Servizo de Escolas infantís municipais

Similar documents
ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Mapa de accidentalidade

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

Informe mensual do paro rexistrado

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

Á Mesa do Parlamento

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

PRESIDENCIA. ORGANIGRAMAS RPT Deputación de Ourense ÁREA DE ÁREA DE FACENDA ADMINISTRACIÓN XERAL ÁREA DE INFRAESTRUTURAS ÁREA DE BENESTAR ÁREA DE


6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

Programación de proba libre de módulos profesionais

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

ORDE DO DÍA. 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 22 de febreiro de 2018.

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

XANEIRO - SETEMBRO 2018

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

Índice. Memoria de Sociedades Mercantís 5

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

CONCI:LLO DE SANTIAGO

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL REALIZADA O DIA 1 DE XULLO DE DOUS MIL DEZASEIS.

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

O relevo e as costas de Galicia

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

informe de actividade issga

Revista Galega de Economía Vol (2018

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS. MP0236 Instalacións de distribución 2013/2014 7

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE...

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

Transcription:

Servizo de Escolas infantís municipais MEMORIA SOBRE A VIABILIDADE DA XESTIÓN DIRECTA DO SERVIZO E ESTUDO DE CUSTOS xullo 2018

ÍNDICE 0. Antecedentes 1. Obxectivos e datos de xestión 2. Evolución histórica dos resultados económicos 3. Ingresos 3.1. Evolución histórica dos ingresos 3.2. Eficacia recadadora 3.3. Previsión de ingresos 3.4. Proxección da evolución de ingresos 4. Estudo de custos do servizo 4.1. Evolución histórica dos custos do servizo 4.2.Custos previstos 4.2.1. Custos de persoal 4.2.2. Custos de material. Subministros 4.2.3. Custos xerais 4.2.4. Seguros 4.2.5. Servizos externos e gastos financeiros 4.3. Resumo custos totais de explotación 4.4. Resumo de gastos e ingresos 5. Afección nos gastos da xestión directa 5.1. Minoración de custos 5.2. Custos iniciais de posta en marcha do servizo 6. Outras opcións de xestión 7. Conclusións ANEXOS 1. Aclaración competencial. Informe en materia de competencias 2. Informe técnico-económico de Intervención. Licitación 2016 3. Instalacións das EIMs 3

4

0.- ANTECEDENTES Na sesión ordinaria do Pleno municipal correspondente ao mes de xuño de 2018, aprobouse a proposta da Alcaldía na que se xustificaba a intención de asumir a xestión directa do Servizo da Escolas infantís municipais, que se concretaba no seguinte texto: O 11 de agosto de 2016 formalizouse o contrato para prestación de servizo, mediante concesión, das ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TEO entre a entidade Aurora, Pilar y Ana SL e o concello de Teo, cunha duración de un ano, contado a partir da sinatura da acta de comezo da prestación do servizo (que tivo lugar o 31 de agosto de 2016), prorrogable por outro máis, sen que a duración do contrato, incluída a prórroga, poida exceder de dous anos. O 30 de maio de 2017 formalizouse esta prórroga que remata o 31 de agosto de 2018. A posible licitación dun novo contrato para a prestación deste servizo viuse afectada por unha serie de circunstancias sobrevidas que, en conxunto, impiden que se cumpran os prazos imprescindibles para un servizo con garantías: A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do sector público (BOE do 09/11/2017), entrou en vigor o 9 de marzo de 2018, eliminando o contrato de xestión de servizos públicos que se substitúe polo contrato de concesión de servizos. O contrato de concesión de servizos regulado pola nova Lei 9/2017 implica unha serie de trámites non previstos con anterioridade na normativa contractual, entre eles un estudo de viabilidade económica previo á licitación que, máis alá da complexidade da súa elaboración, adía o proceso ao requirir un mes de información pública e a resolución de posibles alegacións. A disposición adicional 15.3 da Lei 9/2017 establece a licitación electrónica obrigatoria, se ben a complexidade da plataforma de contratación do sector público implica que na actualidade nos atopemos en período de probas. Outro aspecto a ter en conta na nova contratación mediante a modalidade de contrato de xestión de servizos, deriva do artigo 333 da lei que esixe solicitar informe previo á licitación, con carácter preceptivo, á denominada Oficina nacional de avaliación, ente que foi posto en marcha en datas recentes o que dificulta e prolonga no tempo dar cumprimento neste aspecto á normativa contractual. Por outra banda, a xestión do servizo das Escolas infantís municipais, polas características do mesmo, impide unha xestión en precario inferior ao curso escolar completo, unha situación irregular contractual dificilmente xustificable e defendible. A 5

decisión que se tome debe garantir a actividade regular e sen alteración sobre o curso completo. Considerando que resulta imposible manter o servizo xestionado de forma externa garantindo os principios de libre concorrencia e competencia, valorando ao mesmo tempo as características sensibles do servizo, e que o goberno municipal considera que a xestión directa dos servizos públicos é a mellor forma de acadar a eficacia, sostibilidade e eficiencia que a sociedade demanda das Administracións, proponse ao Pleno a adopción do seguinte acordo: Primeiro.- Manifestar a vontade do concello de asumir a xestión directa do servizo das Escolas Infantís Municipais a partir do 1 de setembro de 2018, iniciando o proceso administrativo con ese obxectivo. Segundo.- Declarar a vontade de que o concello asuma a subrogación das traballadoras salvagardando os dereitos recollidos no seu convenio e como medio de dar continuidade e estabilidade ao servizo. Tomando como referencia este acordo, e dada a necesidade de activar canto antes os mecanismos precisos para poder valorar todos os aspectos administrativos que inciden neste proceso, por dilixencia da Alcaldía do 29 de xuño dispúxose a constitución da Comisión técnico-política encargada de realizar este Estudo de custos que permita valorar a viabilidade de asumir a xestión directa das escolas infantís municipais, conformada por: - Presidencia: Alcaldía - Concelleiro responsable da área (Ignacio Iglesias Villar) - Traballadora social responsable da actividade (Mónica Mella Rosende) - Tesoureiro municipal (Diego Rodríguez Porto) - Avogada do CIM (Estefanía Lodeiro Paz) 6

