PROXECTO DE INVESTIGACIÓN EU TAMÉN PODO SER ARTISTA

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

Welcome to Greenman and the Magic Forest

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

A máquina de escribir

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Lingua Inglesa 1 GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO. Francisco Javier Fernández Polo Mario Cal Varela JoDee Anderson

DATOS IDENTIFICATIVOS

Programación de proba libre de módulos profesionais

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

O relevo e as costas de Galicia

Referentes para a avaliación

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

Anexo. Detalle das accións

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

PROXECTO DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA EN LINGUA GALEGA elaborado polo IES "PERDOURO" de BURELA

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

PROGRAMACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL. Curso: CEIP GREGORIO SANZ. RIBADEO. CURSO

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

PROGRAMACION INICIACIÓN PROFESIONAL A MECÁNICA 3 DA E.S.O. CURSO PROFESOR: Departamento de Automoclón (Eletromecánlca de Vehículos)

GUÍA DIDÁCTICA DJ AUDIOVISUAL: HOME RECORDING STUDIO

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas


OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

ER-0172/2010. Memoria Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

Departamento de Musicoloxía

PLAN PROXECTA: XERMOLÓN 1º DE ESO IES ANXEL FOLE

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

Laboratorio do Territorio

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO º ESO. Bioloxia e Xeoloxia 1 ESO M.Angeles Ramos Garcia e outros Ed McGraw Hill Madrid,

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

PRO PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CURSO IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES LUGO

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

MEMORIA DE ACTIVIDADES

PLAN ANUAL DE LECTURA 2017/18 IES LOSADA DIÉGUEZ

MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

COMPUTER CLASSES January 2019

XANEIRO - SETEMBRO 2018

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

A FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO SOCIAL

Facultade de Belas Artes

súa historia: Dos almacéns documentais ás bibliotecas escolares

MEMORIA DE ACTUACIÓN Casa de Acollida para Persoas Afectadas polo VIH-SIDA 2014

CURSO ª ADDENDA ao PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Mapa de accidentalidade

Á Mesa do Parlamento

Editado por: Xunta de Galicia Consellería de Economía e Industria Axencia Galega de Innovación Santiago de Compostela Ano: 2014 D.L.

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Informe mensual do paro rexistrado

Guía docente Instrumentos Estatísticos de Investigación Económica

NOTA DE PRENSA EXPOSICIÓN EIDOS DA IMAXE GRAFÍAS DOS FEITOS E DO PENSAMENTO. 6 xuño 12 outubro Datas 6 xuño 12 outubro 2014 Lugar

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS GALEGAS

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Facultade de CC. Económicas e Empresariais

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

OFERTA XERAL DE TRABALLOS DE FIN DE GRAO. CURSO ELECCIÓN OUTUBRO 2018

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

PATRIMONIO E TURISMO CULTURAL

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

TRAXECTORIAS E RETOS

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

Obra Social la Caixa en Galicia. Resumo anual 2017

MEMORIA XUSTIFICATIVA PROXECTO Alternativa de autoemprego e IPIS

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Transcription:

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN EU TAMÉN PODO SER ARTISTA Concurso de traballo por proxectos. Modalidade 2 CEIP O PIÑEIRIÑO CURSO 2016-2017

Contido 1. INTRODUCIÓN 1.1. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO 1.2. TEMPORALIZACIÓN e ORGANIZACIÓN 1.3. PARTICIPANTES 1.4. RELACIÓN CO CURRÍCULO 1.4.1. Competencias clave 1.4.2. Obxectivos 2. OBXECTO 3. DESCRICIÓN 3.1 ACTIVIDADES 3.1.1 Presentación 3.1.2 Ideas previas e preguntas 3.1.3 Investigación e busca de información 3.1.4 Reprodución de obras de arte 3.1.5 Compartimos 4.RECURSOS EMPREGADOS 5-.IMPLICACIÓN DA COMUNIDADE 6-. DIFUSIÓN 7-.AVALIACIÓN 8-. FUNCIÓN E PARTICIPACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR 9-. MATERIAL ANEXO

