Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

Similar documents
ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA


Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Á Mesa do Parlamento

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

XANEIRO - SETEMBRO 2018

Programación de proba libre de módulos profesionais

CM Cociña e gastronomía

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA INGLES. RESTAURACIÓN HOTR043PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

Memoria Escola Galega de Administración Pública

Mapa de accidentalidade

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

Guía do alumnado. Modelo MD85ACO01. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

Guía do profesorado de nova incorporación

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

Anexo. Detalle das accións

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

Revista Galega de Economía Vol (2018)

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

ER-0172/2010. Memoria Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

LEI 11/1989, DO 20 DE XULLO, DE ORDENACION DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA (D.O.G. 16 DE AGOSTO DE 1989)(1)

Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

IPLE_V1 Febreiro 2017 IPLE_V2 Abril 2017 IPLE_V3 Novembro 2017

Transcription:

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Leroy Merlin España, S.L.U, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS Dunha parte, don Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en representación desta consellería e de conformidade coas atribucións conferidas no artigo 34.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia. E doutra, don, en nome e representación da empresa Leroy Merlin España, S.L.U, como representante legal desta, segundo consta no poder outorgado ante a notaría de don con data e número de protocolo. Interveñen en función dos seus respectivos cargos e, no exercicio das facultades que para convir en nome das entidades que representan teñen conferidas, EXPOÑEN 1º. Que a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, determina no artigo 39 que a formación profesional no sistema educativo ten por finalidade preparar o alumnado para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que se poden producir ao longo da súa vida, contribuír ao seu desenvolvemento persoal e ao exercicio dunha cidadanía democrática, e permitir a súa progresión no sistema educativo e no sistema de formación profesional para o emprego, así como a aprendizaxe ao longo da vida.

2º. Que a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, determina no artigo 42 bis que a formación profesional dual do sistema educativo español é o conxunto de accións e iniciativas formativas que, en corresponsabilidade coas empresas, teñen por obxecto a cualificación profesional das persoas, harmonizando os procesos de ensino e aprendizaxe entre os centros educativos e os centros de traballo. 3º. Que a Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, especifica nos artigos 6 e 11.3 que a colaboración das empresas no desenvolvemento do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional se desenvolverá, entre outros ámbitos, mediante a súa participación na formación do alumnado nos centros de traballo, favorecendo a realización de prácticas profesionais dos alumnos e das alumnas nas empresas e noutras entidades, e deberán establecerse os mecanismos axeitados para que a formación que reciba financiamento público poida ofrecerse por centros ou directamente polas empresas, mediante concertos, convenios, subvencións ou outros procedementos. 4º. Que a disposición adicional segunda do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, determina que a consellería con competencias en materia de educación promoverá a colaboración coas empresas e entidades empresariais e, en particular, coas máis implicadas en sectores clave da economía galega e as relacionadas cos sectores emerxentes. Esta colaboración ten como finalidade, entre outras, a posibilidade de impartir módulos profesionais incluídos en títulos de formación profesional nas instalacións das empresas, co fin de garantir que a formación se realice cos equipamentos máis actuais, así como a actualización profesional. Esta colaboración formalizarase mediante convenio. 5º. Que o Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, pretende crear as bases para a implantación progresiva da formación profesional dual en España, entendida como o conxunto de accións e iniciativas formativas que teñen por obxecto a cualificación profesional das persoas, combinando os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación, propiciando unha participación máis activa da empresa no propio proceso formativo do alumnado e, daquela, permitir que estas coñezan de xeito máis próximo a formación que reciben, cada vez máis adaptada ás demandas dos sectores produtivos e ás necesidades específicas das empresas. Neste

