Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Similar documents
Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Programación de proba libre de módulos profesionais

Informe mensual do paro rexistrado

Archivo digital y servicios sin papel

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

O relevo e as costas de Galicia

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Mapa de accidentalidade

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

A máquina de escribir

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

Á Mesa do Parlamento

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Federación Galega 16 DE MARZO Confrarías DE 2015 (13/12/2016) DA LEI 39/2015 DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

PLAN PROXECTA: XERMOLÓN 1º DE ESO IES ANXEL FOLE

TEMARIO OPOSICIÓNS INFORMÁTICA

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA INGLES. RESTAURACIÓN HOTR043PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE...

PLAN DE SISTEMAS - Estado de Execución -

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Revista Galega de Economía Vol (2018

MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL PARA OS TRABALLADORES QUE ENTREN EN CONTACTO CON CASOS POSIBLES OU CONFIRMADOS DE ÉBOLA

Rede de Estacións de Referencia GNNS en Tempo Real RTK

Ensinanzas Técnicas. Portos. Alberte Castro Ponte, David Cota Mascuñana Emilio F. García García, Alejandro Rey Seoane Jesús Busto Míguez

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

MAQUINARIA PARA INSTALACIONES DE GRIFOS Y DISPENSADORES PORTÁTILES

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

Absorbentes solo aceites

Revista Galega de Economía Vol (2018)

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

Guía para el usuario de Remote Support (WBS30, WBS31)

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

RSE. e desenvolvemento sustentable

REXISTRO GALEGO DE TUMORES O Sistema de Información do Cancro en Galicia

Universidade de Santiago de Compostela, 2012

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

Anexo. Detalle das accións

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

Youth Workshop/Taller de Jovenes

ECONOMÍA APLICADA 13

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

memoria de responsabilidade social corporativa

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Probas dos elementos internos do alternador

EGAP. 26 de febreiro > 15 de xullo de 2010 EGAP Santiago de Compostela

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

PATRIMONIO E TURISMO CULTURAL

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

CONCI:LLO DE SANTIAGO

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

1.3.- Descrición dos Servizos de Información Xuvenil.

Para ser tomadas en cuenta las tareas deben de ser presentadas con las siguientes características:


Escola Superior Gallaecia Mestrado integrado em Arquitectura e Urbanismo Dissertação - Tema sobre Urbanismo

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

Anexo II. DECLARACIÓN DE BENS E DEREITOS i

Transcription:

MU Manual de usuario GaIA eempresas Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN NOME DO DOCUMENTO: GAIAMA_MU_Manual_Ususario_eEmpresas VERSIÓN: COD. DO DOCUMENTO: ELABORADO POR: Ricardo Vila DATA: VALIDADO POR: APROBADO POR: DATA: DATA: REXISTRO DE CAMBIOS Versión Causa da nova versión Data de aprobación 1 Primeira versión do manual. 2 Enfgadidos cambios de permisos LISTA DE DISTRIBUCIÓN (opcional) Nome Número de copia Área/Centro/Localización Nome do proxecto Código do proxecto Datos básicos do Proxecto GAIA GAIAMA CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADE Este documento é propiedade da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Deberá empregar este material exclusivamente para os servizos que foron acordados coa AMTEGA e que requiren necesariamente da súa utilización. Está prohibida a reprodución parcial ou total, por calquera medio ou método, dos contidos deste documento para calquera outro uso non acordado coa AMTEGA.

