de temas dos TFG e asignación de dirección. 4.1. Os temas ou as liñas dos TFG e os directores correspondentes proporanse de xeito razoado. Tal proposta será remitida á Dirección do centro desde os Departamentos a que este lles fixer o encargo dos TFG. Os estudantes que cumplan os requisitos para a realización do TFG poderán propoñerlles aos Departamentos temas ou liñas para que sexan incorporados na súa oferta. Nese caso, os Departamentos incluiranas no documento que remitan ao Centro, indicando, como mínimo, os temas ou liñas aprobadas, o estudante ou estudantes que as desenvolverán, e o seu director ou directores. 4.2. Recibida a Oferta dos Departamentos, a Comisión a que se refire o artigo 1.3 deste regulamento aprobará e fará pública unha listaxe cos temas pendentes de asignación así como co número de estudantes que poden escoller cada tema e os criterios de asignación. A devandita listaxe garantirá un número de direccións suficiente para a totalidade dos estudantes matriculados no TFG. Página 4

4.3 Unha vez finalizados os pasos anteriores, a Comisión preparará unha proposta de asignación provisional, para o cal convocará ao estudiantado matriculado no TFG a un acto para completar a asignación dos temas ou liñas e directores segundo a listaxe publicada. No devandito acto, con orde de preferencia establecida tomando como criterio o expediente académico, o estudante escollerá o tema e director da listaxe publicada. En calquera caso, respectarase o principio de igualdade, mérito e capacidade, así como as opcións manifestadas polo profesorado implicado en dita listaxe. 4.4. Coa publicación da proposta provisional establecerase un período de reclamacións. Resoltas estas, o órgano competente publicará unha listaxe definitiva. Calquera modificación posterior terá que efectuarse de común acordo entre o alumnado e o profesorado afectado, e en calquera caso sempre que a Comisión o autorizar e publicar. 4.5. Unha vez que a asignación de tema ou liña e director do TFG sexa definitiva, o estudante deberá presentar no prazo indicado ante a Dirección do Centro un documento de Esquema de Traballo de Fin de Grao, autorizado polo seu director, segundo modelo estipulado, no que se recollerán, como mínimo, as liñas xerais do traballo, os obxectivos a acadar e o título do mesmo. O Esquema presentado ten carácter vinculante, polo que non poderán introducirse cambios, ampliacións ou reduccións que alteren o seu contido sen que existan causas xustificadas apreciadas polo director do TFG que deberán ser validadas pola Comisión encargada. 4.6. a) O TFG do Grao en Enxeñaría de Edificación está asignado no plan de estudos ao segundo cuadrimestre. Se o alumnado realizase a matrícula no período ordinario, o prazo límite para lle remitir ao Centro os temas e directores que se indican na epígrafe 4.1, é o 30 de setembro. O prazo límite para publicar a listaxe da epígrafe 4.2 é o 30 de outubro. O procedemento completo deberá estar rematado antes do 30 de novembro. Se o alumnado se matricula no período de ampliación da matrícula, no mes de febreiro, os procedementos establecidos nas epígrafes 4.1, 4.2 e 4.3 deberán estar finalizados antes do 30 de marzo. b) Sempre e cando o centro o estimar oportuno en función da súa organización docente, aínda que o TFG estea asignado ao segundo cuadrimestre, se a superación deste traballo supón o remate dos estudos, o alumnado poderá defendelo no período establecido para a primeira oportunidade do primeiro cuadrimestre e, de ser o caso, na oportunidade de xullo. Para isto o alumnado deberá facer a correspondente solicitude, avalada polo/a director/a do TFG, ante a comisión que xestiona o TFG que será quen resolverá. Neste caso os procedementos establecidos nas epígrafes 4.1, 4.2 e 4.3 deberán estar rematados antes do 15 de outubro. No suposto de que o centro non considere esta posibilidade de defensa do TFG no primeiro cuadrimestre deberá facelo público. c) Os prazos indicados poderán ser adaptados polo Centro en función do disposto nas normativas académicas e calendarios de cada curso, previa validación da Vicerreitoría correspondente. Página 5

