TRAXECTORIAS E RETOS

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

O relevo e as costas de Galicia

Laboratorio do Territorio

Mapa de accidentalidade

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Anexo. Detalle das accións

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOS

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Turismo e Industrias Culturais e Creativas

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

IPLE_V1 Febreiro 2017 IPLE_V2 Abril 2017 IPLE_V3 Novembro 2017

ER-0172/2010. Memoria Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

76 praias galegas teñen alto risco de sufrir inundacións

Á Mesa do Parlamento

ANÁLISE DAFO DE GALICIA

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

Editado por: Xunta de Galicia Consellería de Economía e Industria Axencia Galega de Innovación Santiago de Compostela Ano: 2014 D.L.

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

A FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL (Culturmar)

Informe mensual do paro rexistrado

MEMORIA DE ACTIVIDADES

RSE. e desenvolvemento sustentable

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

Revista Galega de Economía Vol (2018)

Programación de proba libre de módulos profesionais

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

A FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO SOCIAL

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

PROXECTO DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA EN LINGUA GALEGA elaborado polo IES "PERDOURO" de BURELA

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

DATOS IDENTIFICATIVOS

PLAN DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

A máquina de escribir

PRESIDENCIA. ORGANIGRAMAS RPT Deputación de Ourense ÁREA DE ÁREA DE FACENDA ADMINISTRACIÓN XERAL ÁREA DE INFRAESTRUTURAS ÁREA DE BENESTAR ÁREA DE

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010


Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

WHAT IS AN ALTERNATIVES ANALYSIS STUDY?

Estratexia

ECONOMÍA APLICADA 13

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A.

RECURSOS E INSTRUMENTOS SOCIAIS

MEMORIA XUSTIFICATIVA PROXECTO Alternativa de autoemprego e IPIS

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

Youth Workshop/Taller de Jovenes

Revista Galega de Economía Vol (2018

PATRIMONIO E TURISMO CULTURAL

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

Prof. Dr. Francisco Peña

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

Comisión de usuarios. 9 de DECEMBRO de 2010 Orden do día:

Tourism planning, promotion and environmental sustainability: the case of Spain

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

Transcription:

TRAXECTORIAS E RETOS Fontenatura: un proxecto de dinamización sustentable para o concello da Fonsagrada. O patrimonio natural e cultural como base para o desenvolvemento endóxeno Fontenatura: a project of dynamization sustainable for the town hall of Fonsagrada. The natural and cultural heritage as a basis for the endogenous development. Laura Díaz Barrero.Universidade de Santiago de Compostela (Galiza) ISSN: 1887-2417 D.L.: C-3317-2006 Resumo O concello lugués da Fonsagrada alberga un rico patrimonio etnográfico e natural que apenas se está a poñer en valor actualmente, nin con iniciativas públicas nin privadas para o desenvolvemento socioeconómico dunha zona rural que precisa con urxencia de propostas de revitalización económica e sociocultural que fixen a poboación no territorio, impidan ou minoricen o paulatino esmorecemento deste, e melloren o benestar social da cidadanía. As respostas que ante este panorama ofrecerían iniciativas de carácter educativo-ambiental, así como lúdicas e turísticas tendedes á revalorización dos recursos endóxenos que atesoura o concello, case non se teñen producido polo momento: trátase dunha considerable perda de oportunidades para a dinamización económica e fortalecemento sociocultural desta área territorial, situación que o deseño dun proxecto de dinamización sustentable centrado neste concello toma como punto de inicio para contribuír á transformación desta inxusta realidade. Astract The town hall lugués of A Fonsagrada lodges a rich ethnographic and natural patrimony that scarcely is putting itself in value at present, or with public or private initiatives for the socio-economic development in a rural area that urgently needs economic and socio-cultural revitalization proposals specified in the population in the territory, prevent or minoricen its progressive regression and improve the social welfare of the citizenship. The answers that, against this background, would offer educational initiatives of nature-environmental, as well as recreational and tourism to the revaluation of the endogenous resources that it holds the town hall, almost no have produced by the time: It s a considerable loss of opportunities for the economic revitalization and social and cultural strengthening of this territorial area, situation that the design of a project of dynamization sustainable focused in this town hall takes as a starting point to contribute to the transformation of this unjust reality. Palabras chave Desenvolvemento rural, dinamización sustentable, patrimonio (natural e cultural), educación ambiental, proxecto de intervención, desenvolvemento endóxeno. Key-words Rural development, sustainable dynamization, heritage (natural and cultural), environmental education, intervention project, endogenous development ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14 ambientalmentesustentable xaneiro-decembro 2012, ano VII, vol. I, núm. 13-14, páxinas: 63-82 63

Laura Díaz Barrero Presentación e xustificación A orixe da presente contribución atópase no traballo de fin de máster que a co-autora do artigo (veciña da Fonsagrada) elaborou (baixo a titoría do docente Francisco Xosé Candia Durán) para o Máster en Dirección de Actividades Educativas da Natureza que desde o curso 2011/2012 se vén desenvolvendo na Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo). A idea deste traballo era deseñar un proxecto de intervención posible, mais realista, que permitira aproveitar os recursos endóxenos locais da Fonsagrada para contribuír a un desenvolvemento sustentable da zona, no que a revitalización do patrimonio natural e cultural, a educación ambiental, a dinamización sociocultural e a participación da comunidade deberían ser elementos consustanciais. No presente artigo pretendemos ofrecer unha síntese daquela proposta. Partimos da premisa de que o deseño e eventual implementación do devandito proxecto contribuiría significativamente á revitalización da significativa riqueza patrimonial, tanto natural como cultural, que acubilla o concello obxecto de estudo. Complementariamente asumiríamos como obxectivos secundarios do proxecto a reactivación local do tecido socioeconómico e á fixación da poboación neste territorio rural da xeografía galega. Principiamos aquí a presentación do proxecto coa exposición do marco teórico que o sustenta, e no cal se xustifica a importancia da educación ambiental como elemento dinamizador do patrimonio cultural e do medio rural. Unha vez asentadas as bases teóricas, estableceremos a denominación e exposición de motivos do proxecto de intervención (Fontenatura), sustentado na exposición dunha análise DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades), a cal sintetiza e expón as conclusións extraídas a raíz dun breve estudo previo acerca das dimensións xeográfica, ambiental, económica e humana do devandito concello. Seguidamente, indicamos a localización do proxecto así como a metodoloxía a seguir. Tamén nos ocupamos dos diferentes tipos de recursos que habería que mobilizar para poder executalo, así como da temporalización estimada e da concreción das súas liñas centrais de actuación. A avaliación virá definida polos cualificativos de continua e procesual. Antes das referencias documentais, o traballo culmina cunha síntese proxectiva. O concello da Fonsagrada, e por extensión o mundo rural galego, precisan proxectos de desenvolvemento endóxeno que poñan en valor o propio, para beneficio (en primeiro lugar de naturais, de visitantes, e 64 ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14