1.- OBXECTIVOS E DATOS DE XESTIÓN O concello de Teo realiza este estudo de custes coa intención de valorar a posibilidade de adoptar un mecanismo de xestión directa de Escolas infantís municipais do concello de Teo. De entrada, preténdese que sexa a propia administración local a que xestione o servizo (sen organismos autónomos), asumindo a xestión de cobros e sen que estea previsto externalizar servizos, agás con carácter extraordinario. Co fin de determinar a viabilidade deste tipo de xestión, realízase un estudo de custos e ingresos actualizado por anos, valorando por separado os custos de posta en marcha do servizo. Búscanse datos obxectivos e estables de explotación, suxeitos tanto en ingresos coma en gastos ás variacións do IPC, tendo en conta que non existe previsión de incrementos nos custos de servizo agás o enerxético. Preténdese manter o nivel dos prezos públicos aboados polos usuarios/as. En Galicia, o Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia establecen os requisitos que deben cumprir este tipo de centros. O Concello de Teo determina a participación da familias no custo do servizo a través da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización do servizo de escolas infantís publicada no BOP da Coruña do 31/05/2013 e a súa modificación publicada no mesmo boletín do día 27/11/2015. A Escola infantil municipal da Ramallosa está composta de 5 unidades habilitadas para o acollemento de nenos/as 0-3 que se agruparán segundo a normativa vixente e que serán atendidos en aulas independentes. O horario de funcionamento réxese polo Regulamento de organización e funcionamento das escolas infantís municipais do Concello de Teo, publicado no BOP do 7 de decembro de 2015. O centro oferta servizo de almorzo, xantar e merenda para o alumnado segundo período de asistencia de que se trate. A Escola infantil municipal de Calo está composta actualmente de 4 unidades, e a dos Tilos de 3 unidades, reiterándose o establecido anteriormente con respecto á EIM da Ramallosa. As características fundamentais das EIMs do Concello de Teo poden resumirse do seguinte xeito: 7

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE A RAMALLOSA Nº PLAZAS UNIDADES TOTAL UNIDADES 0-1 ANOS 8 1 8 UNIDADES 1-2 ANOS 13 2 26 UNIDADES 2-3 ANOS 20 2 40 TOTAL PRAZAS SIMULTÁNEAS DA ESCOLA INFANTIL RAMALLOSA 74 OCUPACIÓN ACTUAL 76 OCUPACIÓN PREVISTA INICIO CURSO 2018-2019 93 HORARIO DE FUNCIONAMENTO DIARIO 7:30-20:30 SEMANAL 5 DÍAS, 13 HORAS/DÍA MESES DE SERVIZO 12 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS COMEDOR, POR PERSOAL PROPIO Na escola da Ramallosa hai dúas aulas que varían a súa asignación a un grupo de idade en función da demanda para o curso concreto. No próximo curso 2018-2019 configuraranse dúas aulas de 2-1 e de 2-3 anos ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE CALO Nº PLAZAS UNIDADES TOTAL UNIDADES 0-1 ANOS 8 1 8 UNIDADES 1-2 ANOS 13 1 13 UNIDADES 2-3 ANOS 20 2 40 TOTAL PRAZAS SIMULTÁNEAS DA ESCOLA INFANTIL CALO 61 OCUPACIÓN ACTUAL 63 OCUPACIÓN PREVISTA INICIO CURSO 2018-2019 78 HORARIO DE FUNCIONAMENTO DIARIO 7:30-20:30 SEMANAL 5 DÍAS, 13 HORAS/DÍA MESES DE SERVIZO 12 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS COMEDOR, POR PERSOAL PROPIO Na escola de Calo hai unha aula que varía a súa asignación a un grupo de idade en función da demanda para o curso concreto. No próximo curso 2018-19 configuraranse dúas aulas de 2-3 anos 8

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DOS TILOS Nº PLAZAS UNIDADES TOTAL UNIDADES 0-1 ANOS 8 1 8 UNIDADES 1-2 ANOS 13 1 13 UNIDADES 2-3 ANOS 20 1 20 TOTAL PRAZAS SIMULTÁNEAS DA ESCOLA INFANTIL OS TILOS 41 OCUPACIÓN ACTUAL 40 OCUPACIÓN PREVISTA INICIO CURSO 2018-2019 55 HORARIO DE FUNCIONAMENTO DIARIO 7:30-20:30 SEMANAL 5 DÍAS, 13 HORAS/DÍA MESES DE SERVIZO 12 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS COMEDOR, POR PERSOAL PROPIO A ocupación prevista para inicio 2018-2019 nas táboas responde ao proceso de admisión que aínda está en trámite na actualidade. Pola contra, o grao de ocupación actual correspóndese co actual curso 2017-2018. 9

