PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

Mapa de accidentalidade

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

MEMORIA DE ACTIVIDADES

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

Informe mensual do paro rexistrado

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

Anexo. Detalle das accións

Programación de proba libre de módulos profesionais

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

ER-0172/2010. Memoria Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

MEMORIA XUSTIFICATIVA PROXECTO Alternativa de autoemprego e IPIS

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

Obra Social la Caixa en Galicia. Resumo anual 2017

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

CURSO ª ADDENDA ao PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA INGLES. RESTAURACIÓN HOTR043PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

IPLE_V1 Febreiro 2017 IPLE_V2 Abril 2017 IPLE_V3 Novembro 2017

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

MEMORIA. de actividades

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

Guía do profesorado de nova incorporación

Curso ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

PROXECTO DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA EN LINGUA GALEGA elaborado polo IES "PERDOURO" de BURELA

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

A FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO SOCIAL

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

ANÁLISE DAFO DE GALICIA

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016


DATOS IDENTIFICATIVOS

O relevo e as costas de Galicia

Guía do alumnado. Modelo MD85ACO01. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

Á Mesa do Parlamento

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

A máquina de escribir

Revista Galega de Economía Vol (2018)

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN EU TAMÉN PODO SER ARTISTA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

A investigación feminista e con perspectiva de xénero da Universidade de Vigo

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

Lingua Inglesa 1 GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO. Francisco Javier Fernández Polo Mario Cal Varela JoDee Anderson

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

súa historia: Dos almacéns documentais ás bibliotecas escolares

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

Welcome to Greenman and the Magic Forest

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

Xestión Sanitaria Integrada na área sanitaria de Ferrol un modelo consolidado, eficaz e eficiente

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

MEMORIA DE ACTUACIÓN Casa de Acollida para Persoas Afectadas polo VIH-SIDA 2014

Memoria Escola Galega de Administración Pública

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

Transcription:

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020) Operación cofinanciada pola Unión Europea Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social O FSE inviste no teu futuro

PROGRAMA DE REFERENCIA PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA COMUNIDADE XITANA. MUNICIPIO DE QUIROGA (LUGO) SERVIZO DE FORMACIÓN ADAPTADA Actuación subvencionada a través da Orde do 24 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de Actuación subvencionada a través da Orde do 24 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a corporacións locais para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión para os anos 2018 e. Cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) "O FSE inviste no teu futuro" no marco do Programa Operativo FSE de Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, cunha taxa de cofinanciamento do 80%. Dirección Xeral de Inclusión Social. Procedemento: BS623C OBXECTIVO Programar, organizar e levar a cabo actuacións de formación adaptada encamiñadas á incorporación e permanencia no mercado laboral das persoas participantes. Elevar o seu nivel de vida, conservando e desenvolvendo a cultura xitana e incorporando a perspectiva de xénero no ámbito formativo.

POBOACIÓN DESTINATARIA Con prioridade: -Todos os membros que forman o asentamento xitano, un total de 21 familias: 75 persoas, con maioría de poboación infantil y feminina. De forma complementaria: -Persoas non pertencentes ao colectivo xitano que están interesados nos cursos de formación que desenvolven a través do módulo de formación adaptada. INTERVENCIÓN Realización de Accións Formativas Homes e mulleres que participan no Curso de Preparación do Graduado en ESO. Homes e mulleres realizando o curso de preparación de Avaliación en Competencias Clave. Nenos e nenas participan na actuación formativa de Reforzo Socioeducativo para menores

DESCRICIÓN XERAL DO PROGRAMA O Concello de Quiroga desenvolve o Programa de Inclusión Social da Comunidade Xitana como un recurso fundamental para reforzar o traballo iniciado dende os Servizos Sociais do Concello con estas familias no ano 1996, en áreas de saúde, hixiene, formación e integración social. Grazas ao Programa ampliouse o espazo de actividades e a evolución na súa conduta responde ao cumprimento dos obxectivos plantexados. As diferentes actuacións do Programa teñen como marco de desenvolvemento o Centro de Formación Profesional Ocupacional Pía Páxaro de Quiroga e nos seus domicilios. Tamén facemos uso da Aula CeMIT situada na Casa de Cultura de Quiroga para charlas, proxección e actividades relacionadas coa informática. No ano 2.000, as familias do colectivo xitano de Quiroga pasan a formar parte do Plan Nacional de Desenvolvemento Xitano. Naquel momento estaba formado por 27 persoas entre nenos e adultos. Para o mellor coñecemento das familias e dos seus costumes, propuxémoslles que entre todos, xitanos e xitanas do poboado, escribisen o que soubesen da súa historia no Municipio: as orixes, os antepasados, experiencias, modo de vida... e así xurdiu unha breve historia contada por eles de cómo foi a súa chegada e asentamento nestas terras. Deste xeito, foi valorado positivamente o forte arraigo dentro do Concello e que amosasen signos de estabilidade, creando un núcleo estable formado polas diferentes familias que se ían creando. Xa deixaron de ser nómades e pasaron a formar parte activa da comunidade integrándose plenamente dentro dela e participando da vida e desenvolvemento do pobo de Quiroga. Pasaron a ser un activo máis desta comunidade.