1. INTRODUCIÓN 1.1. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO Este proxecto desenvólvese no CEIP O Piñeiriño, centro con 12 unidades de primaria e cinco de infantil, no curso 2016/17. A idea do mesmo xurde como parte da proposta do PDI deste curso, que fixo prender entre o alumnado a mecha do interese e da ilusión por afondar máis no coñecemento dos artistas e das súas obras e por ser parte integrante moi activa neste proxecto, sentíndose protagonistas das súas propias aprendizaxes e das súas propias obras, ao poñerse no papel dos seus autores, para recrealas coma se fosen eles mesmos, o que lles fixo exclamar: profe, eu tamén podo ser artista. Quixemos aproveitar esta actitude tan positiva e ilusionante dos nosos alumnos e alumnas cara ao tema e propuxémonos utilizar a arte como canle para fomentar a investigación, o coñecemento, a creatividade e a comunicación e así foi medrando este proxecto ao longo de todo o curso. 1.2. TEMPORALIZACIÓN E ORGANIZACIÓN No mes de outubro inaugúrase o PDI deste curso 2016-17, que consta dunha dobre vertente, informativa e artística. Comezamos indagando, cada clase, sobre a vida dun artista e a parte da súa obra relacionada coa natureza, para facer reproducións da mesma. O interese suscitado foi tal que o alumnado de 3 e 5 anos continuou coas súas investigacións e reproducións artísticas ao longo de todo o curso, para compartilas coas familias no acontecemento final do mes de xuño. As aulas e os corredores víronse invadidos pola arte. Realizáronse investigacións nas titorías e na biblioteca. Traballamos nos corredores en gran grupo e tamén en pequeno grupo, con alumnado das mesmas idades e de idades mesturadas. Realizáronse traballos individuais na aula de plástica e nas demais aulas indistintamente. Aproveitáronse os momentos de apoio para poder facer aquelas actividades que requirían desdobres ou para realizar a nosa gran obra conxunta, na que participaron todos os nenos e nenas, A árbore da vida inspirada en Gustav Klimt. 1.3. PARTICIPANTES Participaron no proxecto artístico os alumnos e alumnas de 4º e 6º de educación infantil, as súas titoras e a mestra de apoio. As familias involucráronse no desenvolvemento do proxecto ( aportando información e material e, por suposto, acudindo ao acontecemento final). Tamén o alumnado voluntario de biblioteca colaborou con nós en certos momentos do desenvolvemento do proxecto, E, por suposto, tivemos o apoio do equipo directivo e do de biblioteca.

1.4. RELACIÓN CO CURRÍCULO Puxemos en marcha o proxecto, tendo sempre en conta o currículo da educación infantil, recollido no Decreto 330/2009 do catro de xuño.tomando como referentes o aprender a aprender e aprender facendo, impulsamos unha metodoloxía activa e participativa,na que a motivación a curiosidade, a creatividade e a necesidade de aprender, estean sempre presentes. Ademais, o desenvolvemento deste proxecto, supuxo un impulso do traballo en grupo e da capacidade de aprender por si mesmos e de achegarse a un coñecemento competencial. 1.4.1. Competencias clave Competencia cultural e artística: Tivo especial relevancia o desenvolvemento desta competencia posto que os pequenos se achegaron ao coñecemento da vida e obra dos artistas traballados (Klimt, Kandinsky, Vann Gogh, Arcimboldo,Andy Warhol, Karla Gerard, Carmen Romero Díaz.). O feito de converterse en artistas, supuxo un especial impulso para a súa creatividade, imaxinación, autonomía e iniciativa, buscando e decidindo as técnicas que ían utilizar, arxila, colaxe con distintos materiais e texturas, pintura con instrumentos variados (pinceis, esponxas, rodillos,plásticos, papeis )etc.tamén lles axudou a valorar o traballo en grupo, que se realizou en múltiples ocasións, dentro e fora das aulas. Competencia matemática : Foi unha contribución á mellora desta competencia posto que houbo que realizar medicións para forrar a parede da galería de arte, adaptar as obras aos espazos, tomar medidas para facer marcos,realizar traballos de distribución de espazos, nas obras e na galería. Traballouse na adquisición de conceptos espaciais, das cores e das formas xeométricas, todos eles presentes nas súas obras artísticas. Tratamento da información e Competencia dixital : A busca de información foi básica no desenvolvemento do proxecto, para os máis pequenos, supuxo un inicio destas tarefas, nas que os cativos de 5 anos, van adquirindo xa certa autonomía. Para explicar ás súas familias as investigacións e os traballos realizados, o alumnado de 3 anos apoiouse nun power-point que ían explicando oralmente mentres se visionaba na pantalla da aula. As obras principais da galería de arte, dispuñan dun código QR, @s nen@s explicaron ás familias que a través del podían obter máis información sobre os autores usándoo no cole ou na casa a través da páxina web do centro. Aprender a aprender : O alumnado foi protagonista da súa aprendizaxe en todo momento, posto que decidiu sobre a continuidade do proxecto grazas ao seu interese sobre o mesmo, tomando conciencia dos seus coñecementos previos e solicitando o que lle interesaba e precisaba saber para seguir adiante cós seus traballos. O proxecto, por tanto, un impulsou a motivación, curiosidade e necesidade de aprender. O feito de crear e expresarse a través da arte, e compartilo coa comunidade, supuxo un fomento da súa autonomía, da súa autoestima e da súa liberdade de expresión.

