OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

O relevo e as costas de Galicia

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Laboratorio do Territorio

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Informe mensual do paro rexistrado

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

O Estado de conservación da biodiversidade en Galicia

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

RECURSOS E INSTRUMENTOS SOCIAIS

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Mapa de accidentalidade

Á Mesa do Parlamento

A máquina de escribir

RSE. e desenvolvemento sustentable

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

76 praias galegas teñen alto risco de sufrir inundacións

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

PLANTAS INVASORAS. materia Malherboloxía. titulación. Ramón Alberto Díaz Varela

WHAT IS AN ALTERNATIVES ANALYSIS STUDY?

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

Villasante, C.S.; García Negro, M.C.; Carballo, A. Rodríguez, G.

Territorios a examen III. Territorios a exame III

Consello Editorial. Comité Científico

POBOACIÓN LOCAL E AREAS PROTEXIDAS EN NAMIBIA. PERCEPCIÓN SOBRE OS EFECTOS NA SALAMBALA CONSERVANCY.

A POLÍTICA FISCAL NA UNIÓN EUROPEA: PRIORIDADES PARA OS PRÓXIMOS ANOS

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Tourism planning, promotion and environmental sustainability: the case of Spain

Programación de proba libre de módulos profesionais

Memoria Escola Galega de Administración Pública

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

O USO DUNHA COTA VARIABLE DE ROYALTY PARA PRESERVAR AS RESERVAS DE PETRÓLEO

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

Referentes para a avaliación

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

Revista Galega de Economía Vol (2016)

Absorbentes solo aceites

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

Revista Galega de Economía Vol (2018)

O TURISMO SOSTIBLE NAS MARCAS TURÍSTICAS DE CATALUÑA

ECONOMÍA APLICADA 13

COMISION DE LAS COMUNIDADES EUROPEAS REPRESENTACION EN ESPAÑA

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

PROPOSTA DE MEMORIA AMBIENTAL

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

Youth Workshop/Taller de Jovenes

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

ACTIVIDADES DE REFORZO DE 3º DE ESO. XEOGRAFÍA ECONÓMICA APELIDOS : NOME: CURSO:

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

MARCO TEÓRICO. Investigación social do fenómeno da catividade de tartaruga moura no sureste Ibérico

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

IPLE_V1 Febreiro 2017 IPLE_V2 Abril 2017 IPLE_V3 Novembro 2017

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

PLAN PROXECTA: XERMOLÓN 1º DE ESO IES ANXEL FOLE

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE...

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

Wildlife and Vegetation Fauna y Vegetación

Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña)

Transcription:

OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL CAMPILLO, Ana GONZALO, Martínez BAS, Leticia Universidade de Vigo mendez@uvigo.es Resumo A progresiva conformación da eurorrexión de Galicia e Norte de Portugal resposta tanto á realidade socioeconómica como ó medio físico sobre o que se desenvolve. Por iso, o patrimonio natural e as estratexias para a súa protección deben ser elementos básicos da política eurorrexional. O artigo céntrase no estado da cuestión da política de protección de espazos naturais na eurorrexión con atención a catro aspectos: as semellanzas das normas estatais para espazos naturais protexidos, as peculiaridades introducidas pola normativa autonómica galega, a importancia da estratexia europea de conservación da natureza e os convenios internacionais. Summary The progressive configuration of the euroregion constituted by Galicia and Northern Portugal, responds to the socioeconomic reality as well as to the physical environment in which it is developed. Due to this fact, the Natural Heritage and the strategies for its protection should be the basic principles in the euroregional policy. This paper focuses on the state of Natural Reserve protection policy in the euroregion with regard to four aspects: the similarities among the national regulations on protected Natural Reserves, the peculiarities which have been introduced by the Galician regulation, the importance of the European natural conservation strategy and international agreements. *** 1

Tratar sobre os espazos naturais e áreas protexidas no ámbito da eurorrexión Galicia Norte de Portugal esixe unha aclaración previa sobre o que se entende por tales espazos e as posibles diferentes concepcións a un e outro lado da fronteira. Na actualidade non podemos falar da presencia neste territorio de lugares alleos á influencia humana, polo tanto, en sentido estricto ou rigoroso, non quedan ecosistemas naturais, pero si espazos cunha alta naturalidade. Neste traballo abordaremos a situación das áreas máis naturais do territorio da eurorrexión. En primeiro lugar, no apartado sobre ecosistemas e espazos naturais trataremos cuestións básicas acerca da natureza, o seu carácter dinámico e as alteracións que na súa evolución introduce o ser humano; a aparición das preocupacións conservacionistas e a súa transformación en normas legais e áreas protexidas; as semellanzas das normas de España e Portugal e as peculiaridades da autonomía galega, dentro dunha estratexia global de conservación; a influencia da incorporación á Unión Europea e outros programas internacionais; a influencia do turismo verde sobre estes espazos e a necesidade de levar adiante programas de desenvolvemento para a poboación das áreas; rematando con algún dos retos ambientais pendentes para o século que acaba de comezar. 1. Ecosistemas e espazos naturais. Un ecosistema está constituído por unha comunidade de seres vivos, o medio físico no que viven e as interrelacións entre eles. As interaccións dos elementos que conforman un ecosistema orixinan unha dinámica particular. Estas relacións foron de carácter exclusivamente natural mentres a especie humana non existía, pero dende a súa presencia no planeta, no decurso da historia, os humanos interviron no equilibrio entre as especies e transformaron as paisaxes. A influencia de orixe antrópica, por outro lado cada vez de maior impacto, introduciu nos ecosistemas unha nova dinámica ao variar as relacións entre os seus elementos. Consecuentemente, e retomando a cuestión do significado que neste traballo se lle vai dar a este concepto, asumimos coa maioría dos autores que os espazos naturais son tanto os territorios que conservan a súa primitiva natureza pouco influída polas actividades humanas, como tamén por 2

