BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

Similar documents

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

MEMORIA PARA LA PROPUESTA DE PROGRAMA DE DOCTORADO EN CIENCIAS DE LA SALUD

DATOS IDENTIFICATIVOS

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Programación de proba libre de módulos profesionais

O relevo e as costas de Galicia

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

Informe mensual do paro rexistrado

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

XANEIRO - SETEMBRO 2018

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

Departamento de Musicoloxía

1º ESO CURSO 2017/2018 (Programa de fondo solidario Orde do 16 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia do )

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

Mapa de accidentalidade

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

Para ser tomadas en cuenta las tareas deben de ser presentadas con las siguientes características:

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

TFG Grao en Lingua e Literatura Inglesas

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

1.- IDEOLOXÍA. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

Memoria Escola Galega de Administración Pública

MA PROGRAMME IN ENGLISH LITERATURE AND LINGUISTICS CALENDAR AND SCHEDULE LAST UPDATE: 2 de October de 18, 9:55

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

Laboratorio do Territorio

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

Revista Semanal EN PORTADA FORMACIÓN BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS EMPREGO / 2 / 3 / 4 / 8 / 8. da Rede Galega de Información Xuvenil

PRIMARIA CURSO AREA TÍTULO EDITORIAL ISBN CURSO AREA TÍTULO EDITORIAL ISBN PUBLICACIÓN

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

Transcription:

TÉCNICO/A SUPERIOR EN ANATOMÍA PATOLÓXICA E CITOLOXÍA TÉCNICO/A SUPERIOR EN DIETÉTICA E NUTRICIÓN TÉCNICO/A SUPERIOR EN HIXIENE BUCODENTAL TÉCNICO/A SUPERIOR EN IMAXE PARA O DIAGNÓSTICO TÉCNICO/A SUPERIOR EN LABORATORIO DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO TÉCNICO/A SUPERIOR EN RADIOTERAPIA TÉCNICO/A EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA TÉCNICO/A EN FARMACIA Requisitos de Titulación: Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía Técnico/a superior en dietétca e nutrición Técnico/a superior en hixiene bucodental Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstco Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstco clínico Técnico/a superior en radioterapia Título de Técnico/a superior na correspondente rama sanitaria ou ttulación equivalente. Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.- Título de Técnico/a auxiliar de clínica (FP 1º), Técnico/a auxiliar de enfermería (módulo profesional nivel 2, rama sanitaria) ou Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría (FP de grao medio, familia profesional sanidade). Técnico/a en farmacia.- Título de Técnico/a auxiliar de farmacia (FP 1º, rama sanitaria) ou Técnico/a en farmacia e parafarmacia (FP de grao medio, familia profesional sanidade). BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014 1.1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA MAIOR NOTA (EXCLUÍDA A DE COÑECEMENTOS DE LÍNGUA GALEGA), ENTRE AS DÚAS ÚLTIMAS OPOSICIÓNS CONVOCADAS E RESOLTAS POLO SERGAS PARA A CATEGORÍA: 55% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (55,000 PUNTOS). 1.1.1.- En selección temporal: Valorarase a suma das cualificacións obtidas pola persoa aspirante en cada un dos dous exercicios da fase de oposición ( máximo 55,000 puntos), aplicándose a maior das cualificacións globais, de entre as dúas últimas OPE convocadas e resoltas polo Servizo Galego de Saúde na categoría á que opta.

1.1.2.- En promoción profesional: Valorarase a suma das cualificacións obtidas pola persoa aspirante en cada un dos dous exercicios da fase de oposición ( máximo 50,000 puntos), ás que se engadirá un módulo fixo de 5,000 puntos, habida conta que estes aspirantes estiveron extentos de realizar o exercicio correspondente á parte común do programa, aplicándose a maior das cualificacións globais, de entre as dúas últimas OPE convocadas e resoltas polo Servizo Galego de Saúde na categoría á que opta. 1.2.- VALORACIÓN DO COÑECEMENTO DA LÍNGUA GALEGA: 5% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (5,000 PUNTOS). Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á oposición que lle outorgue á/ao aspirante a maior cualificación nos dous primeiros exercicios, segundo os termos fixados nos parágrafos 1.1.1 e 1.1.2 anteriores. Con todo, os/as aspirantes que non obtivesen a puntuación máxima prevista na OPE para o devandito exercicio, así como aqueles que non participasen na mesma ou os que participando non realizasen a correspondente proba, outorgaráselles por este concepto un total de 5,000 puntos, sempre que se validara como mínimo, en Expedient-e a correspondente certificación oficial CELGA-3 ou equivalente (Nivel de iniciación de lingua galega). 2.- VALORACIÓN DA FORMACIÓN ACREDITADA, EXPERIENCIA PROFESIONAL E OUTRAS ACTIVIDADES: 40% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (40,000 puntos) 2.1. Formación: 20% da puntuación total deste subepígrafe (8,000 puntos). 2.1.1.- Formación Académica. a) Estudos da correspondente formación profesional: Plan antigo: - Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos - Por cada sobresaliente: 1 punto