10

2.- EVOLUCIÓN HISTÓRICA DOS RESULTADOS ECONÓMICOS Tómase como punto de partida desta evolución histórica o ano 2012, permitindo así o contraste entre os resultados das distintas empresas concesionarias. Trátase de determinar o custo real do servizo para o concello durante os últimos seis anos. A determinación de custos, excluídos os de mantemento dos edificios que eran asumidos xa polo concello, son doados de determinar pois corresponden cos que fixan os contratos de adxudicación coas empresas concesionarias: o 14 de agosto de 2013 coa Fundación de Estudos e Análises (FESAN) e o 11 de agosto de 2016 con Aurora, Pilar y Ana S.L.. Por outra banda, a recadación dos prezos públicos que realizan as empresas, son tamén datos obxectivos coñecidos, estando definidos na Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización do Servizo de Escolas infantís municipais (BOP do 31 de maio de 2013) coa modificación publicada no BOP do 27 de novembro de 2015. A seguinte táboa reflicte o balance dos últimos anos: Ano Ingresos por subvencións Pagos contrato concesión Investimento municipal directo BALANCE do servizo (ingresos menos gastos) 2012 80.789,80 390.551,36 7.730,55-317.492,11 2013 80.789,80 399.170,57 8.063,21-326.443,98 2014 80.789,80 405.000,00 23.027,64-347.237,84 2015 72.000,00 405.000,00 26.271,46-359.271,46 2016 72.000,00 406.666,68 23.883,61-358.550,29 2017 77.999,16 410.000,04 23.824,62-355.825,50 Na táboa non aparece o recadado polos prezos públicos, xa que tamén se contabilizan como gastos ao ser transferidos directamente á empresa concesionaria (non alteran o balance final) Consecuentemente, para que a xestión directa polo concello sexa, tal e como establece o artigo 86.1 da LBRL, conveniente e oportuna, o balance do sevizo debe ser inferior a -357.882,42 /ano, a media do déficit contabilizado nos últimos 3 anos. Deste xeito garántese un servizo eficaz economicamente e responsable dende o punto de vista da interlocución coas persoas usuarias, xa que permite a toma de decisións directas. 11

12

3.- INGRESOS 3.1. Evolución histórica dos ingresos Nos últimos seis anos, a evolución de ingresos por recadación ás persoas usuarias do servizo e por subvencións recibidas, foi a seguinte: INGRESOS EIMS DO CONCELLO DE TEO. COMPARATIVA POR ANOS ANO RECADACIÓN SUBVENCIÓNS TOTAL 2012 153.916,91 80.789,80 234.706,71 2013 151.892,11 80.789,80 232.681,91 2014 164.983,47 80.789,80 245.773,27 2015 142.373,99 72.000,00 214.373,99 2016 138.050,10 72.000,00 210.050,10 2017 141.886,57 77.999,16 219.885,73 Graficamente: RECADACIÓN E SUBVENCIÓNS EIMS /ANOS 200000 150000 100000 50000 0 2012 2013 2014 2015 2016 2017 RECADACIÓN SUBVENCIÓNS 3.2. Eficacia recadatoria Non se constatan impagos relevantes no servizo. 3.3. Previsión de ingresos Neste apartado débense estimar os ingresos que se esperan obter. Para iso necesítanse dúas variables fundamentais: a matrícula propiamente dita e os servizos adicionais (comedor no caso das EIM do Concello de Teo). Para determinar os ingresos considérase que o centro está a plena capacidade nos horarios de mañá mentres que, na quenda de tarde, a ocupación baixa significativamente (situación observada nos cursos precedentes). 13

O Concello, como xestor directo das Escolas infantís de Calo, A Ramallosa e Os Tilos, deberá aplicar a Ordenanza Reguladora do prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais vixente. Hai que ter en conta que as tarifas das EIMs varían en función das horas que permaneza o neno/a no centro. Na Ordenanza Reguladora do Prezo público contémplanse tarifas para cada prestación segundo os niveis de renda: RENDA PER CÁPITA MENSUAL DA UNIDADE FAMILIAR Límite inferior Límite superior Xornada completa Inferiores ao 30% do IPREM - 161,35 - Entre o 30% e o 50% do IPREM 161,36 268,92 - Entre o 50% e o 75% doiprem 268,93 403,38 33,00 Entre o 75% e o 100% do IPREM 403,39 537,84 66,00 Entre o 100% e o 125% do IPREM 537,85 672,30 85,00 Entre o 125% e o 150% do IPREM 672,31 806,76 105,00 Entre o 150% e o 200% do IPREM 706,77 1.075,68 139,00 Superiores ao 200% do IPREM 1.075,69 160,00 No que se refire ao servizo de comedor, distínguense tres opcións, para as cales tamén existen deducións en función da renda familiar: RENDA PER CÁPITA MENSUAL DA UNIDADE FAMILIAR Límite inferior Límite superior Almorzo ou merenda Xantar Inferiores ao 30% do IPREM 0,00 161,35 0,00 0,00 Entre o 30% e o 50% do IPREM 161,36 268,92 0,00 0,00 Entre o 50% e o 75% doiprem 268,93 403,38 5,00 10,00 Entre o 75% e o 100% do IPREM 403,39 537,84 10,00 20,00 Entre o 100% e o 125% do IPREM 537,85 672,30 15,00 30,00 Entre o 125% e o 150% do IPREM 672,31 806,76 20,00 40,00 Entre o 150% e o 200% do IPREM 806,77 1.075,68 25,00 50,00 Superiores ao 200% do IPREM 1.075,69 30,00 60,00 Realízase cobro por servizos excepcionais por días soltos: o prezo é de 3 polo xantar e 2 polo almorzo e merenda. O prezo de comedor por días soltos non está suxeito a ningunha redución O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario da atención educativa adxudicado ás persoas usuarias será de 20. As horas complementarias teñen unha contribución de 4. As familias cunha renda per 14