Índice 1. INTRODUCIÓN... 5 2. PRESENTACIÓN DO SISTEMA... 6 2.1. Eido da versión actual... 6 2.2. Requisitos de Hardware e software... 6 2.3. Perfís de usuario... 7 3. FUNCIONALIDADES DO SISTEMA... 8 3.1. Características xerais... 8 3.1.1. Buscadores... 8 3.1.2. Listados 9 3.1.3. Formularios... 9 3.1.4. Campos obrigatorios... 10 3.1.5. Campos de busca... 10 3.1.6. Botóns de acción... 10 3.2. Perfiles de usuario e acceso... 11 3.2.1. Menú da aplicación... 12 3.2.2. Información do usuario (perfiles de acceso)... 12 3.3. Entidades... 13 3.3.1. Listado 13 3.3.2. Crear Entidade... 13 3.3.3. Consultar Entidade... 17 3.3.4. Editar entidade... 20 3.3.5. Evolución de entidade... 20 3.3.6. Crear centro (do que é titular)... 21 3.3.7. Engadir un centro explotado... 21 3.3.8. Asociar persoas... 22 3.3.9. Designar un representante legal... 24 3.3.10. Xestionar os ficheiros axuntos... 25 3.3.11. Cambiar o nivel de calidade de información... 26 3.3.12. Consultar o E3P... 27 3.4. Centros... 30 3.4.1. Listado de centros... 30 3.4.2. Detalle dun centro... 31 3.4.3. Crear centro... 34 3.4.4. Editar Centro... 36 3.4.5. 3.4.6. Amosar Entidade... 37 Engadir instalación... 37 3.4.7. Engadir entidade explotadora... 37 3.4.8. Administrar ficheiros... 38 3.4.9. Evolución dun centro... 39 3.4.10. Editar Calidade de información... 39 3.4.11. Busca No E3P... 40 3.5. Instalacións... 40 3.5.1. Detalle de instalación... 40 3.5.2. Administrar ficheiros de instalación... 40 3.5.3. Engadir instalación... 41 3.5.4. Editar instalación... 42 3.6. Persoas... 42 3.6.1. 3.6.2. Listado de persoas... 42 Detalle de Persoa... 43 3.6.3. Nova persoa... 43 3.6.4. Edición de persoa... 44

4. FAQ S DO SISTEMA... 46 5. LISTA DE MENSAXES DE ERRO... 47 6. ANEXO I: GLOSARIO DE TERMOS... 48

1. INTRODUCIÓN Na actualidade, a Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental dispón de numerosos aplicativos sectoriais que manexan información ambiental de forma illada. É preciso establecer que as distintas aplicacións ambientais actualmente existentes estean interrelacionadas para facilitar e simplificar as relacións entre a Administración e os cidadáns evitando duplicidades e incongruencias na presentación da documentación e no coñecemento que a Administración ten das empresas. Cada unha destas aplicacións sectoriais resolve de forma illada as obrigas que teñen as empresas coa Administración en materia medioambiental. Isto provoca que se lle requira ás empresas o acceso a un sistema de información distinto, en función do eido medioambiental, no que achegar información, entregando en moitos casos información duplicada e que xa está en posesión da Administración. Ademais, o sistema de control de acceso non se atopa unificado por o que as empresas deben de manexar distintas credenciais en función do sistema de información ao que desexen acceder. Por outra banda, existen numerosos trámites administrativos que os cidadáns e as empresas teñen que realizar coa Administración. Esta plataforma tecnolóxica permitirá a interrelación telemática entre os cidadáns e a Administración cara a mellorar a eficacia e eficiencia do procedemento administrativo de conformidade co establecido na Lei 11/2007 e no Decreto 198/2010. O obxecto do proxecto GaIA é o desenvolvemento dunha plataforma galega de información ambiental. Esta plataforma será accesible, integrable, escalable e con capacidades de interconexión e de interoperabilidade con outros sistemas de información que manexen información ambiental tanto no eido autonómico como estatal ou europeo. Neste documento se inclúe o manual de emprego da primeira entrega do sistema GaIA, o módulo eempresas.

