Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

Similar documents
Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado

O relevo e as costas de Galicia

Mapa de accidentalidade

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

ECONOMÍA APLICADA 13

EMIGRACIÓN DE RETORNO NA GALICIA INTERIOR. O CASO DE ANTAS DE ULLA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Monográfico Gallegos e tanos. Xornadas sobre migracións italianas e españolas a Arxentina ( )

Urban Challenges in Latin America and the Caribbean: The importance of transport

Potential market and the role of banking in the economic integration of Latin America

ACTIVIDADE ECONÓMICA, ESTRUTURA PRODUTIVA E EMPREGO NO VAL DO CAUCA 1

Villasante, C.S.; García Negro, M.C.; Carballo, A. Rodríguez, G.

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

A DEMANDA DE CRÉDITO HIPOTECARIO EN ESPAÑA: ESPECIAL REFERENCIA Á SITUACIÓN GALEGA

ESTUDO DESCRITIVO DO SECTOR DO TRANSPORTE INTERNACIONAL DE MERCADORÍAS POR ESTRADA EN GALICIA

O MERCADO DE CRÉDITO HIPOTECARIO NA UNIÓN EUROPEA

INTER-AMERICAN DRUG ABUSE CONTROL COMMISSION C I C A D

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

Balance dos rendementos do sistema electoral galego: unha proposta de reforma

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

Revista Galega de Economía Vol (2018)

Revista Galega de Economía Vol (2016)

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña)

7.1 Os recursos locais

A máquina de escribir

Revista Galega de Economía Vol (2018

A minería do wolframio en Galicia durante o século XX

ANÁLISE DAFO DE GALICIA

P.E.P.R.I. Excmo. Concello de O Barco de Valdeorras PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR DO CASCO ANTIGO ANEXO ENQUISA A FAMILIAS

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

O PAPEL DA EMPRESA PÚBLICA INDUSTRIAL NO DESENVOLVEMENTO REXIONAL

Túmulos prehistóricos dos concellos de Neda, Fene, Mugardos e Ares (A Coruña)

STATISTICAL BULLETIN #25 INTERNATIONAL TRADE IN GOODS IN LATIN AMERICA AND THE CARIBBEAN - THIRD TRIMESTER

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

ACTIVIDADES DE REFORZO DE 3º DE ESO. XEOGRAFÍA ECONÓMICA APELIDOS : NOME: CURSO:

Overnight stays in hotel establishments 1 increase 7.1% in March with respect to the same month in 2017

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

Property Tax in Latin America: Country Facts

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

2VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Spanish Countries. & Capitals. Map Labeling & Quiz SpanishMadeEasy.net

ARAGON BASIC DATA, 2018 Instituto Aragonés de Estadística

IBEROAMERICAN GUARANTEES NETWORK ASSOCIATION - REGAR

VIOLENCIA RURAL INTERCOMUNITARIA NO SUESTE DE GALICIA. UN CASO CONCRETO: MOIALDE CONTRA SAN PEDRO DE POUSADA

Rede de Estacións de Referencia GNNS en Tempo Real RTK

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

POBOACIÓN LOCAL E AREAS PROTEXIDAS EN NAMIBIA. PERCEPCIÓN SOBRE OS EFECTOS NA SALAMBALA CONSERVANCY.

POPULATION AND HOUSEHOLDS POPULATION HOUSEHOLDS HOUSING

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

RECURSOS E INSTRUMENTOS SOCIAIS

SPAIN'S COASTLINE LAND COVER CHANGES 7VCT VIRTUAL CITIES AND TERRITORIES

1.- IDEOLOXÍA. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

POPULATION AND HOUSEHOLDS POPULATION HOUSEHOLDS HOUSING.