- Por cada notable: 0,5 puntos Non se valorará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra. A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas no plan de estudos, expresando o cociente con dous decimais. Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física. Plan novo: A puntuación correspondente aos estudos de cada aspirante obterase mediante a aplicación do seguinte algoritmo: 0,5 Cn + 1 Cs + 1,5 Cmh Ca + Cn + Cs + Cmh As anotacións Ca, Cn, Cs e Cmh corresponden ao número total de créditos que na certificación académica estean adscritos a materias troncais e obrigatorias e nos que, respectivamente, se obtiveron as cualificacións de aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra. Non se puntuará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra. Non serán valorados os créditos correspondentes a materias optativas ou de libre elección/configuración. A puntuación resultante expresarase con dous decimais. Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física. 2.1.2. Formación Continuada. 1. Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría á que se opta, acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde, créditos CFC. 2. Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem,

Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría a que se opta. 3. Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría á que se opta. - Por crédito CFC: 0,30 puntos - Por hora: 0,030 puntos A puntuación que se outorgará aos/ás aspirantes que impartiran cursos de formación continuada será de 0,060 puntos por hora de docencia impartida. Valorarase a formación impartida que teña un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta. Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste. Só se valorarán os cursos de formación realizados con posterioridade á obtención do título exixido para o acceso á categoría a que se opta. Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse en todas as categorías, con independencia da data de obtención do título exixido para o acceso a estas, cunha puntuación máxima de 4 puntos. Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios, talleres ou similares, agás que estean debidamente acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica. 2.2.- Experiencia: 70% da puntuación total deste subepígrafe (28,000 puntos) - Por cada mes completo de servizos prestados na categoría por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión

Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,30 puntos/mes - Por cada mes completo de servizos prestados na categoría por conta e baixo a dependencia doutras Administracións Públicas de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza ou en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional : 0,15 puntos/mes - Por cada mes completo de servizos prestados na categoría por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias privadas concertadas e/ou acreditadas para a docencia de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,10 puntos/mes. - Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,05 puntos/mes. Para estes efectos, terán a consideración de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional os servizos prestados nas categorías de licenciado sanitario, diplomado sanitario, sanitario de formación profesional, traballador/a social, celador/a e persoal de servizos xerais. 2.2.1.- Só con aplicación para a lista de Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería: Se valorará a permanencia e efectiva dispoñibilidade das persoas aspirantes nas listas especiais para nomeamentos de curta duración (Pull) ao abeiro dos Pactos anteriores dende o ano 2004 (Resolución do 24 de maio de 2004, DOG do 1 de xuño de 2004 e Resolución do 26 de abril de 2011, DOG do 9 de maio de 2011) e do Pacto vixente (Resolución do 13 e xuño de 2016, DOG do 30 de xuño de 2016). Para estes efectos se outorgará unha puntuación de 1,500 puntos por ano ou a que proporcionalmente corresponda, cun máximo de 4,500 puntos, e sen que en ningún caso, se poida superar a puntuación máxima deste epígrafe (Experiencia).