Competencia social e cidadá : Para realizar os traballos, fixéronse distintos tipos de agrupamento, ( pequeno grupo, gran grupo, das mesmas idades ou de distintas idades), o cal favoreceu a súa capacidade de expresión e tamén de escoita activa, para chegar a aceptar outros puntos de vista diferentes. Comunicación lingüística(ccl): A comunicación oral está sempre presente no desenvolvemento do proxecto, nas asembleas, nos traballos en grupo, nas tomas de decisións, nas negociacions e, sobre todo,foi básica no acontecemento final con compañeiros e familias, expoñendo o resultado das súas investigacións e traballos e guiándoos pola galería de arte. Ampliando vocabulario relacionado co tema, melloraron a comprensión oral. A comprensión escrita traballouse coa busca e selección de información en distintos soportes, e a comunicación escrita, a través da elaboración de notas pedindo colaboracións, carteis, invitacións, etc. Autonomía e iniciativa persoal: Este proxecto foi un claro promotor da capacidade de traballo individual e en equipo, e por suposto, capacidade creadora das persoas involucradas no mesmo; a arte animou os nosos espazos comúns e incluso os nosos disfraces, que pintamos persoalmente. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico: o alumnado tomou conciencia de cómo poden influír as persoas na modificación dos espazos, relacionado, neste caso, coas creacións artísticas. 1.4.2. Obxectivos *Facer uso da biblioteca valorándoa como fonte de información e como fonte de pracer. *Potenciar a capacidade creativa a través das linguaxes artísticas para imaxinar, inventar, transformar. *Achegarse ao coñecemento dalgúns artistas e dalgunhas das súas obras. *Comunicarse creativamente a través de diferentes manifestacións artísticas. *Desenvolver o sentir de autoconfianza nas producións artísticas persoais. *Respectar e valorar as creacións propias e as das outras persoas. *Achegarse ao coñecemento, emprego e valoración das TIC, como ferramentas de busca de información, creación, expresión e comunicación. *Utilizar a linguaxe oral como medio para adquirir e comunicar coñecementos. *Tomar a iniciativa planificando e secuenciando a propia acción na elaboración das súas obras de arte. *Recoñecer as calidades de certos obxectos e experimentar con elas nas súas creacións. *Favorecer a alfabetización múltiple. *Fomentar a curiosidade e a creatividade. *Recoñecer e utilizar diferentes formas xeométricas *Apreciar as diferentes gamas de cor e traballar coas posibles combinacións das mesmas. *Aplicar coñecementos matemáticos de medidas na realización dos traballos.