Fontenatura: un proxecto de dinamización sustentable... por suposto, do mesmo medio natural). A intención deste proxecto é precisamente contribuir a ese propósito. Marco teórico Educación ambiental e desenvolvemento humano É a partir da década dos 70 cando a preocupación polo medio ambiente e a súa conservación adquire unha importancia ata entón imprevista, espertándose as adormecidas conciencias da cidadanía ante a existencia dunha serie de graves alteracións ambientais provocadas pola acción antrópica, e que pasan a conformar o que no seu conxunto se coñece como crise ambiental, pois a idea máis estendida ata o momento era compatible cun desenvolvemento ilimitado segundo o cal, a natureza era unha fonte inesgotable de recursos para ser explotados e manipulados libremente pola especie humana, así como un sumidoiro de absorción de residuos resultantes de tales explotacións e transformacións (López Rodríguez, 2003: 19). Neste senso, a educación ambiental convértese nunha das estratexias máis valiosas e potentes para frear, ao tempo que combater, a progresiva degradación e menoscabo das condicións ambientais dun ecosistema inmerso en crise. Baixo está óptica, a educación ambiental constitúe unha alternativa necesaria para reeducar á poboación mundial para que perciba e interiorice a crise ambiental na súa verdadeira dimensión. Máis aínda, para que reflexione e tome conciencia de que está inmerso nunha crise provocada por el mesmo e que só el mesmo pode solucionar (Caride Gómez, 1998: 151). O informe Bruntland, recolle a finais da década dos 80 un amplo diagnóstico da situación ambiental mundial, e no cal se establecen entre outras propostas clave, a formulación do desenvolvemento sustentable entendido como aquel desenvolvemento que satisfai as necesidades da xeración presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades (López Rodríguez, 2003: 44), proposta na actualidade moi controvertida por enmascarar enfoques insolidarios e compatibles coa idea de crecemento económico 1. O específico da educación ambiental é, por tanto, que sen abandonar os problemas da poboación, estendeu os seus obxectivos ao contexto, incorporando as relacións entre cada suxeito e a natureza 1 Na doutrina sobre desenvolvemento sustentable que se institucionaliza na Cumbre de Río de Xaneiro, en 1992, non se cuestiona o dogma moderno do crecemento económico como base de todo o progreso, senón que se demanda que sexa sustentable e matizadamente máis xusto. Fonte: Súcar, 2011: 43. ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14 65

Laura Díaz Barrero e cos/cas demais seres vivos, nunha escala que vincula ao local co global. Este ensanchamento de horizontes, sitúa a esta educación como unha vía de reconsideración das nosas relacións coa biosfera, a vez que un instrumento de transformación social (Novo, 2009: 198), todo isto coa meta de conseguir sociedades máis harmónicas e equitativas. A asunción de aptitudes positivas e de respecto cara ao medio convértese nunha posibilidade educativa que emana da educación ambiental, reforzando esa necesaria unión entre a sociedade e o patrimonio cultural existente mediante a sensibilización e concienciación acerca da importancia de valorar e conservar os valores naturais que alberga o medio. Neste empeño, os percorridos da educación ambiental converxen no desenvolvemento humano, tratando de integrar as súas propostas no amplo escenario que debuxa a globalización dos problemas ambientais o que fai dela unha educación atenta ás transformacións e cambios sociais que permitan facer fronte, dende a reflexión e a práctica a desafíos que emerxen coa complexidade ambiental (Caride e Meira, 2001: 184). A participación ambiental, definida por De Castro (1998) como aquel proceso de implicación directa das persoas no coñecemento, valoración, a prevención e a corrección dos problemas ambientais 2, convértese non só nunha forma de xestionar ditos problemas, senón tamén na principal estratexia de dar resposta a nivel local e institucional aos retos que a actual crise ambiental nos enfronta pois, como afirma Heras (2004: 14) 3 compartindo obxectivos, experiencias e responsabilidades, as persoas e organizacións establecen conexións que perdurarán máis aló dun proxecto concreto e que poden dar lugar a redes útiles para acometer novas iniciativas proambientais. Educación ambiental e desenvolvemento sustentable no medio rural A cultura mercantilista imperante na sociedade actual provoca que o medio rural experimentara fondas transformacións nas últimas décadas, pasando de concibirse a educación ambiental como unha práctica enfocada principalmente cara ás urbes (como acontecía antano), por entenderse que a poboación rural era xa consciente e coñecedora do sistema social e natural que a rodeaba, a considerarse tamén as contornas rurais como escenarios demandantes de recursos e estratexias que permitan revalorizar as tradicións así como recuperar a identidade cultural das sociedades máis rurais. 2 Fonte: Barracosa, 2008: 15 3 Fonte: Barracosa, 2008: 20. 66 ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14