O TURISMO SOSTIBLE NAS MARCAS TURÍSTICAS DE CATALUÑA

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Probas dos elementos internos do alternador

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

76 praias galegas teñen alto risco de sufrir inundacións

XERENCIA DE ATENCIÓN PRIMARIA A CORUÑA. Memoria anual 2004

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

MARCO TEÓRICO. Investigación social do fenómeno da catividade de tartaruga moura no sureste Ibérico

ESTADO DA CUESTIÓN DA CONSTRUCCIÓN NAVAL GALEGA: OS NOVOS FACTORES DE COMPETITIVIDADE

O TRANSPORTE COMO PRODUTO TURÍSTICO EN GALICIA: UNHA ANÁLISE DA OFERTA ACTUAL

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

EXÓTICAS BAIXO MIÑO. Noé Ferreira Rodríguez

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

The World Pasta Industry in 2011

Institute for Public Opinion Research, Florida International University The Brookings Institution Cuba Study Group

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

Escola Superior Gallaecia Mestrado integrado em Arquitectura e Urbanismo Dissertação - Tema sobre Urbanismo

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Overnight stays in hotel establishments register an increase of 0.8% in October, as compared to the same month of 2017

A POLÍTICA DE CREACIÓN DE CLUSTERS INSTITUCIONAIS: O CLUSTER DO SECTOR NAVAL DE GALICIA (ACLUNAGA) 1

2. Elsa ( ) Grupo: Andrés Calamaro Álbum: Alta Sociedad Canción: Flaca Puntuación media da canción polos compañeiros: 7.44

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

2. LA REHABILITACIÓN URBANA DE DOS CENTROS HISTÓRICOS: VIGO Y SANTIAGO DE COMPOSTELA 1

PORTO EXTERIOR ECONÓMICO DO SOBRE O EMPREGO NA CORUÑA E OUTRAS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Transcription:

dun concello. Así mesmo, cómpre sinalar a obriga legal das persoas estranxeiras que non sexan residentes de longa duración a confirmar a súa inscrición no Padrón cada dous anos, o que pode supoñer un descenso no número de persoas empadroadas. tamén existen casos de cidadáns/as comunitarios/as que residen e se inscriben no Padrón Municipal e que sen embargo non solicitan a tarxeta de residencia á que teñen dereito. Táboa 4. Estranxeiros/as con tarxeta ou autorización de residencia en vigor por continente, a 31/12/2006. (O total inclúe 56 de Oceanía). Comunidade e provincia Total Europa comunitaria Resto de Europa África Iberoamérica América do Norte Asia Galicia 61.302 17.126 3.012 6.829 31.440 825 2.002 A Coruña 21.618 5.108 1.156 2.000 11.971 473 878 Lugo 7.778 1.734 568 1.064 4.070 72 264 Ourense 9.231 4.647 330 530 3.486 64 170 Pontevedra 22.675 5.637 958 3.235 11.913 216 690 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006. 1.3. Países de procedencia da poboación estranxeira En canto á orixe da poboación estranxeira en Galicia, podemos identificar dúas grandes áreas xeográficas de procedencia predominantes: Sudamérica e Europa. Tal como se deprende do seguinte gráfico, a poboación estranxeira empadroada na nosa comunidade autónoma procedente de América representa máis do 50% do total de estranxeiros/as empadroados/as en Galicia, e o seguinte grupo en relevancia é o procedente de Europa (35%). 21

Gráfico 2. Poboación estranxeira en Galicia por zonas de orixe. Padrón Municipal de Habitantes a 01/01/2006. 40.000 35.000 30.000 25.000 20.000 15.000 10.000 5.000-21.044 COMUNITARIOS 4.586 NON COMUNITARIOS 6.639 39.562 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Padrón Municipal de Habitantes 01/01/2006. Segundo o estudo Inmigración estranxeira e territorio en Galicia da Secretaría Xeral de Emigración, na nosa comunidade podemos distinguir dous tipos de fluxo de orixe sudamericana: aquel que posúe relacións migratorias históricas con Galicia por acoller a poboación emigrante galega nos séculos XIX e XX (Arxentina, Uruguai, Venezuela, Brasil, Cuba, México) e aquel cun comportamento alleo ás dinámicas migratorias históricas, máis influídas por outros tipos de factores propios e fluxos españois (Ecuador, Perú, Bolivia, Colombia, Paraguai). Os países que forman parte do denominado primeiro grupo, establecendo unha clasificación para os efectos unicamente comparativos, son: Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai e Venezuela. O segundo grupo estaría constituído por: Bolivia, Colombia, Ecuador, Paraguai e Perú. Moitos dos orixinarios dos países do primeiro grupo poden ter referencias previas de Galicia ou ter algún coñecido ou familiar residente na nosa comunidade. O segundo grupo está composto por nacións onde a existencia de galegos e galegas vivindo no país é máis testimonial e onde a emigración cara a Galicia se inscribe fundamentalmente como parte de fluxos cun destino xeral a España. A inmigración a Galicia é un fenómeno recente nos dous casos (de finais da década do 1990) e cunha evolución paralela ata o 2001. A partir deste ano, as tendencias comezan a mostrar comportamentos claramente 1.794 100 31 ÁFRICA AMÉRICA ASIA OCEANÍA APÁTRIDAS 22