As relacións que teñen co resto das familias do Municipio son boas, como eles mesmos afirman xa que moitos coñécense dende a escola e seguen sendo amigos. Como sino de identidade deste asentamento, destacar a accesibilidade aos medios tanto educativos como laborais existentes neste Municipio. Nas actuacións realizadas mediante o módulo de formación adaptada, participan nas clases de preparación das probas de Avaliación de Graduado/a en ESO, as de Competencias Clave. Igualmente se está a desenvolver a Actuación formativa de Reforzo Socioeducativo para menores nos propios fogares.

Actividades que se desenvolven - Traballo no Centro de Formación Profesional Ocupacional (Accións Formativas de preparación das probas de Graduado/a en ESO e de Competencias Clave), dirixido pola Educadora Familiar. - Actividades de apoio e reforzo Socioeducativo nos seus domicilios, con nenos/as de educación infantil, primaria e secundaria (Educadora Familiar) - Apoio e seguimento para os nenos de 3 a 16 anos en actividades de reforzo Socioeducativo. CRONOGRAMA Período comprendido entre o 01/07/2018 ata o 30/11/2018 ACTUACIÓNS ACTIVIDADES Xullo 2018 Agosto2018 Setembro 2018 Outubro 2018 Novembro 2018 Realización dun curso de preparación das probas de Graduado en ESO. Duración: 159 horas Realización dun curso de preparación de avaliación en Competencias Clave. Duración: 162 horas Acción formativa de reforzo socioeducativo para menores. : 95 horas Clases teóricas impartidas pola Educadora Familiar na aula do Centro de Formación Profesional Ocupacional de Quiroga. Clases teóricas impartidas pola Educadora Familiar na aula do Centro de Formación Profesional Ocupacional de Quiroga. Actuación dirixida pola Educadora Familiar nos domicilios. X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X

CRONOGRAMA Previsión de desenvolvemento das acción formativas para o período comprendido entre o 01/12/2018 ata o 31/10/ ACTUACIÓNS Realización dun curso de preparación das probas de Graduado en ESO. Duración: 341 horas Realización dun curso de preparación de avaliación en Competencia s Clave. Duración: 346 horas Acción formativa de reforzo socioeducati vo para menores Duración : 205 horas ACTIVIDADES -Clases teóricas impartidas pola Educadora Familiar na aula do Centro de Formación Profesional Ocupacional de Quiroga. -Clases teóricas impartidas pola Educadora Familiar na aula do Centro de Formación Profesional Ocupacional de Quiroga. Actuación dirixida pola Educadora Familiar nos domicilios. CRONOGRAMA Decembr 2018 Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setemb Outubro X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X XX X XXX X X X X XXXX XXXX XXXX X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X XX X XXX X X X X XXXX XXXX XXXX X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X X XX X XXX X X X X XXXX XXXX XXXX

ACTUACIÓN FORMATIVA DE PREPARACIÓN DAS PROBAS DE GRADUADO/A EN ESO" Dentro da formación para adultos, están realizando a ACCIÓN FORMATIVA denominada CURSO DE PREPARACIÓN DAS PROBAS DE GRADUADO/A EN ESO, cunha duración total de 500 horas. Este curso xa se ven impartindo dende anos anteriores porque a formación que estamos dando é continua. A etapa á que nos referimos, abarca dous períodos: 1º.- Do 1 de xullo de 2018 ata o 30 de novembro de 2018 ( duración da actividade 159 horas) 2º.- Do 1 de decembro de 2018 ata o 31 de outubro de (duración da actividade 341 horas) O curso é impartido pola Educadora Familiar na aula do Centro de Formación Profesional Ocupacional Pía Páxaro de Quiroga e ten continuidade todo o ano. O obxectivo primordial deste curso é preparar a xitanos e xitanas para as probas de graduado/a en ESO e acadar a titulación necesaria para acceder aos cursos de obtención dos Certificados de Profesionalidade, requisito indispensable se queren entrar no mercado laboral nas mellores condicións posibles. A formación que están recibindo preséntase como imprescindible.