5. Tribunais de avaliación. 5.1. Os tribunais de avaliación serán nomeados pola Dirección do Centro e configuraranse da forma que establecerá a Xunta de Centro ou, no seu caso, a Comisión que tiver as competencias delegadas, segundo o número de alumnos matriculados e a temática dos diferentes TFG que se presentaren. 5.2. Cada tribunal estará formado como mínimo por tres persoas de diferentes Departamentos e os correspondentes suplentes. En calquera caso, o Centro velará por que a composición dos Tribunais sexa adecuada para os efectos da avaliación dos TFG, traballos que deben integrar as competencias asociadas ao Título. 5.3 Todas as persoas dun Tribunal deberán ser membros do profesorado do Centro que imparte o Título de Grao. O/a director/a do TFG non poderá formar parte do Tribunal. 5.4. Cada Tribunal contará cunha persoa que o presida e outra que exerza como secretaria. Salvo que a Xunta de Centro teña establecidos outros supostos, utilizaranse como criterios a categoría docente e a antigüidade para nomear o/a Presidente/a e o/a Secretaria/o, que exercerán como tales en todas as actuacións do Tribunal. 5.5. Unha vez constituídos os Tribunais de avaliación, estes, de acordo co Centro, establecerán a orde de exposición dos estudantes no caso de seren varios, así como o día, a hora e o lugar de realización das defensas dos TFG. Realizarase a adecuada comunicación destes datos a todo o estudantado e profesorado afectado. 6. Presentación e defensa dos TFG. 6.1. Na oportunidade pertinente o/a estudante presentará unha solicitude de defensa e avaliación do TFG, segundo o modelo de impreso que o centro establecer e no prazo que se fará público para estes efectos. Coa solicitude depositarase na Administración do Centro a versión escrita do traballo realizado, a versión electrónica, a autorización do/a director/a para que o TFG poida ser defendido e cantos documentos estimar necesarios a comisión encargada. Logo do seu depósito a Administración entregará recibí do traballo ao interesado. Rematado o prazo de solicitudes, a Administración do Centro trasladará a documentación que proceda ao Secretario/a do Tribunal de avaliación quen deberá facer chegar copia da versión electrónica do traballo a cada un dos membros deste. Non se admitirán solicitudes fora de prazo, nin modificacións, supresións ou incorporacións de documentación aos xa presentados con posterioridade a data recollida no apartado anterior, agás por causas debidamente xustificadas apreciadas polo director do TFG que, en todo caso, deberán ser validadas pola Comisión encargada. As instrucións relativas á presentación dos TFG figuran como Anexo II deste regulamento. 6.2. O estudantado defenderá os seus TFG de forma individual, pública e presencial. No caso de que o/a estudante solicite de forma motivada e acreditada defender o TFG Página 6

de forma non-presencial, cumprirá que o faga ante a Comisión de Plans de Estudo, delegada do Consello de Goberno, para que a autorice ou non. Isto sempre de se daren as condicións legais, técnicas, administrativas e económicas que o permitiren. 6.3. A realización, presentación e defensa dos TFG poderán efectuarse en calquera dos idiomas empregados na impartición do grao, de acordo co disposto na memoria de verificación do título. 6.4 Cada estudante disporá dun tempo máximo, do que será informado polo Tribunal, para a defensa do TFG, en que deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que puideren formularlle os membros do Tribunal de avaliación. 6.5 Logo da súa presentación e defensa, os traballos orixinais permanecerán en depósito na Administración do Centro ata que venzan os prazos de reclamacións, agás no caso de que sexa presentada unha reclamación, no que se manterán en custodia ata que a resolución que se dicte adquira firmeza a todos os efectos. 