sentido, a empresa e o centro de formación profesional estreitan os seus vínculos, unen esforzos e favorecen unha maior inserción do alumnado no mundo laboral durante o período de formación. Así mesmo, establece que terán a consideración de formación profesional dual os proxectos desenvolvidos no ámbito do sistema educativo, coa coparticipación dos centros educativos e das empresas, cando non medie un contrato para a formación e a aprendizaxe. Estes proxectos formalizaranse a través dun convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa colaboradora. 6º. Que a empresa Leroy Merlin España, S.L.U, está disposta a participar no proxecto de implantación da formación profesional dual en Galicia, acolléndose á modalidade regulada no artigo 3.1, alínea b), do Real decreto 1529/2012, na que a empresa facilita ao centro de formación os espazos, as instalacións ou as persoas expertas para impartir total ou parcialmente determinados módulos profesionais ou módulos formativos. O alumnado participante será beneficiario de bolsas, non terá en ningún caso vinculación laboral coa empresa e non poderá establecerse entre esta e aquel ningunha relación contractual, nin sequera baixo as modalidades de contrato en prácticas ou para a formación, previsto no artigo 11 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, polo que o alumnado acollido a este réxime de bolsas queda absolutamente excluído da lexislación laboral. 7º. Que o obxecto do presente convenio é establecer as condicións de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Leroy Merlin España, S.L.U, para a implantación dun proxecto experimental de formación profesional dual na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta formación profesional dual combinará os procesos de ensino e aprendizaxe nas instalacións da empresa Leroy Merlin España, S.L.U e no centro IES A Pontepedriña. En consecuencia, estes organismos acordan subscribir este convenio, con base nas seguintes, CLÁUSULAS Primeira. Este proxecto de formación profesional dual ten carácter experimental e ten as seguintes características:

a. Este proxecto toma como referencia un currículo oficial implantado na Comunidade Autónoma de Galicia, neste caso concreto o establecido no Decreto 50/2016, do 7 de abril, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Xestión de Vendas e Espazos Comerciais. b. Terá como duración desde o 15 de setembro de 2017 ata o 15 de setembro de 2019. c. A formación impartirase de xeito compartido entre o centro educativo e a empresa asinante, garantindo a adquisición dos resultados de aprendizaxe establecidos no currículo do ciclo formativo de grao superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e a obtención do título de técnico superior en Xestión de Vendas e Espazos Comerciais. d. Ademais, atendendo ás características da empresa, o primeiro ano de vixencia deste proxecto dedicarase un 5 % do tempo de estadía do alumnado na empresa a formación complementaria á establecida no currículo do ciclo formativo correspondente, para reforzar a formación do alumnado e mellorar a súa empregabilidade. Segunda. As concrecións deste proxecto experimental de formación profesional dual para o ciclo formativo de grao superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (distribución da formación curricular do ciclo formativo e temporalización dos módulos profesionais) están recollidas no anexo deste convenio. Terceira. A empresa comprométese a acoller nas súas instalacións un mínimo de 15 alumnos e alumnas para este proxecto experimental de formación profesional dual. Este alumnado deberá cumprir os requisitos de admisión establecidos na orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que autorice este proxecto experimental de formación profesional dual. A empresa Leroy Merlin España, S.L.U, colaborará coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na selección do alumnado solicitante que cumpra os requisitos de admisión. Para tal fin, poderán realizarse entrevistas psicoprofesionais e probas de coñecementos que permitan identificar a idoneidade dos/das candidatos/as en relación co perfil profesional que adquirirá o alumnado na empresa ao longo do proxecto. A empresa comunicará ao alumnado os criterios e os procedementos utilizados na selección con anterioridade á súa realización. Estas actuacións serán realizadas por persoal da empresa xunto cunha persoa representante do centro educativo, de xeito que a selección garanta cubrir o número mínimo de prazas que a empresa se compromete a acoller nas súas instalacións.

Cuarta. A empresa Leroy Merlin España, S.L.U comprométese a financiar o proxecto de formación regulado neste convenio, mediante o establecemento dun sistema de bolsas dirixido ao alumnado participante. Este réxime de bolsas estará suxeito ás seguintes especificidades: a. A empresa Leroy Merlin España, S.L.U achegará a cada alumno ou alumna do proxecto, durante a súa estadía na empresa, en períodos mensuais con carácter irrevogable, unha bolsa polo importe do salario mínimo interprofesional publicado para cada ano de duración do proxecto. Tomando como referencia este importe, o resto dos meses o importe calcularase de xeito proporcional ao tempo que o alumno ou a alumna permaneza na empresa. b. Os alumnos e as alumnas participantes no proxecto de formación obxecto deste convenio serán incorporados ao réxime xeral da Seguridade Social. A conseguinte afiliación e/ou alta, así como a baixa no devandito réxime, produciranse a partir da data de inicio e na de cesamento do programa de formación, nos termos, nos prazos e cos efectos establecidos no regulamento xeral sobre inscrición de empresas e afiliación, altas, baixas e variacións de datos de traballadores na Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 84/1996, do 26 de xaneiro. c. Para a efectividade do réxime de bolsas, a empresa colaboradora e as persoas bolseiras deberán cumprir sempre os requisitos establecidos na normativa que regula os proxectos de formación profesional dual e neste convenio. Quinta. O alumnado adquirirá a formación no centro educativo, segundo a temporalización recollida no anexo deste convenio e no horario lectivo que se estableza. Sexta. A estadía do alumnado nas empresas axustarase á temporalización recollida no anexo deste convenio. Durante o período formativo na empresa, o horario da actividade formativa e profesionalizadora deberá desenvolverse dentro do marco temporal do horario laboral da empresa, reservándose ata un máximo de catro horas cada quincena para a recepción do alumnado no centro educativo por parte do titor ou da titora, na que se realizarán actividades de seguimento, asesoramento e apoio. Sétima. O alumnado deste proxecto disporá dun mínimo de trinta días naturais de vacacións en cada un dos cursos de duración do proxecto. Para estes efectos computaranse, por unha parte, as vacacións escolares, establecidas para cada curso no correspondente calendario escolar, das que o