2. OBXECTO A proposta da biblioteca escolar, foi medrando nas aulas de 4º e 6º de educación infantil, ata converterse nun proxecto que rematou en xuño. Durante o seu desenvolvemento o alumnado achegouse ao coñecemento dos seguintes artistas: Klimt, Kandinsky, Vann Gogh, Arcimboldo,Andy Warhol, Karla Gerard, Carmen Romero Díaz. Utilizando para elo os recursos da biblioteca, que habilitou unha zona especial de arte, realizando buscas en internet e solicitando axuda ás familias que nos facilitaron material bibliográfico. As nosas pescudas centráronse no coñecemento dalgúns datos biográficos dos artistas e das súas obras, en especial as relacionadas coa representación da natureza. Exploramos sobre as posibilidades creativas que nos ofrecían os distintos materias e técnicas, plantexándonos hipóteses e realizando experimentacións cós mesmos e observación dos resultados para extraer as nosa conclusións sobre o uso e propiedades de ditos materias. Fixemos colaxe con papeis ou teas, troceando, ou recortado. Pintura utilizando diferentes utensilios, plásticos, rodillos, pinceis, papeis ou o modelado e gravado sobre arxila. Traballouse sobre a importancia da cor, a diferenza entre cálidas e frías e o que se podía transmitir a través das mesmas.

3. DESCRICIÓN Este proxecto de investigación xurde coa proposta do PDI, na que se nos pide que cada clase investigue sobre a vida dalgún artista e sobre a relación da súa obra coa representación da natureza, para inspirarse nela e poder recreala coa finalidade de encher de arte natural o interior do noso cole. A idea de converterse en artistas, suscitou tal interese e entusiasmo entre o alumnado de tres e cinco anos, que decidimos seguir adiante có proxecto, posto que supoñía unha boa ocasión para facer un traballo de investigación diferente que ao mesmo tempo engadira unha potenciación das capacidades creativas do alumnado a través das súas creacións artísticas. 3.1 ACTIVIDADES LEVADAS A CABO 3.1.1. Utilizamos a pantalla para facer unha presentación ao alumnado con imaxes de obras de diferentes artistas, entre elas debiamos seleccionar, entre todos, aquelas nas que, dalgún xeito estaba representada a natureza, e escollemos as que máis nos gustaban para traballar sobre elas e facer as nosas versións das mesmas. https://www.youtube.com/channel/ucxu0zktkgm77xjom2fpdp3a 3.1.2. Fixemos unha relación de nomes dos creadores das obras seleccionadas e comezamos coa rolda de ideas previas e preguntas, para recoller o que os nenos e nenas sabían sobre as obras, as técnicas utilizadas, a intención comunicativa dos artistas e algún dato significativo sobre a súa vida. Anotamos todo o que sabiamos e tamén o que queriamos ou precisabamos saber. 3.1.3. Decidimos facer unha investigación e busca de información, o primeiro paso foi achegarnos ao recuncho de arte da nosa biblioteca para buscar libros que nos puideran resolver as nosas dúbidas, para empezar, cada clase, investigou sobre un artista, onde naceu, en que época, que estilo traballou Para contrastar a información tamén fixemos pescudas en internet e trouxemos libros aportados polas familias. Buscamos a obra que queriamos facer, en distintas fontes para observala mellor, e plantexámonos hipóteses sobre o material e a forma de facela, experimentamos coas propostas, observamos os resultados para, posteriormente decidir sobre os materiais que precisabamos. 3.1.4. Comezou a reprodución de obras de arte: por unha parte fixemos unha gran obra conxunta, A árbore da vida de Klimt, na que todos participamos, pintando o fondo con rodillos e esponxas, a árbore con brochas e pinceis e a decoración de puntos e círculos con rotuladores e ceras brandas, levounos moito tempo facela pero foi un grande goce ver como o alumnado acudía con todo entusiasmo a traballar libremente na obra, que estaba no chan do vestíbulo. Foi un pracer para todos vela rematada e poder