Fontenatura: un proxecto de dinamización sustentable... Nesta tesitura, o parentesco entre a cultura e a natureza recobran forza, actuando a educación ambiental no medio rural como marco reorganizador dos códigos da ecoloxía humana no campo, loitando contra a desertización cultural 4 e artillando accións tendentes á reconstrución do tecido social e que conduzan á súa poboación a entender, protexer e revalorizar a herdanza cultural e o patrimonio natural do propio hábitat que, por natureza, lles corresponde no ecosistema rural. propietarias do territorio, quen participen activamente nos procesos de desenvolvemento e promoción turística interna. Como afirma Serantes (2010: 191) a integración da comunidade no desenvolvemento da experiencia turística potencia os efectos positivos da actividade e neutraliza os negativos, sendo as propias comunidades (formándoas na materia) as máis apropiadas para transmitir a alma do lugar onde habitan, así como os seus valores locais, materiais, ou espirituais. Mais un desenvolvemento endóxeno e sustentable do medio rural, para ser estable e consciente, ten que xurdir da man de iniciativas de acción- intervención comunitarias pois trátase de implicar a cada suxeito na defensa do seu contorno natural e cultural, contribuíndo tanto á promoción de identidades como á redifinición das autonomías locais. Unha misión que debe articularse a partir da biografía que achega cada persoa á historia común, contextualizándoa nos espazos e tempos sociais que lle son propios, desde un estrito respecto aos dereitos humanos e á irrenunciable aspiración a que se mellore progresivamente a calidade de vida (Caride, 1997: 155). Neste contexto, e sendo na actualidade o turismo baseado na natureza ou ecoturismo un dos medios máis relevantes de intercambio cultural, semella aínda un reto pendente que sexan as persoas 4 Termo acuñado por Hernández Montesinos,1990: 4. En síntese, falar de educación para o medio ambiente ten que levar implícito unha alusión directa ao territorio como espazo de identificación vital e tamén socioeconómica, é dicir, como espazo de desenvolvemento e riqueza para os seus propios moradores. Na medida en que o territorio e os seus recursos produtivos recuperen o seu protagonismo, os seus habitantes volverán a ser garantes da súa preservación e da súa revalorización (Hernández,1990: 4). Son estas as razóns primarias que xustifican o proxecto de dinamización sustentable que expoñemos ao longo do presente artigo. Proxecto de intervención Fontenatura O representativo nome escollido para denominar a este proxecto de intervención será o de Fontenatura, por ser cons- ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14 67

Laura Díaz Barrero cientes de que a venerada fonte da vila da Fonsagrada (manancial coñecido como Fontem Sacram) foi a que probablemente dera orixe ao topónimo deste concello, onde a natureza se converte ademais nun referente permanente da súa identidade. Establecer a creación de dinámicas de participación social e dinamización socioeconómica endóxenas. Análise da realidade A pretensión última de Fontenatura reside na dinamización sociocultural e económica, con criterios de sustentabilidade, dos recursos existentes no concello da Fonsagrada (tanto patrimoniais, como naturais e humanos), recorrendo para tal fin ao deseño dunha oferta de actividades recreativas, así como ambientais e turísticas que promovan, polo seu interese, demanda, novidade e ou variedade, a diversificación das escasas opcións de coñecemento, valoración, goce e preservación da riqueza tanto cultural, como natural e lúdico- -educativa que acubilla este enclave, así como en relación aos equipamentos e servizos que ofrece, en beneficio dun fortalecemento das relacións entre o espazo, a natureza e a propia comunidade na que o proxecto se localiza. No tocante aos obxectivos do proxecto, destacan os seguintes: Deseñar un programa de actividades ocio-educativas, ambientais e turísticas adaptado aos recursos existentes no concello así como ao público destinatario. Implicar activamente á comunidade local no proceso de reactivación sociocultural e económica do concello. Co obxecto de poñer de manifesto (e concretar aos efectos dos fins deste proxecto) a situación da área territorial de estudo, optamos por considerar a realización dunha análise DAFO do devandito concello, cuxo resultado actuará como punto de partida para o deseño, desenvolvemento e avaliación do proxecto de intervención. Amósase a continuación a táboa DAFO correspondente (Táboa 1). Metodoloxía e localización Este proxecto dinamizador parte dunha metodoloxía activa e eminentemente práctica pois, pese a existir un deseño previo que actúa como temón consideramos a avaliación de carácter continuo e procesual como a principal ferramenta para supervisar e valorar o óptimo funcionamento de cada unha das fases das que consta, así como o nivel de implicación dos diferentes axentes que participan no proxecto, xa que somos partidarios, tal e como defendía o célebre John Dewey, da importancia de learnig by doing. Así mesmo, salientar que o proxecto engloba á totalidade da extensión fonsa- 68 ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14

Fontenatura: un proxecto de dinamización sustentable... DEBILIDADES Ausencia dun deseño, sinalización e mantemento axeitado das rutas de sendeirismo existentes (un total de 12) Insuficiente oferta de actividades lúdico-educativas e socioculturais existentes na cabeceira do Concello da Fonsagrada, e sobre todo fóra dela. Ausencia de persoal técnico en desenvolvemento local nun concello tan extenso coma o presente. A adversa climatoloxía da zona na estadía invernal condiciona a afluencia de visitantes AMEAZAS Despoboamento e avellentamento progresivos. Insuficiente nivel de investimento público por parte das diferentes institucións. Progresivo éxodo rural das novas xeracións asentadas na zona, por mor da ausencia de oportunidades laborais. Desaproveitamento de solos con alta capacidade agropecuaria. Evolución demográfica decrecente. Falta de sensibilidade ante valores etnográficos. FORTALEZAS Riqueza gastronómica. Paso do Camiño Primitivo De Santiago pola propia vila. Cantidade relevante de elementos arqueolóxicos e etnográficos existentes. Variedade de oficios tradicionais que atesoura o concello (talla de madeira, cerámica de barro, ferrería,cestería...) Riqueza cultural e popular que alberga o seu Museo Etnográfico. Forte pegada do asociacionismo. Presenza de tres Lugares de Importancia Comunitaria (LIC): nos seus límites municipais: LIC Carballido, LIC Marronda e LIC Río Eo. Pertenza do concello á Reserva da Biosfera: "Río Eo, Oscos e Terras de Burón" OPORTUNIDADES Interese crecente no turismo verde e deportes na natureza. Frecuencia de nevadas como recurso lúdico- recreativo. O guiado e mellora do deseño e sinalización das rutas de sendeirismo existentes. Sector agrogandeiro como un recurso educativo -ambiental a dinamizar. O Camiño Primitivo de Santiago como escenario de intercambio de experiencias no eido educativo-ambiental. O emprazamento xeográfico como recurso para a creación de diversos deportes. O asociacionismo como estratexia de dinamización local. A rehabilitación das escolas e vivendas rurais con fins socioculturais. Rica comunidade faunística. Predominancia do sector primario (fundamentalmente a gandería) Existencia de numerosas escolas rurais abandonadas. Táboa 1: Análise DAFO do concello da Fonsagrada ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14 69