2. PRESENTACIÓN DO SISTEMA En concreto o sistema eempresas é unha aplicación desenvolvida para servir como rexistro único de empresas medioambientais e centros de traballo que sexa compartido por todas a aplicacións sectoriais que manexan información ambiental. Permitirá levar o control de todos os datos de entidades (persoas físicas e xuridicas), centros, instalacións e persoas asociadas dun xeito global e transversal a todos os sistemas de información da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas (CMATI). Os datos rexistrados non sistema siguen a estrutura da linguaxe estándar ambiental E3L. O sistema sustitue parte da funcionalidade do sistema SIMCA no relativo ao rexistro de datos de entidades, centros e instalacións pero non vai mais aló. O resto de funcións do SIMCA relativos a expedientes, xestión de procedementos, etc segue vixente. Resumindo, a partir da posta en marcha do sistema GaIA eempresas todos os datos básicos dunha entidade, centro ou instalación serán xestionados dende o propio sistema. 2.1. Eido da versión actual O sistema GaIA eempresas presenta as funcionalidades seguintes: 1. Alta de Entidades (persoas físicas ou xurídicas), Centros e Instalacións. 2. Edición dos datos das mesmas. 3. Baixa de entidades, centros e instalacións. 4. Xestión de cambios nos datos como de titularidades de centros, de tipo de empresa, etc. 5. Rexistro dos datos de persoas vencelladas a entidades e centros. 6. Publicación dos datos de empresas e centros nun webservice para sistemas externos. 2.2. Requisitos de Hardware e software Os requisitos son ter u nordenador con cnoexión de rede e un navegador compatible (Mozilla Firefoz, Google Chrome ou Internet Explorer).

2.3. Perfís de usuario Os diferentes tipos de usuarios son: 1. Consulta: so pode facer consultas de datos, sen posibilidades de facer cambios. 2. Técnico: Pode dar de alta entidades, centros e persoas e facer algúns cambios nos datos xa existentes. 3. Administrador: Pode facer determinados cambios especiais como de titularidade, evolucións de centros etc.

3. FUNCIONALIDADES DO SISTEMA 3.1. Características xerais 3.1.1. Buscadores Ao longo da aplicación existe a posibilidade de filtrar os datos que se están amosando. A funcionalidade de filtrar/buscar o que se desexa pódese realizar con campos de busca como o seguinte: Neses campos basta con comezar a escribir algo sobre o que se está a buscar e o sistema fará unha procura intelixente cos datos introducidos. Por exemplo nun listado de entidades o sistema buscará aquelas entidades con razón social, NIF, concello,etc. semellante ao que se escribiu no campo de busca. Outro exemplo é no caso de centros, o sistema fai unha busca por moitos mais campos como nima, nif ou nome das empresas, concello, etc. Os buscadores permiten introducir varios textos e o sistema amosará aqueles que coincidan con todos os textos introducidos. Por exemplo para buscar entre os centros de Sogama de Cerceda basta procurar Sogama e cerce : Cando a busca remata pódese ver o total de resultados que encaixan coa busca debaixo da caixa de texto. Isto é moi útil cando non se amosan en pantalla todos os elementos (actualmente a aplicación só amosa os 20 primeiros).

3.1.2. Listados Os diferentes listados da aplicación poden ordearse por diferentes columnas premendo no título das mesmas. 3.1.3. Formularios Cando se cubre un formulario é habitual que o sistema faga validacións dos datos introducidos e amose un erro no caso de que estes non sexan correctos ou falten datos que é obrigatorio rexistrar, como se pode ver a continuación:

