BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Similar documents
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Á Mesa do Parlamento

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

Federación Galega 16 DE MARZO Confrarías DE 2015 (13/12/2016) DA LEI 39/2015 DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

EGAP. 26 de febreiro > 15 de xullo de 2010 EGAP Santiago de Compostela

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

Informe mensual do paro rexistrado

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

Memoria Escola Galega de Administración Pública

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE


Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

Mapa de accidentalidade

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de novembro de 2017

-Do G.P de En Marea (doc. núm ) -Do G.P Bloque Nacionalista Galego (doc. núm ) -Do G.P dos Socialistas de Galicia (doc. núm.

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Programación de proba libre de módulos profesionais

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

O relevo e as costas de Galicia

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

00. PRESENTATION GENERAL INFORMATION OFFICIAL SPONSORSHIP OPTIONS... 5 COMMERCIAL AREA... 5

Revista Galega de Economía Vol (2018)

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

RELACIÓN DE ACORDOS ADOPTADOS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA NA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA DO 26 DE FEBREIRO DE 2016

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

Transcription:

Suplemento en lingua galega ao núm. 92 Venres 16 de abril de 2010 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DA PRESIDENCIA 6044 Real decreto 368/2010, do 26 de marzo, polo que se regulan as especificacións e condicións para o emprego do documento único electrónico (DUE) para a posta en marcha das empresas individuais mediante o sistema de tramitación telemática. Tomando como base distintas iniciativas europeas, o Goberno de España veu desenvolvendo unha serie de medidas para impulsar, favorecer e facilitar a creación de empresas. No ano 2003, tomando como referencia a Carta Europea da Pequena Empresa, créase a figura da sociedade limitada nova empresa e o Centro de Información e Rede de Creación de Empresas (CIRCE), un sistema de tramitación telemática para a constitución da sociedade limitada nova empresa. O CIRCE créase na Lei 7/2003, do 1 de abril, da sociedade limitada nova empresa, que modifica a Lei 2/1995, do 23 de marzo, de sociedades de responsabilidade limitada. Posteriormente, como consecuencia do Consello Europeo do ano 2005, no cal se decide renovar a Estratexia de Lisboa facendo clara referencia á Carta Europea da Pequena Empresa, o Goberno de España elabora o Plan Nacional de Reformas, un de cuxos eixes é o Plan de Fomento Empresarial, o cal recolle unha serie de medidas no ámbito da creación de empresas: (i) a extensión da tramitación electrónica posta en marcha para a sociedade limitada nova empresa a todas as sociedades de responsabilidade limitada e (ii) a ampliación da rede de puntos de asesoramento e inicio de tramitación, oficinas que ofrecen servizos de asesoramento, información e tramitación electrónica de creación de empresas aos emprendedores españois. Mediante este real decreto posibilítase que o empresario individual utilice o procedemento electrónico do sistema CIRCE para levar a cabo os trámites de creación da súa empresa mediante a utilización do documento único electrónico. Todo isto, en consonancia cos títulos terceiro e cuarto da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, que establecen, respectivamente, a xestión electrónica dos procedementos administrativos e a cooperación entre administracións para o impulso da Administración electrónica, así como coa Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, que no seu artigo 8.1 establece que os trámites e procedementos para o acceso a unha actividade de servizos se poidan realizar facilmente por vía electrónica a través do portelo único. Este real decreto enmárcase no contexto de impulso da actividade empresarial, incluído no segundo paquete de medidas adoptado polo Goberno no marco do Plan de Redución de Cargas Administrativas e Mellora da Regulación, aprobado polo Consello de Ministros do 14 de agosto de 2008. A disposición adicional oitava da Lei 2/1995, do 23 de marzo, de sociedades de responsabilidade limitada, prevé que regulamentariamente se poderán incluír novos datos no documento único electrónico co fin de que poida servir para o cumprimento doutros trámites, comunicacións e obrigacións en materia de creación de empresas. Así, esta norma aplica, para as empresas individuais, o mecanismo desenvolvido polo Real decreto 682/2003, do 7 de xuño, polo que se regula o sistema de tramitación telemática a que se refiren o artigo 134 e a disposición adicional oitava da Lei 2/1995, do 23 de marzo, de sociedades de responsabilidade limitada. De acordo co disposto no artigo 37, alínea h), da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, este real decreto foi sometido a informe da Axencia Española de Protección de Datos.