6.6 Transcurridos os prazos anteriores, os estudantes poderán solicitar a devolución dos traballos, que lles serán entregados. O Centro conservará os traballos orixinais dun curso académico e informará do prazo máximo de custodia de acordo coas normas da universidade. Unha vez que finalice este prazo máximo de custodia, os traballos non entregados serán destruidos. 7. Avaliación e cualificación. 7.1 Aplicaranse os criterios de avaliación reflectidos na Guía Docente do Traballo de Fin de Grao e máis o disposto na memoria de verificación do título. A Guía Docente será elaborada pola Comisión encargada dos TFG, e deberá ser aprobada e publicada pola Xunta de Centro en cada curso académico antes das defensas dos TFG. A cualificación final terá en conta, polo menos, a calidade científica e técnica do TFG presentado, a claridade expositiva e a capacidade de defensa argumental. 7.2. Serán obxecto de avaliación tanto o progreso no TFG (avaliación continua) así como os seus resultados e defensa. 7.3 Para a avaliación continua, o director do TFG, a petición da Comisión encargada, enviará ao Presidente do Tribunal un Informe razoado de avaliación do TFG dirixido, axustado ao modelo normalizado aprobado polo Centro, no que deberá outorgar unha cualificación do traballo. 7.4. Unha vez realizada a exposición do estudante, e tendo en conta o informe presentado polo director do TFG, o Tribunal deliberará en privado sobre a cualificación que corresponde. Para a cualificación do Tribunal establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un dos membros do tribunal. 7.5. O Tribunal reflectirá a cualificación final nun acta provisional de calificación individual da materia Proxecto Fin de Grao segundo modelo normalizado. A Página 7

cualificación final resultará de outorgar unha ponderación da avaliación continua e da avaliación dos resultados do traballo e a defensa, segundo os criterios aprobados polo Centro e publicados na Guía Docente. 7.6. As cualificacións outorgaranse en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/2003 4, de 0 a 10, con expresión dun decimal, a que terá que engadírselle a correspondente cualificación cualitativa: a) 0-4,9 suspenso b) 5,0-6,9 aprobado c) 7,0-8,9 notable d) 9,0-10 sobresaliente 7.7. Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do Tribunal avaliador. 7.8. No caso de o estudante obter a cualificación de suspenso, o Tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) unha copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG. 7.9. A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC. 8. Matrícula, calendario académico e actas. 8.1. A matrícula dos TFG realizarase dentro do prazo xeral de matrícula establecido pola UDC, ou no período de ampliación da matrícula se o/a alumno/a reúne os requisitos para poder realizar esta modalidade de matrícula, mediante o aboamento dos prezos públicos que corresponderen de acordo co número de créditos asignados ao TFG. 8.2. O centro, atendendo a criterios de programación docente, establecerá a realización das defensas dos TFG dentro dos prazos marcados no calendario académico que aprobar o Consello de Goberno. 8.3 O peche e entrega das actas de avaliación dos TFG aterase ao previsto no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. 9. Consulta e publicación dos TFG. 9.1. A comisión encargada dos TFG seleccionará os traballos que serán publicados no Repositorio Institucional da UDC (RUC) atendendo a súa calidade. O ingreso limitarase aos TFG con una cualificación igual o superior ao oito, e, de ser o caso, aqueles con cualificación inferior que o Tribunal considere de utilidade. Para isto, a Administración do Centro enviará unha copia en formato electrónico á Biblioteca do Centro. Página 8