3.1.4. Campos obrigatorios Os campos marcados cun asterisco vermello nos formularios son obrigatorios. 3.1.5. Campos de busca No sistema é habitual atopar campos nos que escoller un valor entre varios posibles. Nalgúns casos os posibles valores son demasiados así que a aplicación incorpora un sistema no que se pode escribir o nome do que se pretende escoller e a aplicación fai unha busca e amosa as opcións que encaixan coa busca. Por exemplo no buscador de concellos se queremos escoller Santiago de Compostela basta escribir compos e escoller a opción entre as que nos marca o sistema: Cando escollemos un valor para un destes campos aparece unha X á dereita do mesmo. Se queremos volver facer unha busca e escoller outro valor deberemos premer na X: 3.1.6. Botóns de acción Os formularios da aplicación soen presentar opcións ao pe do mesmo: Ao respecto destes botóns: A acción de crear/editar etc permite aceptar e gardar os cambios que se fixeron no formulario. Cancelar pecha o formulario e anula os cambios que se fixeron. Nivel de información As entidades e centros rexistrados no sistema teñen asignado un nivel de calidade de información dependendo de cal fose a orixe dos datos ou se esta foi contrastada etc. Os niveis poden ser: 1. Baixo 2. Medio 3. Alto

3.2. Perfiles de usuario e acceso O acceso ao sistema se fai a través da pantalla de login, que é a seguinte: Para acceder pode empregar o seu usuario do dominio e se ten acceso ao sistema eempresas accederá a unha pantalla como a seguinte: A pantalla consta de: 1. Arriba a esquerda dun menú da aplicación con seccións despregables coas que acceder aos diferentes apartados. 2. Na parte superior dereita amosase a Información do usuario e do perfil que ten asociado. 3. A parte central é a sección de traballo que varia segundo a sección que visitemos. Na páxina inicial amosa o listado de entidades do sistema. 4. No pe da aplicación ten información como a versión da aplicación e datos de contacto do CAU.

Na sección central de traballo tamén aparece un menú lateral á esquerda onde pode ver as accións que pode facer en cada sección concreta, por exemplo dende o detalle dunha entidade: 3.2.1. Menú da aplicación O menú conta de seccións despregables coas que acceder aos diferentes apartados da aplicación. Basta con premer encima dunha sección para despregala e ver as accións ás que se ten acceso dende aí: As sección son: 1. Entidades a. Listado b. Nova entidade 2. Centros a. Listado b. Novo centro 3. Persoas a. Listado b. Nova persoa 3.2.2. Información do usuario (perfiles de acceso) Cando se accede ao sistema faise cun perfil determinado que aparece á dereita do nome de usuario na sección superior da aplicación:

Os diferentes tipos de usuarios son os indicados na seción anterior. Para desconectarse da sesión pode premer na opción SAIR. Auditoría de cambios Por último indicar que TODAS as modificacións do sistema quedan rexistradas incluindo o momento do cambio e o usuario que o realizou. 3.3. Entidades A sección de entidades permite rexistrar e modificar os datos das empresas e persoas físicas xestionadas no sistema. 3.3.1. Listado A pantalla principal amosa un listado de entidades onde poderemos facer buscas segundo o indicado anteriormente para consultar unha entidade concreta. O buscador permite acotar buscas por NIF, razón social, nome e apelidos, concello, etc. Por exemplo empresas coa palabra contenedores no seu nome en Vigo: Dende o listado poderemos acceder as seguintes accións: Consultar o detalle dunha entidade: premendo no seu nome. Crear una nova entidade (se o noso perfil de usuario o soporta) na ligazón da esquerda. Consultar o E3P para facer unha busca de centros ou empresas de fora de Galicia e importalas a GaIA. 3.3.2. Crear Entidade Ao acceder a opción de crear entidade veremos un formulario como o seguinte:

Segundo se van rexistrando os datos o formulario cambia, por exemplo, para rexistrar datos dunha persoa física ou xurídica, os datos de dirección dependen de se se marca como estranxeira ou non a dirección, etc.

3.3.2.1. Datos xerais Cando se rexistra o NIF a aplicación comproba se se corresponde cun NIF de persoa física ou xurídica e o formulario cambia de aspecto en consecuencia. Para persoa física é obrigatorio rexistrar nome e apelidos: Para persoa xurídica razón social e tipo de empresa (calculase automaticamente en base á letra do NIF): Cando unha empresa é estranxeira (non ten NIF nin NIE) marcamos esa opción e o sistema non comprobará a validez do NIF rexistrado xa que se supón un identificador sen formato concreto. As empresas estranxeiras son consideradas sempre persoas xurídicas e deberemos indicar o país da mesma.