contrapostos. Os do primeiro grupo son os primeiros en chegar a Galicia nos comezos do ciclo inmigratorio actual e están ben representados nas catro provincias. Aqueles sen relación afectiva con Galicia chegan máis tarde pero manteñen uns ritmos de crecemento máis intensos. No 2001 prodúcese un importante aumento de entradas de habitantes dos países que forman o primeiro grupo, ata o punto de que en só un ano se chega a duplicar a cifra do anterior. Pola contra, durante dous anos descenden de maneira importante as entradas de inmigrantes procedentes do segundo grupo de países. Dende o 2003, a situación parece estabilizarse nos dous casos pero mostrando unha tendencia á alza xeralizada e mantendo unha diferenza próxima ás 3.000 entradas anuais de persoas inmigrantes de Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai e Venezuela. Entre os colectivos do segundo grupo de países sudamericanos, destacamos os comportamentos de dúas nacionalidades: Ecuador e Colombia. A poboación ecuatoriana, a segunda en importancia en números absolutos en España, ocupa o lugar trece entre a poboación estranxeira empadroada en Galicia. Os/as colombianos/as ocupan unha posición relativa importante en Galicia, moi por riba da media estatal. Sobresae a posición privilexiada que teñen na provincia de A Coruña. Gráfico 3. Evolución do número de entradas de estranxeiros/as en Galicia: latinoamericanos/as. 600 500 400 300 200 100 0 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 Grupo I Grupo II Fonte: Inmigración estranxeira e territorio en Galicia a partir do INE: Estadística de variaciones residenciales. 23

Ao longo destes mesmos trece anos, a evolución é menos convulsa no caso das entradas de europeos/as. O primeiro grupo de países europeos estaría formado por habitantes chegados dende Portugal, Francia, Reino Unido e Italia. Do segundo grupo formarían parte Romanía, Bulgaria, Ucraína e Rusia. Divididos en función da súa condición de europeos occidentais e orientais, cada grupo está formado polos países con máis habitantes que viven en Galicia na actualidade. Liderados pola entrada de portugueses/as, a partir do 1996 asistimos a un importante impulso na entrada de europeos/as occidentais que, cun crecemento sostido, chega a superar as 1.600 entradas no 2005. Os/as inmigrantes da Europa do Leste incorpóranse máis tarde ao proceso inmigratorio con destino Galicia debido a dúas causas principais. En primeiro lugar, a inmigración da Europa menos desenvolvida é un fenómeno da globalización que, como no caso anterior, en Galicia iníciase plenamente no 1998-1999. En segundo lugar, unha parte importante destas persoas inmigrantes chegadas a Galicia pasaron previamente por outros destinos españois. En calquera caso, o número de entradas anuais dos/as europeos/as é significativamente inferior ao de latinoamericanos/as. Gráfico 4. Evolución do número de entradas de estranxeiros/as en Galicia: europeos/as. 180 160 140 120 100 80 60 40 20 0 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 Grupo I Grupo II Fonte: Inmigración estranxeira e territorio en Galicia a partir do INE: Estadística de variaciones residenciales. 24