9.2. En caso de que o(s) autor(es) do TFG non autorice(n) o depósito e a publicación deste no RUC, por razóns de confidencialidade entre outras, deberá(n) solicitalo previamente ante a Comisión dos TFG, que resolverá en cada caso. Disposición Adicional única. Os alumnos que participen en programas nacionais ou internacionais de intercambio se rexirán polo disposto na normativa que regule os mesmos, aplicándose este regulamento de forma supletoria, de ser o caso. Disposición Derogatoria única. Queda derogado o regulamento interno anterior referente aos Traballos de Fin de Grao do curso 2011-2012 aprobado pola Xunta de Centro de 28 de Xullo de 2011. Disposición Final primeira. O presente regulamento, unha vez aprobado pola Xunta de Centro, será remitido á Comisión de Plans de Estudo, delegada do Consello de Goberno. Será publicado na web do Centro e entrará en vigor unha vez se conte co informe favorable da devandita comisión, segundo estipulan as Directrices para a elaboración dos regulamentos relativos ao traballo de fin de grao nos graos da UDC, aprobadas polo Consello de Goberno con data de 22 de xullo de 2011. Disposición Final segunda. O Centro poderá desenvolver o presente regulamento, sempre que non contradiga o mesmo. A Comisión de Plans de Estudo, delegada do Consello de Goberno, autorizará, se proceder, os devanditos desenvolvementos normativos, logo de control de legalidade. Disposición Final terceira. O presente regulamento será de aplicación a todos os TFG desenvolvidos no Centro a partir da súa entrada en vigor. 1 Real decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais (BOE n.º 260, de 30 de outubro de 2007). Modificado polo Real decreto 861/2010, de 2 de xullo (BOE n.º 161, de 3 de xullo de 2010). 2 Directrices para a elaboración de títulos de grao na UDC, aprobadas polo Consello de Goberno na súa sesión de 3 de abril de 2008. 3 Real Decreto 1791/2010, de 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do estudante universitario (BOE n.º 318, de 31 de decembro de 2010). 4 Real decreto 1125/2003, de 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE n.º 224, de 18 de setembro de 2003). Página 9

ANEXO I Condicións para a defensa e avaliación dos TFG. Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC. EU de Arquitectura Técnica de A Coruña. I.1 Para a matrícula na materia Proxecto Fin de Grao será necesario satisfacer la condición xeral de ter superados, cando menos, un total de 180 créditos, incluídos todos os da primeira metade do Título de Grao. (Condición establecida a partir de: Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, BOE n.º 260, de 30 de outubro de 2007, modificado polo Real decreto 861/2010, de 2 de xullo, BOE n.º 161, de 3 de xullo de 2010, as Directrices para a elaboración de títulos de grao na UDC, aprobadas polo Consello de Goberno na súa sesión de 3 de abril de 2008, e a memoria de verificación do grao.) I.2. A matrícula realizarase segundo estableza a normativa de xestión académica en cada curso, dentro do prazo xeral de matrícula establecido pola UDC, ou no período de ampliación da matrícula se o/a alumno/a reúne os requisitos para poder realizar esta modalidade de matrícula, mediante o aboamento dos prezos públicos que corresponderen de acordo co número de créditos asignados ao TFG. I.3 O Real decreto 1393/2007 establece no artigo 12.3, situado no capítulo 3, que se dedica ás ensinanzas oficiais de grao, que «estas ensinanzas concluirán coa elaboración e defensa dun traballo de fin de grao». En consecuencia, será condición indispensable para a defensa e avaliación do TFG estar matriculado na materia 670G01036 Proxecto Fin de Grao e ter superados a totalidade dos créditos ECTS do grao, a excepción dos 12 ECTS correspondentes ao TFG. I.4 A asignación dun tema ou liña de TFG terá validez durante o curso académico no que o estudante se tivese matriculado na materia Proxecto Fin de Grao e o seguinte. Transcorrido este prazo sen superarse o TFG, o estudante deberá solicitar unha nova asignación segundo o procedemento xeral establecido no regulamento. Página 10