O título de Graduado/a en Educación Secundaria é básico dentro do sistema educativo xa que moitas persoas incorpóranse ao mundo laboral despois de obtelo. Para estes alumnos adultos, este título é un obxectivo importante desde o punto de vista da súa mellora e do seu perfeccionamento persoal, e tamén desde o punto de vista das posibilidades de conseguir un emprego. No caso das mulleres que asisten, procuramos darlle unha formación que responda aos seus intereses e capacidades xa que non queremos crearlles falsas expectativas ou situacións frustrantes para elas e que as desmotiven á hora de seguir coa actividade formativa. Por iso procuramos que as intervencións vaian dirixidas sempre a incrementar a autoestima e a motivación para o emprego, obxectivo tanto para homes como para as mulleres. As persoas ás que diriximos tanto esta e as outras actividades, son sempre as verdadeiras protagonistas do proceso formativo. A data de convocatoria das probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, aparece publicada no DOG, mediante a correspondente Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, momento no cal dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Quiroga tramitamos a matriculación dos/as alumno/as que están realizando o curso.

PERFIL DOS PARTICIPANTES A educación é un dereito humano e un elemento indispensable para o progreso económico e social dun pobo, por iso debe ser considerada como un instrumento fundamental para acadar a igualdade de xénero. A educación no contexto da comunidade xitana con perspectiva de xénero, implica observar a diferenza e permanencia no acceso o sistema educativo de homes e mulleres e tamén ter en conta a idiosincrasia da poboación xitana. No momento de seleccionar os/as participantes nesta acción formativa un dos criterios aplicados é o de identificar as necesidades e as dificultades polas que pasan sobre todo as mulleres xitanas na súa relación co sistema educativo e formativo para establecer medidas efectivas para que a formación que reciben fomente o seu desenvolvemento como persoas. A asistencia ás clases é regular. Teñen circunstancias familiares que as veces lles dificultan a asistencias dentro dos horarios establecidos pero esas horas son recuperadas a posteriori. Pero son bastante responsables neste sentido. Non se dan máis faltas entre as mulleres que entre os homes. Son moi constantes. Soen ser as mulleres as que animan aos homes nas clases, son as que tiran por eles. Fan un traballo pedagóxico moi importante cos seus maridos e os motivan para que estuden e se preparen. Todos os que participan nesta actividade son rapaces e rapazas xóvenes e que fixeron algún curso da ESO pero non chegaron a rematala. O seu nivel educativo é bastante bo sobre todo entre as mulleres.

As actuacións Formativas desenvólvense no Centro de Formación Profesional Ocupacional Pía Páxaro de Quiroga, situado dentro do casco urbano e que o Concello de Quiroga nos asigna para as clases. A aula conta co mobiliario, con material educativo e cos recursos necesarios para impartir os cursos e o desenvolvemento da programación. As clases son impartidas de luns a venres cunha duración diaria de dúas horas. Grupo de alumnos fronte á fachada principal do CFPO, Pía Páxaro, lugar no que se desenvolven as accións formativas de preparación das probas de Graduado/a en ESO e as probas de Competencias Clave (16/04/2018)

ACCIÓN FORMATIVA DE PREPARACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE No Concello de Quiroga desenvólvese dentro do Programa Dirixido á Inclusión Social da Comunidade Xitana, a Acción Formativa denominada CURSO DE PREPARACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE, cunha duración total de 508 horas entre o 01/07/2018 ata o 31/10/, repartidas en dous períodos: 1.- Entre o 01/07/2018 ata o 30/11/2018 a primeira etapa, cunha duración de 162 horas. 2.- A segunda etapa, abarca dende o 01/12/2018 ata o 31/10/ cunha duración de 346 horas. A Dirección Xeral de Formación e Colocación, a través do Instituto Galego das Cualificacións, realizará polo menos unha convocatoria anual para a realización das probas de avaliación das competencias clave e que se publica mediante a correspondente Orde no DOG. Dende o Departamento de Servizos Sociais e Familia do Concello de Quiroga, dámoslle a información e realizamos o trámite de matrícula enviándolle as solicitudes para presentarse ás probas.