Suplemento en lingua galega ao núm. 92 Venres 16 de abril de 2010 Sec. I. Páx. 2 Na súa virtude, por proposta dos ministros de Industria, Turismo e Comercio e de Xustiza, coa aprobación previa da ministra da Presidencia, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 26 de marzo de 2010, DISPOÑO: CAPÍTULO I Disposicións xerais Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación da disposición. 1. Constitúe o obxecto deste real decreto a regulación das especificacións e condicións para o emprego do documento único electrónico (DUE), para os efectos da posta en marcha da empresa individual. 2. Este real decreto será de aplicación ás persoas físicas de dezaoito anos de idade ou máis, que realicen ou vaian realizar de forma habitual, persoal, directa, por conta propia e fóra do ámbito de dirección e organización doutra persoa, unha actividade económica ou profesional a título lucrativo, empreguen ou non traballadores por conta allea. 3. As disposicións contidas neste real decreto non alteran as normas relativas á tramitación administrativa non electrónica para a posta en marcha das empresas individuais a que se fai referencia no punto primeiro. 4. O disposto nos puntos anteriores entenderase sen prexuízo do emprego e aplicación das técnicas e medios electrónicos que en materia de sinatura e envío de documentos poidan establecer as diferentes administracións públicas e os organismos públicos e entidades vinculadas ou dependentes delas, no marco do disposto pola Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Artigo 2. Puntos de asesoramento e inicio de tramitación. 1. A tramitación e envío do DUE referente á empresa individual poderán ser realizados polos puntos de asesoramento e inicio de tramitación (PAIT) definidos na disposición adicional oitava da Lei 2/1995, do 23 de marzo, de sociedades de responsabilidade limitada, a partir da entrada en vigor deste real decreto. 2. A tramitación do DUE tamén se poderá realizar a través do portelo único que a Administración pública española pon á disposición dos prestadores de servizos, tanto nacionais coma dos Estados membros, segundo se establece no artigo 18 da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio. 3. A tramitación por vía electrónica do DUE estará dispoñible para os cidadáns a través da subsede electrónica da Dirección Xeral de Política da Pequena e Mediana Empresa. CAPÍTULO II Documento único electrónico (DUE) Artigo 3. Natureza e contido do DUE. 1. O DUE é un instrumento de natureza electrónica regulado polo Real decreto 682/2003, do 7 de xuño, polo que se regula o sistema de tramitación telemática a que se refiren o artigo 134 e a disposición adicional oitava da Lei 2/1995, do 23 de marzo, de sociedades de responsabilidade limitada, e polo Real decreto 1332/2006, do 21 de novembro, polo que se regulan as especificacións e condicións para o emprego do documento único electrónico para a constitución e posta en marcha de sociedades de responsabilidade limitada mediante o sistema de tramitación telemática.