Escola Universitaria de Arquitectura Técnica ANEXO II Condicións de presentación dos TFG. Título de Grao en Arquitectura Técnica pola UDC. EU de Arquitectura Técnica de A Coruña. II.1 A Comisión encargada establecerá anualmente o detalle das normas de estilo, extensión e estrutura da memoria ou proxecto e os seus anexos. O presente Anexo establece unhas normas de carácter xeral, que poderán ser modificadas ou aclaradas pola Comisión encargada en cada curso académico. II.2 A Biblioteca do Centro asesorará á Comisión encargada sobre os formatos axeitados para a publicación no Repositorio Institucional da UDC (RUC), así como de calquera consideración sobre os aspectos relacionados coa documentación e publicación dos TFG, entre outros da súa competencia. II.3 Depositarase na Administración do Centro unha copia escrita do traballo realizado e catro copias en soporte informático (CD ou DVD). Unha destas copias dixitáis destinarase á biblioteca no caso de que o TFG obtenga unha calificación igual o superior a oito para que sexa publicado no RUC (ver art. 9.1 do Regulamento). II.4 O TFG estrutúrase, con carácter xeral, en tres tipos de documentos: Memoria, Anexos e Planos. As partes principais da Memoria serán: Portada. (segundo modelo) Páxina en branco. Resumo / Palabras clave (non máis de 5). A extensión non poderá ser maior dunha páxina. Abstract en inglés / Key Words (non máis de 5). A extensión non poderá ser maior dunha páxina. Índice paxinado. Introdución con obxectivos do traballo e presentación deste. Capítulos (segundo tipo de traballo). Conclusións finais. Referencias bibliográficas (segundo modelo). Contido do CD/DVD. II.5 Procurarase que as normas para a presentación dos TFG en versión dixital sean equivalentes ás de publicación no Repositorio Institucional da UDC. Específicamente, son as seguintes: a) O TFG en versión dixital corresponderáse fidedignamente coa copia entregada en papel. Página 1

b) O soporte físico será CD ou DVD. c) O disco estará identificado con letra de imprenta. Os datos que deben constar tanto no disco como na carátula son: Autor / Título do TFG / Director do TFG/ Ano. d) Os documentos presentaránse en formato PDF ou outros formatos abertos. Os arquivos PDF poderán incluír ligazóns de hipertexto e información multimedia. Os arquivos PDF non estarán protexidos. O tamaño de cada arquivo non superará os 30 Mb. O número máximo de arquivos será de 10. e) Para nomear os arquivos que conteñen o documento principal, procederase desta forma: Sexa, por exemplo, o TFG defendido en 2014 por José Manuel Pérez López. Se o documento principal TFG en formato electrónico constará dun só arquivo, este chamaráse: PerezLopez_JoseManuel_ TFG _2014.pdf En cambio, se o documento principal do TFG en formato electrónico estiver formado por tres arquivos, estes chamaranse: PerezLopez_JoseManuel_ TFG _2014_01de3.pdf PerezLopez_JoseManuel_ TFG _2014_02de3.pdf PerezLopez_JoseManuel_ TFG _2014_03de3.pdf Non deben utilizarse nin espazos nin acentos nin a ñ no nome dos arquivos, co fin de asegurar a compatibilidade con todos os navegadores. f) Para outros arquivos, procederase desta forma: Poderán achegar arquivos doutros tipos (imaxes, programas de ordenador, información multimedia etc.) en formatos coñecidos. Nese caso, e para favorecer a súa identificación, o nome dos arquivos adicionais seguirá unha pauta similar á dos que conteñen o documento principal. O autor indicará o tipo de arquivo que envía e a extensión propia deste arquivo. A numeración manténse a do conxunto. Por exemplo, se o documento principal do TFG en formato electrónico estiver formado por tres arquivos e ademáis contén un video, estes chamaranse: PerezLopez_JoseManuel_ TFG _2014_01de4.pdf PerezLopez_JoseManuel_ TFG _2014_02de4.pdf PerezLopez_JoseManuel_ TFG _2014_03de4.pdf PerezLopez_JoseManuel_ TFG _2014_Video_04de4.mpg Poderán definir hipervínculos para acceder a estes contidos desde os arquivos PDF que forman o documento principal do TFG. Página 2