alumnado se beneficie durante a súa estadía no centro educativo, e, por outra parte, os días restantes ata completar, cando menos, o mínimo establecido, que determinará a empresa no período de estadía do alumnado nela. Oitava. Consonte o artigo 30.5 do Real decreto 1592/2012, do 8 de novembro, a actividade formativa na empresa e no centro educativo coordinarase mediante reunións mensuais de control nas que se fará seguimento do alumnado. A empresa Leroy Merlin España, S.L.U nomeará unha persoa como titor ou titora do alumno ou da alumna, que será responsable do seguimento da actividade formativa, da coordinación da actividade profesionalizadora coa actividade formativa e da comunicación co centro de formación. Así mesmo, o centro formativo designará un profesor ou profesora, ou formador ou formadora, como titor ou titora responsable da programación e do seguimento da formación, así como da coordinación da avaliación co profesorado e/ou os titores e as titoras que interveñen. Ademais, esta persoa será a interlocutora coa empresa para o desenvolvemento do proxecto. Novena. Establecerase unha comisión de seguimento, control e supervisión, que se reunirá cando se considere oportuno por calquera das partes asinantes. Esta comisión estará constituída polos seguintes membros: En representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: - A persoa titular da Subdirección Xeral de Formación Profesional ou persoa en quen delegue. - A persoa titular da dirección do centro IES A Pontepedriña. - O profesor titor ou a profesora titora do centro educativo. Dous representantes da empresa Leroy Merlin España, S.L.U. Un funcionario ou unha funcionaria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria actuará como secretario ou secretaria. Décima. O convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata a finalización do proxecto. Décimo primeira. Este convenio extinguirase por finalización do tempo convido e poderase resolver por calquera das partes, mediante denuncia dalgunha delas, que se lle deberá comunicar á outra cunha antelación mínima de quince días, baseada nalgunha das seguintes causas: a. Cesamento das actividades do centro docente ou das empresas.

b. Forza maior que imposibilite o desenvolvemento das actividades programadas. c. Incumprimento das cláusulas establecidas neste convenio. d. Mutuo acordo entre o centro docente e as empresas. Décimo segunda. A sinatura deste convenio suporá o consentimento expreso do interesado á Administración para incluír e facer públicos os datos referidos ao convenio de conformidade co artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, co artigo 8 da Lei 9/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e co Decreto 126/2006, do 20 de xullo, polo que se regula o Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia. Décimo terceira. Este convenio de colaboración posúe carácter administrativo por razón do contido e das materias sobre as que versa, as cales, ao abeiro do disposto no artigo 4.1 e 2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, o exclúen do seu ámbito de aplicación, sen prexuízo da aplicación dos principios desta para resolver as lagoas ou dúbidas que a súa aplicación suscite. Dada a natureza administrativa deste instrumento xurídico, as controversias ou cuestións litixiosas que xurdisen na súa aplicación e non puidesen ser solucionadas no seo da comisión de seguimento serán resoltas pola xurisdición contencioso-administrativa. De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e co Real decreto 1720/2007, polo que se aproba o regulamento polo que se desenvolve a citada lei orgánica, nin o alumnado nin a empresa que por razón das actividades formativas teñan acceso a datos de carácter persoal disporán destes con finalidade distinta á esixida polas accións formativas. Lido o presente convenio, atópano conforme e asínano no lugar e na data indicados. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria O representante da empresa Leroy Merlin España, S.A Asdo.: Román Rodríguez González Asdo.:

1. ANEXO 1.1 Distribución da formación curricular do ciclo formativo de grao superior en Xestión de vendas e espazos comerciais Duración proxecto Curso 2017-2018 Curso 2018-2019 FCT + Proxecto Formación curricular Centro educativo Formación centro educativo (FCE) (53 %) 515 544 - Empresa Formación en empresa (FEM) (47 %) 275 256 410 FCT: formación en centros de traballo. Total 2.000 h 1.2 Temporalización dos módulos profesionais 1.2.1 Curso 2017-2018 1.2.1.1 Planificación Curso 2017-2018 Set. Out. Nov. Dec. Xan. Feb. Mar. Abr. Maio Xuño Xullo Ago. Set. Formación no centro educativo (FCE) Actividade profesionalizadora / formación na empresa (FEM) 1.2.1.2 Organización dos módulos profesionais Código módulo Módulo Horas totais módulo FCE FEM MP0623 Xestión económica e financeira da empresa. 187 125 62 MP0930 Políticas de márketing. 187 125 62 MP0931 Márketing dixital. 187 155 32 MP0933 Formación e orientación laboral. 107 72 35 MP1010 Investigación comercial. 132 67 65 TOTAL 800 544 256

1.2.2 Curso 2018-2019 1.2.2.1 Planificación Curso 2018-2019 Set. Out. Nov. Dec. Xan. Feb. Mar. Abr. Maio Xuño Xullo Ago. Set. Formación no centro educativo (FCE) Actividade profesionalizadora / formación na empresa (FEM) 1.2.2.2 Organización dos módulos profesionais Código módulo Módulo Horas totais módulo FCE FEM MP0179 Inglés 160 125 35 MP0625 Loxística de almacenamento 123 82 41 MP0626 Loxística de aprovisionamento 105 70 35 MP0926 Escaparatismo e deseño de espazos comerciais 105 40 65 MP0927 Xestión de produtos e promocións no punto de venda 105 70 35 MP0928 Organización de equipos de vendas 87 58 29 MP0929 Técnicas de venda e de negociación 105 70 35 TOTAL 790 515 275

1.3 Adquisición, por parte do alumnado, de cualificacións e unidades de competencia Cualificacións profesionais completas Implantación e animación de espazos comerciais, COM158_3 (Real decreto 1087/2005, do 16 de setembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia: UC0501_3: Establecer a implantación de espazos comerciais. UC0502_3: Organizar a implantación de produtos ou servizos na superficie de venda. UC0503_3: Organizar e controlar as accións promocionais en espazos comerciais. UC0504_3: Organizar e supervisar a montaxe de escaparates no establecemento comercial. Cualificacións profesionais incompletas Asistencia á investigación de mercados, COM312_3 (Real decreto 109/2008, do 1 de febreiro): UC0993_3: Preparar a información e os instrumentos necesarios para a investigación de mercados. UC0997_3: Colaborar na análise e na obtención de conclusións a partir da investigación de mercados. Xestión comercial de vendas, COM314_3 (Real decreto 109/2008, do 1 de febreiro): UC1000_3: Obter e procesar a información necesaria para a definición de estratexias e actuacións comerciais. UC1001_3: Xestionar a forza de vendas e coordinar o equipo de comerciais. UC0239_2: Realizar a venda de produtos e/ou servizos a través de diferentes canles de comercialización. UC0503_3: Organizar e controlar as accións promocionais en espazos comerciais. Organización e xestión de almacéns, COM318_3 (Real decreto 109/2008, do 1 de febreiro): UC1014_3: Organizar o almacén de acordo cos criterios e cos niveis de actividade previstos. UC1015_2: Xestionar e coordinar as operacións do almacén. Xestión e control do aprovisionamento, COM315_3 (Real decreto 109/2008, do 1 de febreiro): UC1003_3: Colaborar na elaboración do plan de aprovisionamento. UC1004_3: Realizar o seguimento e o control do programa de aprovisionamento. Xestión comercial e financeira do transporte por estrada, COM651_3 (Real decreto 1550/2011, do 31 de outubro): UC2183_3: Xestionar a actividade económico-financeira do transporte por estrada. Xestión de márketing e comunicación, COM652_3 (Real decreto1550/2011, do 31 de outubro): UC2185_3: Asistir na definición e no seguimento das políticas e do plan de márketing.