capita inferior ao 75% IPREM teñen unha redución do 50%. O prezo da hora extraordinaria non está suxeito a ningunha redución. Alén do baremo xeral establecido para o copagamento, existen bonificacións especiais que poden acumularse entre si: - Nenos/as pertencentes a familias numerosas (categoría xeral ou especial), desconto dun 20%. - Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20%. - Cando asistan ao mesmo centro varios irmáns, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 20% Por último, debe indicarse que as familias teñen a posibilidade de solicitar a revisión da cota de copagamento ao longo do curso sempre que se cumpran os requisitos establecidos normativamente. Os ingresos anuais estimados tendo en conta a Ordenanza para as tres escolas infantís serían: INGRESOS ANUAIS ESTIMADOS EIM A RAMALLOSA 62.558,09 EIM CALO 47.942,82 EIM OS TILOS 32.255,50 TOTAL ANO 142.756,41 Para esta previsión estimáronse os datos abril 2017-marzo 2018 co obxecto de contar cos datos máis actualizados de cara a unha posible licitación do servizo 3.4. Proxección da evolución de ingresos A posta en marcha da xestión directa do servizo de Escolas infantís municipais do concello de Teo, realízase partindo de que nos próximos anos non se vai realizar ningún incremento nos prezos públicos aplicados ás persoas usuarias. A evolución demográfica non fai posible prever un incremento significativo s persoas usuarias do servizo nos próximos anos. Número de nenos e nenas nacidos en Teo 2011 179 2012 189 2013 160 15

2014 149 2015 150 2016 140 2017 129 OCUPACIÓN DAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS OS TILOS CALO A RAMALLOSA Xaneiro 2015 39 63 80 Xaneiro 2016 40 59 75 Xaneiro 2017 39 61 75 Xaneiro 2018 37 57 72 16

4.- ESTUDO DE CUSTOS DO SERVIZO 4.1. Evolución histórica dos custos do servizo A evolución histórica dos custos do servizo queda reflectida no seguinte cadro e nos gráficos que o acompañan: GASTOS EIMS CONCELLO DE TEO. COMPARATIVA POR ANOS ANO CONTRATO INVESTIMENTO DIRECTO TOTAL 2012 390.551,36 7.730,55 398.281,91 2013 399.170,57 8.063,21 407.233,78 2014 405.000,00 23.027,84 428.027,84 2015 405.000,00 26.271,46 431.271,46 2016 406.666,68 23.883,61 430.550,29 2017 410.000,04 23.824,62 433.824,66 EVOLUCIÓN DE CUSTOS DOS CONTRATOS DAS EIMS 390551,36 399170,57 405000 405000 406666,68 410000,04 2012 2013 2014 2015 2016 2017 1 2 3 4 5 6 EVOLUCIÓN DO GASTO DO CONCELLO DE TEO EN RELACIÓN AS EIMS 440000 430000 420000 410000 400000 390000 380000 2012 2013 2014 2015 2016 2017 17

4.2.Custos previstos Realízase este estudo de custos do mesmo xeito e coa mesma metodoloxía que se realizaron os Informes técnico-económicos precedentes reclamados ao Departamento de Servizos Sociais pola Intervención municipal para iniciar o proceso de licitación dunha nova concesión do servizo, contemplándose todos os custos que serían asumibles pola concesionaria para determinar o canon a aboar polo Concello, realizándose posteriormente as corrección que implicarían asumir a xestión directa. 4.2.1. Custos de persoal Tómase como referencia o gasto de persoal adscrito pola concesionaria ao servizo no concello de Teo durante os últimos anos, segundo datos aportados polas propias concesionarias. Os custos de persoal incorporan as retribucións básicas e complementarias, as cotas de seguridade social e os custos de formación. CUSTOS PERSOAL DAS EIMS SEGUNDO AS ENTIDADES XESTORAS Ano Custo persoal 2012 424.105,86 2013 467.867,99 2014 472.739,61 2015 519.364,93 2016 481.806,94 2017 476.508,63 CUSTOS DO PERSOAL DAS EIMS/ ANO 424.105,86 467.867,99 472.739,61 CUSTOS PERSOAL 519.364,93 481.806,94 476.508,63 2012 2013 2014 2015 2016 2017 18