Laura Díaz Barrero gradina. Quizais as características xeográficas máis rechamantes respecto do concello obxecto de estudo sexan que A Fonsagrada, cunha superficie de 438,45 km 2 represente o concello máis extenso de Galicia e o segundo máis extenso de España, e que a vila da Fonsagrada (capitalidade do concello) é a de maior altitude de Galicia, con 952 metros sobre o nivel do mar (Mapa 1). Integrado na zona de alta montaña galega, este sitúase no extremo centro oriental da provincia de Lugo. Dise deste concello que á vista de páxaro, o aspecto que ofrece é o dunha grande plataforma surcada de enrugas que se encaixa a grosso modo entre dúas cuncas fluviais: a do Navia polo oriente e a do Eo por occidente (López Fernández, 1986: 10), sendo dous os ríos centrais que contribúen a configurar, de Leste a Oeste, a fisionomía xeográfica do municipio fonsagradino: o Rodil, vertendo as súas augas ao Eo, e o Lamas-Villabol, que desauga sobre o río Navia. Recursos Para desenvolver este proxecto debemos recorrer ao emprego de catro tipos de recursos: os institucionais e comunitarios, os económicos, os de carácter humano e os recursos materiais e infraestruturais. 1. Recursos institucionais e comunitarios Por tratarse dun proxecto que require a implicación comunitaria como piar chave, entendemos que poderemos contar co apoio da veciñanza así como das diferentes institucións públicas da comarca para dinamizar, dun xeito máis consciente e inclusivo, a nosa proposta de revalorización do medio rural. Mapa 1: Localización do concello en Galicia. Fonte: De Vega, 2010: 2 Foto 1: Vista aérea da vila da Fonsagrada e arredores. 70 ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14

Fontenatura: un proxecto de dinamización sustentable... No marco das institucións públicas sinalaremos a posible implicación de: Concello da Fonsagrada: institución pública de vital importancia para acadar a cesión de instalacións óptimas (como a Casa da Cultura) onde reunirse e coordinar os acordos do grupo de xestión. Deputación Provincial de Lugo, que desde o ano 2008 dispuxo dun plan estratéxico da provincia de Lugo no que se establece un programa de acción comunitaria dirixido á posta en marcha de actividades e investimentos a prol da cultura e a revalorización ambiental e rural. 5 Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, por ofrecer a posibilidade de colaborar coa Unión Europea para a inscrición do proxecto na Rede de Espazos Ambientalmente Competitivos (REDEAC) e conseguir financiamento. Xunta de Galicia: Institución de referencia cuxa implicación poderá facilitar a colaboración doutras institucións públicas. Destacamos a continuación aquelas consellarías cuxos programas se adaptan en boa medida aos obxectivos do noso proxecto: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que promove actuacións como o proxecto Núcleos de Sostibilidade 6 que persegue, por 5 Fonte: Meixide, 2008: 2-20 6 Trátase dun proxecto piloto que a medio da implantación dun Plan de acción local, posibilitar a integración a nivel comunitario de todas as accións susceptibles de ser promovidas pola administración local e autonómica e que garden relación directa coa consecución dun desenvolvemento local sustentable, coordinándoas en aplicación dos diversos instrumentos que se poden incorporar (Avaliación Estratéxica de Sostibilidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal, axendas 21 local e escolar, educación ambiental, instrumentos de sostibilidade empresarial, de gobernanza municipal) 7. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: por ofrecer programas formativos nos distintos niveis do ensino regrado. Consellería do Medio Rural e do Mar: recorreríamos á Axencia Galega de Desenvolvemento Económico (AGADER) para acollernos ás subvencións de proxectos destinados á dinamización das áreas rurais como as que parten do Fondo Europeo Agrícola de Desen- Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas desenvolve en 7 municipios galegos: Abegondo, Muros, Guitiriz, O Barco de Valdeorras e Covelo, na Asociación para o Desenvolvemento Sostible do Medio Rural da Reserva da Biosfera Área de Allariz, co fin de acadar a implantación dun Núcleo de Sostibilidade. 7 Cabe promover a participación en programas como Axenda Local 21 e Axenda 21 escolar, por tratarse de plans de acción pensados para implicar á cidadanía local así como aos centros educativos no desenvolvemento de procesos de sustentabilidade no seu entorno máis próximo. ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14 71

Laura Díaz Barrero volvemento Rural (FEADER), e que se concretan no plan de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR), o cal se executa baixo a metodoloxía do programa LEA- DER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural). Centrándonos agora nas institucións privadas, procuraremos a implicación daquelas institucións locais máis activas, das moitas existentes na comarca, e que alberguen finalidades sociais e culturais, como son as que se citan a continuación. De entre as asociacións socioculturais e educativas así como as asociacións rurais e veciñais existentes, contactaríamos polo menos con 12 (táboa 2). Asociacións culturais e educativas e veciñais Asociacións rurais Asociación cultural Asociación de mu- Antaruxas e Solteiros Voz lleres rurais: A Nosa Asociación Cultural: Asociación de amas O Caxigo de casa: A Fiestra Padroado do Museo Asociación veciñal: Comarcal A Veiga de Logares Asociación de Ferrei- Asociación Gandeira: ros Fonseca Asociación de Turismo Rural de Terras O Regueirón Asociación Forestal: de Burón Asociacións de Nais Asociación de Pensionistas e Xubilados e Pais (ANPA) do CEIP da Fonsagrada Táboa 2: Asociacións activas no concello da Fonsagrada 2. Recursos económicos Contamos que as vías de financiamento do proxecto procedan de: Achegas das institucións públicas e privadas implicadas, procurando dispoñer dunha base económica mínima para desenvolver a primeira fase do proxecto. Subvencións: presentaremos a nosa proposta ás diferentes convocatorias de axudas das diversas institucións públicas mencionadas anteriormente, sendo de especial interese a participación no plan LEADER, por fomentar o desenvolvemento rural a partir dos recursos europeos. 3. Recursos humanos Como avogamos pola implicación local e comunitaria para o óptimo desenvolvemento do proxecto, os recursos persoais convértense en fundamentais. Disporemos de dúas educadoras ambientais encargadas da execución e supervisión directa do mesmo, ao tempo que promoveremos a participación activa da veciñanza e das asociacións comarcais. Buscarase tamén a participación daquelas persoas que queiran colaborar a título particular, sobre todo certo persoal clave: o técnico de medio ambiente, a alcaldía, etc. 4. Recursos materiais e infraestruturas As infraestruturas coas que parte o proxecto procederían do aproveitamento das instalacións existentes: telecentro, Museo 72 ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14