extensión, zonas non alteradas completamente por elas, sen que estes territorios sexan propiamente naturais. A sobreexplotación xeneralizada a que se someteron os ecosistemas na nosa civilización provocou cambios nas súas dinámicas, especialmente dende o proceso de industrialización e urbanización, de tal xeito que na actualidade é cada vez máis difícil atopar espazos non modificados ou pouco modificados, nos que as relacións naturais básicas non aparezan afectadas. O que máis abonda son as paisaxes alteradas, resultado dunha prolongada explotación dos recursos. Cando os chamados espazos naturais se converten en áreas protexidas, significa que o territorio queda dotado dalgún tipo de tutela, establecida pola administración co fin de conservar valores, levando consigo limitacións aos usos, aproveitamento, acceso ou disfrute. Pero, declarar protexido un espazo co obxectivo de conservar a natureza suscita o aparente paradoxo de cuidar a permanencia ou manter algo que non é estable. A natureza é esencialmente dinámica e cambiante no tempo. Como é sabido, soamente nos últimos dez mil anos o espazo comprendido no territorio da eurorrexión ceñeceu importantes variacións climáticas e de vexetación, que tamén afectaron á fauna e aos procesos morfoxenéticos que deron lugar ao noso relevo, ao solo, etc. As modificacións, que son lentas a escala temporal humana, aceleráronse coa cada vez maior intervención do ser humano. A actuación antrópica supuxo a alteración da cuberta vexetal a causa da ocupación do solo por construccións, a introducción dun cultivo de uso alimentario ou industrial, a acción de animais domésticos, a simple predación con obxecto de obter alimento, materias primas ou enerxéticas, ou debido á destrucción polo lume de orixe humana. A transformación do medio polo home foi un proceso constante que era asimilable en tanto que o escaso desenvolvemento das forzas productivas só permitía accións lentas e limitadas. As posibilidades de modificar a natureza introducidas polo desenvolvemento industrial trocaron esta situación consumindo e destruíndo os recursos a un ritmo crecente. Fronte ás actuacións 3

anteriores nas que o home xeralmente se limitaba a substituír a vexetación natural polos cultivos que necesitaba, accións que ían acompañadas por pequenas variacións do relevo, na época recente, principalmente no presente século, iníciase un tipo de intervención máis intensa e de maior alcance, como é o caso da construcción de grandes encoros, a política de desecación de zonas húmidas, as grandes repoboacións, a urbanización residencial e industrial extensa, etc. 1.1. A sociedade e a conservación da natureza: a regulación desde a administración. Na sociedade industrial advírtese a crecente preocupación dos cidadáns e dos poderes públicos polos problemas relacionados coa conservación da natureza e o uso racional dos recursos. No ámbito ibérico podemos atopar un dos seus puntos de arranque na Ley creando en España los Parques Nacionales, do 7 de decembro de 1916 na que se define esta figura como aqueles sitios ou paraxes excepcionalmente pintorescos, forestais ou agrestes do territorio nacional, que o Estado consagra declarando como tales, co exclusivo obxecto de favorecer o seu acceso por vías de comunicación axeitadas, e de respectar e facer que se respecte a beleza natural das súas paisaxes, a riqueza da súa fauna e da súa flora e as particularidades xeolóxicas e hidrolóxicas que encerren, evitando deste xeito coa maior eficacia todo acto de destrucción, deterioro ou desfiguración pola man do home. Nesta exposición reflíctese o concepto que sobre a natureza se tiña a principios de século, así como sobre os méritos a conservar e a función dos espazos protexidos. A principios do século XX dominaba unha visión utilitarista onde o obxectivo da conservación era asegurar o disfrute dos recursos naturais para beneficio do home. Dende entón foise evoluíndo ata chegar á concepción ecosistémica actual na que a xeración de bens e servizos debe ser producto dun ecosistema saudable e non un fin en sí mesmo. Deste proceso de mudanza das concepcións imperantes quedou mostra na lexislación e así mesmo na relación e características dos distintos espazos protexidos ao abeiro das normas vixentes en cada intre. A importancia da mentalidade conservacionista ponse de relevo nas constitucións de Portugal e España, de 1976 e 1978, respectivamente, pois ambas recoñecen o dereito ao medio ambiente e 4

impoñen aos poderes públicos a súa defensa. A constitución portuguesa chega a concretar que incumbe ao Estado Crear e desenvolver reservas e parques naturais e de recreo, así como clasificar e protexer paisaxes e sitios, para garantir a conservación da natureza e a preservación de valores culturais de interese histórico e artístico. A adhesión de ambos países á Comunidade Económica Europea en 1986 supuxo, entre outras cuestións, a necesidade de adaptación ás distintas directivas sobre medio ambiente dispostas pola mencionada institución. Deste xeito, impúñase a realización dun esforzo lexislativo que adaptase o ordenamento xurídico portugués e español á normativa comunitaria. Resultado do longo e complexo proceso resumido arriba son os conxuntos normativos existentes en España e Portugal para a protección de espazos naturais e áreas de interese. Nembargantes, podemos establecer unha evolución moi paralela, cando menos nos últimos trinta anos, entre as formulacións xerais e normativas de ambos países. A implicación da administración, xunto co mencionado crecente interese polos temas ambientais, significou a elaboración de numerosas disposicións de ámbito estatal, e no caso español de ámbito autonómico, xa que o marco constitucional español outorga competencias ás comunidades autónomas en materia de medio ambiente, aínda que reservando para o Estado a competencia exclusiva para dictar a lexislación básica sobre protección do medio ambiente. Na actualidade a preservación de espazos naturais en Portugal, as denominadas Áreas protexidas, organízase a partir do establecido no Decreto-Lei nº 19/93 que fixa tres niveis na clasificación, regulamentación e xestión das áreas. Os tres niveis de Áreas protexidas son: ámbito nacional, ámbito rexional e local, e estatuto privado. No primeiro nivel atópanse as figuras de protección máis importantes: Parque Nacional, Parque Natural, Reserva Natural e Monumento Natural. No nivel rexional e local están as Paisaxes Protexidas, e con estatuto privado os Sitios de 5