A capacitación e dotación do persoal deste tipo de centros está definida no Decreto 329/2005. As relacións laborais das escolas infantís privadas réxense na actualidade polo XI Convenio colectivo de ámbito estatal de centros de asistencia e educación infantil, publicado no BOE do 22 de marzo de 2010, e polas revisións salariais publicadas no BOE. Tendo en conta as proporcións de persoal requiridas polo Decreto 329/2005, así como o requisito de subrogación do persoal contratado actualmente e que presta servizos nas escolas infantís municipais, estímanse uns gastos de persoal de carácter anual seguintes: ESCOLA GASTOS DE PERSOAL ESTIMADOS EIM A RAMALLOSA 186.982,56 EIM CALO 168.118,39. EIM OS TILOS 121.407,68 TOTAL 476.508,63 Estes gastos incorporan as retribucións básicas e complementarias, as cotas á Seguridade Social e os custos de formación. 4.2.2. Custos de material. Subministros Inclúense neste capítulo os gastos xerais de material de uso nas escolas infantís, de forma específica, os custos do material de limpeza e os produtos alimenticios, que supoñen a maior parte do capítulo. A distribución prevista, tomando como base os datos achegados polas empresas concesionarias nos últimos anos, é a seguinte: Conceptos Os Tilos Calo A Ramallosa TOTAL Material funxible e específico 206,91 260,22 298,34 765,47 Reposición de dotación de material 2.208,73 2.605,63 2.871,99 7.686,35 Produtos alimenticios 7.279,07 5.931,66 9.949,63 23.160,36 Produtos de limpeza 1.185,13 1.950,94 2.227,23 5.363,30 Total gastos de material das EIMs 36.975,48 19

4.2.3. Custos xerais Inclúense neste capítulo os gastos de carácter xeral que afectan ás escolas infantís, nomeadamente os enerxéticos, os de comunicacións, as reparacións, os de vestiario e mesmo os de mantemento de ascensores, se é o caso. Tamén se contemplan custos de asesoría e prevención de riscos laborais. A distribución prevista, tomando como base os datos achegados polas empresas concesionarias nos últimos anos, é a seguinte: Conceptos Os Tilos Calo A Ramallosa TOTAL Auga e saneamento 286,76 311,17 316,29 914,22 Combustible para calefacción 889,60 1.390,00 3.785,24 6.064,84 Electricidade 2.700,20 1.501,78 2.141,41 6.343,39 Teléfono e internet 801,49 841,97 665,53 2.308,99 Comunicacións postais 1,07 1,07 Tributos locais, autonómicos e estatais 484,64 488,20 482,34 1.455,18 Reparacións 671,56 1.970,08 913,53 3.555,17 Lencería e vestiario 237,01 381,52 628,18 1.246,71 Servizos externos (prevención de riscos, asesoría, proxectos..:) 5.432,65 6.273,42 7.513,41 19.219,48 Mantemento ascensor 1.055,58 1.055,58 Total gastos xerais das EIMs 22.945,15 4.2.4 Seguros O custo dos seguros, tanto persoais como de instalacións, ten as seguintes previsións tomando como base os datos achegados polas concesionarias privadas nos últimos anos: Concepto Os Tilos Calo A Ramallosa TOTAL Pólizas de seguros 870,69 900,44 927,77 2.698,90 20

4.2.5 Servizos externos e gastos financeiros Dentro dos servizos externos inclúense o de asesoría laboral, servizo de prevención e redacción de documentos de prevención de riscos, ademais dos custos bancarios e os gastos financeiros Conceptos Os Tilos Calo A Ramallosa TOTAL Servizos externos 5.432,65 6.273,42 7.513,41 19.219,48 Servizos bancarios 4,13 2,25 6,38 Outros: gastos financeiros 326,39 495,00 639,49 1.460,88 Total custos externos e financeiros 20.686,74 4.3. Resumo custos totais de explotación Considéranse os custos de explotación ordinarios anuais, excluídos os custos propios da posta en marcha do servizo: Concepto Importe Custos de persoal 476.508,63 Custos de material. Subministros 36.975,48 Custos xerais 22.945,15 Seguros 2.698,90 Servizos externos e custos financeiros 20.686,74 TOTAL 559.814,90 4.4. Resumo de gastos e ingresos GASTOS ESTIMADOS NAS EIMs DE TEO TOTAL GASTOS ESTIMADOS 559.814,90 INGRESOS ESTIMADOS NAS EIMs DE TEO TOTAL INGRESOS ESTIMADOS 142.756,41 Consecuentemente, no Informe técnico-económico remitido polo Departamento de Servizos Sociais á Intervención municipal co obxecto dunha nova licitación, en abril de 2018, establecíase un canon anual a aboar polo concello de 417.058,49, a diferenza entre os gastos estimados e os ingresos estimados. 21

5. Afección nos gastos da xestión directa 5.1. Minoración de custos Os apartados 4.2.1. e 4.2.2., correspondentes aos gastos de persoal e aos custos de material, non se verían minorados coa xestión directa. No que afecta aos custos xerais, apartado 4.2.3., a redución no gasto viría dada porque ao tratarse dun servizo municipal non se facturarían a auga e o saneamento (outro servizo público municipal), nin se tería que facer fronte aos impostos de actividades económicas, o que suporía un aforro de 2.369,40 anuais. Co obxecto de realizar unha previsión conservadora para os intereses municipais, non se minoran custos que, en principio, deberan de desaparecer ou reducirse, como os da asesoría laboral. Mantéñense tamén os chamados gastos financeiros que poden ser equiparables aos de xestión bancaria. 5.2. Custos iniciais de posta en marcha do servizo Concepto Custe Equipo informático administración 600,00 Programa xestión 1.750,00 TOTAL 2.350,00 Non se considera a posibilidade de financiar este investimento inicial dada a súa escasa relevancia. Sería asumido co aforro xerado no apartado 5.1, aforro que sería neto nos anos vindeiros. 22