En relación co anterior e atendendo ás principais nacionalidades de orixe das persoas inmigrantes en Galicia destaca a importancia numérica da poboación de nacionalidade portuguesa, colombiana, brasileira e arxentina. No primeiro caso pódese relacionar coa proximidade xeográfica, afinidade lingüística e relacións comerciais e laborais en xeral entre o Norte de Portugal e o contorno da comarca de Vigo e Ourense; no segundo caso, cómpre destacar os vínculos da emigración galega a América Latina que se referiron anteriormente. As cinco primeiras nacionalidades referidas na seguinte táboa concentran o 51% da totalidade da poboación inmigrante en Galicia. Segundo datos do padrón municipal o 1 de xaneiro do 2006, Galicia conta con máis dun 17% de persoas inmigrantes orixinarias do país veciño; as tres nacionalidades non comunitarias que representan os maiores números de inmigrantes son Colombia (8.063), Brasil (6.443) e Arxentina (6.284). Outras nacionalidades con presenza significativa son a uruguaia, a marroquí e a venezolana, con valores entre 3000 e 4000 estranxeiros/as empadroados/as; con valores entre 2000 e 3000 situaríanse os de nacionalidade romanesa e italiana. Destaca a presenza de persoas de nacionalidade portuguesa nas provincias de Pontevedra e Ourense, mentres que a comunidade sudamericana concéntrase principalmente nas provincias atlánticas (Pontevedra e A Coruña). Táboa 5. Estranxeiros/as en Galicia e provincias segundo nacionalidade. Padrón Municipal de Habitantes a 01/01/06. Países de nacionalidade Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Total 73.756 25.468 7.992 12.116 28.180 Portugal 13.224 1.807 1.391 4.898 5.128 Colombia 8.063 2.962 1.141 1.111 2.849 Brasil 6.443 2.231 761 1.047 2.404 Arxentina 6.284 2.619 429 565 2.671 Uruguai 4.013 1.705 229 104 1.975 Venezuela 3.818 1.454 319 813 1.232 25

Países de nacionalidade Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Marrocos 3.754 1.036 608 443 1.667 Italia 2.589 1.180 161 246 1.002 Romanía 2.201 712 295 359 835 Cuba 1.789 787 238 196 568 Rép. Dominicana 1.785 640 569 314 262 Perú 1.659 749 276 39 595 Ecuador 1.511 496 119 312 584 Francia 1.375 431 135 192 617 Reino Unido 1.303 687 130 56 430 China 1.270 603 122 99 446 Alemaña 1.052 367 56 159 470 Estados Unidos 959 583 71 77 228 Senegal 853 386 6 56 405 Bolivia 838 313 84 52 389 Chile 697 436 34 35 192 Paraguai 652 257 20 42 333 México 577 240 18 125 194 Bulgaria 505 140 98 67 200 Rusia 454 217 23 30 184 Gana 434 8 3 1 422 Suíza 396 155 65 94 82 Ucraína 394 155 31 53 155 Alxeria 396 150 27 47 172 Nixeria 349 100 61 13 175 26

Países de nacionalidade Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Países Baixos 280 122 23 30 105 Cabo Verde 266 40 191 12 23 Polonia 241 125 7 32 77 Bélxica 187 88 18 8 73 Irlanda 144 80 9 11 44 Moldavia 133 80 3 9 41 Lituania 107 41 16 5 45 Angola 104 31 10 8 55 Resto nacionalidades* 2.657 1.255 195 356 851 * Con menos de 100. Fonte: Secretaría Xeral de Emigración a partir de datos do INE. Padrón Municipal de Habitantes (01/01/06). Segundo o estudo citado anteriormente, os datos do avance do Padrón Municipal de Habitantes 2007 reflicten que hai máis de cen nacionalidades diferentes, a parte da española, residindo en Galicia. Na actualidade, entre estas nacionalidades con máis dun millar de empadroados atopamos poboación de diversas rexións do mundo: Europa Occidental e Oriental, América do Sur e do Centro, da África Subsahariana e do Magreb e incluso de Asia. Táboa 6. As dez nacionalidades estranxeiras mellor representadas nas provincias galegas no 2007. A CORUÑA LUGO Nacionalidade Estranxeiros Porcentaxe poboación estranxeira Nacionalidade Estranxeiros Porcentaxe poboación estranxeira Colombia 3.042 10,90 Portugal 1.627 18,11 Brasil 2.931 10,50 Colombia 1.115 12,41 Portugal 2.286 8,19 Brasil 938 10,44 Arxentina 2.198 7,87 Marrocos 734 8,17 Uruguai 1.686 6,04 R.Dominicana 649 7,22 27