3.3.2.2. Dirección Os datos da dirección son os seguintes: Hai que especificar concello (empregando o buscador), CP, Tipo de vía (se non se coñece hai que indicar Vía Pública ) e dirección. Pódese especificar o polígono industrial, localidade, e cordeadas UTM (ata 6 díxitos para as UTMX e 7 para as UTMY) sen comas nin puntos. No caso de que indiquemos unha dirección estranxeira haberá que indicar outros datos: CP estranxeiro (que non se comproba), cidade e enderezo. Ollo non debe confundirse unha dirección no estranxeiro con unha empresa estranxeira, son conceptos diferentes. Unha empresa estranxeira pode ter unha oficina con dirección española e unha empresa española podería ter rexistrada a dirección no estranxeiro. 3.3.2.3. Observacións Poderemos rexistrar na entidade observación en forma de texto libre. Tamén aparece o nivel de calidade da información co que se vai crear a entidade (non se pode modificar). É un tipo de dato que só se pode cambiar dun xeito específico.

Despois prememos no botón gardar e a entidade queda rexistrada no sistema se todo foi correcto ou nos devolve ao formulario e amosa os erros atopados en caso de que os houbese. 3.3.3. Consultar Entidade Premendo na ligazón dunha entidade podemos ver os detalles da mesma.

Entre os detalles aparecen os datos dos centros dos que a entidade é titular, os centros dos que é explotadora, persoas asociadas coa entidade e ficheiros axuntos á súa ficha. Dende a pantalla de detalles dunha entidade poderemos acceder a diferentes opcións:

3.3.4. Editar entidade Para modificar algúns dos datos da mesma. Amosase un formulario semellante ao de creación de entidade pero coa excepción de que non se pode cambiar no NIF da mesma. A pesar de non poder cambiar o NIF si poderemos cambiar o tipo de empresa cambiando a correspondente letra do NIF xeralmente para pasar de B (unha SL) a A (unha SA). O resto de datos de contacto, enderezo, etc. pódese modificar. 3.3.5. Evolución de entidade Os usuarios con suficientes privilexios poderán facer unha evolución da entidade que reflicte un cambio de NIF, tipo de empresa, nome, etc. O formulario e o seguinte:

Será obrigatorio rexistrar o motivo da evolución e cando tivo efecto. 3.3.6. Crear centro (do que é titular) Dende esta opción do Menú dunha entidade poderemos crear un novo centro posuído pola entidade que estamos rexistrando. O caso e o mesmo que o de crear centro dende 0 pero no que a entidade titular do centro xa está preseleccionada. Veráse o caso de crear centro nunha sección posterior. 3.3.7. Engadir un centro explotado Cando a entidade é a explotadora de centros de outras entidades podemos indicalo nesta sección.

Basta buscar un centro escribindo no campo de texto (busca por datos da empresa ou do centro incluíndo NIMA etc.) e seleccionando o axeitado. Despois preméndo no botón Engadir centro explotado. Deste xeito rexistraremos un novo centro explotado na entidade coa que traballabamos: Para eliminar un centro explotado basta premer no botón da táboa desvencellar. 3.3.8. Asociar persoas Unha entidade pode ter vinculación con diversas persoas rexistradas no sistema. Dende esta sección se poden vencellar as dúas. Ao acceder a sección o primeiro que se amosa é a opción de escoller unha persoa xa existente no sistema ou crear unha nova persoa. 3.3.8.1. Seleccionar unha persoa xa existente