Fontenatura: un proxecto de dinamización sustentable... Etnográfico, escolas rurais, elementos da arquitectura popular, explotacións agropecuarias, servizo de transporte público (autobús), etc. A adquisición do material funxible necesario podería ser achegado polo propio concello. Dispoñer de recursos asociados ás tecnoloxías da información e a comunicación será fundamental para o éxito da organización, desenvolvemento e difusión da proposta. Temporalización A temporalización deste proxecto presentará inicialmente un carácter aberto e flexible, pois dependerá da dispoñibilidade económica e da progresión das sucesivas fases das que se compón, estimando unha duración aproximada duns catro anos. Fase inicial: destinarase á procura dunha implicación activa tanto a nivel comunitario como institucional, por medio de charlas interactivas coa veciñanza e as/os comerciantes da zona, reunións con entidades locais, institucións públicas e privadas, asociacións comarcais, etc. Logo de garantir unha mínima implicación comunitaria crearase nesta fase un Plan de Xestión de Viabilidade así como un grupo encargado da súa xestión e, a maiores propiciarase a creación dunha asociación fundamental para a supervivencia de Fontenatura: a Asociación recreativo-cultural para a dinamización e promoción da Fonsagrada (integrada polos diferentes axentes da comunidade local (veciñanza, asociacións de mulleres rurais, asociacións culturais, comerciantes, persoal de hostalería, etc). A temporalización desta primeira fase será dun ano e dous meses e culminará cun proceso divulgativo centrado no emprego de diferentes soportes de difusión tales como os medios de comunicación (radio, televisión e prensa) especialmente os de carácter local, co fin de implicar canto antes á comunidade máis próxima. Tamén botaremos man das TIC (prensa virtual, blogs, bitácoras, redes sociais etc.) así como de material impreso (a edición de folletos, planos e trípticos) e preferiblemente de documentos en formato dixital (debido á redución do impacto ambiental) para promocionar publicamente a iniciativa. En último termo, consideramos pertinente a creación dunha páxina web propia e asociada ao desenvolvemento do proxecto Fontenatura, a cal pode estar enlazada á súa vez ás das diferentes entidades que colaboran. Un posible exemplo inicial do seu deseño podería ser o seguinte (Foto 2). ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14 73

Laura Díaz Barrero Foto 2: Bosquexo inicial da posible páxina web Fontenatura Fase de desenvolvemento: terá lugar nela a execución das liñas de actuación previamente establecidas, así como a priorización das actividades en función do financiamento acadado e necesario para a súa posta en marcha. Estímase que a fase de consecución do financiamento precisará de cinco meses e a fase de posta en marcha das actividades sobre dous anos. Fase final: centrarase na realización dunha avaliación de carácter final na que participarán todas e todos os membros que colaboraron no proxecto, e a cal rematará coa redacción dunha memoria concluínte e, no seu caso, na elaboración dun novo proxecto. Estímase unha duración aproximada de tres meses. Liñas de acción e actividades Este proxecto pivota sobre tres grandes áreas ou sectores ao redor dos que se deseñan as diferentes actividades: o sector do lecer e o tempo libre, o sector educativo- ambiental e o sector cultural- patrimonial. 74 ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14

Fontenatura: un proxecto de dinamización sustentable... CRONOGRAMA Fases Actuacións Temporalización aproximada FASE I FASE II FASE III Difusión da proposta, para acadar a implicación institucional e comunitaria Creación dun grupo de xestión e dun plan de viabilidade Creación da Asociación recreativo-cultural para a dinamización e promoción da Fonsagrada" Promoción pública da proposta e creación da páxina web Fontenatura Consecución do financiamento e priorización das actuacións Execución das actuacións/actividades Avaliación final participada do proxecto, elaboración da memoria concluínte e, no seu caso, redacción dun novo proxecto 3 meses 4 meses 3 meses 4 meses 5 meses 2 anos 3 meses Total: 4 anos A seguir expóñense pois as medidas concretas e os motivos polos que consideramos necesario crear un conxunto de actividades que pretenden, pola súa variedade, novidade, interese e demanda percibida, contribuír á dinamización do desenvolvemento endóxeno sustentable do concello. Sector do lecer e o tempo libre introdución de novas alternativas deportivas e de lecer como a práctica de escalada, o ciclismo, o tiro con arco, a equitación, o piragüismo ou a realización de campamentos, pero non de carácter urbano coma os xa existentes na vila, senón aproveitando a inmersión nas numerosas contornas naturais de recoñecido interese que acubilla este enclave. A localización xeográfica do concello convértese nun recurso idóneo para gozar da práctica de deportes e actividades de recreación ao aire libre, crendo pertinente a As frecuentes nevadas na zona durante a época invernal son tamén un potencial recurso recreativo aínda sen explotar, podendo atraer ao público visitante mediante a oferta ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14 75