6. OUTRAS OPCIÓNS DE XESTIÓN As escolas infantís municipais de Teo son, dende a súa creación, de xestión propia e, ata este momento, por concesión a unha empresa externa. Outra opción posible sería solicitar a súa xestión a través da rede do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as chamadas Galiña Azul. Segundo o acordo marco Fegamp-Consellería de Política Social en relación ao Consorcio galego de servizos de igualdade e benestar do 11 de maio do 2016, incorporado como anexo I á Lei 2/2017 do 8 de febreiro de medidas fiscais, administrativas e de ordenamento, a incorporación a esta rede tería as seguintes condicións: Opción A. Achega de 1.500 por praza e ano. Consultada a interpretación desta cantidade, no caso de Teo corresponderíanos pagar 1.500 por neno ou nena matriculado (con independencia do seu horario), e non polo número de prazas. Este cálculo, tendo en conta os nenos e nenas matriculados nas EIMs en xaneiro de 2018, que eran 175, suporía un custo de 262.500. Opción B. A outra posibilidade é facer un pagamento de 900 euros por cada neno ou nena que, cos custos máximos no caso de Teo, sumaría unha cantidade de 158.400. Este cómputo implica que o concello tería que facerse cargo dos gastos de mantemento das escolas. Este mantemento está recollido coa seguinte relación de servizos: 1. Mantemento do edificio e exteriores, incluíndo obras e labores de mantemento do edificio preventivos e/ou correctivos, conservación e mantemento da instalacións, estrutura arquitectónica e instalacións de enxeñerías. 2. Mantemento do sistema de detección, extinción e plan de evacuación do centro. 3. Reparación e reposición de electrodomésticos. 4. Plan de augas e tratamento anti-lexionela. 5. Mantemento da ACS e climatización das instancias. 6. Limpeza integral do centro (limpeza diaria e extraordinaria) 7. Sistema de vixilancia e seguranza do centro, alarmas de seguridade e incendios. 8. Subministracións de auga, electricidade, gasóleo/gas e mantemento das instalacións de acometidas de enerxías e subministracións, así como saneamento e recollida de lixo, en 23

base a norma de medio ambiente e dotación de material para o mesmo. 9. Teléfono e ADSL 10. Servizos de Protección Civil ou aqueles outros que fosen necesarios para situacións de emerxencia. As condicións económicas así establecidas aseguraríanos un servizo que dista do ofertado nas EIMs de Teo, segundo a seguinte comparativa: COMPARATIVAS ENTRE AS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS E AS ESCOLAS INFANTÍS DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS ESCOLAS INFANTÍS DO CONSORCIO Adxudicación de prazas Poderanse presentar solicitudes antes do nacemento, e estas faranse efectivas se a data de nacemento fora anterior ó 1 de xuño do ano para o que se solicita praza (artigo 6.5 do Regulamento). Calendario A data de inicio do curso correspóndese con 1 de setembro, mantendo continuidade durante todo o ano (Regulamento de réxime interno dos centros). Adxudicación de prazas Que a nena ou neno xa nacese no momento da solicitude (artigo 2.a da Resolución de adxudicación de prazas). Calendario Establécese data de inicio de curso 2018-2019 o 5 de setembro. Non se garante a continuidade posto que dende o 1 ao 4 de setembro non se conta con servizo (artigo 4.1 da Resolución de adxudicación de prazas) Calendario Non se pecha en agosto agás para realizar reparacións e obras de mellora (artigo 14 do Regulamento). Horario Non se establece o peche de escolas en determinados días/horarios. Horario En xeral as escolas estarán abertas entre as 7:30 e as 20:30 horas (artigo 14 do Regulamento). Xornada Xornada parcial: non será posible autorizar fraccións horarias inferiores a 15 minutos (Regulamento de réxime interno dos centros). Calendario Con carácter xeral pechan en agosto, a Xerencia do Consorcio pode determinar a apertura dunha escola de garda sempre que existan solicitudes para unha unidade internivelar de 0-3 anos (15 nenos) (artigo 4.1 da Resolución de adxudicación de prazas). Horario O 5 de xaneiro e martes de Entroido as escolas pechan as 15:00 horas (artigo 4.1 da Resolución de adxudicación de prazas). Horario As escolas con horario de peche establecido por riba das 18 horas, manterán o mesmo de haber demanda suficiente para manter unha unidade internivelar (artigo 4.2 da Resolución de adxudicación de prazas). Xornada Tanto na xornada completa partida como na media xornada o tempo de permanencia mínimo na escola non poderá ser inferior a 3 horas. (artigo 4.2 da Resolución de adxudicación de prazas). 24