Interese Biolóxico. Trátase, como vemos no cadro 1, dunha configuración moi semellante á española. Cadro 1. Comparación entre as figuras de protección de espazos naturais españolas e portuguesas España Portugal Ley 4/1989, de 27 de marzo, de Conservación de los Espacios Naturales y de la Flora y Fauna Silvestres. Son Parques Nacionais aqueles espacios que, sendo susceptibles de ser declarados como Parques por Lei das Cortes Xerais, se declare a súa conservación de interese xeral da Nación coa atribución ao Estado da súa xestión e a correspondente asignación de recursos presupostarios. A declaración como de interese xeral da Nación apreciarase en razón a que o espacio sexa representativo dalgún dos principais sistemas naturais españois que se citan no anexo da presente Lei, configurándose para a súa mellor conservación a Rede de Parques Nacionais integrada pola totalidade dos que sexan declarados. Os Parques son áreas naturais, pouco transformadas pola explotación ou ocupación humana que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna o das súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos polo que a súa conservación merece unha atención preferente. Decreto-Lei nº 19/93, de 23 de Janeiro. Estabelece normas relativas à Rede Nacional de Áreas Protegidas. Enténdese por parque nacional unha área que conteña un ou varios ecosistemas inalterados ou pouco alterados pola intervención humana, integrando mostras representativas de rexións naturais características, de paisaxes naturais e humanizadas, de especies vexetais e animais, de lugares xeomorfolóxicos ou de habitats de especies con interese ecolóxico, científico e educativo. Enténdese por parque natural unha área que se caracteriza por conter paisaxes naturais, seminaturais e humanizadas, de interese nacional, e que é exemplo da integración harmoniosa da actividade humana e da Natureza e que presenta mostras dun bioma ou rexión natural. 6

As Reservas Naturais son espazos naturais, creados coa finalidade de protexer ecosistemas, comunidades ou elementos biolóxicos que pola súa rareza, fraxilidade, importancia ou singularidade merecen unha valoración especial. Os Monumentos Naturais son espazos ou elementos da natureza constituídos basicamente por formacións de notoria singularidade rareza ou beleza, que merecen ser obxecto dunha protección especial. Consideraranse tamén Monumentos Naturais, as formacións xeolóxicas, os xacementos paleontolóxicos e demais elementos da xea que reúnan un interese especial pola singularidade ou importancia dos seus valores científicos, culturais ou paisaxísticos. As Paisaxes protexidas son aqueles lugares concretos do medio natural que, polos seus valores estéticos e culturais, sexan merecedores dunha protección especial. Enténdese por reserva natural unha área destinada á protección de habitats da flora e da fauna. Enténdese por monumento natural un acontecemento natural que contén un ou máis aspectos que, pola súa singularidade, rareza ou representatibidade en termos ecolóxicos, estéticos, científicos e culturais, esixen a súa conservación e o mantemento da súa integridade. Enténdese por paisaxe protexida unha área con paisaxes naturais, seminaturais e humanizadas, de interese rexional ou local, resultantes da interacción harmoniosa do home e da Natureza que evidencia grande valor estético ou natural. É de destacar, por ser expresión da argumentación xeral respecto da protección da natureza, cales son os principios xerais da norma portuguesa: a conservación da natureza, a preservación das especies da fauna e da flora e dos seus hábitats naturais, o mantemento dos equilibrios ecolóxicos e a protección dos recursos nacionais contra todas as formas de degradación. Tales obxectivos son considerados de interese público e precisan da implementación e regulamentación dun sistema nacional de áreas protexidas. 7

En España a Lei 4/1989 de Conservación de los Espacios Naturales y de la Flora y Fauna Silvestres constitúe a norma básica para a protección de áreas naturais. Atende aos principios inspiradores de mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, da preservación da diversidade xenética, da utilización ordenada dos recursos, garantindo o aproveitamento sostido das especies e dos ecosistemas, a súa restauración e mellora, e da preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais e da paisaxe. Así, co fin de establecer unha rede representativa dos principais ecosistemas e rexións naturais, protexer áreas e elementos naturais que ofrezan un interese singular desde o punto de vista científico, cultural, educativo, estético, paisaxístico e recreativo, contribuír á supervivencia de comunidades ou especies necesitadas de protección, mediante a conservación dos seus hábitats, e colaborar en programas internacionais de conservación de espazos naturais e da vida silvestre dos que España sexa parte, establécese a posibilidade de declarar protexidos aqueles espazos que conteñan elementos naturais e sistemas naturais de especial interese ou valores naturais sobresaíntes. As categorías establecidas pola norma española son as de parque, reserva natural, monumento natural e paisaxe protexida. Ademais, aqueles espazos declarables parques que sexan representativos dalgún dos principais sistemas naturais españois (enunciados nun anexo da lei), poderán ser declarados Parques Nacionais. Estas figuras, definidas pola mencionada lei 4/1989, suceden a outras de normas anteriores que tamén quedaron reflectidas no catálogo de espazos protexidos en Galicia (por exemplo, os Sitios de Interese Nacional). Tanto en Portugal como en España concorren outras normas, como as procedentes dos convenios internacionais, da normativa europea ou doutros sectores administrativos, como da normativa urbanística, que engaden novas categorías e graos de protección aos espazos naturais relevantes do seu territorio. É o caso das Zonas Húmidas de Importancia Internacional (Convenio de Ramsar), as Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPAs), a Rede Natura 2000, as Reservas Nacionais de Caza, os espazos naturais delimitados nas Normas Subsidiarias e 8