Neste caso hai que determinar a relación da persoa coa entidade (Persoa de contacto, Responsable medioambiental, Outro), no caso de indicar Outro hai que especificar a relación nun campo de texto. Por último haberá que escoller a persoa empregando o buscador. O sistema busca por nome, apelidos e nif: Despois prememos no botón Gardar e o sistema rexistra os cambios e amosa o detalle da entidade coa nova persoa asociada: Crear unha persoa nova e vencellala á entidade Esta opción permite rexistrar unha persoa no sistema e que quede xa vencellada á entidade. Os requisitos son os mesmos que na opción de crear nova persoa que veremos mais adiante. Simplemente indicar que se engade a necesidade de indicar a relación desa persoa a crear coa entidade:

Hai que sinalar que as persoas poden definirse de xeito independente ás entidades e centros e que poden estar vencelladas con múltiples entidades e centros diferentes. 3.3.9. Designar un representante legal Para definir o representante legal dunha empresa accederemos á seguinte pantalla:

Poderemos escoller unha persoa rexistrada xa no sistema ou crear una nova, como se facía no caso de asociar persoa. 3.3.10. Xestionar os ficheiros axuntos Desde esta sección se poderán engadir e eliminar ficheiros axuntos a entidades. A pantalla é a seguinte: Na parte superior aparece o listado de ficheiros asociados xa á entidade. Dende ese mesmo listado poderemos eliminar os documentos que non nos interesen co botón eliminar. Para consultar o documento basta premer na ligazón do seu nome e comezará a descarga do mesmo.

Para engadir un novo documento empregaremos o formulario da parte inferior no que deberemos escoller: 1. O ficheiro a engadir entre os ficheiros do noso sistema. 2. O tipo de documento que estamos asociando: a. NIF b. Escrituras de constitución c. Escrituras ou poder de representación d. Actualización de datos da entidade e. Outro 3. Opcionalmente podemos engadir unha descrición do mesmo. Despois de cubrir os datos prememos no botón Subir ficheiro e comezará o proceso de axuntar o documento. Se todo vai ben veremos o novo documento no listado da parte superior. 3.3.11. Cambiar o nivel de calidade de información Os usuarios con permisos axeitados poden cambiar o nivel de información de entidades e centros. A pantalla para facer o cambio é a seguinte: Hai que indicar que: Para que unha entidade teña o nivel de información alto é preciso que teña rexistrados os documentos de Escrituras de constitución e NIF (polo menos), se non o sistema amosará un erro:

Para que unha entidade teña o nivel de información medio é preciso que teña rexistrados un teléfono e un email de contacto. 3.3.12. Consultar o E3P O sistema dispón dunha pantalla onde se poden facer consultas á plataforma E3P (rexistro centralizado de datos de empresas e centros a nivel de varias CCAA emprazado en Cataluña) para acadar información de entidades e centros de fora de Galicia e importalos a GaIA eempresas. A pantalla é a seguinte: A plataforma E3P so admite consultas nas que: 1. Se indique un NIF e un concello. Nese caso responde cos datos da empresa con ese NIF e os centros que a empresa ten nese concello. 2. Ou buscar por NIMA. A plataforma non ten dispoñibles todos os datos de empresas e NIMAS de España pero si das seguintes CCAA: 1. Cataluña 2. País Vasco 3. Navarra 4. Madrid 5. Cantabria 6. Castilla y León 7. Murcia 8. Valencia 9. Andalucía 10. Baleares 11. Canarias 12. Galicia (dende a posta en marcha de GaIA eempresas)

Cando se fai unha busca como a seguinte: Se o sistema E3P devolve datos, veremos unha pantalla como a que se amosa a continuación, cos datos atopados:

Dende a mesma pantalla poderemos importar os datos a GaIA premendo no botón Engadir centro e entidade na base de datos. 3.4. Centros A sección de centros permite rexistrar datos dos centros vencellados ás entidades. A principal relación cos centros e a de titularidade, pero tamén é posible indicar que unha entidade é a explotadora dun centro. 3.4.1. Listado de centros Cando accedemos á sección de centros vemos un listado dos mesmos onde podemos facer buscas por varios parámetros igual que nas entidades:

Dende o listado podemos acceder ao detalle dos centros premendo na ligazón co seu nome. 3.4.2. Detalle dun centro O detalle dun centro amosa información relativa a: 1. Datos do propio centro (nome, NIMA, enderezo, etc.) 2. Datos das instalacións que se atopan non centro. 3. As entidades explotadoras do centro (se son diferentes da titular). 4. Persoas relacionadas. 5. Documentos asociados ao centro.