Revisión de prezos As variación de máis do 25% das rendas do traballo ou de actividades económicas ou empresariais da unidade familiar, poderán dar lugar a un novo cálculo da cota, cando estas se manteñan como mínimo por un período de tres meses consecutivos, As variacións de máis do 15% e ata o 25% das rendas do traballo ou actividades económicas ou empresariais da unidade familiar, poderán dar lugar a un novo cálculo da cota, cando estas se manteñan como mínimo por un período de seis meses consecutivos, (artigo 7.B da Ordenanza reguladora do prezo público). Solicitudes fóra de prazo Calquera situación (artigo 7.b do Regulamento) Revisión de prezos Diminución ou incremento dos ingresos en máis do 20 % en cómputo anual respecto aos declarados na solicitude de praza ou, de ser o caso, nunha variación posterior. Estas variacións deberán ter unha duración mínima de seis meses (artigo 18.b da Resolución de adxudicación de prazas). Solicitudes fóra de prazo 1º. Nacemento, acollemento ou adopción da/do nena/o con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes. 2º. Cambio de concello de residencia ou de traballo da unidade familiar. 3º. Cambio de domicilio ou lugar de traballo da unidade familiar dentro do mesmo concello. 4º. Outras circunstancias que motivadamente aprecie a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (artigo 3.2.b da Resolución de adxudicación de parazas). Cuestións a desenvolver: Número mínimo para manter as escolas abertas. As EIM de Teo están abertas dende as 7.30 as 20.30 horas con independencia do número de nenos ou nenas presente. As normas de funcionamento da galiña azul contemplan un número mínimo de nenos ou nenas para manter a escola en funcionamento, unha vez baixado do número establecido para cada escola esta deixa de prestar o servizo. As familias coñecen esta circunstancia unha vez finalizada a matrícula e, evidentemente, ten repercusións conciliación da vida familiar e laboral. O mes de agosto as EIM de Teo están abertas, salvo caso de realizar obras incompatibles coa actividade das mesmas. Isto posibilita que as familias poidan distribuír o mes de vacacións obrigatorio ao longo do curso escolar, facilitando a adaptación á realidade laboral. As escolas dependentes da rede da galiña azul, pechan o mes de agosto. Excepcionalmente, pode quedar aberta unha por cada zona xeografica, obrigando as familias coller as vacacións no mes de agosto ou modificar as súas rutinas variando o lugar o lugar, a localidade e o persoal para 25

ter o servizo neste mes. A demanda non pode ser menor de 15 nenos ou nenas. O concello de Teo recibe unha subvención anual para o mantemento das EIM, que nestes últimos anos ronda os 72.000. Esta subvención deixaría loxicamente de percibirse, e restaría dos ingresos municipais. Por todo o anterior consideramos, que a perda da autonomía na xestión que implica a cesión á rede de galiñas azuis, e que impediría achegalas ás necesidades das familias de Teo, así como o custo que tería que abonar o concello por estes servizos, fai oneroso e pouco eficaz o traslado da xestión ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. 26

7. CONCLUSIÓNS Fronte ao canon anual a aboar polo concello a unha posible concesionaria, que no Informe técnico-económico remitido polo Departamento de Servizos Sociais á Intervención municipal, en abril de 2018, se fixaba en 417.058,49, a xestión directa reduce este custo en 2.369,40 anuais, o que fixa o gasto total en 414.689,09. Tendo en conta que as subvencións previstas, similares ás do ano 2017, alcanzan os 78.000, o déficit do servizo durante o ano 2018 será, previsiblemente, de -336.689,09. Mantendo un nivel de investimento nas instalacións similar ao do ano pasado, 23.824,62 (ver apartado 2 deste estudo), o déficit acadaría os 360.513,71, practicamente similar á media dos últimos anos, a pesar do incremento de custos que o Informe técnicoeconómico fixaba para a nova licitación. Asumindo unha previsión conservadora tanto no capítulo de ingresos coma no capítulo de gastos co obxecto de garantir a viabilidade da xestión directa do servizo sen lugar a ningún tipo de imprevistos que puidesen supor un risco para a tesourería municipal, as previsións outorgan unha lixeira vantaxe dende o punto de vista da xestión económica para a xestión directa. Unha xestión minimamente eficaz a través do Departamento de Servizos Sociais do concello suporá unha redución de custos no capítulo de servizos externos, ademais de gañar capacidade e autonomía na xestión diaria do servizo. Por outra banda, a xestión directa supón unha maior garantía laboral para as traballadoras do servizo en canto ao cumprimento das ratio regulamentarias e dos seus dereitos laborais e retributivos. Os beneficios desta xestión directa non poden obviar a realidade dunha xestión deficitaria do servizo, asumida historicamente polo concello como unha prestación social colectiva da que se beneficia unha parte moi importante da veciñanza e contribúe a que esta poida desenvolver as súas obrigas laborais. As outras posibles opcións de xestión, nomeadamente a cesión das escolas infantís á administración competente, tería que facerse no marco do acordo da 27

Fegamp coa Consellería de Política Social, en relación ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. As condicións fixadas nese acordo, tanto na contribución económica a realizar polo concello, como sobre todo, nas condicións de servizo que ofrece o Consorcio, fan que esta opción sexa claramente desfavorable fronte a posibilidade de xestión directa polo concello. Teo, xullo de 2018 Traballadora social responsable da Área de Escolas infantís Concelleiro de Benestar, Igualdade, mocidade e Participación veciñal Asdo: Mónica Mella Rosende Asdo.: Ignacio Iglesias Villar Avogada municipal do CIM Tesoureiro municipal Asdo: Estefania Lodeiro Paz Asdo.: Diego Rodríguez Porto O Alcalde Asdo.: Rafael C. Sisto Edreira 28