A CORUÑA LUGO Nacionalidade Estranxeiros Porcentaxe poboación estranxeira Nacionalidade Estranxeiros Porcentaxe poboación estranxeira Venezuela 1.404 5,03 Romanía 469 5,22 Italia 1.294 4,63 Arxentina 377 4,19 Marrocos 1.130 4,04 Perú 355 3,95 Perú 947 3,39 Venezuela 312 3,47 Romanía 941 3,37 Cuba 248 2,76 OURENSE PONTEVEDRA Nacionalidade Estranxeiros Porcentaxe poboación estranxeira Nacionalidade Estranxeiros Porcentaxe poboación estranxeira Portugal 5.403 43,55 Portugal 6.154 19,39 Brasil 1.145 9,23 Brasil 3.168 9,98 Colombia 958 7,72 Colombia 2.899 9,13 Venezuela 709 5,71 Arxentina 2.484 7,82 Romanía 455 3,66 Uruguai 1.980 6,24 Marrocos 433 3,49 Marrocos 1.709 5,38 Arxentina 410 3,30 Venezuela 1.334 4,20 R.Dominicana 332 2,67 Italia 1.118 3,52 Italia 281 2,26 Romanía 1.069 3,36 Ecuador 249 2,00 Perú 790 2,48 Fonte: Inmigración Estranxeira e Territorio en Galicia partir de INE Avance del Padrón de Habitantes 2007. A análise temporal da procedencia das persoas estranxeiras empadroadas en Galicia é significativa das transformacións que se están producindo na actualidade, aumenta o número de lugares de orixe dos inmigrantes, crece a intensidade dos fluxos xerados, perde importancia o factor distancia á hora do desprazamento etc. A tendencia debuxada confirma a idea de que a inmigración estranxeira galega gravita sobre o Atlántico, primeiro respecto a Portugal e cada vez máis en relación a Sudamérica. 28

En definitiva, países de Europa Occidental e Sudamérica son os principais alimentadores da inmigración galega. Fóra destes continentes, só marroquís e, en menor medida, senegaleses e chineses suman continxentes numerosos en Galicia. 1.4. Estrutura por idade e sexos Atendendo á idade das persoas inmigrantes empadroadas na nosa comunidade, os datos amosan un peso moi notable (83%) da poboación inmigrante en idade laboral, isto é, entre 16 e 64 anos, e destacan especialmente a franxa de idade comprendida entre os 25 e os 39 anos que concentra ao 41,80% do total da poboación estranxeira en Galicia; a súa presenza é maioritaria nas provincias atlánticas (A Coruña e Pontevedra). Aquelas que teñen máis de 64 anos representan unha porcentaxe residual (4,82%). A media de idade da poboación inmigrante empadroada en Galicia é de 34 anos. Táboa 7. Poboación total e poboación estranxeira en Galicia por grupos de idade Padrón Municipal de Habitantes o 01/01/06. Grupo de Idade Poboación total en Galicia Poboación estranxeira en Galicia Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres 0-4 101.014 52.120 48.894 2.164 1.086 1.078 05-09 99.198 51.271 47.927 3.186 1.675 1.511 10-14 112.212 57.729 54.483 3.656 1.868 1.788 15-19 132.872 67.957 64.919 4.197 2.188 2.009 20-24 171.976 87.551 84.425 7.086 3.137 3.949 25-29 219.911 110.586 109.325 10.881 4.866 6.015 30-34 219.368 110.159 109.209 10.463 4.980 5.483 35-39 211.651 105.372 106.279 8.912 4.433 4.479 40-44 201.146 99.709 101.437 6.997 3.489 3.508 45-49 195.558 97.001 98.557 5.160 2.547 2.613 50-54 174.915 86.872 88.043 3.498 1.676 1.822 29