Dende o detalle dun centro pódense acceder a diversas funcións:

3.4.3. Crear centro A opción de crear un novo centro sempre debe ir vencellada a unha entidade titular. Non poden existir centros sen entidades titular do centro. Como xa vimos dende a ficha dunha entidade podemos acceder á sección de crear novo centro para esa entidade. Tamén se pode acceder a esta opción dende o Menú da aplicación directamente pero neste caso un dos datos do centro a rexistrar debe ser a entidade titular do centro que deberemos seleccionar en primeira instancia. A pantalla de novo centro é como se indica a continuación:

Os datos solicitados son:

1. O primeiro dato a rexistrar é a entidade titular do centro. Deberemos escoller unha entre as rexistradas no sistema. 2. Despois será preciso darlle un nome representativo ao centro. Tamén é preciso indicar o CNAE do centro se o nivel de calidade de información é superior a Baixo. 3. O NIMA do centro só e preciso rexistralo cando se trata dun centro non galego e non estranxeiro (os estranxeiros non teñen NIMA). Cando se escolle o concello do centro o sistema amosa o campo para o NIMA se é preciso. Nos centros de Galicia o sistema asignará un novo NIMA de xeito automático. 4. Respecto aos datos de dirección séguense as mesmas restricións que para entidades. 5. O nivel de información non pode modificarse. Cando temos todos os datos rexistrados e prememos en Gardar os datos valídanse e se crea o novo centro. O resultado pode verse na pantalla de detalles do centro xa creado. 3.4.4. Editar Centro Cando se solicita editar un centro podemos ver unha pantalla como a seguinte:

Preséntanse os datos da empresa titular e o NIMA do centro que non poden ser modificados. E logo un formulario co resto de datos a modificar. Premendo en Gardar os datos quedan rexistrados no sistema. 3.4.5. Amosar Entidade Dende a ficha dun centro é posible acceder á ficha da súa entidade titular empregando esta ligazón do menú da esquerda. 3.4.6. Engadir instalación Xunto á información dun centro poden engadirse os datos das instalacións industriais que ten dentro das súas dependencias. Veremos como facelo nunha sección posterior. 3.4.7. Engadir entidade explotadora Cando a entidade explotadora dun centro non é a titular podemos indicalo especificando que empresa é a que leva a cabo a explotación do mesmo mediante esta opción. A pantalla para indicalo é como a seguinte

Bastará buscar a entidade dentro do buscador e premer en engadir. Dese xeito a entidade escollida aparecerá co resto de explotadoras do centro. Para eliminar unha explotadora bastará premer no botón desvencellar. 3.4.8. Administrar ficheiros Os ficheiros asociados a un centro poden xestionarse dende esta sección de xeito semellante a como se indicou en entidades.

A diferenza é que os documentos axuntos de centros non precisan dun tipo de documento. 3.4.9. Evolución dun centro Cando un centro cambia de entidade titular, pode indicarse no sistema cunha Evolución dun centro. A pantalla de evolución de centro é a seguinte: Deberemos escoller cal é a entidade titular nova, a data na que se produciu o cambio, o tipo de cambio (transmisión, outros) e poderemos indicar unha descrición do mesmo. Os cambios apareceran na ficha do centro amosando un histórico dos mesmos: 3.4.10. Editar Calidade de información Igual que nas entidades é posible modificar o nivel de calidade de información dun centro se contamos cos permisos adecuados. A función é a mesma que para entidades pero coa restrición de que para pasar un centro a nivel medio ou alto debe ter CNAE rexistrado.