Laura Díaz Barrero usuarias e usuarios convértese noutro reto, e posto que as persoas da terceira idade supoñen a poboación máis representativa do concello, e tamén, en certa medida, a máis esquecida, incidiremos no deseño de actividades enfocadas a este colectivo e adaptándoas, na medida do posible, para persoas con diversidade funcional. Foto 3 : Posibles actividades a ofertar no marco do sector do lecer e o tempo libre de actividades de lecer onde a neve se converta na protagonista: estadías confortables en época de neve, rutas con raquetas de neve, rutas de esquí de fondo, etc. As numerosas e variadas rutas de sendeirismo que oferta o concello (un total de doce) convértense noutra fermosa alternativa de lecer, malia que na actualidade moi poucas gozan dun axeitado estado de conservación, polo que unha das nosas prioridades reside en garantir o seu óptimo mantemento así como promover a súa homologación, xa que consideramos preferible dispoñer dun menor número de rutas pero en bo estado a contar coas actuais, aínda que intransitables e sen expectativas de progreso. 8 Adaptar as actividades recreativas ao perfil e franxa de idade das e dos potenciais Como posibles actividades a por en marcha neste sector destacan: 1) A realización de campamentos de verán quincenais en espazos naturais e rurais do concello, onde se promovan intercambios culturais entre os centros educativos de carácter urbano e os centros rurais ou rururbanos das diferentes provincias galegas, engadindo como atractivo a práctica de diferentes idiomas (galego, castelán, inglés, etc.), así como a práctica multideportiva na natureza. 2) A creación de diversos encontros, obradoiros, intercambios, e Xornadas Interxeneracionais rurais 9 co fin de posibilitar a recuperación e o intercambio de experiencias e coñecementos entre as xeracións máis novas e a terceira idade, en relación ás lendas e xogos populares da zona, ás súas tradicións agrarias así como refráns ou costumes. 8 Na actualidade tan so dúas rutas de sendeirismo (das doce existentes) se encontran homologadas: A ruta de Gallol e a ruta de Pena Guímara. 9 Este tipo de xornadas son realizadas con éxito dende fai case unha década por concellos galegos coma o de Xermade (Lugo). 76 ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14

Fontenatura: un proxecto de dinamización sustentable... 3) A adaptación dos roteiros de sendeirismo existentes de maneira que algúns deles poidan ser tamén accesibles para a realización de rutas programadas en bicicleta e a cabalo. Sector educativo- ambiental Somos conscientes de que para xerar posibilidades culturais, económicas ou de cohesión local e identitarias, é preciso provocar antes as conciencias, educar sensibilidades e promover sinerxias arredor deste territorio. Con este obxecto deséñase Fonsagrada elemental, un programa de educación ambiental que pretende contribuír ao desenvolvemento comunitario e á posta en valor dos recursos endóxenos, partindo da base da sustentabilidade natural, social e cultural, e apostando pola implicación activa de toda a comunidade socioeducativa (veciñanza, familias, sistema educativo, alumnado) 10. No marco deste programa proponse o deseño de recursos didácticos (xornais, artigos de divulgación) así como a creación de itinerarios temáticos (que serían elaborados polo propio alumnado dos centros educativos do concello) co fin de coñecer Ilustración 4: Posibles actividades a desenvolver no sector educativo-ambiental a fondo e poder valorar mellor o diverso patrimonio da súa zona, ao tempo que campañas de concienciación e sensibilización ambiental xunto con obradoiros dirixidos e adaptados aos diferentes membros da comunidade, pois defendemos que aquilo que se coñece ben, pode valorarse e preservarse mellor. Entre as posibles actividades a desenvolver neste eido propóñense as seguintes: 1) A realización de Escolas de verán onde se oferten unha ampla gama de actividades educativas e formativas relacionadas coa educación ambiental: a eficiencia enerxética, ecoauditorías escolares, obradoiros de reciclaxe, creación dun horto ecolóxico, etc. 10 Este tipo de programas son promovidos noutros concellos galegos pioneiros no desenvolvemento local como o caso do concello de Vedra (A Coruña), onde dende o ano 2005 se desenvolve o programa educativo Ulla Elemental, destinado a fortalecer, dende diferentes accións educativas, a identidade e coñecemento do entorno local do concello. 2) A participación en iniciativas como: En clave sustentable (no que tamén participan concellos galegos coma o de Vedra) por tratarse dun proxecto de intercambio europeo de acollida cen- ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14 77

Laura Díaz Barrero trado na análise e na educación para a sustentabilidade dende a mocidade, o cal busca xerar diferentes alternativas de desenvolvemento social, ambiental, económico e de emprendemento ao longo da xeografía galega. 3) A programación de cursos teórico- -prácticos destinados á formación da veciñanza e á poboación local no ámbito educativo-ambiental (cursos de agricultura e gandería ecolóxica, así como relacionados coa xestión e o aproveitamento forestal sostible) co fin de dispoñer nun futuro dun equipo de educadoras e educadores locais que actúen como guías do seu propio medio. Sector cultural-patrimonial Dispón o concello neste senso de fondas posibilidades para atraer tanto ao/á visitante ocasional, como ao/ó peregrina/o estacional ou ao/a turista incansable pois, tanto a súa riqueza gastronómica e arraigada cultura popular, como sobrio patrimonio etnográfico e arqueolóxico, unido ao transcorrer do Camiño Primitivo pola propia vila da Fonsagrada, confírenlle un atractivo singular que precisa, non obstante, de maiores doses de promoción e difusión. Malia que son os produtos típicos da zona (o botelo, o pastel da Fonsagrada, ou o polbo) un recoñecido reclamo para a poboación foránea, non abundan as estratexias de promoción que transcendan da súa exaltación en datas puntuais (como a feira do botelo, as feiras de gando, ou o mercado de cogumelos, a ruta das tapas..), considerando que esta identidade gastronómica cabería tamén potenciala a nivel local mediante feiras de circuíto local (veciñanza e feiras de proximidade), a través de mercados de alimentos, ou das feiras de troco. A recuperación da artesanía local xunto cos oficios tradicionais da zona cremos que é posible 11 mediante a posta en marcha de obradoiros e talleres adaptados ás idades e intereses das e dos participantes, así como por medio da creación de feiras e encontros de artesanía, onde os/as propios artesáns/ás poidan transmitir o coñecemento adquirido á comunidade. Sendo o turismo un sector en auxe no concello, consideramos fundamental potenciar o coñecemento da riqueza patrimonial que alberga a zona obxecto de estudo mediante o guiado dos roteiros de sendeirismo actualmente existentes así como en relación aos principais elementos de interese (castros, mámoas, dolmens, muíños, hórreos, pallozas, espazos naturais protexidos, etc). Algunhas posibles actividades a desenvolver son: 11 Concellos asturianos limítrofes como Taramundi son un bo exemplo de reactivación e posta en valor da súa artesanía local, acadando as súas coñecidas navallas de Taramundi, recoñecida sona e prestixio nacional. 78 ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14