Suplemento en lingua galega ao núm. 92 Venres 16 de abril de 2010 Sec. I. Páx. 3 No DUE poderanse incluír todos os datos referentes á empresa individual que, de acordo coa lexislación aplicable, se deben remitir ás administracións públicas competentes para o cumprimento das obrigacións en materia tributaria e de seguridade social inherentes ao comezo da súa actividade, coa condición de que estes se remitan por medios electrónicos. 2. O DUE conterá dous tipos de datos: a) Datos básicos, que se deberán consignar no momento en que se dá inicio á tramitación e que serán, para a empresa individual, os establecidos no anexo I do Real decreto 682/2003, do 7 de xuño, citado no parágrafo anterior, coas especialidades establecidas no artigo 5 deste real decreto, así como todos aqueles que resulten necesarios para cumprir os trámites que se realizarán mediante a utilización do DUE segundo a lexislación vixente en cada momento. b) Datos que serán incorporados en cada fase da tramitación polas administracións públicas competentes para o cumprimento das obrigacións en materia tributaria e de seguridade social, inherentes ao comezo da súa actividade. Estes datos serán os establecidos no anexo II do Real decreto 682/2003, do 7 de xuño, salvo no referente ás súas alíneas a), b), c) e e). No referente á alínea d), só será de aplicación o relativo á xustificación da presentación da declaración censual de inicio de actividade. Artigo 4. Trámites que a empresa individual pode realizar co documento único electrónico (DUE). 1. O DUE permite a realización electrónica dos trámites a que se refiren as alíneas e), f), g), h), i), k), l) e m) do artigo 5.1 do Real decreto 682/2003, do 7 de xuño, referidos á empresa individual. 2. Por orde do ministro de Industria, Turismo e Comercio poderá establecerse a realización electrónica, mediante o DUE, doutros trámites que complementen ou substitúan os mencionados no punto anterior. Artigo 5. Tramitación do documento único electrónico (DUE). 1. Unha vez consignados no DUE os datos básicos, que serán os mesmos que para a sociedade limitada nova empresa establece o anexo I do Real decreto 682/2003, do 7 de xuño, coas especialidades que se establecen no número seguinte, o sistema de tramitación telemática (STT) asignaralle o número CIRCE correspondente, identificando así de maneira única e inequívoca o DUE; a continuación procederase á realización dos trámites establecidos nas alíneas b bis), d bis), e bis), i), k), l), m), n) e ñ) do artigo 6 do Real decreto 682/2003, do 7 de xuño. 2. En relación cos trámites a que se refire o punto anterior, realizaranse coas seguintes especialidades respecto ao artigo 6 e ao anexo I do Real decreto 682/2003, do 7 de xuño: a) Os datos referentes á denominación social substituiranse polo nome e apelidos do empresario individual. b) Consignaranse os datos identificativos relativos ao empresario individual, nome e apelidos, idade, sexo, data de nacemento, lugar de nacemento, estado civil e data de estado civil, representante, de ser o caso, nacionalidade, número de identificación fiscal, número de afiliación á Seguridade Social, se o tiver, domicilio e domicilio fiscal se non coinciden, así como todos aqueles datos identificativos relativos ao empresario individual que resulten necesarios segundo a lexislación vixente en cada momento. c) En canto aos datos societarios e os referidos á oficina liquidadora da comunidade autónoma ou delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, non será de aplicación o establecido nas alíneas e) e k) do anexo I do Real decreto 682/2003, do 7 de xuño, salvo o relativo á forma xurídica, que se fará constar a de empresa individual. d) En canto á cobertura obrigatoria da prestación económica por incapacidade temporal por continxencias comúns para os traballadores por conta propia do réxime