Complementarias Provinciais, ou os solos rústicos ou non urbanizables de protección especial daqueles valores relacionados co medio natural. Galicia no marco das leis básicas do Estado español e en virtude das competencias conferidas polo estatuto de autonomía de 1981 dictou normas adicionais sobre protección do medio ambiente que se concretan nun conxunto de disposicións aparecidas dende entón. Neste senso, e respecto aos espazos naturais, debemos reseñar a existencia da Lei 9/2001, de Conservación da Natureza, que pretende recoller non so as figuras definidas pola lei estatal, senón tamén outras procedentes de convenios internacionais ou da normativa europea. Así, defínense as seguintes categorías: reserva natural, parque nacional, parque natural, monumento natural, humidal protexido, paisaxe protexida, zona de especial protección dos valores naturais, espazo natural de interese local e espazo privado de interese natural. Paga a pena facer fincapé na categoría de espazo privado de interese natural polo novidoso en canto ó seu proceso de selección. Neste caso son os propietarios particulares da zona os que propoñen á Consellería de Medio Ambiente a súa declaración. Estes espazos non se inclúen na Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos nen existe obrigatoriedade de financiación por parte da administración. Aínda así, o propietario asume o compromiso de conservar os valores naturais da área e terá preferencia na concesión de axudas e subvencións. Con anterioridade a esta norma, aplicárase en Galicia a figura do Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral regulada polo decreto 82/1989, de 11 de maio. Tanto no caso portugués como no español-galego as clasificacións ou figuras de protección adáptanse parcialmente ás recomendadas pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) que de maior a menor grao de protección son: reserva natural estricta e área silvestre, parque nacional, monumento natural, áreas de manexo de hábitats/especies, paisaxe 9

terrestre/marina protexida, área protexida para o manexo de recursos. Aínda que o maior grao de protección para ecosistemas, comunidades e especies de flora e fauna corresponde ás reservas naturais, estas soen tratarse de áreas reducidas. Pola contra, os Parques Nacionais establécense habitualmente sobre áreas extensas e constitúen as pezas máis destacadas dos sistemas ou redes de espazos naturais protexidos dun país. Así mesmo poden incluír dentro áreas de reserva. As características e finalidades dos Parques Nacionais quedan claramente recollidas na definición aprobada na décima asamblea da UICN (Nova Delhi, 1969): é unha zona relativamente extensa onde un ou varios ecosistemas non foron materialmente alterados pola explotación e ocupación humana, as especies vexetais e animais, os lugares xeomorfolóxicos e os hábitats teñen un especial interese científico, educativo e recreativo, ou existe unha paisaxe natural de gran beleza; a máis alta autoridade competente do Estado establece as medidas para impedir ou eliminar, tan pronto como sexa posible, a explotación ou ocupación en toda a área e poña en vigor as medidas efectivas de respecto dos elementos ecolóxicos, xeomorfolóxicos e estéticos que conduciron ao seu establecemento; e os visitantes teñan permitida a entrada baixo condicións especiais, para fins educativos, culturais ou recreativos. 1.2. A lexislación europea e internacional e os espazos naturais. Na actualidade, a política de conservación de espazos naturais está condicionada en grande medida pola establecida dentro do marco da Unión Europea. Así, tanto a Directiva Comunitaria de Aves como a de Hábitats crearon unha base lexislativa para a protección das especies e os medios naturais escasos e ameazados. Estas iniciativas lexislativas naceron fundamentadas nunha serie de estudios sobre a situación do medio ambiente natural en Europa. En 1985 xurde o programa Biotopos CORINE en virtude dunha decisión do Consello de Ministros da UE (daquela CEE). O obxectivo era establecer unha base de datos que permitira identificar, describir e avaliar hábitats e especies para poder 10

recoñecer os lugares de maior importancia na conservación da natureza. Deste xeito os hábitats descritos na Directiva 92/43/CEE e aplicados á Rede Natura 2000 teñen a súa orixe no devandito programa. O método utilizado para estudiar os hábitats é o fitosociolóxico sigmatista, un método de base florística onde hábitat faise equivalente a asociación vexetal. Escollense as asociacións vexetais debido a que se coñecen mellor que os animais e son máis fáciles de estudiar ó ser estáticas. Co paso do tempo e debido a un continuo desenvolvemento dos Sistemas de Información Xeográfica e un progresivo incremento da información relativa á composición e funcionamento dos hábitats o programa Biotopos CORINE foi adaptado en dúas ocasións, CORINE Land Cover 1990 e CORINE Land Cover 2000. A comparación entre os resultados de ambos anos aponta cara un lixeiro incremento da presión antrópica nas zonas litorais e certa descompresión no interior, agás as periferias urbanas e zonas mineiras como a de Valdeorras. A día de hoxe o programa creou unha base de datos con información perfectamente comparable entre os países membros da UE (anteriores á ampliación) convertíndose nunha ferramenta fundamental para a política ambiental e estatística no ámbito europeo. Como consecuencia de todo o anterior, a UE propuxo a creación dunha rede de lugares protexidos a escala comunitaria, denominándoa Natura 2000. Segundo a directiva, corresponde a cada estado membro, tendo presentes as necesidades científicas, económicas, sociais e culturais, elixir os medios que se aplicarán ó seu territorio. Preténdese, así mesmo, aproveitar a ocasión para integrar a política ambiental con outras. A análise da situación de partida considera, entre outras cuestións, que os hábitats naturais seguen degradándose e que un número crecente de especies silvestres están gravemente ameazadas; que os hábitats e as especies ameazadas forman parte do patrimonio natural da UE e que os perigos 11