Fontenatura: un proxecto de dinamización sustentable... Ilustración 5: Breve mostra do patrimonio existente e posibles actividades dentro do sector cultural-patrimonial 1) Redeseño dos folletos das actuais rutas de sendeirismo así como incorporación dun servizo de guiado das mesmas por parte das e dos guías educativos e/ou monitoras e monitores locais do concello, que tamén ofertarán os seus servizos para dar a coñecer á poboación os principais puntos de interese que a nivel etnográfico e natural presenta. 2) Oferta de paquetes de actividades personalizados e adaptados ás posibilidades que ofrece cada estación, de maneira que ao tempo que a poboación visitante acode á vila a degustar da súa gastronomía ou patrimonio, dispoña tamén doutras alternativas: roteiros micolóxicos, recolección de castañas, etc. 3) A programación de visitas concertadas a contornas rurais que actúen como pobos escola, de maneira que o persoal que se achega á vila poida participar das actividades relacionadas coa vida agropecuaria e coñecer in situ ás explotacións gandeiras da zona, ou mesmo colaborar nas tarefas agrarias (na mallega ou no proceso de elaboración do pan, na matanza do porco, na apicultura, nas tarefas de labranza e coidado do gando) 12, e sempre contando coa colaboración e bo facer da propia veciñanza, quen exercerá como referente interpretativo. 4) A implantación de proxectos onde se realce a valía do Camiño Primitivo, como é o caso de Camiño Solidario 13 por posibilitar un rico intercambio de experiencias e sensacións entre a poboación autóctona e a visitante. 5) A rehabilitación ou acondicionamento das escolas rurais abandonadas do concello co fin de organizar encontros e actividades recreativo- culturais e mesmo asociativas entre a poboación local 14. 12 Preténdese neste senso dinamizar o medio agrario como xa o levan facendo con acerto en Centros de Desenvolvemento Rural (CDR) coma o do Viso (Ourense), o cal consideramos como un referente para a dinamización do contorno rural pola creación dun pobo escola. 13 Este proxecto tense realizado o pasado ano en concellos coma o de Vedra (A Coruña), o cal promove encontros baseados no intercambio de coñecementos e vivenzas arredor do Camiño de Santiago por medio da programación de actividades de voluntariadoencontro coa poboación local. 14 As numerosas escolas rurais espalladas polo concello encóntranse maioritariamente abandonadas ou, en contadas ocasións, ocupadas por poboación foránea (outra alternativa de uso interesante para fixar poboación na zona). Non obstante, activas asociacións de mulleres rurais como é o caso de: A nosa Voz, non dubidaron en acondicionar a escola rural máis próxima (situada en Vilalba da Trapa) para convertela en sede ou lugar estratéxico onde artellar os seus encontros e organizar actividades culturais, o que ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14 79

Laura Díaz Barrero Avaliación A avaliación converterase na peza chave para poder comprobar o grado de cumprimento dos obxectivos propostos así como a calidade dos procesos realizados. Sendo conscientes de que os programas se encontran sometidos a imprevistos, e polo tanto expostos a posibles modificacións, o modelo de avaliación ten que estar centrado na mellora, e por tanto pode ser continuo e procesual para poder adaptarse ás situacións cambiantes que poidan xurdir. Partirá dunha recollida sistemática e selectiva da información, necesaria para poder diagnosticar de xeito integrado o desenvolvemento do proxecto, ao tempo que realizar, de ser preciso, os xuízos de valor requiridos de cara a unha mellora substantiva dos procesos. Participarán deste todos os axentes que interveñen no proxecto (educadoras/es, veciñanza, guías locais, visitantes, alumnado, familias) empregando técnicas variadas para a recolección de datos e documentación sobre os posibles problemas: a observación directa e as entrevistas abertas, ou técnicas máis formalizadas como os cuestionarios, os informes individuais, foros de debate colectivos así como as gravacións en vídeo e a fotografía. Atendendo ao momento, recorreremos ao emprego de diferentes instrumentos de avaliación: instrumentos avaliativos previos á estancia, para coñecer así as demandas do público usuario (a través do contacto previo vía telefónica, visitas in situ aos centros pertinentes por parte das e dos profesionais da educación ambiental, cuestionarios previos de necesidades e demandas); instrumentos de avaliación procesuais realizados durante a estancia (reunión inicial e asemblea xeral de recibimento do grupo de visitantes, revisións de valoracións intermedias, asembleas finais); e instrumentos de control de resultados e satisfacción das demandas do persoal usuario posteriores á estancia, tales como os informes de actividades, informes de coordinación e entrevistas así como cuestionarios aos diferentes axentes implicados. Ao remate de cada ano, realizarase un informe final que reflicta o seguimento de todo o proceso así como as incidencias e aspectos a mellorar. demostra, en definitiva, a utilidade e importancia que estes espazos en desuso poden chegar a significar para a dinamización das contornas máis rurais, ata agora dependentes fundamentalmente da vila da Fonsagrada para poder acceder á práctica de actividades culturais ou lúdico recreativas organizadas. Toda a información previamente recadada permitiranos abordar a realidade dun xeito máis consciente e integrado á hora de establecer novas vías de actuación, así como reconducir ou ampliar as xa existen- 80 ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14