3.4.11. Busca No E3P A sección de busca no E3P é igual que a existente nas entidades. 3.5. Instalacións No menú da aplicación non hai sección propia de instalacións porque estas dependen do centro no que están emprazadas. Para acceder aos datos dunha instalación é preciso mostrar os detalles do seu centro. Dende esa pantalla poderemos ver un listado das instalacións dun centro se as tivese: 3.5.1. Detalle de instalación Dende o listado de instalación dun centro podemos acceder ao detalle das mesmas. 3.5.2. Administrar ficheiros de instalación Dende o detalle podemos xestionar os ficheiros asociados á instalación de igual xeito que para os ficheiros dos centros.

3.5.3. Engadir instalación Xunto á información dun centro poden engadirse os datos das instalacións industriais que ten dentro das súas dependencias. Para engadir información dunha instalación dun centro basta premer na ligazón de Engadir instalación. Iso lévanos a un formulario onde podemos rexistrar a información da instalación:

3.5.4. Editar instalación Dende esta pantalla pódense modificar os datos dunha instalación de xeito semellante a cando se crea a mesma: 3.6. Persoas Dende esta sección se poden dar de alta ás diferentes persoas que aparecerán no sistema independentemente da súa relación coas entidades ou centros. Unha mesma persoa pode estar relacionada con varias entidades e centros diferentes. 3.6.1. Listado de persoas A pantalla principal da sección amosa o listado e o buscador de persoas onde poderemos buscar por nome, apelidos e nif.

3.6.2. Detalle de Persoa Premendo na ligazón dunha persoa accedemos á pantalla do detalle da mesma onde se amosan ás relacións con entidades e centros. 3.6.3. Nova persoa Dende o listado de persoas podemos acceder a esta pantalla onde poderemos rexistrar os datos da persoa a dar de alta.

Todas as persoas rexistradas deben incluír un NIF válido e este non se pode repetir. Tamén é preciso rexistrar o nome e primeiro apelido da persoa. No caso de que a persoa sexa estranxeira (e non teña NIE) tamén será preciso rexistrar un documento de identificación. Para indicar ás relacións con entidades e centros hai que acceder á correspondente entidade ou centro como se viu nas seccións anteriores do manual. 3.6.4. Edición de persoa A pantalla de edición é igual á de creación:

4. FAQ S DO SISTEMA N/A.

5. LISTA DE MENSAXES DE ERRO N/A Código Descrición Gravidade Solución

6. ANEXO I: GLOSARIO DE TERMOS Entidade: Enténdese como entidade a toda persoa física ou xurídica que explote ou controle o centro ou complexo ou, cando así o dispoña a lexislación nacional, en quen fose delegado o poder económico de decisión sobre o funcionamento técnico do complexo. A este termo vincularanse os centros que teña asociados, e polo tanto os seus datos loxísticos. A identificación dunha entidade faise mediante a súa NIF correspondente ao titular. Centro: Enténdese como Centro, unha ou varias instalacións con incidencia ambiental, situadas nun mesmo emprazamento e cuxo titular sexa a mesma entidade. Os centros están identificados de xeito unívoco en todo o territorio do estado co denominado código NIMA (Número de Identificación Medio Ambiental). Existen dúas relacións diferentes entre centros e empresas. Empresa titular (so hai unha) e empresas explotadoras (poden ser varias) que son as que realizan a actividade no centro. O sistema debe permitir gardar ámbolos dous tipos de relacións. Nos centros que non existan explotadoras determinarase que a titular é a explotadora. Instalación: Unha instalación é unha parte dun centro cun obxectivo e finalidade industrial concreta claramente diferenciable. Cada centro pode dispoñer de diferentes instalacións emprazadas na súa Emprazamento.