ANEXOS 29

ANEXO III Descrición física e funcional dos locais das escolas municipais infantís de Teo. EIM DOS TILOS A Escola Infantil Municipal dos Tilos atópase na Urbanización dos Tilos. Ocupa un dos baixos do edificio parroquial, na rúa Ameneiro. Debido á forte pendente do solar no que está situado o Complexo Parroquial, este dispón de dúas plantas baixo rasantes en dous dos seus lados, pero que se converten en baixo e primeiro con respecto aos outros dous lados, un dos cales será o acceso á Escola. En parte destas dúas plantas, as que teñen luz e ventilación directa ao exterior está situada a Escola (a estas plantas denominámolas xenericamente Baixo 2 e Baixo 3) O Baixo 2 ou planta principal ten na entrada un vestíbulo, con zona de carriños delimitada e na parede o taboleiro de información para as familias. O vestíbulo da paso a un corredor distribuidor das diferentes estancias. Nesta zona atópase o ascensor e as escaleiras, que comunican esta planta co baixo 3, onde está o patio interior de xogos e a saída ao xardín e patio exterior da escola. Conta con despacho de dirección, cociña e sala de usos múltiples, que se usa como comedor. A

continuación atópanse as aulas para os diferentes niveis educativos coas zonas de descanso e aseo. Tamén nesta planta están as situadas a zona de aseo do persoal, sala de reunións do profesorado, almacén para materiais e zona de caldeira. O Baixo 3 é un espazo que funciona como patio cuberto. O espazo xeral aberto, ten un aseo separado con tabiques e porta. Comunicase co Baixo 2, con unha escaleira e un ascensor, e co patio descuberto a través dun portalón e dunha porta. O patico exterior ten sombra natural de varios carballos e unha superficie próxima aos 200 m 2. Neste patio exterior estase acondicionando unha área menor de 80 m2, con chan brando e elementos de xogo adaptados ás idades dos seus usuarios e usuarias. PLANTA BAIXO 2 ACTIVIDADE Vestíbulo e distribuidores Despacho dirección Sala de profesores. Cuarto de material Cuarto de instalacións Aseos de persoal e discapacitados Cociña Comedor Aulas cos seus respectivos locais de aseos e de cambio. Zona de descanso SUPERFICIE CONTRUÍDA (m 2 ) aproximadamente 370 m 2 BAIXO 3 Zona de xogos 220 m 2

EIM DE CALO Está nunha parcela de dominio municipal na localidade de Calo, unha zona con vivendas illadas de tipo residencial. Trátase dun edificio illado do resto de vivendas,de planta baixa; anexo ao edificio conta cun patio exterior dedicado a xardín de xogos, illado da rúa por unha reixa. Nas proximidades do edificio e a uns 15 metros sitúase un pavillón polideportivo, pertencente tamén ao concello. A Escola organízase en base a un eixo lonxitudinal perpendicular á rúa de acceso e paralelo á nave do centro deportivo. O acceso á Escola Infantil realízase a través dun soportal cuberto. Na entrada está o vestíbulo e un amplo corredor interior que funciona como distribuidor e patio cuberto. Na marxe esquerda do corredor está o despacho de dirección e ao longo do corredor as aulas, que contan coas zonas de descanso e hixiene. Na marxe dereita do corredor atópase a zona de servizos, a cociña con almacén e lavandería, sala de usos múltiples que se usa tamén como comedor e aseos do persoal. A cociña ten unha porta de saída directa ao exterior por onde se sorte á cociña de produtos de alimentación e o gasóleo para as caldeiras. A edificación ten un patio de recreo pechado ao cal se accede dende cada unha das aulas. Ao fondo do mesmo hai unha área de 60 m 2 que esta cuberta, e forrada con chan brando.

Actividade/Recinto Superficie (m 2 ) Vestíbulo 11,57 Distribuidor 111,91 Despacho dirección-sala de profesores 24,38 Aula 0-1 53,31 Aula 1-2 53,31 Aula 2-3 con zona de descanso 66,90 Aula 2-3 41,83 Aseos 7,33 Comedor 39,83 Cociña 22,87 Cuarto instalacións 12,85 Aseos persoal 10,14 Deposito gasoil e sala de caldeira 14,14 Despensa 4,16 Lavandería 5,98 Aseo 7,55 Outros espazos interiores e exteriores (incluídos porches,xardíns e patio de xogos ) 124,65 TOTAL SUPERFICIE ÚTIL 541,72

EIM DA RAMALLOSA O edificio está organizado en base a un eixe lonxitudinal perpendicular á estrada Santiago-A Estrada, na Urbanización Val da Ramallosa, parroquia de Lucí, que consta cunha superficie construída total de 734,65 m 2. A Escola Infantil ten un amplo corredor interior que funciona como distribuidor e separa as aulas das zonas de instalacións, cociña, comedor, aseos do persoal, almacén, sala de profesores e despacho de dirección. Usase como patio interior. A Escola conta con cinco unidades, na ala esquerda atopamos as dúas aulas de 2-3 anos cos espazos de hixiene e a continuación as dúas aulas de 1-2 anos cos seus espazos de hixiene e descanso. No fondo do corredor está a aula de 0-1 anos coa zona de hixiene e sala de descanso. No outro lado do corredor, fronte ás aulas, a sala de usos múltiples que funciona como comedor, cociña, despensa, almacén, aseos do persoal e despacho de dirección. Tanto a cociña como o cuarto de instalacións conta con acceso directo desde o exterior. O acceso ao patio exterior de xogos (situado ao norte do edificio e que conta cun cerramento de táboas de madeira) realízase de forma directa desde cada unha das aulas e desde o corredor central.

PLANTA BAIXA ACTIVIDADE SUPERFICIE CONTRUÍDA (m 2 ) SUPERFICIE ÚTIL (m 2 ) Aula A 45,45 m 2 Aula B 49,70 m 2 Aula C 49,75 m 2 Aula D 46,85 m 2 Aula E 36,15 m 2 Comedor 38,25 m 2 Cociña 18,15 m 2 Despensa 6,40 m 2 Almacén 14,80 m 2 Dirección 14,30 m 2