Fontenatura: un proxecto de dinamización sustentable... tes na procura dun desenvolvemento socioeconómico óptimo e estable. Síntese proxectiva da iniciativa e priorización das actuacións en función do financiamento acadado; execución das actividades e, para concluír, avaliación das mesmas e elaboración dunha memoria final e/ou redacción dun novo proxecto. Contextualizamos o noso proxecto Fontenatura no extenso concello da Fonsagrada partindo da hipótese de que é posible artellar novas alternativas de dinamización sociocultural sustentable neste enclave natural. A realización dunha análise DAFO, convértese no método empregado para examinar a priori as posibilidades reais que no eido ambiental, cultural e lúdico-educativo alberga este concello, ao tempo que exercen como punto de inicio dende o que estudar novas actividades destinadas a favorecer o desenvolvemento sociocultural e económico da zona obxecto de estudo, en beneficio dun fortalecemento a nivel poboacional e territorial. A cultura, o lecer e mais a educación ambiental actúan como as liñas de actuación ou eixes clave que vertebran esta proposta, xunto coa colaboración da veciñanza e a comunidade local e educativa, que participan activamente nas actividades de desenvolvemento endóxeno deseñadas. En síntese, agardamos que o xerme desta iniciativa poida contribuír, nun futuro próximo, a facer deste medio rural visitable, un medio rural máis habitable, e ao tempo, facer deste medio rural habitable, un medio rural máis visitable, e do que sentir máis orgullo. Como ben afirma Pose (2009), aquilo que o singulariza [ao medio] e lle outorga identidade de seu é o que o valorizará por parte de propios e alleos. Os recursos institucionais e comunitarios, económicos, humanos, así como materiais e infraestruturais, convértense en mecanismos necesarios para a súa execución, xunto coa temporalización ou a delimitación das tres grandes fases das que este se compón: implicación institucional e comunitaria e creación dun grupo de xestión local e dun plan de viabilidade así como dunha representativa asociación a prol da dinamización local do concello; promoción Mais cómpre salientar que este proxecto de dinamización loxicamente non conclúe co explicitado neste artigo, senón que caberían múltiples vías de actuación, tanto dos obxectivos como das propias prácticas de execución. Galicia está conformada en boa parte por municipios cun compoñente rural de características compatibles co da Fonsagrada, que acubillan unha serie de recursos ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14 81

Laura Díaz Barrero endóxenos potencialmente explotables dende o punto de vista do desenvolvemento sustentable, e que agardan poderen ser revalorizados e dinamizados como precisan, e certamente merecen as e os seus habitantes. Bibliografía Barracosa, H. [et al.] (2008): Estratexias de Educación Ambiental. Modelos experiencias e indicadores para a sostenibilidade local. Vigo, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Caride Gómez, J.A. e Meira, P.A. (2001): Educación ambiental y desarollo humano. Barcelona, Ariel. Caride Gómez, J.A. (1998): Educación ambiental e desenvolvemento comunitario, in González Fernández A. [et al.] (1998): As demandas sociais e a escola. Vilagarcía de Arousa, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Caride Gómez, J. A. (1997): A acción e intervención comunitaria, en, Petrus, A. [et al.] (1997): Pedagogía social. Barcelona, Ariel: 225. De Vega, A. [et al.] (2010): Plan xeral de Ordenación Municipal. Concello de Fonsagrada. Documento de inicio (Anteproxecto do plan). Arquitectura, Territorio e Medio Ambiente. Aldara. Gutiérrez, J. [et al.] (1999): Modelos de calidad y prácticas evaluativas predominantes en los equipamientos de Educación ambiental, en Navarro, R. e Candia, X.F. (2012-2013): Dossier documental da materia Equipamentos e Organización de actividades de Educación Ambiental. Máster DAEN. Universidade de Santiago de Compostela. Hernández Montesinos, D. (1990): Educación ambiental en el medio rural: una estrategia de recuperación de la inteligencia social, en, Revista Interuniversitaria de Formación de Profesorado, 7: 59-64. López Fernández, E. [et al.] (1986): Fonsagrada y su concejo. Madrid, Everest. López Rodríguez, R. e García, J.A. (2008): A axenda 21 escolar galega. Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento sostible. López Rodríguez, R. (2003). Educación ambiental y su didáctica. Lugo, Deputación Provincial. Méndez Buján, V. (2012): Proxecto de posta en valor da cultura dos muíños de auga de Abades (Silleda). Traballo de Fin de Máster DAEN, setembro, 2012. Universidade de Santiago de Compostela. Documento policopiado. Novo, M. (2009): La educación ambiental. Una genuína educación para el desarrollo sostenible. Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) Madrid, en, Revista de Educación, nº extraordinario: 195-217. Serantes, A. (2010): A interpretación do patrimonio. Bases e recursos, en Navarro, R. e Candia, X.F.(2012-2013): Dossier documental da materia Equipamentos e Organización de actividades de Educación Ambiental. Máster DAEN. Universidade de Santiago de Compostela. Súcar, S. [et al.] (2011): Visiones Iberoamericanas de la Educación Ambiental en México. Memorias del Foro Tbilisi + 31. México, editorial@ugto.mx. Webgrafía Centro de Desenvolvemento Rural o Viso, en http://www.cdroviso.org/. (Consulta: 03/06/2013). Concello da Fonsagrada, en, wwwfonsagrada. org. (Consulta: 11/04/2013). Concello de Taramundi, en, www.taramundi.es/. (Consulta : 11/06/203). Concello de Vedra, en, http://concellodevedra. com/. (Consulta: 09/06/2013). Concello de Xermade, en, www.concellodexermade.com (Consulta: 11/06/2013). Deputación de Lugo, en, www.deputacionlugo. org/portal_localweb_ag/recursos. (Consulta 08/06/2010). Deputación de Lugo, en, www.deputacionlugo. org/portal_localweb_ag/recursos. (Consulta 08/06/2010). Pacín López, J.G., en, http://veigadelogares.blogspot.com.es.. Blog centrado no Concello da Fonsagrada. (Consulta 10/07/2013). Meixide, A. [et al.]: Plan Estratéxico da Provincia de Lugo, en http://www.deputacionlugo. org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp? (Consulta: 02/08/2013). 82 ambientalmentesustentable, 2012, (I), 13-14