que pesan sobor deles teñen a miúdo carácter transfronteirizo, polo que é necesario tomar medidas no ámbito comunitario a fin de conservalos. Constátase a espectacular regresión de numerosas especies debido ao deterioro dos seus hábitats naturais. Este proceso débese á intensificación de distintas actividades humanas. Pola contra, unha serie de hábitats seminaturais regulados secularmente pola agricultura ou pastoreo, ó seren abandonadas as prácticas e reducirse as superficies agrarias, xeraron un empobrecemento xeral da biodiversidade e da variedade de paisaxes. Así, e partindo dos antecedentes establecidos pola Directiva 79/409/CEE do Consello, do 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres, deséñase a nova estratexia para a protección da biodiversidade no ámbito da UE, plasmada na Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e da flora. En aplicación da primeira directiva, estableceronse unhas Zonas de Especial Protección das Aves que agora quedarán incluídas dentro da rede Natura 2000 (figura 2). Coa segunda directiva búscase a preservación dos hábitats e as especies cualificados como de interese comunitario. Para iso, cada estado propuxo como Lugares de Interese Comunitario (LICs) aquelas partes do seu territorio que cumplían cos criterios de protección de especies e hábitats fixados na propia directiva. A idoneidade destes lugares foi avaliada pola Comisión Europea e unha vez comunicado o resultado ós estados membros dispoñen dun prazo de 6 años para elaborar os Planes de Xestión que convirtan os LICs en Zonas de Especial Conservación (ZECs). É dicir, convertir eses lugares de interese en espazos onde as actividades humanas asuman o desenvolvemento sostible e asegurar así a conservación a longo prazo. As zonas especiais de conservación declaradas polos estados membros constituirán a rede europea de lugares protexidos Natura 2000. Na mencionada rede tipifícanse distintos hábitats dentro das 6 rexións bioxeográficas que están presentes nos 15 países que daquela formaban parte da Unión Europea. No ámbito da eurorrexión atopamos dúas rexións bioxeográficas pertencentes ambas o reino Holártico. Temos, por unha banda a rexión bioxeográfica atlántica que se estende 12

pola maior parte de Galicia e o noroeste de Portugal e onde a vexetación climácica é o bosque caducifolio denso. Por outra banda aparece a rexión bioxeográfica mediterránea na que a vexetación climácica está formada por bosques xerófilos perennifolios esclerófilos. Esta rexión é a máis representativa na zona do norte de Portugal e está pouco presente en Galicia, onde cobre zonas do surleste. Entrambas rexións bioxeográficas atopamos un área de ecotono, é dicir, unha transición entrambos tipos de vexetación onde aparecen algunhas especies de cada unha das comunidades adxacentes e organismos característicos do ecotono. Outro campo de interese na eurorrexión, coincidente cos obxectivos marcados na Unión Europea, constitúeo o relacionado coa protección das aves migratorias. Así, a especial posición da Península Ibérica lévaa a ser un territorio de paso moi importante para as especies de aves migratorias en tránsito entre Europa e África. As aves seguen nas súas migracións tres rotas principais. A oriental, bordeando a costa mediterránea; a central, dirixíndose tras franquear os Pirineos directamente cara ó estreito de Gibraltar; e a occidental, na que percorren toda a costa cantábrica e atlántica peninsular. Neste tránsito, e ás veces destino definitivo, teñen especial importancia diversas zonas húmidas situadas na costa galega e do norte de Portugal ou no interior próximo. Algunhas destas zonas tiveron o recoñecemento da súa importancia internacional coa inclusión no listado de Ramsar. O convenio relativo a humidais de importancia internacional, especialmente como hábitat de especies acuáticas, coñecido como Convenio de Ramsar por facerse nesa cidade iraní no ano 1971, foi ratificado por Portugal o 24 de novembro de 1980 e por España o 18 de marzo de 1982. A suscrición e ratificación implicaba para os estados parte a inclusión de cando menos un humidal na lista de humidais de importancia internacional. Moi posiblemente teña arrancado deste convenio e do movemento proteccionista colateral a extensión que tivo nas distintas disciplinas científicas a expresión zona húmida, entendida aquí de forma extensa, en substitución da multitude de termos preexistentes, frecuentemente con connotacións negativas. Así, explicítase no convenio que son humidais as zonas de pantanais, marxais, turbeiras ou superficies recubertas de augas naturais ou artificiais, permanentes ou temporais, con 13

auga estancada ou corrente, xa sexa doce, salobre ou salgada, incluídas as extensións de auga mariña cunha profundidade con marea baixa que non exceda de seis metros. Parte o Convenio de Ramsar da consideración das aves migratorias como un recurso internacional, e dos humidais como un recurso de gran valor económico, cultural, científico e recreativo, do que a súa perda sería irreparable. Para poñer fin á merma e perda de humidais búscase a harmonización das políticas nacionais previsoras coa acción internacional coordinada, a fin de contribuír ó logro dun desenvolvemento sostible en todo o mundo. As zonas húmidas de importancia internacional existentes no territorio da eurorrexión son as da Ría do Eo; Ría de Ortigueira e Ladrido; Lagoa e areal de Valdoviño; Complexo intermareal Umia - O Grove e Complexo de Corrubedo na parte galega, e a das Lagoas de Bertiandos e San Pedro de Arcos na portuguesa. Na actualidade tanto os convenios internacionais como as políticas nacionais de protección de espazos pretenden integrar as actividades humanas coa protección do medio natural. O Programa do Home e a Biosfera da UNESCO, iniciado en 1970, foi pioneiro en adoptar un enfoque como éste. Baséase en designar áreas denominadas como Reservas da Biosfera nas que se establece unha zonificación con distinta intensidade de protección (figura 4). Deste xeito defínese unha área central de protección estricta dos ecosistemas ou zona núcleo, rodeada dunha área de amortiguación ou zona tampón onde se permiten actividades humanas tradicionais e investigación non destructiva. Á súa vez a área de amortiguación encontrase rodeada por unha zona de transición na que se permiten certas formas de desenvolvemento sostible e a investigación experimental. As Reservas da Biosfera están recoñecidas internacionalmente índa que non están cubertas por ningún tratado internacional e permañecen baixo a soberanía dos respectivos países onde se atopan. 14