colocala na parede, para o que precisamos a axuda de Lolo, o noso conserxe, debido ás grandes dimensións da mesma. O alumnado de tres anos fixo as súas versións individuais desta obra. Para realizar as árbores inspiradas en Kandinsky, necesitamos a axuda dos alumnos colaboradores da biblioteca para recortar os círculos no papel que antes pintamos con esponxas; fixemos rasgado de papel que pintaramos previamente e distribuímos o espazo para montar a nosa obra. Para a parede principal de entrada á galería de arte, realizáronse, en grupo, réplicas de obras de Vann Gogh, Karla Gerard, Monet, Kandinsky e Warhol, tamén nos corredores se fixeron traballos individuais con obras destes artistas, utilizando distintas técnicas. E todos fixemos modelado en arxila para reproducir obras de Carmen Romero Díaz, que se expuxeron no corredor. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippineirino/?q=node/158 3.1.5. Compartimos cos demais compañeiros e coas familias as nosas investigacións e obras de arte, a través da transmisión oral utilizando apoios gráficos como murais ou power point. Previamente redactamos invitacións para esta actividade que rematamos compartindo xogos e bailes. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippineirino/?q=taxonomy/term/71 Dentro da ampla variedade de tarefas levadas a cabo ao longo do desenvolvemento do proxecto destacamos as seguintes: Busca e selección de información sobre arte Asembleas expositivas coa información obtida, debate e toma de consenso. Busca e selección de información para a realización das obras de arte de Klimt, kandinsky, Monet, Arcimboldo, Wharhol, Karla Gerard, Carmen Romero Díaz,.. Organización das galerías de arte. Realización de grandes murais colectivos (árbore da vida de Klimt e entrada a Galería de Arte) Realización de diferentes murais expositivos Actividades de traballo colaborativo entre padriños e apadriñados e tamén nos grupos aula Exposición dos traballos realizados utilizando diferentes soportes. Utilización de diferentes técnicas plásticas na realización dos murais así como na decoración dos seus disfraces Emprego de diferentes programas informáticos para a elaboración de textos, carteis, diapositivas. Realización da visita coas familias Apertura a toda a comunidade educativa das nosas exposicións compartindo con todos unha xornada lúdica e didáctica Busca e elaboración de códigos QR para as nosas obras de arte.

4-. RECURSOS EMPREGADOS Entre os diferentes recursos materiais e humanos dos que dispuxemos no desenvolvemento do proxecto destacamos os seguintes: Todo o profesorado implicado no mesmo Recunchos específicos de arte en zonas da entrada á biblioteca e nas aulas Documentación de consulta da biblioteca do centro e aportacións das familias Direccións e enlaces a diferentes páxinas webs e blogs educativos Disposición horaria de acceso os ordenadores do centro Apartación de material audiovisual referentes a cada artista Elaboración de vídeos coas actividades realizadas. En canto a bibliografía empregáronse os fondos documentais da biblioteca, en particular os do recuncho de arte. Na nosa biblioteca buscamos na sección de consulta 75, lectura 846, biografías 929, El sonido de los colores. Editorial Juventud El sueño de Rembrandt. Brosquil Teodemiro soña con dragóns. Everest Descubrir a arte. Factoria K O cadro mais bonito do mundo.kalandraka