Grupo de Idade Poboación total en Galicia Poboación estranxeira en Galicia Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres 55-59 173.410 85.083 88.327 2.399 1.115 1.284 60-64 159.797 76.873 82.924 1.599 753 846 65-69 140.425 64.900 75.525 1.293 647 646 70-74 159.504 70.938 88.566 895 428 467 75-79 126.788 52.973 73.815 660 327 333 80-84 90.200 33.578 56.622 381 178 203 85 e máis 77.579 23.129 54.450 329 138 191 TOTAL 2.767.524 1.333.797 1.433.727 73.756 35.531 38.225 Fonte: Secretaría Xeral de Emigración a partir dos datos do INE. Padrón 2006. É destacable que a concentración da poboación estranxeira nas idades que van dos 5 ata os 45 anos é moi superior á da poboación galega, igualándose practicamente no grupo de 45 a 49 anos. Así mesmo é salientable a menor proporción de poboación estranxeira de 50 ou máis anos de idade. Estas diferenzas na distribución por idade con respecto dos/as habi- Gráfico 5. Distribución porcentual por grupo de idade. Poboación de Galicia. 16,00 14,00 12,00 10,00 8,00 6,00 4,00 2,00 0,00 0-4 5-9 10-14 15-19 20-24 25-29 30-34 35-39 Nacionalidade española Idade (anos) 40-44 45-49 50-54 Nacionalidade extranxeira 55-59 60-64 65-69 70-74 75-79 80-84 85 e máis Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do INE. Padrón Municipal de Habitantes 2006. 30

tantes de Galicia, preséntase case por igual entre homes e mulleres, aínda que é salientable que no caso das mulleres nas idades de 20 a 30 anos é maior o peso relativo que no caso dos homes. En canto á distribución por sexos cómpre sinalar que ao igual que acontece coa poboación galega, a presenza de mulleres inmigrantes resulta lixeiramente superior á de homes. Segundo os datos do Padrón Municipal de Habitantes (2006), do total de persoas estranxeiras empadroadas en Galicia o 52% (38.225) son mulleres e 35.531 (48%) son homes, como se reflicte na seguinte táboa: Gráfico 6. Distribución por sexos da poboación estranxeira empadroada en Galicia. Homes 48,17% Mulleres 51,83% Fonte: elaboración propia a partir dos datos do INE. Padrón Municipal de Habitantes 2006. Atendendo ás variables sexo e país de orixe, hai que destacar que no conxunto de nacionalidades con máis de 100 persoas residentes en Galicia, se atopa unha poboación feminina máis numerosa nas seguintes nacionalidades: Paraguai cun 73,3% de mulleres; República Dominicana (71,8%); Brasil (68,5%), Colombia (68,0%); Rusia (64,1%); Nixeria (61,6%); Venezuela (61,3%); México (60,1%); Ecuador (59,2%); Lituania (58,9%); Bolivia (58,2%); Suíza (55,8%) e Polonia (55,2%) e sete nacionalidades con máis do 50%, entre elas Arxentina (53,5%) e Uruguai (51,1%). Pola contra, no mesmo conxunto de nacionalidades con máis de 100 persoas residentes en Galicia, detéctase unha menor presenza feminina en: Gana cun 4,1% de mulleres Senegal (11,5%), Alxeria (21,0%), Marrocos (34,4%); Italia (39,9%), Portugal (41,4%), Cabo Verde (42,1%), China (44,1%), Alemaña (44,7%), Chile (45,5%), Perú (46,0%) e Angola (46,2%), así como Reino Unido, Países Baixos, Ucraína e Irlanda con menos do 50%. 31

1.5. Distribución xeográfica da poboación estranxeira en Galicia Pontevedra e A Coruña son as principais provincias galegas en canto a asentamento da poboación estranxeira se refire, e entre ambas representa unha porcentaxe do 70,37% do total de persoas estranxeiras. Gráfico 7. Distribución por provincias da poboación estranxeira empadroada en Galicia. 30.000 25.468 28.180 20.000 10.000 7.992 12.116 - A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA Fonte: Elaboración propia. Datos do Padrón Municipal de Habitantes a 01/01/2006. INE. En canto á composición das persoas inmigrantes que viven en cada unha das provincias galegas poden sinalarse algúns trazos diferenciais ao respecto das súas zonas de orixe. Na provincia de Ourense o elemento máis destacado é o peso dos/as europeos/as comunitarios/as (5.704), sobre todo de nacionalidade portuguesa (80%) onde superan considerablemente aos/ás das na nacionalidades sudamericanas. Na Coruña destaca a presenza de inmigrantes de Sudamérica (64%) procedentes fundamentalmente de países como Arxentina (3.025), Colombia (2.986) ou Brasil (2.246). A provincia de Pontevedra é o principal destino inmigratorio de Galicia e lidera en termos absolutos e relativos a instalación de poboación estranxeira. Esta provincia alberga un maior peso dos/as estranxeiros/as de orixe africana aínda que tamén destaca a elevada proporción de inmigrantes procedentes de Sudamérica(53%), e é, á súa vez, a provincia co maior número de inmigrantes comunitarios (7.719). No caso de Lugo a maioría das persoas estranxeiras proveñen de Sudamérica e fundamentalmente de Colombia. 32