En canto á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal todas as reservas da biosfera designadas están situadas en Galicia. Son a Reserva da Biosfera de Terras do Miño, a de Allariz, a dos Ancares Lucences e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, e máis recentemente a do Río Eo, Oscos e Terras de Burón, compartida con Asturias. Ademáis, desde 2004, existe un movemento cidadán e algúns estudios que solicitan a declaración dunha reserva da biosfera nas Rías Baixas. Encontrámonos ante un proceso de progresiva protección do territorio que é moi posible que se atope lonxe da súa culminación, porque a crecente concienciación da poboación e da administración promove avances na cantidade de superficie protexida e intensidade da protección, porque o desenvolvemento económico e as tendencias xeodemográficas o permiten, porque os criterios non son fixos e porque o medio ambiente esíxeo. Esta reflexión permite achegarnos a unha cuestión que interesa tratar: non están protexidos todos os espazos de alto interese ambiental, non son as figuras de protección de espazos naturais os únicos instrumentos para a súa protección e, incluso, non todos os espazos protexidos respostan ós actuais criterios de catalogación de espazos naturais. Trataremos así, nos próximos parágrafos de resumir algunhas cuestións sobre estes tres aspectos. Por unha parte, a falta de sensibilidade no pasado e a insuficiente capacidade da administración supón que os espazos protexidos son na actualidade soamente unha pequena parte dos protexibles. Neste senso teñense elaborado diversos estudios, inventarios e propostas de espazos que protexer onde a iniciativa local está cada vez máis presente. Un exemplo diso é o caso do Concello de Oleiros que conseguíu que a Costa de Dexo fora proposta como LIC. Compleméntase este labor cos catálogos de especies ameazadas e de categoría de risco que elaboraron e manteñen diversos organismos e institucións, e que serven para a definición de espazos protexidos destinados a especies obxectivo. 15

Ademais das normas de protección de espazos naturais ou áreas protexidas, non debemos esquencer que existen outros instrumentos alternativos ou complementarios, segundo o caso, para acadar obxectivos semellantes. Referímonos, en primeiro lugar á normativa urbanística e de ordenación territorial que facilita a asignación de usos e imbricación no sistema territorial destes espazos sensibles. Disporiamos así a nivel local de plans xerais de ordenación municipal e plans especiais con posibilidade de definir con precisión as áreas que protexer en función de valores ambientais, ecolóxicos, paisaxísticos, científicos, educativos, recreativos, etc., establecendo normas precisas para facer efectiva a protección. A diversos niveis poderiamos contar con plans de ordenación do medio físico, plans sectoriais ou plans de desenvolvemento comarcal, a traves dos que debe ser viable a protección ambiental e o desenvolvemento integrado. Recentemente, temos un exemplo de protección dunha área mariña a través da normativa pesqueira, mediante a declaración da primeira reserva mariña de Galicia, denominada de Os Miñarzos, na costa de Lira (Carnota). Temos tamén as normativas de avaliación de impactos ambientais, de protección do patrimonio histórico-artístico (para áreas de interese etnográfico, paleontolóxico, etc.) ou diversas normas sectoriais como as de augas, costas, minas, etc. Entre estas normas sectoriais contamos coa lexislación de caza que, por exemplo no caso español coa Ley 1/1970, de 4 de abril, de caza, e no galego coa Lei 4/1997, de caza de Galicia, establecen entre outras figuras as reservas nacionais de caza e os refuxios de fauna, nas que prevalece o conservacionismo de especies. Unha cuestión moi relevante en relación aos espazos naturais e que xerou un debate científico é a da selección dos novos espazos que deben engrosar a lista dos xa protexidos, é dicir, o establecemento dos criterios para as novas incorporacións, dende a convicción de que tales inclusións non poden ser ilimitadas senón que é preciso optimizar os recursos administrativos e financeiros que tal protección comporta. Partindo da existencia de variacións históricas nos 16

criterios de selección débense definir aqueles que na actualidade permitan establecer unha rede ou sistema de espazos. A problemática plásmase no proceso de selección de espazos a integrar na rede Natura 2000. Tal proceso requeríu o inventariado de espazos susceptibles de ser protexidos, a súa valoración e o establecemento dunha xerarquía ou orde de prelación. A elaboración da xerarquía implica a comparación das valoracións realizadas, para o cal séguense procedementos moi semellantes aos empregados nas avaliacións de impacto ambiental e nos inventarios ecolóxicos para a ordenación do territorio. Como criterios máis usados estarían a diversidade e a representatibidade. Sen embargo demostrouse a insuficiencia da diversidade fronte ao enfoque ecosistémico. Así mesmo, aplicouse frecuentemente a elección de especies obxectivo que centran a atención na problemática de conservación dunha especie (o caso do oso pardo). Semellante é a protección establecida para as aves, especialmente as acuáticas e migratorias (ZEPA e humidais protexidos polo Convenio de Ramsar). Todas estas opcións e criterios diferentes pretenden dar resposta a distintos problemas. Por unha parte, a protección de determinadas especies pode atender a criterios de rareza, endemicidade, etc., pero especialmente ó de ameaza sobre a especie. Por outra, a representatibidade pode ter, segundo González Bernáldez (1989) un alcance máis global ou ecosistémico. Segundo esta perspectiva, o sistema de espazos naturais protexidos dun determinado territorio administrativo debe comprender o rango ou espectro de variación dos ecosistemas ou complexos ambientais do seu territorio. A financiación da Rede Natura 2000 continúa sendo incerta. En principio, e baseándose no artígo 8 da Directiva de Hábitats, a Comisión Europea só se compromete a cofinanciar as medidas esenciais dos ZECs que alberguen hábitats e/ou especies prioritarias. Barallanse tres posibilidades para iso, a primeira sería utilizar os fondos existentes (Fondos Estructurais e de Cohesión e o Life-Natureza) inda que modificándoos para asegurar que cobren as necesidades da Rede; unha segunda opción sería ampliar e modificar o Life-Natureza convertindoo no primer mecanismo de 17