Van Gogh para niños. Susaeta El color. Combel El ABC del arte para niños. Phaidon Cada cuadro con su cuento. Anaya En internet atopamos tamén diferentes páxinas que nos axudaron a coñecer mellor os artistas e as súas obras, como por exemplo: https://www.biografiasyvidas.com/biografia/w/warhol.htm http://www.todocuadros.es/pintores-famosos/klimt/ https://www.biografiasyvidas.com/biografia/a/arcimboldo.htm https://www.youtube.com/watch?v=tx79dvh9nv4 http://miracomoaprendo-alicia.blogspot.com.es/p/vicent-van-gogh.html etc. 5-. IMPLICACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA A implicación da comunidade educativa no desenvolvemento do proxecto de arte foi constante durante a realización do mesmo; contamos coa colaboración do equipo directivo e os diferentes departamentos do centro. As familias tamén constituíron un grande apoio para a realización das visitas e actividades levadas a cabo así como na aportación de materiais. Contamos tamén coa colaboración dos axudantes de biblioteca e do conserxe do centro para a colocación da nosa galería. 6-. DIFUSIÓN Para que o noso traballo chegara o mais lonxe posible fixemos diferentes notas para as familias informándolle dos nosos avances e necesidades para seguir co proxecto. Preparamos material audiovisual para compartir cos compañeiros do centro e coas familias o día da xornada compartida. Ademais houbo información continua do desenvolvemento do proxecto para que toda a comunidade educativa participara no mesmo ; realizáronse vídeos das diferentes actividades que se fixeron chegar as familias tendo sempre presente a privacidade e conservación da imaxe dos menores. Na páxina web do centro existe un apartado no que se recollen novas sobre o proxecto e as actividades que se levaron a cabo tanto na sección PDI como en actividades complementarias, a sección de infantil, o blog As fabas máxicas, e o noso canal youtube. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippineirino/ http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippineirino/?q=taxonomy/term/71 http://asfabasmaxicas.blogspot.com.es/ https://www.youtube.com/channel/ucxu0zktkgm77xjom2fpdp3a 7-.AVALIACIÓN No desenvolvemento do proxecto podemos identificar tres fases de avaliación que son: 1-. Avaliación Inicial Nesta primeira fase tratamos de avaliar os coñecementos previos que os nen@s teñen sobre o

tema do proxecto. Para levar a cabo esta avaliación utilizáronse diferentes técnicas como : chuvia de ideas, debuxo e asemblea. 2-.Avaliación continua A avaliación continua tivo lugar o longo de todo o proceso para observar o achegamento dos nen@s as aprendizaxes así como para levar a cabo as modificacións oportunas para un óptimo desenvolvemento. 3-. Avaliación final Esta avaliación foi realizada como conclusión do proxecto e levada a cabo a través de diferentes técnicas como : exposición dos traballos realizados, elaboración de gráficos, realización de debuxos, exposición a través de murais de todos aqueles datos relevantes do proxecto,... En base os diferentes obxectivos que nos plantexamos o comezo do proxecto, elaboramos unha serie de criterios que nos indicaran o grado de consecución dos mesmos valorados do 1 ao 5. Algunha mostra destas son: Fai uso da biblioteca valorándoa como fonte de información e como fonte de pracer. Achegase ao coñecemento dalgúns artistas e dalgunhas das súas obras. Respecta e valora as creacións propias e as das outras persoas. Utiliza a linguaxe oral como medio para adquirir e comunicar coñecementos. Goza da realización de diferentes obras plásticas. Etc. 8-.FUNCIÓN E PARTICIPACIÓN DA BIBLIOTECA EN TODO O PROCESO O papel da biblioteca foi crucial no desenvolvemento do proxecto xa que propuxo o tema do curso, tendo en conta o currículo escolar e avaliando as necesidades do centro, como unha parte integrada dentro do PDI de centro. O proxecto de Arte foi medrando nas nosas aulas ata converterse nunha expresión da creatividade dos nosos nenos e nenas respetando a súa liberdade de expresión. En coordinación coa xefatura de estudios e os demais equipos do centro levou a cabo: Deseño de contidos e actividades Organización de exposicións Planificación de visitas relacionadas co desenvolvemento do proxecto.. Outras das actividades que partiron da biblioteca son por exemplo: Colaborar na formación do alumnado na busca, recollida, selección e tratamento da información sobre arte e diferentes técnicas expresivas. Servir de canle entre o centro e a comunidade propoñendo actividades que involucraran a todos eles, e difundindo entre as familias información sobre os avances das nosas investigacións. Coordinar todas aquelas actividades de difusión coa comunidade educativa.

9. MATERIAL ANEXO Power point da ARTE Entroido Naturalmente Xornada coas familias O material anexo poderase visionar nos enlaces a paxina web do centro, o blogue e o canal youtube no que se recollen diferentes actividades.