Gráfico 8. Distribución por provincias da poboación estranxeira empadroada en Galicia. OCEANÍA ASIA ÁFRICA AMÉRICA NON UNIÓN EUROPEA UNIÓN EUROPEA 0 2.000 4.000 6.000 8.000 10.000 12.000 14.000 16.000 18.000 Pontevedra Ourense Lugo A Coruña Fonte: elaboración propia a partir dos datos do INE. Padrón Municipal de Habitantes 2006. Por último, unha primeira aproximación ao fenómeno da inmigración en Galicia permítenos observar o peso da poboación inmigrante nos distintos concellos da comunidade autónoma, destacando sobre todo un notable carácter urbano. De feito os sete grandes concellos de Galicia, as capitais de provincia xunto con Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo, concentran a maioría da poboación estranxeira. Segundo o estudo Inmigración estranxeira e territorio en Galicia da Secretaría Xeral de Emigración, a distribución municipal das persoas estranxeiras entre 1996 e 2006 pasou de ter un carácter puntual a ter unha ampla difusión territorial. Redúcese, tanto en cifras totais como porcentuais, o grupo de concellos con proporcións baixas de inmigrantes e crecen de maneira substancial os concellos con valores medios e incluso altos. No 1996, 33 concellos de Galicia non tiñan ningunha persoa estranxeira empadroada, unha ampla maioría tiña entre 1 e 100 e soamente dous superaban os 1.500 habitantes non españois. Unha década máis tarde, a situación mudou de maneira considerable: todos os concellos de Galicia teñen algunha persoa estranxeira empadroada. Destes, redúcense a 223 os que suman entre un e cen residentes. No 2006, Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago, Lugo e Pontevedra superan os 1.500. Porcentualmente, esta evolución é tamén importante. No ano 1996 a importancia do fenómeno estaba moi reducida no territorio, pois os/as estranxeiros/as representaban menos do 1% da poboación municipal en 226 concellos e en 33 deles non había ningunha persoa estranxeira. 33

Táboa 8. Total de concellos por número de estranxeiros en Galicia, 1996 e 2006. Sen estranxeiros/as 1-100 101-300 301-700 701-1.100 1.101-1.500 Máis de 1.500 1996 33 244 28 4 1 1 2 2006 0 223 46 29 6 5 6 Fonte: Inmigración estranxeira e territorio en Galicia a partir de INE Padróns de habitantes 1996 e 2006. Mapa 1. Porcentaxe de estranxeiros/as sobre a poboación total municipal. 2006. % ESTRANXEIROS. 2006 PORCENTAXE EXTRANXEIROS. 2006 0 30 qm. 0,01-1,00% 1,01-2,00% 2,01-3,00% Fonte: Inmigración estranxeira e territorio en Galicia a partir do INE: Padrón de Habitantes 2006. 34 3,01-4,00% 4,01-5,00% > 5,00% Sen estranxeiros

Mapa 2. Número de estranxeiros/as por concello. 2006. TOTAL ESTRANXEIROS. 2006 TOTAL EXTRANXEIROS. 2006 0 30 qm. 1-100 101-300 301-700 701-1.100 1.101-1.500 > 1.500 Sen estranxeiros Fonte: Inmigración estranxeira e territorio en Galicia a partir do INE: Padrón de Habitantes 2006. Os concellos galegos nos que se asenta o maior número de persoas inmigrantes en cada unha das provincias galegas así como a súa procedencia ponse de manifesto máis polo miúdo nos seguintes cadros nos que se aprecia a poboación estranxeira residente en Galicia segundo a área xeográfica de orixe. 35