financiación, e como terceira posibilidade poderíase crear un fondo específico. Á marxe do que se decida a nivel comunitario cada Estado é responsable de elaborar o modelo de financiación nacional en función da superficie designada e as condicións de protección. Igualmente xerou discusión o uso dos termos rede e sistema para referirse ó conxunto dos espazos protexidos, estando presentes ambos nas distintas normas legais. Algúns autores, como González Bernáldez (1989), prefiren o termo sistema ao de rede, xa que esta soe referirse a conexións físicas ou a fluxos e, en todo caso, presupón certa semellanza dos seus elementos: nós ou mallas; mentres que o sistema pode comprender elementos de moi desigual natureza, facéndose só referencia ao seu funcionamento. Nembargantes, pódese dicir a favor do uso do termo rede, entre outras, a coincidencia do sentido conectivo con algunhas propostas sobre a disposición e relación entre espazos protexidos. A cuestión fronteiriza tamén ten o seu reflexo nos espazos naturais. É innegable a frecuente coincidencia destes espazos con áreas territoriais que non soportan unha economía significativa. Vese polo tanto a correlación entre naturalidade e territorio que non chega a constituír un soporte económico de importancia. Igualmente atopamos certa coincidencia entre as fronteiras territoriais e estas áreas deprimidas e naturais. Así, espazos coherentes desde o punto de vista natural atópanse repartidos entre dous ámbitos administrativos diferentes. É o caso do parque natural da Baixa Limia e Serra do Xurés en Galicia e do parque nacional de Peneda-Gerês en Portugal (con acordo de xestión coordinada); do parque natural do Douro Internacional en Portugal e do parque natural de Los Arribes del Duero en Castela e León; do parque natural en da Serra da Enciña da Lastra no sudeste de Galicia e o homónimo parque natural en tramitación pola comunidade autónoma castelá-leonesa; do parque natural dos Ancares en tramitación en Castela e León e a reserva nacional de caza e recentemente Reserva da Biosfera existente tanto no lado galego coma no leonés; da Ría do Eo entre Galicia e Asturias con diversas figuras de protección; etc. Incluso sería o caso do portugués parque natural de Montesinhos sen ningún tipo de protección ó outro 18

lado da fronteira. Relación que exemplifica perfectamente a diversidade de combinacións posibles e que pon en evidencia a dificultade para acadar os obxectivos de protección propostos cando as estratexias e esforzos son diferentes segundo o lado da fronteira. 1.3. Os espazos naturais e o turismo verde. En relación co uso e conservación dos espazos naturais é importante atender ao incremento do chamado turismo verde, turismo da natureza, turismo ambiental e ecoturismo. Trátase dun movemento que implica a atracción cara a estas áreas de visitantes das áreas urbanas, buscando alternativas ó tradicional turismo de masas propio de rexións máis ao sur ou da área mediterránea. Resulta para eles de especial valor a existencia compensada de patrimonio natural e cultural, polo que a componente histórica e etnográfica dos espazos naturais convértense nun potenciador do proceso. Se ben o turismo pode contribuír ó desenvolvemento socioeconómico dunha área, o seu crecemento descontrolado dará lugar á degradación do medio ambiente e á perda da identidade local e culturas tradicionais. Para evitar estes impactos negativos é necesaria a elaboración de Planes de Xestión que permitan o desenvolvemento das actividades turísticas sen por en perigo o patrimonio natural e cultural do espazo protexido. O ecoturismo pretende cumprir cos dictados do desenvolvemento sostenible, para o cal, en 2002 elaborouse a Declaración de Quebec que inclúe obxectivos, principios e accións para levalo a cabo.entre os principios destacan o de contibuír activamente á conservación e o de incluír ás comunidades locais na planificación, desenvolvemento e explotación do turismo. Unha planificación participativa posibilita o diálogo entre administración e sociedade que, por unha banda evita conflictos por descoñecemento e por outro axuda á poboación local a ver os espazos protexidos como algo positivo e non como un conxunto de restriccións impostas sen o seu 19

consentimento.tamén se recoñece que o ecoturismo debe contribuir a sensibilizar ó visitante e a que o sector turístico en xeral sexa máis sostible. En resumo, a garantía de conservación dos espazos naturais pasa pola ordenación das actividades turísticas. Trátase de desenvolver proxectos de promoción selectiva de áreas de turismo rural (rutas turísticas, ecoturísticas, cicloturísticas, sendas naturais ) que permitan acadar os obxectivos de desenvolvemento antes sinalados e diversificar as áreas de destino, reducindo a presión que na actualidade sofren algunhas delas. 1.4. Retos ambientais para o século XXI. Hoxe en día, as principais ideas protectoras e conservacionistas en relación co medio ambiente prestan especial atención ó desenvolvemento sostible, planteado por el Informe Brundland en 1986, que, á marxe da idoneidade da expresión, vense aceptando como aquel desenvolvemento que satisfai as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades. A Estratexia Mundial para a Conservación, elaborada en 1980 pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) e outros organismos, di que o obxectivo da conservación é manter a capacidade dos ecosistemas para soster o desenvolvemento económico e garantir a vida. Polo tanto é necesario asumir as limitacións dos recursos e das capacidades dos ecosistemas, tendo presentes as necesidades das xeracións futuras. A Estratexia sinala os principais requisitos para lograr un desenvolvemento sostido que, no relacionado coa conservación dos espazos naturais ou áreas protexidas e especies en perigo, se concretan en dous puntos: un é o establecemento dunha rede completa de zonas protexidas, asegurando os hábitats vitais das especies ameazadas, os ecosistemas únicos e as mostras representativas dos tipos de ecosistemas; e o outro é a prevención da extinción de especies. Posteriormente, na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e Desenvolvemento que tivo lugar en Río en 1992, acórdase o 20