Primeira.- Os meses serán computados por días naturais. Salvo para os nomeamentos de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada apartado do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada punto será o cociente enteiro, despreciándose os decimais. En ningún caso, a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural, poderá valorarse por enriba da puntuación establecida para o devandito período dun mes. En ningún caso, un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintos apartados do baremo. De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría, ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro. Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias, computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas en devandito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes. Segunda.- A experiencia profesional valorarase a partir da data de superación do período formativo conducente á obtención do título exixido para o acceso á categoría. Normas xerais de valoración.- Terceira.- Os servizos prestados durante o período en que se disfrute dunha redución de xornada para o coidado de familiares, serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución. Cando nun mesmo período, a/o interesada/o acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa. O período de formación para a obtención do título de especialista, non poderá ser valorado como tempo de servizos prestados. Os períodos de permiso sen soldo, así como a permanencia en situación de servizos especiais, valoraranse como tempo de servizos efectivamente prestados para os efectos deste baremo. Os servizos prestados noutra categoría en promoción interna temporal polo persoal estatutario fixo valoraranse como servizos temporais en dita categoría. 2.3.- Outras actividades: 10% da puntuación total deste subepígrafe (4,000 puntos). 2.3.1.- Polo título oficial dunha ou varias titulacións de formación profesional da rama sanitaria, que non sexan requisito para o acceso á categoría na que se participa sempre que teñan, cando menos, o mesmo nivel académico que o exixido para o acceso á categoría: 2 puntos 2.3.2.- Por traballos científicos e de investigación no ámbito das ciencias da saúde, conforme aoss seguintes criterios e táboa de valoración: 2.3.2.1.- Revistas científicas As publicacións deben pertencer a revistas científicas indexadas no CSIC (ICYT, ISOC), IBECS, Pubmed, Web of Knowledge (Wos), Embase, PsycINFO, CINAHL ou nalgunha das revistas indexadas en CUIDEN que se relacionan no Anexo VII da resolución que convocou o último proceso selectivo da respectiva categoría. Non serán obxecto de valoración as publicacións realizadas en revistas non indexadas nas bases de datos referidas.

As publicacións ponderaranse da seguinte forma, conforme o seu factor de impacto do Journal Citation Reports (JCR), vixente na data límite de cómputo de méritos da respectiva xeneración de listas: o o o o Primeiro cuartil: 0,40 puntos. Segundo cuartil: 0,25 puntos. Terceiro e cuarto cuartil: 0,15 puntos. Revista indexada sen factor de impacto: 0,05 puntos. No suposto de que á revista se lle atribúan diferentes cuartiles en función da/das especialidade/especialidades, asignarase sempre o cuartil máis alto. 2.3.2.2.- Libros ou capítulos de libros - Capítulo de libro: 0,10 puntos - Libro completo: 0,30 puntos Só terán a consideración de libro aquelas publicacións cun mínimo de 49 páxinas. Para a súa valoración, a publicación debe estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio. Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro. Non terán a consideración de libro aínda que adopten esta forma de edición as actas de congreso. Por non reunir a condición de traballo científico e de investigación non serán obxecto de valoración os libros/capítulos editados como glosario, anuario, manuais de preparación para o acceso á formación sanitaria especializada e ao emprego público, cursos de formación continuada, protocolos de servizo, libros de casos clínicos, sesións interhospitalarias e demais que así se aprecien. Por ser obxecto de valoración tal mérito noutro apartado do baremo, non se lle asignará ningunha puntuación neste apartado ás publicacións de teses doutorais. Non serán obxecto de valoración as autoedicións e/ou autopublicacións, entendendo por

tales aquelas publicacións financiadas ou promovidas por algún dos seus autores ou nas que este figure como editor. No suposto de libros de autoría colectiva, só será obxecto de valoración aquela publicación que, da documentación presentada pola/o aspirante quede suficientemente acreditada a participación concreta na mesma. Enténdese por autoría colectiva aquela publicación na que interveñen un mínimo de catro autores. Os capítulos de libro nos que interveñan catro ou máis autores non serán obxecto de valoración. Normas comúns de valoración de libros e revistas En ningún caso, un mesmo contido determinado e obxectivable publicado baixo diferentes formas e en diferentes publicacións poderá ser obxecto de máis dunha valoración. Non serán obxecto de valoración as publicacións de carácter divulgativo. Aos efectos deste baremo, non terán a consideración de autor da publicación, o coordinador, director e outros colaboradores. 2.3.3.- Por cada premio a comunicacións en congresos científicos, outorgados por sociedades científicas, organismos oficiais ou entidades sen ánimo de lucro debidamente rexistradas entre cuxos fins se encontre a investigación, ata un máximo de 1 punto - Premio de ámbito internacional: 0,20 puntos - Premio de ámbito nacional ou autonómico: 0,10 puntos