A maioría son matrimonios moi xóvenes e con nenos pequenos e buscan outras saídas á situación económica. Valoran a formación como un medio para acadar estabilidade económica e familiar. E aí estamos nos, dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello para axudarlles a conseguilo. A docente responsable das actuacións formativas é a Educadora Familiar e o lugar en que se imparte o curso é no Centro de Formación Profesional Ocupacional de Quiroga. A Educadora Familiar tamén traballa coas familias na consecución e mantemento dos obxectivos acadados e nun dobre reforzo educativo; por un lado que sexan os pais os que apoien aos seus fillos na casa e que estes vexan a importancia de ter estudios e acadar o Graduado en ESO no IES de Quiroga, para o seu futuro e, por outra parte, a consecución da titulación necesaria para a busca e a obtención de traballo. Entre a poboación adulta non se da o analfabetismo xa que todos eles foron ao colexio cando eran pequenos. Os máis maiores deixaron o centro entre os cursos cuarto e sexto de Educación Xeral Básica, pero a súa formación é elemental. As posteriores xeracións xa chegaron a iniciar a ESO no Instituto pero foron abandonando os estudos, ben para casarse ou tamén por falla de interese.

METODOLOXÍA DE INTERVENCIÓN Á hora de intervir con este grupo, a metodoloxía que aplicamos ten en conta a participación das persoas que o integran, sempre mantendo pola nosa parte unha actitude cercana e coidadosa con eles. Partimos da nosa experiencia de moitos anos traballando cos homes e as mulleres xitanas do poboado para que se impliquen no desenvolvemento das actividades e que nos aporten os seus sentimentos, ideas e suxestións. Aplicar a perspectiva de xénero durante o desenvolvemento tanto desta como do resto das actividades, implica que temos en conta nos nosos obxectivos, indicadores e avaliacións, que as necesidades dos homes e das mulleres xitanas da nosa comunidade que participan na formación, se están tendo en conta por igual e que gocen nas mesmas condicións dos seus obxectivos, independentemente de que o noso traballo vaia dirixido á inserción laboral.

Os homes e mulleres que participan nesta acción formativa xa o fixeron en anos anteriores na preparación das probas en Competencias Clave. O seu desexo é aprobar as competencias que lle faltan e poder facer así diferentes cursos e obter os certificados de profesionalidade. Por medio desta formación estamos dando as pautas que deben seguir para a consecución dos obxectivos, neste caso, aprobar o exame. O nivel de aprendizaxe é moi semellante entre os rapaces e as rapazas, algunha delas deixaron os estudos en segundo da ESO, algunha delas para casarse e outras porque non tiveron nos fogares suficiente apoio, ou por falla de motivación. Ante a oportunidade de asistir as accións formativas, non o dubidaron e son ademais as que animan as súas parellas ou irmáns a que tamén estuden. Elas son quen motivan os rapaces a estudar. Alumnos e alumnas durante unha clase

Alumnos e alumnas durante unha das clases

ACCIÓN FORMATIVA DE REFORZO SOCIOEDUCATIVO PARA MENORES No Concello de Quiroga desenvólvese dentro do Programa Dirixido á Inclusión Social da Comunidade Xitana, a Acción Formativa denominada ACCIÓN FORMATIVA DE REFORZO SOCIOEDUCATIVO PARA MENORES cunha duración total de 300 horas entre o 01/07/2018 ata o 31/10/, repartidas en dous períodos: 1.- Entre o 01/07/2018 ata o 30/11/2018 a primeira etapa, cunha duración de 95 horas. 2.- A segunda etapa, abarca dende o 01/12/2018 ata o 31/10/ cunha duración de 205 horas. O obxectivo xeral de intervención socioeducativa é o de traballar coas familias xitanas a fin de reducir o abandono escolar e aumentar o éxito académico dos seus fillos e fillas. Para elo ofrecemos un modelo metodolóxico de intervención flexible e adaptable aos diferentes contextos nos que se desenvolven as accións coas familias no marco de programas ou proxectos educativos.

A implicación da familia e os profesionais que traballamos con eles na educación dos seus fillos é crucial para o éxito educativo dos menores. Habida conta do rol particularmente importante da familia e da comunidade no contexto xitano, é esencial aumentar a toma de conciencia das familias xitanas sobre as consecuencias que un abandono escolar temperá ten sobre os seus fillos, en termos de desenvolvemento persoal e futura inclusión social e económica. É especialmente importante traballar coas familias xitanas a permanencia no sistema educativo das nenas, son as máis afectadas por o abandono escolar temperá. Igualmente trataremos de ofrecer directrices para establecer unha adecuada vinculación e colaboración entre a familia, o centro escolar e o alumnado.