convenio sobre a diversidade biolóxica, ao que se adheriron España e Portugal. Neste convenio aparecen como obxectivos a protección da diversidade biolóxica, o seu uso sostible e establécese que os estados teñen o dereito de explotar os seus propios recursos e a obriga de asegurar que as actividades que se leven a cabo dentro da súa xurisdicción ou baixo o seu control non perxudiquen ó medio de outros estados. Dez anos despois a ONU convocou a Conferencia sobre Desenvolvemento Sostible en Johannesburgo a fin de avaliar os progresos realizados desde a Conferencia de Río. Os resultados eran preocupantes, non só non se frenara a perda de biodiversidade senón que aumentara a pasos axigantados. Pódese dicir entón que Río constitúe un avance teórico acompañado dun fracaso práctico. Con respecto a Johannesburgo cabe destacar que se produce un gran cambio conceptual e que por fin se reconoce que o verdadeiro problema é o modelo de desarrollo capitalista. Mentres non se erradique a pobreza, non se modifiquen as pautas de producción e consumo e non se protexan e ordenen os recursos naturais non se poderá alcanzar un desenvolvemento social e económico xusto en harmonía co medio ambiente. Parece entón que o gran reto pasa por conseguir un desenvolvemento que contemple a dimensión social, a ambiental e a económica, xa que un desenvolvemento que so teña en conta a dimensión social e a económica será equitativo pero non sostible. Por outro lado un desenvolvemento centrado na dimensión social e a ambiental logrará un mundo vivible pero non sostible e un desenvolvemento baseado en factores económicos e ambientais será viable pero de novo non será sostible. Un desenvolvemento sostible so se pode dar mediante políticas que integren o medio ambiente, a sociedade e a economía. 21

Referencias bibliográficas Álvarez Jiménez, Georgina (2003): La financiación de la red Natura 2000: Un reto para Europa. Internet. Disponible en http://www.mma.es/portal/secciones/biodiversidad/desarrollo_rural_paisaje/naturaleza_rural/ financiacion.htm (consultado o 17 de abril de 2007). Campillo Ruiz, A. e Méndez Martínez, G. (1991): Medio Ambiente. En: Gran Enciclopedia Gallega, tomo 32. Santiago y Gijón: Silverio Cañada y Gran Enciclopedia Gallega: 86-88. Comisión do Patrimonio Ecolóxico do Consello da Cultura Galega (1989): A natureza ameazada. Xea, Flora e Fauna de Galicia en perigo. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Fundación Heinrich Böll (2002): Equidad en un Mundo Frágil. Valencia: Tilde González Bernáldez, F. (1989): Relación entre espacios naturales protegidos y protegibles. Los términos de una polémica. En: Supervivencia de los Espacios Naturales. Madrid: Casa de Velázquez.-Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación: 45-59. González Rodríguez, I.; Fernández González, R. e Salvadores Ramos, R. (1995): Guía de espacios naturais de Galicia. Vigo: Galaxia. Instituto da Conservação da Natureza (2006): Áreas Protegidas. Internet. Disponible en http//portal.icn.pt/icnportal/vpt/areas+protegidas/ (consultado o 17 de abril de 2007). Instituto Geográfico Nacional (1995): Atlas Nacional de España. Tomo I.. Madrid: Ministerio de Obras Públicas, Transporte y Medio Ambiente. Centro Nacional de Información Geográfica. Instituto Geográfico Nacional: Introducción. Internet. Disponible en http://www.fomento.es/mfom/lang_castellano/direcciones_generales/insti TUTO_GEOGRAFICO/Teledeteccion/corine/clc/Introduccion.htm (consultado o 17 de abril de 2007). Méndez Martínez, G. e Campillo Ruiz, A. (1998): Medio Ambiente y Conservación de la Naturaleza. La protección legal del paisaje. En: Revista de la CECEL, 5, 13-17. Otero Pérez, X.L.; Mouriño Lourido, X.; Alonso Iglesias, P. e Sierra Abraín, F. (1994): Illas Cíes. Guía do Parque Natural. Vigo: Concello de Vigo. Primack, Richard B. e Ros, Joandomènec (2002): Introducción a la biología de la conservación. Barcelona: Ariel. 22

Ramsar Sites Information Service: Ramsar Sites Database. Internet. Disponible en http://www.wetlands.org/rsdb/default.htm (consultado o 17 de abril de 2007). Real Sociedad Geográfica (1996): Los espacios naturales protegidos en España. En: Boletín de la Real Sociedad Geográfica, tomo 132. Enero-Diciembre. Madrid: Real Sociedad Geográfica. Rodríguez Martín, F. (1989): La tipología de los espacios naturales protegidos. En: Supervivencia de los Espacios Naturales. Madrid: Casa de Velázquez-Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación: 207-215. Soler Insa, J. (1992): Los espacios naturales. En: Manual de ciencia del paisaje. Barcelona: Editorial Masson: 233-248. 23