Suplemento en lingua galega ao núm. 92 Venres 16 de abril de 2010 Sec. I. Páx. 4 especial da Seguridade Social dos traballadores do mar, consignarase o Instituto Social da Mariña. e) En canto aos datos de inscrición do empresario e apertura do CCC (código de conta de cotización) no sistema da Seguridade Social, consignaranse a nacionalidade e o número da Seguridade Social. f) No caso do traballador autónomo economicamente dependente, consignaranse os datos identificativos da empresa cliente. g) No suposto dos profesionais pertencentes a unha mutualidade ou colexio profesionais, consignaranse o colexio profesional e a relación con outras entidades ou autónomos, segundo táboas que facilita a Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Artigo 6. Comunicación de modificacións polas administracións públicas. 1. Para a correcta realización da tramitación electrónica do DUE a que se refire este real decreto, as administracións públicas competentes deberán facilitar ao administrador do STT, polo procedemento automatizado establecido no propio sistema, as modificacións que se poidan producir con relación a novos datos que tiveren que consignarse, así como calquera modificación nas táboas de codificación dos datos xa contidos no DUE. 2. Recibidas as modificacións a que se fai referencia no punto anterior, o administrador do STT incluiraos de forma automática no sistema. Artigo 7. Protección de datos persoais. 1. Os PAIT unicamente poderán obter datos persoais directamente dos seus titulares ou logo de consentimento explícito destes, e só na medida necesaria para a realización dos trámites establecidos neste real decreto. 2. O tratamento dos datos persoais que se precisen para a tramitación electrónica establecida neste real decreto estará sometido á Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e normativa de desenvolvemento. Disposición derradeira primeira. Modificación do Real decreto 682/2003, do 7 de xuño, polo que se regula o sistema de tramitación telemática a que se refiren o artigo 134 e a disposición adicional oitava da Lei 2/1995, do 23 de marzo, de sociedades de responsabilidade limitada O Real decreto 682/2003, do 7 de xuño, polo que se regula o sistema de tramitación telemática a que se refiren o artigo 134 e a disposición adicional oitava da Lei 2/1995, do 23 de marzo, de sociedades de responsabilidade limitada, queda modificado nos seguintes termos: Un. Modifícanse os puntos 4 e 5 do artigo 3, que quedan redactados da seguinte forma: 4. A Administración xeral do Estado, a través do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, celebrará convenios para o establecemento de puntos de asesoramento e inicio de tramitación con outras administracións públicas e con entidades públicas ou privadas, colexios profesionais, organizacións empresariais e cámaras de comercio, sempre que o soliciten e poidan acreditar as condicións requiridas. En calquera caso, os portelos únicos empresariais, creados ao abeiro do Protocolo do 26 de abril de 1999 mediante os correspondentes instrumentos xurídicos de cooperación con comunidades autónomas e entidades locais, poderán realizar as funcións a que se fai referencia no número 1. Igualmente, aqueles portelos únicos empresariais incorporados á Rede integrada de Atención ao Cidadán mediante instrumentos de colaboración no marco do disposto no Acordo do Consello de Ministros, na súa reunión do día 15 de xullo de 2005, poderán realizar as funcións a que se fai referencia no número 1. 5. O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio terá á disposición do público unha relación das oficinas que presten os servizos a que se fai referencia neste artigo.

Suplemento en lingua galega ao núm. 92 Venres 16 de abril de 2010 Sec. I. Páx. 5 Dous. Engádense dúas novas alíneas l) e m) ao artigo 5.1, coa seguinte redacción: l) Inscrición de ficheiros de datos persoais no Rexistro Xeral de Protección de Datos. m) Solicitude de rexistro de marca e nome comercial. Tres. Engádense dúas novas alíneas d bis) e e bis) ao artigo 6, coa seguinte redacción: d bis) Notificación dos ficheiros de datos persoais de clientes e de recursos humanos. O STT remitirá á Axencia Española de Protección de Datos os seguintes datos recollidos no DUE: 1. Denominación social do responsable do ficheiro. 2. Actividade da empresa. 3. Número de identificación fiscal. 4. Domicilio social. 5. Domicilio para o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. e) bis. Solicitude de rexistro de marca ou nome comercial. O STT remitirá á Oficina Española de Patentes e Marcas os datos relativos á solicitude de rexistro de marca ou nome comercial, de conformidade cos requisitos establecidos nos artigos 1 e 4.2 do Real decreto 687/2002, do 12 de xullo, polo que se aproba Regulamento para a execución da Lei 17/2001, do 7 de decembro, de marcas. Catro. Engádense dúas novas alíneas t) e u) ao anexo I, coa seguinte redacción: t) Datos relativos á notificación dos ficheiros de datos persoais de clientes e de recursos humanos: 1. Denominación social do responsable do ficheiro. 2. Actividade da empresa. 3. Domicilio social. 4. Domicilio para o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. 5. Identificación e finalidade do ficheiro. 6. Orixe e procedencia dos datos. 7. Tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro. 8. Indicación do nivel de medidas de seguridade: básico, medio ou alto. 9. Destinatario de cesións e/ou transferencia internacional de datos. u) Datos relativos á solicitude de rexistro de marca e nome comercial: 1. Os datos relativos á solicitude de rexistro de marca ou nome comercial, de conformidade cos requisitos establecidos nos artigos 1 e 4.2 do Real decreto 687/2002, do 12 de xullo, polo que se aproba Regulamento para a execución da Lei 17/2001, do 7 de decembro, de marcas. Cinco. O anexo III queda redactado da seguinte maneira: ANEXO III Formularios substituídos polo documento único electrónico (DUE) O DUE substitúe os formularios abaixo relacionados para os efectos da aplicación deste real decreto:

Suplemento en lingua galega ao núm. 92 Venres 16 de abril de 2010 Sec. I. Páx. 6 Declaración censual... Modelos 036 e 037 Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Modelo 600 Imposto sobre actividades económicas............................ Modelos 845 e 846 Declaración censual de comezo, modificación ou cesamento de actividade da Comunidade Autónoma Canaria... Modelo 400 Solicitude de formalización da cobertura de riscos profesionais con entidade xestora da Seguridade Social... TA. 16 Inscrición do empresario na Seguridade Social e apertura de conta de cotización principal... TA.6 Conta de cotización... TA. 7 Réxime especial dos traballadores do mar (declaración individual do traballador autónomo).... TA.49 Réxime especial dos traballadores do mar (inscrición de embarcacións e artefactos flotantes).... TA. 47 Réxime especial dos traballadores do mar (declaración do titular da explotación marítimo-pesqueira e familiar traballador ao seu servizo)... TA. 50 Solicitude de afiliación á Seguridade Social, asignación de número de Seguridade Social e variación de datos... TA. 1 Solicitude de alta no réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos. Traballadores societarios-... TA. 0521/B Solicitude de alta do traballador por conta allea ou asimilado... TA. 2/S Solicitude de inscrición de ficheiros no Rexistro Xeral de Protección de Datos.... Formulario NOTA Réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar... TA. 0825/1 Réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar (familiar colaborador do titular da explotación).... TA. 0825/2 Solicitude de alta, baixa o variación de datos no réxime especial de autónomos... TA. 0521/1 Solicitude de alta, baixa o variación de datos no réxime especial de autónomos (familiar colaborador do titular da explotación)... TA. 0521/2 Solicitude de rexistro de marca... 4101i Solicitude de rexistro de nome comercial.... 4301i Disposición derradeira segunda. Modificación do Real decreto 1332/2006, do 21 de novembro, polo que se regulan as especificacións e condicións para o emprego do documento único electrónico (DUE) para a constitución e posta en marcha de sociedades de responsabilidade limitada mediante o sistema de tramitación telemática. O número 1 do artigo 4 do Real decreto 1332/2006, do 21 de novembro, polo que se regulan as especificacións e condicións para o emprego do documento único electrónico (DUE) para a constitución e posta en marcha de sociedades de responsabilidade limitada mediante o sistema de tramitación telemática, queda redactado da seguinte maneira: 1. O DUE permite a realización electrónica dos trámites a que se refiren as alíneas b) a i), k), l) e m) do artigo 5.1 do Real decreto 682/2003, do 7 de xuño, referidos á sociedade de responsabilidade limitada. Disposición derradeira terceira. Supletoriedade. No non previsto neste real decreto aplicarase, con carácter supletorio, o Real decreto 682/2003, do 7 de xuño, polo que se regula o sistema de tramitación telemática a que se refiren o artigo 134 e a disposición adicional oitava da Lei 2/1995, do 23 de marzo, de sociedades de responsabilidade limitada, así como o Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

Suplemento en lingua galega ao núm. 92 Venres 16 de abril de 2010 Sec. I. Páx. 7 Disposición derradeira cuarta. Título competencial. Este real decreto dítase ao abeiro da competencia que sobre lexislación mercantil atribúe ao Estado o artigo 149.1.6ª da Constitución. Disposición derradeira quinta. Habilitación para o desenvolvemento regulamentario. Os ministros de Industria, Turismo e Comercio e de Xustiza ditarán, no ámbito das súas respectivas competencias, cantas disposicións resulten necesarias para a aplicación do disposto neste real decreto. Disposición derradeira sexta. Entrada en vigor. Este real decreto entrará en vigor ao mes da súa publicación no Boletín Oficial del Estado. Dado en Madrid o 26 de marzo de 2010. JUAN CARLOS R. A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra da Presidencia, MARÍA TERESA FERNÁNDEZ DE LA VEGA SANZ http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X